*
Encóntrase entre os trópicos de Cáncer e de Capricornio.
* A SELVA: Encóntrase na zona de clima ecuatorial.As temperaturas
están preto dos 25ºC e as precipitacións son frecuentes. A súa
vexetación é exuberante.A auga é abundante e os ríos son
caudalosos. Os pobos indíxenas dedícanse á caza e á recoleccioón.
Pero na actualidade as selvas son explotadas mara obter madeira
de calidade, minerais terras de cultivo para plantacións ou para
pastos.
* A sabana
Presenta clima tropical. As temperaturas son elevadas e as precipitacións
son abundantes.A vexetación está formada por altas herbas, árbores
escasa e espalladas e ao carón do río hai bosques galería.
A poboación dedícase á gandaría e á agricultura. Cultivan produtos
tropicais para vender nos mercados. As grandes empresas explotan
modernas plantacións de produtos para exportar (té, cacao…).
*O deserto
Presenta un clima desértico. A vexetación faise máis escasa, con estepas
pobres de arbustos e matogueiras espalladas. Prácticamente a vexetación é
inexistente. A sequidade do aire explica a calor do día e o frío da noite.Estes
canbios de temperatura son os que provocan a erosión.
A poboación dos desertos reúnense nos oasis, onde hai auga e grupos de
pastores nómades que conducen os seus rabaños de cabras e camelos na
procura de pastos.
*
As paisaxes de climas temperados espállanse dende as rexións cálidas ata
as frías, en ambos os dous hemisferios.Presentan catro estacións:
• Inverno
• Verán
• Primavera e outono.
Distínguense grandes tipos de paisaxes:
• Paisaxe oceánica ou atlántica
• Paisaxe mediterránea
• Paisaxe continental
*Localízanse nas zonas polares de ambos dous hemisferios e
nas cordilleiras máis elevadas da Terra. As temperaturas son
moi baixas e as precipitacións son escasas.
A vexetación arbórea non se pode desenvolver e no seu lugar
medran arbustos e pradarías. Nas zonas onde a altitude é
moi elevada medra a tundra.
As zonas polares están moi pouco poboadas, habítanas pobos
como os esquimós. Estes pobos viven grazas á pesca e á
caza.
Nas altas montañas a vida é dificil e tamén están pouco
habitadas, coa poboación concentrada nos
vales.Tradicionalmente se explotou a madeira dos bosques e
os prados mantiveron numerosos rabaños.Na actualidade
esas actividades económicas estánlles a ceder paso a
actividades turísticas, que modifican as paisaxes.
*
*Paisaxe oceánica ou atlántica
É característica da fachada occidental de Europa, pero tamén se
atopa no Norte mais no Noroeste da Península Ibérica.
O clima oceánico caracterízase por unhas temperaturas suaves no
inverno coma no verán.As chuvias son abundantes ao longo do ano.
Hai bosques de folla caduca e prados.
Os campos dedícanse ao millo, ás forraxes, á pataca é á maceira.
*É propia das illas e costas Europeas bañadas por este mar.
Os veráns son calorosos e secos debido á influencia da masa de aire
subtropical. E os invernos non son excesivamente fríos pola
influencía do Mediterráneo. As choivas son abundantes na primavera
e no outono.
A vexetación típica son os bosques de folla perenne, os cultivos
mediterráneos tradicionais son o trigo, a vide e a oliveira.
As terras son moi poboadas e hoxe atraen numeroso turismo, polo que
as cidades medran.
*
Localízase no interior de Europa onde as temperaturas son moi
contrastadas os veráns son calorosos e os invernos son fríos. Hai máis
precipitacións no verán.
Nas zonas máis situadas ao Norte medra a taiga, e cara o Sur a estepa.O
bosque caducifolio escala as abas das montañas.
A poboación vive concentrada en grandes vilas, mais agora as cidades,
as comunicacións, as zonas industrais e actividades humanas polo
xeral,modificaron fondamente as paisaxes tradicionais.
*Nas paisaxes polares o clima é moi rigoroso; só durante os breves
meses do verán, cando se produce o desxeo, o solo se cobre de
liques,brión, arbustos e herbas: a tundra.Son zonas pouco
poboadas, con algúns grupos humanos, como os lapóns.
Nas paisaxes de alta montaña o clima tamén é moi frío e as
precipitacións no inverno caen en forma de neve. A vexetación
distribúese por niveis ou graos altitudinais.
A poboación é escasa e vive da gandaría,aínda que na actualidade
algunhas montañas teñen un grande atractivo turístico, xa que nelas
se poden practicar deportes de inverno, e os seus habitantes se
dedican a este sector.
*
O clima da Península Ibérica presenta as seguintes características:
• Latitude: Inflúe na variación de temperatura.As choivas tamén oscilan
entre o Norte e o Sur. Deste xeito na costa cantábrica hai máis
precepitacións que nas costas do Sur.
• Distancia ao mar. O mar suaviza as temperaturas das franxas costeiras.
O mar tamén favorece o réxime de precipitacións, que van diminuindo
segundo nos imos afastando da costa.
• Altitude. Coa altitude a temperatura diminúe, pola contra, as
precipitacións adoitan ser abundantes, xa que as masas de aire húmido
arrefrían, se inestabilizan e provocan a chuvia.
*Temos unha variedade de climas que xeran os cinco tipos de
paisaxes que coñecemos. Catro deles están localizados están
localizados na Península. O quinto tipo de paisaxe é a de Canarias
de trazos subtropicais.As paisaxes da España atlántica son as
características das terras do Norte e do Noroeste peninsulares,
bañados polo mar Cantábrico e o océano Atlántico.
*As temperaturas medias durante o verán superan os 20ºC e non
baixan dos 10ºC no inverno.
As choivas son moi frecuentes e abundantes durante todo o ano,
se ben diminúen no verán.Na España oceánica medra o bosque
de folla caduca. Na actualidade, gran parte destas árbores
foron substituídas polo piñeiro e máis o eucalipto.
* O POBOAMENTO
Os habitantes das cidades dedícanse principalmente á industria
e aos servizos.
No interior rural da España oceánoca e atlántica a
Poboación atópase espallada en casa de campo,
Pequenas aldeas ou en casaríos.
*
*O CLIMA E A VEXETACIÓN
O clima caracterízase polos seus veráns calorosos e polos seus
invernos suaves. No outono rexístranse as precitacións máximas.
A vexetación mediterránea fórmana aciñeiras e
sobreiras , aínda que se foron sustituíndo.Nos lugares
onde desaparece o bosque medra unha vexetación de
matogueira .Nas zonas máis secas esténdese a estepa.
*O POBOAMENTO
É unha zona moi poboada. A maioría dos seus cidadáns
reside en cidades e en grandes vilas.
Na paisaxe rural o hábitat é disperso, en especial nas zonas de
regadío.
**O CLIMA E A VEXETACIÓN
Os veráns son secos e calorosos e os invernos son fríos.As choivas son
escasas polo afastamento do mar e pola disposición do relevo.
A vexetación debe resistir invernos duros.As aciñeiras son únicamente
abundantea en Estremadure e en Salamanca, onde aparecen
espallados formando devesas.
*O POBOAMENTO
Está pouco poboada(coa excepción de madrid).
Hai cidades ao redor das cales se desenvolven as
industrias e mais os servizos.O hábitat rural concéntrase en vilas
pequenas ou de tipo medio.
**O CLIMA E A VEXETACIÓN
Caracterízase polas súas baixas temparaturas.
Ao pé das montañas están os cultivos con especies como a aciñeira
e a sobreira.En ocasións tamén aparece o bosque de coníferas
con abetos e piñeiros.
* O POBOAMENTO
O relevo dificulta as comunicacións e o clima é
duro. Os seus habitantes viven en casas de campo ou en pequenas
vilas e aldeas.As actividades económicas son:
a gandaría e a explotación forestal.