1
INFOGRAFÍA DOS ATENTADOS
11-M, 11-S E 7-X
Rocío Balsa
Ángeles Capeáns
Carolina Chávez
Diana Mandía
Marta Millán
2
INFOGRAFÍA DO 11-S NOS MEDIOS IMPRESOS:
Así coma na infografía dixital, o 11-S supuxo un cambio
importante e que revolucionou a esfera de Internet, no momento do
suceso a prensa escrita toleou. Eles tamén tiñan que explicar o porque
de ese gran acontecemento, tendo en conta a pouca información coa
que contaban. Os medios estadounidenses contaban con todo o día 11
de setembro para elaborar eses infográficos que foran o máis precisos
posibles, mentres en España había moi pouco tempo pola diferencia
horaria. Non había tempo de experimentar nun primeiro momento con
novos gráficos, senón que había que ir sobre seguro.
Non obstante, tras analizar os infográficos publicados tralo atentado,
vemos unha mistura de sensacionalismo –polas traxedias individuais
que se plasmaron-, unha necesidade de explicitar as causas –amosando
materiais, resistencia das torres, planos…- en un último lugar a
descripción do que se escondía tras cada un dos pisos das torres. Todo
o mundo sabía que se trataba de edificios nos que se asentaban
distintas empresas, e os diarios atopáronse coa necesidade de debuxar
o que había en cada planta.
A desinformación levou a que a maioría das portadas dos xornais
mundiais se referisen a meras fotografías do suceso, acompañadas de
títulos como “Caos mundial”, “Catástrofe”, “Ataque”, etc. Se ben a
prensa é un medio máis analítico, o shock mundial non permitiu que
esta exercera a súa labor primaria.
Ao seu favor, cabe destacar que co paso dos días, a prensa escrita
converteuse nun dos aparatos máis potentes para explicar o porque da
caída das torres e do ataque ao pentágono. La Voz de Galicia amosou o
13 de setembro detalles sobre a colisión, medidas das torres, etc, pero
de forma moi sinxela.
3
-–
4
No seguinte que imos ver que é o do 16 de setembro, baixo o título
“Cómo murieron 5.000 personas en el ataque contra EEUU”, amosamos
que a carga informativa é maior, aínda que os infográficos seguen a ser
sinxelos, liñas rectas que buscan non confundir ao espectador. Hai
certos detalles que se repiten co anterior, pero buscábase amosar
cronolóxicamente que sucedera. A esto dedicáraonlle dúas páxinas do
xornal.
Como mostra da profundización que levaron a cabo algúns xornais
americanos, o New York Times, coñecido tamén pola súa complexidade
e orixinalidade dos seus infográficos tanto na web como na prensa
escrita, elaborou o 13 de setembre de 2001 un gráfico no que podemos
ver un mapa de Lower Manhattan, onde especifican que as cifras de
víctimas aínda non están claras e explican o colapso que hai na zona,
así coma os edificios que resultaron dañados polo ataque. Este
infográfico levou o premio de Oro na categoría de Portafolios de
5
cobertura posterior, co que consegui vender máis de 175.000
exemplares.
Da mesma forma, o día 16, mentres La Voz publicaba o gráfico que
víamos sobre a orde cronolóxica dos acontecementos, o New York Times
aposta por explicar cantas personas había en cada planta das torres e
que empresas estaban situadas en cada unha delas. Con distintas
cores, amosaba o número de persoas. Neste caso, o infográfico resulta
fácil de comprender e rico en información, xa que todos estes datos
serían case imposibles de poñer nun texto sen que o lector perdese o
fío.
6
Este día, o mesmo xornal aposta, ademais, por incluir un mapa no que
se explica como se levou a cabo a labor de rescate, a través dunha
fotografía de satélite.
7
Outro xornal que levou o premio de bronce pola súa cobertura sobre o
atentado foi El Mundo. Amosamos catro dos infográficos que se
publicaron nos días posteriores á traxedia e que amosan a estrutura
dos avións e os movementos que fixeron para secuestrar o avión.
8
O New York Times publica un especial no aniversario do desastre.
Trátase dunha publicación na que nos chamou a atención
9
principalmente un infográfico que plasmaba as traxedias individuais do
atentado.
-
10
Por outra banda, como dixemos ao principio, o obxectivo dos xornais foi
explicar de forma clara por que caeron as dúas torres, amosar os
materiais, o que había debaixo dos edificios, etc:
Finalmente, a revista TIME levou o premio de plata de Actualidade
inmediata no ano 2002 por un infográfico en 3D. Nel se situaban
perfectamente os edificios que compoñían o Lower Manhattan e así
buscaban amosar o dano que se producira no Financial District, xa que
o atentado tivo como consecuencias a demolición de moitos edificios
que se situaban arredor do World Trade Center. Ademais, neste se
explican os datos de pérdidas económicas, que chegaron aos 2 billones
de dolares.
11
12
INFOGRAFÍA DO 11-M NOS MEDIOS IMPRESOS:
� EL PAÍS:
O día 12,o día seguinte do atentado, empréganse megagráficos,
infográficos a dobre páxina que intentan explicar que pasou e como, xa
que os atentados non se viron en directo e a xente ten necesidade de
información. Ademais, a proximidade xeográfica fai que a cantidade de
detalles demandada sexa maior, xa que moitos españois (público do
diario) necesitan saber como localizar ás vítimas, ou mesmo como
estaba a situación da cidade de Madrid en canto a hoteis, ou medios de
transporte.
Por iso, vemos no infográfico que aparece unha relación dos
números de teléfono que poden ser útiles para os cidadáns, facendo
unha labor social.
13
Podemos ver tamén ese afán de exceso de explicación, aínda sen
tódolos datos coñecidos. Optaron quizais mais por dar moita
información, aínda que días posteriores se confirmaran novos datos,
que por dar poucos datos e seguros. Así, no El País, aparece un breve
resumo escrito dos atentados, debaixo do título. Logo, aparece
detallado por pasos ordenados cronoloxicamente como explotaron os
artefactos nas distintas estacións e trens, nun infográfico de mapa,
indicando o número de falecidos de cada atentado, a hora concreta e
unha explicación das explosións producidas nos distintos lugares.
Despois, as páxinas se saturan cunha serie de datos adicionais, todos
cos seus correspondentes gráficos. Explican a estrutura dos trens de
cercanías, e a distribución na cabeza tratora dunha planta. Ademais,
aparece tamén un debuxo da colocación das bombas nos trens, outro
do colapso en Madrid, e unha barra, na mesma páxina, na que se
indica un balance dos atentados, cunha contradición ó aparecer
“Vítimas mortais”, cando logo aparece o balance dos feridos ademais
dos falecidos.
Na outra páxina hai outra gráfica de barras na que se intenta
indicar de novo as horas dos atentados, ademais de continuar co
infográfico mapa que explica en catro pasos o atentado. Vese de novo
ese obxectivo de explicar todo, incluíndo a furgoneta na que se atoparon
máis explosivos. Tamén hai un debuxo das mochilas empregadas,
incluíndo dentro os explosivos e unha explicación dos artefactos que se
explotaron en cada lugar. Tamén aparece un mapa a pequena escala co
despregue sanitario, e unha explicación dos hospitais de campaña que
se montaron, así como unha relación dos atendidos nos hospitais de
Madrid, separando entre feridos e mortos. As fontes son todas ás que se
puideran acceder, dende institucionais a testemuñas, e isto foi así en
tódolos xornais.
14
� ABC:
No ABC podemos ver tamén que houbo varias contradicións con
El País, e, fundamentalmente porque os dous xornais de ámbito
nacional quixeron explicar toda a información que puideron. Os
infográficos son máis pequenos ca os de El País, ocupando a metade
das dúas páxinas. Tamén empregan un mapa de vías coas explosións
por orde cronolóxica. Aparece unha contradición con El País, no que
indican que o atentado da rúa Téllez sucedeu ás 07:42, mentres que no
ABC aparece que sucedeu ás 07:39. Tamén aparece que na Estación de
El Pozo o atentado foi un minuto antes que na de Santa Eugenia, e no
El País en cambio aparece que foi no mesmo minuto. Hai un mini-mapa
ademais da ampliación, e tamén se explican as explosións nos trens
nun aparte cos debuxos dos vagóns. A
Hai un corte lonxitudinal do vagón de cercanías, que é
completamente distinto ó que aparece no do El País. Aparece un debuxo
dunha das mochilas empregadas polos terroristas, a unha escala moito
máis grande ca o do resto dos debuxos, e aparece que houbo doce
mochilas-bomba, mentres ca no infográfico de El País, aparecía que
eran trece. Como novidade, o ABC inclúe un gráfico da hipótese de
preparación do atentado que manexaban as Forzas de Seguridade.
15
Tamén contén o xornal ABC unha explicación do efecto “túnel”
das explosións, en tres pasos. El País non inclúe publicidade nas
páxinas dedicadas ós atentados, o ABC si.
� El Mundo:
En El Mundo, vemos o tratamento dos infográficos cun exceso de
información, como acontecía nos outros diarios. O principal son catro
mapas, que corresponden os distintos lugares onde ocorreron os
atentados; ademais cos catro trens onde colocaron os artefactos
explosivos debaixo. Nestes, coinciden as horas exactas coas que publica
o ABC. Enriba, debaixo do título, hai un mapa máis pequeno, co
percorrido da liña C2 do tren de cercanías, a que foi obxecto da
masacre. Ó lado, aparece máis detallado este mapa, con breves
explicacións.
16
Tamén El Mundo optou por publicar un debuxo das mochilas
empregadas para atentar, explicando o seu contido e coincidindo, de
novo, co dato publicado no ABC de que eran doce mochilas.
Aparece tamén o balance de mortos e hospitalizados, de novo
contraditorios cos do El País, no que establecían que os falecidos eran
192, fronte ós datos de El Mundo que din que houbera 190 defuncións.
Inclúese tamén en El Mundo un debuxo da furgoneta atopada,
indicando que a policía a usaría para estuda-la autoría dos atentados.
Na parte inferior das páxinas publicouse un debuxo de cada un
dos trens obxecto do atentado, así como das explosións producidas.
Como víramos en El País, tamén El Mundo optou por non incluír
publicidade nas páxinas dedicadas á explicación do atentado.
� La Voz de Galicia:
17
La Voz de Galicia segue a mesma liña ca os diarios nacionais, cun
mapa do percorrido da liña de cercanías, e as ampliacións
correspondentes ós catro trens que sufriron os atentados.
Tamén inclúen o debuxo das mochilas explicando o seu contido
en explosivos, e este xornal coincide con El País en canto ó número de
mochilas (trece). Explica ademais, o obxectivo principal do atentado, a
estación de Atocha, enfatizando así como a traxedia estaba planeada
para causar dez veces máis de vítimas. Os horarios dos atentados,
ampliados e representados enriba de catro trens a gran tamaño, non
coinciden cos diarios nacionais, só no primeiro, en Atocha. Os outros
varían nalgúns minutos. Como novidade aparece unha infografía do
dispositivo asistencial. Esta é especialmente clara, a cor, indicando nun
mapa a situación dos atentados, dos puntos de asistencia médica, e do
tanatorio provisional. O que non aparece tan claro son os números que
están enriba dos puntos do mapa, xa que non se especifica a que se
refiren. Tamén aparecen debuxos que acompañan a datos adicionais
que informan sobre os postos de evacuación dos feridos e o equipo
médico avanzado.
� OUTROS INFOGRÁFICOS SOBRE O ATENTADO
Estes infográficos explican outros aspectos do atentado, non o
feito en si, senón o tratamento dos feridos, o recinto onde se levan ás
vítimas, o percorrido da manifestación en Madrid, e incluso aprovéitase
para facer uso de arquivo con mapas que ilustran a historia dos
atentados en Madrid, gráfico que no diario El País é practicamente igual
na súa versión interactiva. El Mundo publicou un infográfico moi
similar.
18
19
20
21
22
23
INFOGRAFÍA DIXITAL DO 11-M E 11-S:
� Introdución
Gomes de Olivera indica que a infografía dixital é unha aportación
informativa que se elabora nas publicacións dixitais, que poden ser de
carácter lingüístico, pero tamén audiovisuais realizadas mediante
unidades elementais icónicas co apoio de diversas unidades tipográficas
ou auditivas. A infografía dixital e a estática comparten similitudes,
ámbalas dúas teñen o obxectivo de dar información ou de
complementala, pero a infografía dixital ten unhas características
propias que proveñen do novo soporte que a sustenta. A interactividade
e o hipertexto fan que este tipo de infografía sexa máis rica e máis
próxima ao usuario.
A característica da interactividade fai referencia á capacidade que ten o
usuario para interactuar co gráfico, para navegar por el. A
interactividade garántese grazas aos botóns de navegación que conectan
coas distintas partes da infografía e que lle permiten ao lector ir
accedendo a elas segundo sexan do seu interese. O hipertexto ten que
ver co uso de enlaces que lle permiten ao usuario acceder dende a
infografía a outras informacións que a complementan. Tanto o
hipertexto como os botóns interactivos teñen que estar ben visibles e
ben identificados para facilitar a lectura e a comprensión do usuario.
O modo de traballar dos infografistas dixitais tamén é diferente á dos
infografistas que traballan nun medio tradicional. No xornalismo
tradicional o infografista xoga coa “hora de peche” como o tempo límite
para ter elaborada a súa infografía. Porén, nun medio dixital non existe
esa “hora de peche”, senón que a “hora de peche” é o “canto antes”.
Aínda que o que non debe mudar nos hábitos dos infografistas,
independentemente de que traballen para un medio tradicional ou on
line, é que debe ter un contacto, a ser posible, de primeira man coa
24
noticia. Isto é, por exemplo se se trata dun atentado, o infografista debe
acudir ao lugar do incidente para coñecer con certeza o que vai recrear
máis tarde no seu infográfico.
A INFOGRAFÍA INTERACTIVA DO 11-S
A infografía dixital evolucionou á par da creación dos xornais e do
periodismo on line. E a catástrofe do 11-S foi fundamental para que a
infografía interactiva ascendera un piso, é dicir, evolucionara. Este
suceso transmitido e mediatizado a tempo real en todo o mundo fixo
necesario o emprego da infografía cunha finalidade distinta: aportar
novos datos que complementaran as imaxes que se estaban vendo en
directo, unhas imaxes que non necesitaban de recreacións ficticias. O
atentado do 11-S contribuíu a que algúns cibermedios experimentaran
por primeira vez con produtos multimediáticos que integraban de
simultaneamente textos e hipertexto, imaxes e sons.
Os infográficos de The New York Times caracterízanse porque
aproveitan moi ben tódolos recursos que ofrece a web: os infográficos
combinan o texto, as imaxes e o son. Neste infográfico que presentamos
a continuación o usuario pode ir camiñando ao longo do infográfico
grazas aos botóns que aparecen á esquerda. As imaxes en movemento
apracen explicadas por texto e tamén por audio.
http://www.nytimes.com/packages/khtml/2003/08/29/nyregion/200
30829_wtc_PORT_FEATURE.html?scp=8&sq=%22World+Trade+Center+
Attacks%22&st=m
Os medios de comunicación multimedia ao tratar o atentado do 11-S
tiveron que facer fronte a unha maneira de informar totalmente
distinta. A cidadanía do mundo enteiro estaba observando en directo o
impacto dos dous avións contra as Torres Xemelgas. Polo tanto os
infográficos xa non tiñan que contar o qué nin o quen. Tiñan que falar
do cómo, o por qué... é o caso do infográfico que mostramos a
25
continuación. Nel o que se intenta explicar son os danos que o choque
dos avións produciron nas torres, e cómo afectou iso á hora de que os
inquilinos e os traballadores que estaban no seu interior puideran saír
ou non.
http://www.nytimes.com/interactive/2002/09/08/magazine/2002090
8_911_TOWERS_GRAPHIC.html?scp=10&sq=%22World+Trade+Center+
Attacks%22&st=m
(combina tamén,,, explica cal foi a razón pola que caeron as torres. Que
danou cada avión, as escaleiras, o cadro eléctrico, as paredes, as
columnas… )
Este empeño tanto por parte dos medios que querían ofrecer nova
información e sobre todo por parte da cidadanía que estaba ávida de
coñecer máis detalles e non quedarse só co que estaban vendo en
directo provocou que crearan infográficos onde se recreaban as
derradeiras conversas que as vítimas mantiveron cos servizos de
emerxencia, e incluso que se recrearan esas últimas horas dos que
estaban atrapados nas Torres Xemelgas.
http://www.nytimes.com/packages/khtml/2002/07/07/nyregion/200
20707_wtc_FIRE_FEATURE.html?scp=12&sq=%22World+Trade+Center
+Attacks%22&st=m
( explica a confusión que se produciu tralo atentado nos servizos de
emerxencias, válese das testemuñas e das comunicacións por radio
para recrear as últimas horas dos que estaban atrapados nas Torres
Xemelgas)
Neste infográfico que leva como título INSIDE THE TOWERS ofrécese
información de que empresas tiñan as súas oficinas ou que cuartos
estaban situados na zona de impacto. Ademais, danse os nomes e
apelidos, así como se mostra a fotografía das vítimas.
26
http://www.nytimes.com/packages/khtml/2002/05/25/nyregion/200
20525_wtc_INSIDE_FEATURE.html?scp=14&sq=%22World+Trade+Cent
er+Attacks%22&st=m
En España os medios de comunicación interactivos tamén se ocuparon
do 11-S e expertos infografistas comezaron a elaborar numerosos
infográficos para abordar e afondar na traxedia. En primeiro lugar
consideramos oportuno analizar os infográficos propostos por El
Mundo, pois consideramos que son que se diferencian máis en canto a
estilo dos presentados polo New York Times. El País, do cal falaremos
máis adiante, segue unha liña moi similar a do xornal neoiorquino.
Os gráficos de El Mundo non destacan por combinaren tódalas
ferramentas que á súa disposición pon a Web. Neste que mostramos a
continuación si se recorre a fotografías, pero non é o máis común.
http://www.elmundo.es/elmundo/2001/graficos/septiembre/semana2
/atentados/rescate.html
Cabe resaltar que hai unha diferenciación principal entre os infográficos
de El Mundo e The New York Times. Nos infográficos deste último o
usuario ou lector accede á información decidindo qué é o quere ver ou
ler. É dicir, o infográfico está estruturado en partes, e cada parte leva o
seu correspondente título. O usuario non ten que pasar por todas.
Porén, en El Mundo ( como en EL PAIS) os infográficos son lineais.
Cristian Werb (elpais.es) afirma que as infografías son máis claras canto
máis lineais xa que a idea é facilitarlle o traballo ao lector e non
abrumalo con detalles molestos. Alberto Cairo, desde elmundo.es,
defende o uso e a realización de infografías non lineais. Considera que
para el “funciona mucho mejor añadir accesos a cada parte del trabajo
(indicando claramente “localización”, “el atentado”, “anteriores
atentados”, etc.) para que el lector decida qué quiere ver, y no privarle
de información porque nosotros pensemos que el pobre se va a sentir
desorientado o "abrumado".” (http://infografista.blogspot.com/)
27
Porén, o que nós vimos con respecto ao 11-S foron unha serie de
gráficos “interactivos” onde o usuario o único que tiña era que premer
un botón de “avanzar” ou “retroceder” para acceder á información, e así
sucesivamente ata chegar aos últimos datos ofrecidos no infográfico.
http://www.elmundo.es/elmundo/2001/graficos/septiembre/semana4
/subsuelo/subsuelo.html
(reconto das vítimas nada máis)
http://www.elmundo.es/elmundo/2001/graficos/septiembre/semana2
/atentados/atentadocaida.html
(por qué se caeron las torres?)
Neste caso os infográficos si que mostran información relativamente
útil. Os infografistas fuxiron de mostrar o que xa todos víramos na
televisión. Neste caso no que se centran é en por que caeron as Torres
ou neste último en como afectou a caída das Torres ao perímetro dos
arredores. Porén, e centrándonos no seguinte gráfico, este xa non sería
tan necesario nin aporta unha información que os usuarios de
primeiras reclamaran: o funcionamento das caixas negras dos avións.
http://www.elmundo.es/elmundo/2001/graficos/septiembre/semana2
/caja/caja_negra.html
Por outra banda, cabe resaltar que o estilo dos infográficos de El Mundo
é moi característico deste medio, é un signo identificador. Algo ao seu
favor.
Outro medio que é necesario analizar é El Pais. Neste caso os
infográficos que estudamos pertencentes a este medio caracterízanse
pola súa presentación lineal. O infográfico que presentamos a
continuación aparece guiado por uns botóns numerados que o usuario
debe ir premendo para avanzar no discurso informativo. Ben é certo que
o usuario ten a posibilidade de avanzar polo infográfico sen recorrelo
28
nunha orde cronolóxica, pero como os botóns carecen dun título que
describa a información que se vai tratar en cada apartado, vese na
obriga de ir avanzando botón por botón.
http://www.unav.es/malofiej/entries/15/15b/el-
pais.com/plantilla17.swf
Este é outro exemplo dun infográfico de El País moitísimo máis sinxelo,
que de feito, case nin aporta información.
http://www.elpais.com/especiales/2001/atentados_eeuu/graficos/ante
s.html
A INFOGRAFÍA DIXITAL DO 11-M
A infografía dixital utilizada no 11-M destaca polo impacto visual que
provoca no lector. Nalgúns xornais electrónicos como El País e El
Mundo os infográficos son en si mesmos noticias que non requiren de
texto. O gráfico convertese nunha maneira rápida, clara e sinxela de ver
a información. A pesar de todo, os xornais españois non aproveitan
tódolos recursos que a rede ofrece como ocorre no caso do New York
Times co atentado do 11-M.
Nestes atentados, o receptor carecía das imaxes do instante (ó contrario
que no 11S). Polo que o plantexamento do gráfico foi diferente e
buscaba que o lector se fixera unha idea rápida e clara do ocorrido. O
inmediato dos cibermedios fixo que foran os medios máis consultados e
por iso, os infografistas enfrontábanse ademais da falta de información
á falta de tempo. A medida que se obtiñan datos, o usuarios podía velos
na rede. Elmundo.es colgou ata oito versións distintas do seu
infográfico ó longo do 11 de marzo.
Das animacións máis completas que agora poden verse na rede
destacan as de El Mundo. Están recollidas nun especial sobre o caso. El
29
País tivo a súa edición electrónica en aberto durante dous días nos que
tamén puidemos ver animacións algo máis sinxelas pero cunha
secuencia lóxica similar á de El Mundo. Aínda así, a día de hoxe
pódense consultar algúns dos infográficos dese mes.
Polo tanto, estamos ante infográficos que a día de hoxe están renovados
e presentan datos actualizados. Ademais os infográficos non só se
centraron en explicar o sucedido senón tamén trataron o tema do xuízo,
as vítimas...
As infografías, dende o noso punto de vista, non sempre están
xustificadas xa que o gráfico sobre a identificación das vítimas en Ifema
resulta demasiado macabro e co tratamento dixital faise incluso máis
impactante.
30
Animación de El Mundo tal como pode verse na súa páxina web.
Fonte: El Mundo.
Animación de El País tal como pode verse na súa páxina web durante os dous días que
estivo en aberto.
Fonte: El País.
31
� EL MUNDO:
http://www.elmundo.es/documentos/2004/03/espana/atentados11m
/graficos.html
- Nun primeiro momento atopamos os que explican o sucedido
mediante mapas e amosando a sucesión de explosións.
- Noutro dos infográficos faise unha recopilación das informacións
que se sucederon entre o día 11 e o 14. Son pequenos textos con
hora e día e fotografías.
- Outros dos infográficos presenta un mapa sobre o piso dos
suicidas de Leganés e o número de falecidos.
- O máis sentimentalista é o das vítimas do atentados. Un cadros
coas fotografías das vítimas e cunha pequena descrición da súa
vida ó clicar na súa fotografía.
- O infográfico da bolsa bomba é estático e simplemente describe as
medidas da mochila e o que contiña dentro.
- Outro dos máis sensacionalistas é o de Ifema no que se expón un
mapa do recinto e o recorrido que as familias teñen que facer
para recoller os obxectos persoais dos familiares e recoñecelos.
� ABC:
http://www.abc.es/informacion/juicio11M/index/atentadomadri
dfla.swf
Este infográfico presenta dunha maneira máis sinxela a sucesión de
explosións, os vagóns onde se efectuaron e tamén a mochila.
� EL PAÍS:
16-02-2007-Descripción del interior de la sala donde se celebra el juicio
del 11-M
http://www.elpais.com/graficos/espana/Sala/Tribunal/elpgranac/200
70215elpepunac_1/Ges/
32
El atentado más sangriento de España
http://www.elpais.com/comunes/2004/11m/01_antentado2/index.ht
ml Mapa do tren e a sucesión de explosións.
http://www.elpais.com/todo-sobre/tema/matanza/11-M/122/ Neste
enlace recóllense os seguintes infográficos:
� Estación de Alcalá de Henares: el comienzo de la
pesadilla
ELPAIS.es - 29-03-2004
Este infográfico representa a estacións en 3D cunha coidada
elaboración. Representa a maneira na que os terroristas deixaron
as bolsas bomba. Tamén se poden ver os vagóns.
� Los atentados terroristas más sangrientos
ELPAIS.es - 12-03-2004
Unha liña cronolóxica que representa os atentados máis
sangrentos que tiveron lugar en España. En cada ano amósase
un pequeno texto e tamén fotografías.
� Las pistas que conducen a Al Qaeda
ELPAIS.es - 19-03-2004
Mediante unha representación 3D repásase as pistas que
conducen á policía a Al Qaeda. Dende a furgoneta coa mochila e o
móbil que conduciu á tenda. As detencións policías represéntanse
con figuras. Ademais tamén se segue a pista da cinta enviada a
TeleMadrid.
33
� Los diferentes autores del atentado (11 al 14 de marzo)
ELPAIS.es - 16-03-2004
Mediante unha liña cronolóxica repásase a sucesión de
declaracións que se producen sobre o atentado. Utilízanse
fotografías e breves textos.
� Tanatorio improvisado en el pabellón 6 de IFEMA
ELPAIS.es - 13-03-2004
Mediante un mapa recréase a translación dos cadáveres a Ifema e
unha relación do persoal que atende ás familias.
� The Guardian
http://www.guardian.co.uk/flash/0,,1167380,00.html
Este infográfico céntrase en situar no mapa a cidade de Madrid e logo a
liña de tren coas tres bombas ó longo do recorrido. Vai explicando a
sucesión de explosións e os mortos en cada lugar. O número de mortos
en vermello que se amosan danlle moito dramatismo á información.
� REFLEXIÓN FINAL: ACTUALIDAD-PERMANENCIA
José Luis Valero afirma que a infografía interactiva moitas veces
“desinforma” porque se produce a demasiada velocidade e está suxeita a
actualizacións continuas, actualizacións que o lector non acostuma a
ver, xa que tende a visitar só unha vez os infográficos. Con respecto a
esta opinión de Valero, Alberto Cairo pregúntase “¿qué desinforma más,
el actualizar el gráfico con datos nuevos cuando estos surjan, avisando al
lector con una etiqueta de “nueva versión” en el enlace? ¿O, como se ve
obligado a hacer el papel, publicar una vez la infografía y no poder
modificarla nunca más, a pesar de que los datos que aporte sean
inexactos? (No, no me vale la “fe de erratas” como argumento: conozco a
34
poca gente que la lea).” Cairo considera que a actualización é unha
vantaxe, non un inconvinte. (http://infografista.blogspot.com/)
No caso dos infográficos interactivos relativos ao 11-S e ao 11-M non
atopamos erros *, iso débese posiblemente á capacidade de corrixir
sobre o xa feito e publicado. A información relativa aos atentados do 11-
S e do 11-M estaba sendo continuamente consultada polos cidadadáns
e continuamente modificada polos xornalistas. Ámbolos dous feitos xa
remataron, pertencen ao pasado e non continúan no futuro, polo que os
infográficos que abordan as dúas traxedias están corrixidos e
actualizados cos últimos datos. Isto contrasta por exemplo cos
infográficos que versan sobre a Gripe-A, un acontecemento que aínda
non rematou e cuxo interese informativo foi decaendo, probablemente
polo que se está prolongando no tempo.
INFOGRAFÍA DO 7-X
Cando o 11 de xullo catro bombas explotan no metro e no bus urbano
de Londres, o xornalismo volve a repetir, alomenos en certo modo,
algunhas dinámicas que xa puxera en práctica nos dous atentados
precedentes, o do 11-S en EEUU e o do 11-M en Madrid. Ao pensar nos
grandes atentados do terrorismo islamita pensamos inmediatamente
nestes tres, non só os que máis conmocionaron a opinión pública de
Occidente senón tamén os más tratados pola prensa e, xa que logo,
polos departamentos de infografía dos grandes xornais). E é que os tres
sucesos teñen moitos elementos en común: afectaron a grandes capitais
do mundo occidental, saldáronse cun gran número de mortes e
consistiron en varios ataques consecutivos, a maioría en medios de
transporte moi concorridos. É por iso que o tratamento infográfico dos
atentados de Londres, a pesar de amosar algunhas diferenzas cos
anteriores (é , sen lugar a dúbidas, o menos tratado dos tres), recolle
moito dos seus predecesores. Sobre todo nos primeiros días sucesivos
ao ataque, hai unha vontade incisiva de describir o que aconteceu: ante
35
o misterio, o infografista explica mediante ilustracións o que ocorreu,
sitúa nun mapa a catástrofe e recolle os pormenores dos rescates.
Ao comparar o número de infográficos dedicados a os sucesos de
Londres nos tres xornais escollidos (dous españois, El País e El Mundo,
e outro británico, The Times), sorprende a maior presenza de infografía
nos primeiros. Nin tan sequera nos días inmediatamente posteriores
aparecen demasiadas infografías relativas ao acontecido.
Se analizamos os gráficos aparecidos na prensa escrita nos días
seguintes á masacre, vemos que son fundamentalmente de carácter
descritivo: hai unha vontade por explicar como é a rede de metro
londinense para que o lector poida entender a magnitude dos atentados
e as zonas máis afectadas. Ademais, hai que ter en conta que, aínda
que Londres é unha cidade coñecida por moitos españois, non é tan
próxima como no caso de Madrid; polo tanto, faise necesario explicar
máis e mellor onde estaba cada bomba. Prima, como consecuencia, a
localización do atentado: non hai un só infográfico que prescinda deste
elemento que na maior parte dos casos será ademais o único posible, xa
que os detalles do suceso vanse coñecendo pouco a pouco. A
investigación policial xa está en marcha, pero os xornalistas non teñen
acceso aínda ás claves que lles permiten entender como puido suceder
algo así nunha cidade tan vixiada coma Londres. A este respecto,
soprende a infografía de El País na que se describe o sistema de
vixilancia londinense; é interesante mencionar este caso porque é un
dos poucos que escapa á simple localización do acontecido. O lector
probablemente se fará preguntas sobre a seguridade nas liñas do metro
e un infográfico destas características sacia, polo menos en parte, a súa
curiosidade. Outra das opcións diferentes ofrécese no mesmo diario
semanas despois, cando un sospeitoso é abatido a tiros no metro de
Londres por non deterse ante a orde da Policía. O suceso conmociona a
opinión pública porque o individuo, de nacionalidade brasileira,
resultou ser inocente. Na representación gráfica óptase, unha vez máis,
36
por situar o lugar dos feitos e, como información extra, engádese o
percorrido do home até ser finalmente alcanzado polos gardas. Mais á
parte deste caso, os dous grandes xornais de tirada nacional optan por
comparar os suceso do día 7 co intento dun novo atentado, tamén no
metro, semanas despois. O mapa é practicamente o único elemento
gráfico empregado.
Cando as investigacións sobre os atentados de xullo avanzan (nas
semanas seguintes xa aparecen os primeiros datos, como por exemplo
que os terroristas suicidas prepararon o atentado nun barrio da cidade
de Leeds) o suceso volve a cobrar actualidade. Mediante a infografría,
tanto El País como El Mundo tratan de facerlles recordar ós seus
lectores o que aconteceu. Neste senso, o gráfico compleméntase co
texto, no que se explica parte da ilustración, que por si soa aporta
pouco máis que a localización do piso de Leeds onde se fabricaron as
bombas.
As opcións ofertadas polos dúas grandes cabeceiras nacionais son moi
semellantes no tratamento e mesmo nos sucesos considerados
noticiables: de feito, sorprende ver que os aspectos que se consideran
bos para un infográfico son practicamente os mesmo nos dous xornais
(por exemplo, as complicadas tarefas de rescate de King’s Cross, unha
das estacións máis afectadas o 7 de xullo). Como o tratamento é
bastante frío nos dous casos (en canto á infografía, iso sí, o texto amosa
predilección polos dramas persoais, por pórlle un rostro humano á
catástrofe) non se aprecian usos sensacionalistas das imaxes. A
localización, como xa se dixo, é a saída máis frecuente ante unha
traxedia imprevista da que se apenas se coñecen máis datos que o onde
e o cando.
Top Related