X A N L E I R A - 2 0 1 2
Obradoiro de Comunicación Audiovisual
Xan Leira - 2012
O ARGUMENTO
É a etapa do traballo onde comezamos o desenvolvemento da nosa historia. Este
escrito ten que reunir as seguintes informacións:
A TEMPORALIDADE permite fixar a época e o paso do tempo da nosa historia.
Tamén, se o emprego do tempo é continuo ou discontinuo.
A LOCALIZACIÓN permite ubicar en que lugar ou lugares transcurre a acción.
O DESENVOLVEMENTO da acción é o conxunto de acontecementos relacionados
entre sí por conflitos que van sendo solucionados a través da propia historia até o
desenlace final. Completando deste xeito a a cción dramática.
O PERFIL DA PERSONAXE OU PROTAGONISTA é o elemento base do núcleo
dramático principal, xa que é o responsable de levar adiante os “valores” e
“obxectivos” da nosa historia. O protagonista pode ser unha persoa, un grupo de
persoas ou obxectos nos que sumemos con condicións de acción e expresión.
O argumento permitirá, tamén, visualizar a VIABILIDADE da nosa produción, xa que
coñeceremos a dimensión da nosa obra, aspectos de produción, artistas, mercados,
autores, etc. Todos estes elementos permitirán aproximarnos a un custo da nosa
futura película.
A ACCIÓN DRAMÁTICA
A ACCIÓN é o electo diferencial da linguaxe cinematografíca, xa que a partir dela
describimos e desenvolvemos a nosa historia.
A escritura da acción dramática debe contemplar estes elementos:
– A Transición (da historia e dos personaxes),
– o Motivo (que fundamente un comportamentoo),
– a Intención (é o que permite que a historia avance a vaia cara adiante),
– o Obxectivo (é o éxito acadado da nosa intención),
– a Alteración (algo sucede para que entremos en acción),
– a Loita (é o que sucede durante a Alteración, xa que sempre queremos voltar a
unha situación anterior á Alteración) e
– o Axuste (a Alteración deixa de existir e lógrase o Obxectivo).