8/3/2019 textos de comprensión TRADUCIDOS A GALEGO da coleccion CEPE Que vida tan divertida
http://slidepdf.com/reader/full/textos-de-comprension-traducidos-a-galego-da-coleccion-cepe-que-vida-tan-divertida 1/2
O coche desaparecido
Rrring, rring,…
Luis: Podo falar con Pepe?
Pepe: Son eu. Quen chama?
L: Son Luis. Oe, roubáronme o coche!
P: Que dis?
L: Que me roubaron o coche. P: E agora, onde estás?
L: Estou na rúa do Porto. Cheguei á noite e deixei o
coche aparcado na rúa coa equipaxe
dentro.
P: Agora saio para alá. En 10 minutos estarei
contigo.
(Un pouco máis tarde no hotel)
P: Ola Luis! Que ledicia verte!, pero … Cóntame de novo qué
lle pasou ao teu coche.
L: Pois mira, onte á noite cheguei tarde e viñen a este
hotel. Aparquei o coche na beirarrúa de enfrente e agora
non está alí. P: Como se che ocorreu deixar a equipaxe dentro?
Probablemente atopemos o coche, pero a equipaxe …
Avisaches á policía?
L: Non. Non sei qué teño que facer.
P: Nada especial. Ir a unha comisaría e contar o que che ocorreu.
L: Podes acompañarme? Temo que non me explique ben.
8/3/2019 textos de comprensión TRADUCIDOS A GALEGO da coleccion CEPE Que vida tan divertida
http://slidepdf.com/reader/full/textos-de-comprension-traducidos-a-galego-da-coleccion-cepe-que-vida-tan-divertida 2/2
P: Dacordo, imos.
(Na comisaría)
Policía: Pero, por que deixou vostede o coche nesa rúa? Non
viu o sinal de “Prohibido aparcar”. O seu coche foi retirado
pola grúa municipal. Firme este papel e vaia a esta dirección
onde poderá recoller o seu coche, pero terá que pagar unha
multa. Síntoo.
CONTESTA A ESTAS PREGUNTAS:
Quen veu de viaxe? A quen chama?
___________________________________________________________
Que lle ocorreu a Luis?______________________________________
Onde deixou o coche?______________________________________
Roubáranlle a Luis o coche? Que lle ocorrera?
___________________________________________________________
___________________________________________________________
Onde se reuniron Pepe e Luis? _________________________________
Que lle aconsellou que fixese Pepe a Luis?
___________________________________________________________
Que ten que facer Luis para recoller o seu coche? _____________________
Por que cres que Luis non viu o sinal de prohibición?
___________________________________________________________
Para que se poñen multas ás personas que cometen infraccións?
___________________________________________________________