septiembreseptember septembre setembro
É o noveno mes do ano e ten trinta días.
O seu nome ven do latín "sétimo" por ser o número 7 no calendario romano.
O 21 de setembro comeza o outono no hemisferio norte e a primavera no hemisferio sur.
A pedra de setembro é o zafiro e a flor a marabilla.
Maduran os froitos de moitas plantas
maceira
vide
silveira (amorias)
fiúncho
estripo
breixos
carrascas
plátano
CHEGAN AS AVES DO NORTE A PASAR O INVERNO:mazaricos, parrulos, avefrías, píllaras, pilros, gabitas, agullas, cullereiros, garzas, gaivotas escuras, corvos mariños reais, paporrubios, tordos, chías, estorniños...
estorniños
MOITAS AVES VANSE AO SUR: gaivotas patiamarelas, anduriñas, avións, cucos, paspallás, cegoñas, avenoiteiras, mouchos orelludos, bubelas...
Catro aves escollidasson as que pasan o mar,o cuco e maila anduriña,
a rula e o paspallás
TEMPERATURA MÁXIMA (ºC)
TEMPERATURA MÍNIMA (ºC)
TEMPERATURA MEDIA (ºC)
HUMIDADEMEDIA (%)
VELOCIDADE DO VENTO(km/h)
CHUVIATOTAL (l)
DÍA CHUVIAMÁXIMA (l/m2)
DIASCHUVIA
28,53 10,52 19,16 83,7 12,6 156,2 43,7 (18) 15
O TEMPO
As horas de luz diminuíron en 82 minutos
Faise a vendima
Faise o viño
Plántase verdura, nabicol, rabizas...
-Polo San Xenaro vendimas pró carro-Polo San Nicolás as uvas vendimarás
-Agosto madura e setembro vendima a uva-San Xoan á sardiña e setembro á vendima
-Pola Virxe do Portal pon á xente a vendimar-Polo San Mateu, vendima tí, vendimo eu-Polo San Mateu, cada un vendima o seu
-San Miguel da uvas, tarde vés e pouco duras-Vendima enxoito se queres coller bo mosto
-O lagar a retorcer e os fabóns a nacer
-Polo San Miguel mete as uvas (...o viño) no tonel
-En setembro arden os montes e secan as fontes.
-Setembro ou seca as fontes ou leva as pontes. -Setembro, ou leva as pontes ou seca as fontes. .
Por santa Tegra abala a nogueira.
-Se queres mel, por San Miguel. -Se queres ter abellas míraas polas Candeas, e se queres ter mel, míraas polo san Miguel.
Temperá é a castaña que por setembro regaña.
Trae as moscas san Fernando e lévaas san Cipriano.
Vale máis nubrado de agosto ca sol de setembro.
1 de setembro de 1923O Gran Terremoto de Kanto arrasa Tokio.
6 de setembro de 1766nace John Dalton, científico británico que desenvolveu a teoría atómicada materia.
7 de setembro de 1936: morre o último lobo de Tasmania,
tigre de Tasmania (Thylacinus cynocephalus) coñecido, extinguíndose a especie.
8 de setembro: Día internacional da
alfabetización
8 de setembro de 2004:morre Manuel María
poeta galego
“O río pasa correndo,
non se para con ninguén.
O río canta prás cousas
e canta pra min tamén...”
-O 8 de setembro celébranse romerías en moitos lugares de Galicia: Os Mirgres, A Valvanera, Os Remedios, A Franqueira...
9 de setembro de 1737:nace Luigi Galvani, físico italiano
10 de setembro de 2008: comenza a funcionar con éxito en Xenebra (Suíza) o acelerador de partículas LHC do CERN despois de facer circular polo acelerador un feixe de mil millóns de protóns en pouco máis de 50 minutos.
11 de setembro de 2001: un atentado derrubou as torres xemelgas en EE.UU.
12 de setembro de 1897:nace Irènne Joliot-Curie, química francesa, filla de Marie e Pierre Curie.Premio Nóbel de Química en 1935.
12 de setembro de 1958: o enxeñeiro norteamericano Clair Kilby, de Texas Instruments, presenta o primeiro chip.
12 de setembro de 1959:A Unión Soviética lanza o Luna 2. O 14 estrélase contra a Lúa e convértese no primeiro obxeto feito polo home que chega a ela.
15 de setembro de 1851: Nace, en Celanova, Manuel Curros Enríquez
15 de setembro de 1873:Inaugúrase a primeira liña de ferrocarril en Galicia: Santiago-Carril
16 de setembro: Día internacional da preservación da capa de ozono
16 de setembro 1893: nace en Budapest Albert Szent fisiólogo descubridor da Vitamina C, Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina en 1937)
19 de setembro de 1843:morre Gaspard Gustave de Coriolis,
enxeñeiro e científico francés.
21 de setembro de 2003:Finaliza a misión Galileo, despois de oito anos de exploración do sistema de Xúpiter.
22 de setembro de 1791:nace Michael Faraday físico inglés.
23 de setembro:Día Internacional contra a explotación sexual e a trata de mulleres
24 de setembro de 1905:nace Severo Ochoa, bioquímico español.
26 de setembro (4º xoves)Día marítimo mundial
Tema de 2014 - Convenios da OMI: Implantación efectivaPara destacar os tratados da OMI que aínda non entraron en vigor e aqueles que precisan do apoio de maior número de estados e unha
implantación máis efectiva.
28 de setembro: Día Mundial da rabia1895: morre Louis Pasteur, químico e microbiólogo francés.
29 de setembro de 1511:nace Miguel Servet, médico español, descubridor da circulación pulmonar do sangue.
A segunda guerra mundial comezou e rematou en setembro (1939-1945)
4 de setembro de 2014
Un grupo de investigadores da Universidade de Drexel (Filadelfia-Pensilvania, EE.UU.) dirixido por Kenneth Lacovara, descubriu no sur da Patagonia Arxentina o esqueleto fosilizado dunha nova especie de dinosaurio, o Dreadnoughtus schrani, o animal terrestre de maior volume atopado ata esas datas.
Fotos: Adela Leiro, Mon Daporta, alumnado de 1º e 2º de ESO, Internet
Setembro 2014
Top Related