1.O ESTADO: O Estado é o conxunto das institucións creadas para regular a vida e mais a actividade das persoas que
viven nun territorio delimitado e común, e que están
gobernadas por unhas mesmas leis baixo un mesmo poder.
O TERRITORIO
É o elemento físico do Estado sobre o que este exerce o seu poder. O territorio debe ser delimitado por unhas
fronteiras, que o distinguen doutros estados.
A POBOACIÓN
As persoas que viven no territorio dun Estado est´ñan
sometidas ao seu poder e as súas leis.É habitual que nun
Estado convivan persoas de diferentes culturas e de diversas
nacionalidades.
O PODER
No exercicio de poder o Estado debe realizar diversas funcións:
Establecer as leis que regulan as relacións sociais da
poboación do Estado.
Viaxar polo cumprimento das leis e administrarlle a xustiza á
sociedade a través do poder xudicial.
Manter a orde no interior no interior do seu territorio e responsabilizarse tamén da súa protección exterior.
Desenvolver a política exterior.
Recadar impostos.
Dirixir a economía mediante leis que regulan a actividade
empresarial e o mercado laboral.
Administrar os servizos públicos e xestionar as infraestruturas e
os equipamentos colectivos.
A administración é o conxunto de organismos necesarios para
que o Estado exerza as súas funcións. As persoas que
traballan para o Estado están integradas en corpos ou
grupos dedicados a labores relacionados coa xustiza, a sanidade, o ensino, a seguridade, a economía, as obras
públicas, etc.
Os funcionarios de carreira son os que acceden ao seu posto
de traballo por oposición.
Unha parte moito máis reducida dos labores administrativos
está desempeñada por persoas da confianza do Goberno
que ocupa o poder nese momento.
Ao longo da historia, os Estados exerceron o poder de moi
diversas formas. A miúdo considerouse que o poder lle
corresponde a unha soa persoa.
Nos Estados democráticos actuais, a elección dos
gobernantes realízana todos os cidadáns e cidadás que
sexan maiores de idade xa que a soberanía reside
unicamente no pobo.
EXERCICIO DO PODER DA CIDADANÍA
O referendo e as eleccións son os mecanismos a través dos
cales os cidadáns e as cidadás,mediante o seu voto,
participan no exercicio do poder.
No referendo consúltase unha cuestión concreta que os
cidadáns aceptan, rexeitan ou votan en branco.
Nunhas eleccións os cidadáns maiores de idade elixen os seus
representantes políticos.
Un estado é democrático cando os cidadáns e cidadás
participan nos labores de goberno.
A democracia é directa cando os cidadáns e cidadás toman
decisións. A democracia adoita ser representativa.
As persoas elixidas forman o Parlamento, que elaboran e aproban as leis, e elixe ao Presidente do Goberno e os titulares doutras
institucións.
AS ELECCIÓNS
Para que sexan democráticas deben cumprir catro requisitos:
Deben ser libres
Deben ser plurais
Deben realizarse por sufraxio universal
Deben ser periódicas
Nunha democracia existe liberdade de opinión e non hai
acordo sobre como gobernar.
Os partidos políticos preséntanlles aos cidadáns os seus
programas electorais, nos que recollen os obxectivos que se
propoñen acadar se acceden ao poder.
Os cidadáns ,co seu voto,escollen unha das opcións políticas ou
votan en branco. Segundo os resultados obtidos, a cada
partido político corresponderalle un número determinado de
deputados.
A DIVISIÓN DE PODERES
Nos réximes democráticos existe a división de poderes, para
que ningunha institución acapare todo o poder:
O parlamento elabora e vota as leis.
O Goberno determina a política que debe seguir o Estado, e
aplícaa.
O poder xudicial aplica as leis.
Representan diversas modalidades.
MONARQUÍAS E REPÚBLICAS
Algúns Estados democráticos son monarquías parlamentarias. Nelas
a máxima autoridade é a Raíña ou o Rei, pero a soberanía tena
o pobo.
Outros países democráticos son repúblicas parlamentarias. Nelas as funcións de xefe do Estado desempéñaas o Presidente da
República, que é elixido por toda a cidadanía.
ESTADOS LIBERAIS E ESTADOS SOCIAIS
Un Estado liberal procura non interferir na economía das empresas
nin nas relacións sociais.
Un Estado social defende a necesidade de intervir nalgúns ámbitos
económicos e sociais. A súa finalidade é conseguir a maior igualdade posible entre todos os cidadáns e cidadás.
Acadar a democracia foi unha tarefa longa e difícil, e supuxo numerosos conflitos políticos e sociais. Existen países onde o
poder o exerceu ou o exerce unha soa persoa ou un grupo
privilexiado, que decide segundo os seus intereses. Isto
acontece:
Na monarquía absoluta. Exemplos de monarquía absoluta: Arabia Saudita e Omán.
Na ditadura. Exemplos de ditadura: América Latina e, na
actualidade,sono en numerosos Estados de África e de Asia.
É a gran potencia
militar que tende a
dirixir o espazo
político internacional
O seu crecente poder
militar ocasiona
inquietude e esixe a
toma de acordos
Países de economías emerxentes
O Estado cedeulles parte do seu poder a institucións
supranacionais, para resolver problemas que superan o
ámbito de acción estatal.
As rexións e mais as grandes cidades tratan de destacar a súa importancia económica, histórica e cultural, e reclaman
administrar competencias a compartir parte do poder.
O ESTADO E A GLOBALIZACIÓN
Os factores do Estado tradicional foron:
A globalización da economía
A xeneralización das novas tecnoloxías da información
A globalización orixinou un sistema mundial do que forman
parte os Estados.
A Unión Europea é a institución supranacional que asumiu unha parte maior de soberanía dos seus Estados membros.
Enténdese por local ou rexional, aquel territorio que ten unha
actividade económica ben desenvolta e unha
personalidade cultural e social ben diferenciada.
TIPOS DE REXIÓNS
Algúns espazos rexionais son:
• Nacións sen Estado, como Quebéc
• Nacións consolidadas e diferenciadas
• Grandes áreas urbanas ou cidades globais
SUBSIDIARIEDADE:é o principio polo cal as institucións máis
próximas á cidadanía toman determinadas decisións
O PAPEL DO ESTADO NA ACTUALIDADE
Os Estados son coordinadores das rexións e cidades que
integran o seu territorio
Os Estados garanten a creación e o mantemento das
infraestruturas básicas.
Os Estados coordinan a loita contra o terrorismo mundial.
Algúns dos obxectivos da ONU son:
Manter a paz e seguridade nacinais
Fomentar entre as nacións relacións de amizade
Desenvolver e estimular o respecto aos dereitos humanos
ORGANIZACIÓNS DEPENDENTES DA ONU
Dúas das axencias máis destacadas son:
UNICEF:creada para protexer a infancia e a xuventude
UNESCO:cuxos fins son acadar a paz mais o benestar social a
travás da cultura.
Son as entidades de carácter público con fins humanitarios e
sociais que non dependen dos gobernos.
As ONG están integradas por sociedades, empresas, centros de
investigación,etc.
A súa forza chegou a ser tan grande que non soamente actúan
nos lugares onde hai problemas senón que tamén funcionan como grupos de presión sobre os gobernos e as empresas.
AS ONG COMO REDES INTERNACIONAIS
Moitas das ONG que existen actualmente convertéronse en
poderosas organizacións especializadas:
Algunhas dedícanse a promover accións humanitarias
Outras promoven os dereitos humanos e denuncian os
lugares onde non seon resetados.
Tamén existen ONG cuxa finalidade é a protección da
natureza e a denuncia da destrucción do medio rural.
Moitos Estados do mundo ven ás ONG un xeito de solucionar
problemas de urxencia e necesidade.
A actuación das ONG vai máis alá e afrontan o
desenvolvemento integral das persoas.
As ONG tamém serven para que os cidadáns e cidadás
adquiran conciencia e responsabilidade respecto das causas que hai que defender e das que as autoridades
públicas , nalgunhas ocasións, se desentenderon
A cultura é o conxunto de costumes, de coñecementos e de
formas de vivir que un grupo de persoas sente como propio e ,ao mesmo tempo, diferente dos outros grupos.
Normalmente as mersoas da mesma cultura viven no mesmo
territorio.
As diferenzas culturais non se deben ás características físicas
das persoas senón á educación, ao modo de vivir e de pensar…Todas as culturas teñen dereito a desenvolvérense
de forma libre e dignamente.
O pluralismo cultural defende a coexistencia de grupos
humanos diversos e considera que o outro non ten por que
ser visto coma un competidor, aínda que posúa unha cultura diferente á propia.
Na actualidade imponse de xeito progesivo por todo o planeta
a chamada cultura de masas.
Unha das súas principais características é a xeneralización
dunhas mesmas pautas de consumo.
Esta homoxenización contribúen tanto os medios de
comunicación. As súas consecuencias son inmediatas en
todo o planeta.
Este proceso de uniformar e estender a cultura do consumo, en
ocasións orixina tensións e contradiccións fronte ás culturas
locais ou tradicionais.
Top Related