ACHEGAS A VIDA DE VEREMUNDO RIESCO VÁZQUEZ
Aproximación a la vida de Veremundo Riesco Vázquez
Approach to the life of Veremundo Riesco Vázquez
Portela Vázquez, Alberto Manuel
Historia Veterinaria Galega (HISVEGA)
Congreso Historia Veterinaria Octubre 2008
RESUMO
Neste traballo realízase unha achega á figura de Veremundo
Riesco Vázquez, o cal é representante dunha xeración de veterinarios
impulsores en abrir novos camiños de desenvolvemento profesional de
carácter renovador da veterinaria española na segunda metade do
século XX
RESUMEN
En este trabajo se realiza un acercamiento biográfico a la
figura de Veremundo Riesco Vázquez, el cual es representante de una
generación de veterinarios impulsores en abrir nuevos caminos de
desarrollo profesional de carácter renovador de la veterinaria española
en la segunda mitad del siglo XX
ABSTRACT
In this work is made a biographical approach to the figure of Veremundo Riesco Vázquez, which is
representing of a generation of veterinarians, who opened new ways of professional development of the
Spanish Veterinary Medicine in second half of century XX
INTRODUCIÓN
Dentro das actividades da Asociación “Historia Veterinaria Galega. (HISVEGA)”, estase a realizar
unha recuperación da memoria viva da Veterinaria Galega. A través de entrevistas con veterinarios xubilados
preténdese plasmar experiencias vitais que no seu conxunto reflictan a Historia Contemporánea da profesión.
En maio do 2007, falamos con Veremundo Riesco, do que tiñamos coñecemento do seu papel na
docencia e como institución galega en avicultura, por Teresa Moreno, gran amiga súa, tristemente
desaparecida, ao pouco tempo desta data. Así que, tendo esta premisas, HISVEGA, tiña que coñecer a vida e
semblanza deste veterinario, exemplo da rexeneración da Veterinaria.
PRIMEIROS ANOS
Veremundo Riesco Vazquez nace en Tui o 11 de
marzo do 1927. O seu pai, Pío Riesco Mata, era
carabinero; a súa nai Luísa Vázquez Freixeiro, dona de
casa e seu irmán, xa morto, era catro anos máis novo.
Pasou a súa infancia e parte da adolescencia na
súa vila natal estudiando no “ Instituto Nacional de
Ensino Medio” en Tui, no primeiro ano e despois no
colexio recoñecido “Santo Angel” dende 1936 o 1943,
con una media de 9,5 nos sete cursos. Recorda con
cariño ao sacerdote de Guillarei, que lle daba aulas
particulares de latín e ambos cruzaban parrafadas nesta
lingua. Era un estudiante exemplar, pero como a todo
estudiante lle chega o seu primeiro suspenso, o cal foi na reválida de 7º en Santiago, na convocatoria de
xuño, tendo que esperar a setembro a ter superadas as probas, e poder así entrar na universidade.
Veremundo tiña en mente estudar medicina, pero seu pai animouno a facer veterinaria, porque entón
gañábase máis de veterinario ca de médico, co tema das guías e ademais era un ano menos de estudio.
Así que a opción escollida foi veterinaria na facultade da Universidade Complutense de Madrid, na
que ingresou o 2 de novembro de 1944 ata o 30 de xuño de 1949. Fixo a proba de licenciatura con
sobresaínte .
Mentres estudiaba foi bolseiro do Instituto de Investigacións Veterinarias na propia facultade e no
P.B.A.(Padroado de Bioloxía Animal) a partir do segundo ano ata a súa terminación.
Atopou un gran cambio entre os estudios de bacharelato aos universitarios, onde a diferencia era
abismal, ponos como exemplo que o 1º tema da química experimental no primeiro ano estaba composto de
94 páxinas. Isto asustouno e foi un estímulo para dedicarlle moito tempo a estudiar, diariamente.
En Madrid vivía na pensión Riesco, propiedade do seu tío, situada na rúa Correos, nº2 segundo,
esquina coa Porta do Sol, e a Rúa Maior.
Alí pasaría horas de estudio, nunha mesa con tres compañeiros máis, que selarían unha amizade que
perduraría cos anos ata o presente.
Os amigos eran:
♦ Felipe Rodríguez Mezquita (Zamora), que exercía como veterinario militar, sendo coronel en
Valladolid.
♦ José María Prat Frígola (Besalú, Girona), do corpo nacional veterinario, sendo Xefe de Servizo de
loita contra a PPA ( peste porcina africana), con destino en Badaxoz.
♦ José Aguiló Bonín (Palma de Mallorca), dedicouse á clínica de pequenos animais e coma técnico do
hipódromo das trotadas, na mesma localidade.
Entre os catro, elaborarían apuntes, realmente completos, nas materias de Inmunoloxía e
Farmacoloxía , nas cales non había texto oficial, que despois vendían aos compañeiros. Isto fai referencia a
aquel dito da universidade de “que non hai nada que una tanto aos amigos como uns bos apuntes feitos en
común”.
Tamén farían as Milicias Universitarias xuntos e na mesma tenda de campaña, no campamento
Monte da Reina (Segovia). No segundo ano de carreira saían de sarxentos, no 3º, de alférez e ao rematar a
licenciatura, 6 meses de prácticas nun rexemento coma oficiais. Foi destinado ao Rxto. De Cazadores de
Santiago nº 2, en Alcalá de Henares, prestando servizo entre 01/10/1949 a 31/03/1950.
Na súa etapa universitaria destaca como profesor a José Morros Sardá, excelente docente e gran
pedagogo; era tamén médico e impartía clases de Fisioloxía nas facultades de Veterinaria e Medicina na
Complutense. Tiña un magnífico libro propio sobre Fisioloxía1.
Coméntanos a anécdota dese profesor cun alumno cando, nun exame oral, pídelle que explique o
acto fisiolóxico da “defecación”. O alumno púxose tan nervioso e colorado que o profesor Morros
exclamoulle: “díxenlle que nos contara, non que o fixera”.
Tamén recorda co segundo suspenso, foi durante a vida académica universitaria, na materia de
Inmunoloxía, no 2º curso, sendo mestre Gabriel Colomo de la Villa.Tiña por norma suspender a tódolos
alumnos en xuño. Con esta determinación complicáballes a vida no segundo ano de carreira.
Foi alumno interno no Departamento de Patoloxía de doenzas esporádicas e cirurxía con Cristino
García Alfonso (Catedrático de Anatomía e Decano).
Na promoción 1944-49 licenciáronse 14 novos veterinarios en xuño, cando no 1º curso
matriculáranse máis de 200 alumnos.
COMEZO PROFESIONAL
Abríase agora o mundo laboral, que estaba na súa plétora profesional, xa que os veterinarios
distribuíanse nas capitais de provincia e poboacións de mais de 100.000 habitantes, en partidos abertos e o
resto eran partidos pechados (so podían traballar os titulares). En total mais de 6.000 profesionais con
traballo fixo, e outros tantos atopábanse en postgrado . Estes chegaron a editar unha revista de veterinarios
postgraduados.
1 Morros Sardá, José. Elementos de Fisiología General (prologo de Gregorio Marañón). Editorial Tipografía Artística. Madrid 1931.
Ante este panorama, o futuro era incerto. Tíñanse que ir abrindo novas saídas, como veterinarios en
fábricas de pensos, laboratorios, grandes empresas gandeiras e avícolas, técnicos sanitarios en industrias
alimentarias, etc. E así foi.
En 1950 iniciou a súa actividade profesional como bolseiro interno no laboratorio Zeltia (Porriño),
cando este vai comezar no eido das menciñas veterinarias, farmacolóxicas e biolóxicas (soros e vacinas). Os
seus titores foron Nicanor Ocampo Otero, en farmacolóxicas e Rafael Campos Oneti, nos biolóxicos .
Pediunos que dende HISVEGA, dedicarlles o máis merecido homenaxe a ambos veterinarios, que tanto
colaboraron a completar a súa formación universitaria e seu maior agradecemento pola súa axuda e
ensinanza que, como moi bos mestres, moldearon o seu espírito para facer na vida un traballo ben feito e con
gusto.
Tamén estábanse creando centros de Ensinanza Media e Profesional, de modalidade Industrial
(Vilagarcía), Marítimo- pesqueira (Marín) e Agrícola- gandeira (Tui).Os tres entre os 14 primeiros creados
en España.
No ano 1951, sendo bolseiro de Zeltia conseguiu, por concurso libre de méritos, unha praza como
profesor de Organografía Animal e Vexetal, hoxe Ciencias Naturais, no Instituto de Tui, compatibilizando os
dous postos.
No decorrer dos anos, Zeltia asociouse con Cooper e como xa estaba rolando ben as especialidades
Fármaco-biolóxicas, foi a Inglaterra para especializarse na parasitoloxía (interna e externa), no C.T.B.
(Cooper Tecnical Bureau), en Berkhamsted; condado de Herts.
Alí, baixo a titoría do Dr. Sloan, xefe do servicio, aprendeu coproanálise (recollida de mostras,
análise coprolóxico pola técnica de flotación, recoñecemento de ovos para diagnóstico das parasitoses e
tratamentos adecuados).
Cando volveu, paseou por toda España facendo diagnósticos parasitolóxicos en centos de
explotacións gandeiras, por coproanalise, axudado polo laboratorio que levaba consigo, tanto en empresas
privadas como colaborando co Ministerio de Agricultura.
Co Ministerio e coa colaboración de Zeltia, levou a dirección técnica para rematar coa Hipodermose
Bovina (“barros”) no vacún da illa de Menorca, e aumentar a produción de leite e acadar peles de calidade,
para a fabricación de queixo duro (fundido) e zapatos de artesanía, típicos das localidades de Alayor e
Ciudadela, respectivamente.
A nivel de empresa, como por exemplo, na finca Jandilla, dos Sres Domecq e Díaz, que tiñan touros
bravos, que non medraban completamente, diagnosticou unha infestación masiva de Neoáscaris vitulorum,
que foi eliminada. E tamén na finca de Álvaro Domecq, en Medina Sidonia, outra infestación nun rabaño de
porcos, por Macracantonrincus hirudinaceo (Sin. Equinorincus jigas), entre outras moitas intervencións,
perante os anos dedicados a parasitoloxía.
Por outra banda compartiu a súa experiencia con moitos compañeiros, facendo demostracións, unha
verdadeira pelexa contra o cancro económico das explotacións, producido por parásitos externos e internos.
Finalmente sinalou que a máis desta labor, levaba o Servizo de Coordinación e Asesoramento das
delegacións técnico-veterinarias provinciais de Zeltia.
O 31 de Nadal de 1965, deixou o laboratorio, xa que tivo que escoller na docencia entre horario
normal, compatible de 15 horas , ou exclusivo de 24 horas. Na súa elección pesou a opinión da súa muller,
casados no ano 1956, xa que ela era catedrática de Xeografía e Historia, no mesmo centro docente de Tui.
CAMIÑO DOCENTE
No ano 1956 gañou, por oposición e co número 1, a cadeira de Ciencias Naturais, ante un tribunal
formado por catedráticos de veterinaria e enxeñeiros agrónomos, presididos por Carlos Luís de Cuenca,
catedrático da Facultade de Veterinaria de Madrid.
Nos manifesta Veremundo que foi o primeiro catedrático, veterinario de España, de Ciencias
Naturais e Bioloxía de Instituto, abrindo un camiño novo aos licenciados en veterinaria, despois de vencer un
fronte que poñían os antigos colexios de licenciados en Ciencias, conseguindo así unha saída máis para a
profesión.
Sendo catedrático, fixo algúns viaxes co Ministerio de Educación por Europa e participou como
presidente en tribunais de reválida elemental e superior.
Ao pouco de acadar a cátedra, foi nomeado Director do Instituto de Tui, permanecendo no cargo
durante 21 anos ininterrompidos que cos nove de catedrático, suman 30 anos de docencia nesa cidade.
Deixou Tui, e trasladouse a Vigo ó Instituto “Santa Irene”, onde estivo 12 anos ata súa xubilación, os
65 anos de idade, con 42 anos e 8 meses de docencia.
PAPEL DE VEREMUNDO RIESCO NA AVICULTURA GALEGA
Outra faceta da súa dilatada vida profesional comeza a partir do ano 1965, dedicándose a poñer a súa
experiencia veterinaria e docente ó sector da avicultura industrial, fundamentalmente na aptitude cárnica.
Interveu na creación de Avícola de Galicia S.A, como socio fundador, con sedes en Galicia e Valença do
Miño (Portugal). En Barro (Pontevedra), con naves de cría, recrías, produción, chocadeira e fábrica de
pensos para uso propio. En Valença, non había fabricación de pensos, pero si o demais.
Prestou asesoría profesional desinteresada a outras empresas españolas e portuguesas do ramo. En
Portugal nas cooperativas de Afife (Viana do Castelo), Avigui e Unipinto (Guimaraes), Avitrofa (Trofa),
Gapa en Porto d’Ave e outras menores, chegando a colaborar coa Dirección Xeral dos Servizos Veterinarios
do Ministerio de Agricultura, no control de efectividade de determinadas vacinas aviares.
Todo dun modo desinteresado,
so pola vocación docente e o cariño,
case patolóxico, pola profesión.
Dentro da actividade avícola, a
mais de España e Portugal visitou
convidado por diferentes empresas
estranxeiras no eido da investigación e
explotación avícola: Inglaterra,
Holanda, Francia e Israel, así como ,
Brasil, Argentina, Chile, Paraguai e
Perú con motivo da Exposición
Mundial de Avicultura en Río.
XUBILACIÓN
Despois de xubilado na docencia, seguiu coa súa actividade avícola ata o 30 de xuño de 2006, con 79
anos, deixando toda actividade o ter considerado que chegara a hora de descansar e xa cumprir coa súa
misión laboral na vida.
O 6 de outubro 2007, os seus compañeiros de profesión, do Colexio Oficial de Veterinarios de
Pontevedra, coincidindo coa festividade de San Francisco, fanlle unha homenaxe por levar máis de 50 anos
colexiado (nº 44) dende o ano 1951, xunto con outros excelentes compañeiros,e noméanse membros de
honra do citado colexio.
Por último, no mundo familiar, Veremundo está viúvo dende 1989. Tivo catro fillos: dous homes, o
primeiro químico, profesor no Instituto de Tui e o último é enxeñeiro en telecomunicacións, que traballa para
unha empresa do ramo en San Francisco de California dende España; e dúas fillas: unha médico do I.S.M. en
Congreso de avicultura en Israel
Vigo e a outra profesora de filoloxía inglesa no Instituto do Carballiño. Ningún quixo seguir coa veterinaria,
pero confiemos que moitos compañeiros collan o relevo de Veremundo nos distintos ámbitos desempeñados
por el.
Actualmente dedícase a súa paixón de viaxar e aumentar a súa colección de mouchos decorativos,
contando con 1.500 unidades de todo o mundo, que ten repartidos por toda a súa casa e nos mostra orgulloso
este feito, antes de abandonar a mesma. Tamén ten outra colección de anécdotas (chistes) españois e
portugueses, xa que na súa filosofía da vida, está a do humor (“día sen humor, día perdido” dinos) e coma
mostra son os numerosos chistes que nos narrou nos distintos días que compartimos con el , mentres
elaborabamos esta semblanza.
Top Related