1
A xincana componse de 10 probas, culturais, lúdicas e deportivas, que os alumnos e alumnas deben superar en equipos de 8 para rematala cunha
actividade conxunta de todo o alumnado e profesorado de primaria.
A finalidade é pasalo ben e desfrutar todos e todas cunha actividade cultural e lúdica tendo como protagonista a cultura galega en xeral, e a
celebración do Día das Letras Galegas coa homenaxe a Lois Pereiro máis concretamente. Outro dos obxectivos que se perseguen é o traballo en grupo e
a colaboración, xa que os equipos están integrados por membros das diferentes clases de cada nivel.
A xincana estructúrase en tres niveis de complicación por idades polo que as probas que realizarán estarán adaptadas a tres graos de dificultade,
segundo os ciclos:
1º Ciclo
2º Ciclo
3º Ciclo
Os equipos estarán formados por 8 membros, dous por clase, polo que cada equipo contará con membros de catro aulas, sendo necesario o
traballo en equipo, a toma de decisión de grupo etc… para resolvelas. Para favorecer a movilidade polas instalación e colaborar na localización dos lugares
das probas, e non na resolución das mesmas, os grupos do 1º Ciclo contarán cun membro do 3º Ciclo, que denominaremos guía.
2
Resultan, polo tanto, 12 grupos no 1º ciclo, 12 grupos no 2º Ciclo e 9 grupos no 3º Ciclo. Os equipos serán distribuídos polos mestres e mestras
titores para que resulten o máis homoxéneos posibles.
A cada equipo asignaráselle o nome dun escritor galego que fose homenaxeado no día das letras galegas. Diferénciaranse os equipos en función de
dous criterios, que levarán á vista nunha pegatina:
-Por Ciclo: Código de formas
1º- Triángulos
2º- Rectángulos
3º- Círculos
-Por Equipos de cada Ciclo: Código de cores
Ademáis cada membro do grupo levará o nome do seu equipo, escritor homenaxeado no Día das Letras, nunha pegatina coa bandeira de Galicia.
O obxectivo, como en todas as xincanas, é resolver todas as probas no menor tempo posible e rematar facendo un puzzle coas 4 pezas que irán
recollendo nas probas 1, 4, 8 e 9. Dito puzzle encaixará á súa vez noutro máis grande que faremos entre todos os equipos participantes, no exterior do
colexio, formando o mapa de Galicia coa cara dos escritores homenaxeados algunha vez pola R.A.G. e que dan nome aos equipos.
3
A xincana consta de dez probas, das cales 5 podemos denominalas culturais, xa que se resolven cos coñecementos que o alumnado posúe ( ou ten
acceso á información a través de diversas fontes- internet, biblioteca…-)de temas relacionados coa cultura galega e máis concretamante co día das Letras
Galegas e o homenaxeado neste ano: Lois Pereiro; 4 teñen un carácter lúdico-deportivo-cultural, xa que teñen como eixo principal os xogos tradicionais
galegos e 1 proba é musical.
Os diferentes grupos comezarán a xincana en distintas probas para evitar as aglomeracións nas mesmas estacións. Seguirase a seguinte orde:
1º Ciclo
2º Ciclo
3º Ciclo
1 4 8
2 5 9
3 6 10
4 7 1
5 8 2
6 9 3
7 10 4
8 1 5
9 2 6
10 3 7
Patio dianteiro Patio dianteiro Patio dianteiro
4
Ao comezo da xincana os equipos comezarán de 4 en 4 (1º e 2º Ciclo) e de 3 en 3 (3º Ciclo) cada 5 minutos, para evitar así un
agolpamento inicial na 1ª estación de cada Ciclo. Tocarase o timbre para indicar o momento de incorporarse.
As probas, os mestres responsables delas e a localización da estación, son as seguintes:
Proba 1: Mensaxe cifrada Responsables: María Villanueva e Secho Ubicación da estación: Árbore Tere Carballo
Proba 2: Canastras Responsables: María e Carmen Ubicación da estación: Pavillón interior
Proba 3: Puzzle Lois Pereiro Responsables: Carmen Botana e Nieves Ubicación da estación: Porta entrada-filas
Proba 4: Dotes musicais Responsables: Aurora e Mariví Ubicación da estación: Aula de música
Proba 5: Encrucillados e Sopas de letras Responsables: Alberto e Mario Ubicación da estación: Aula de informática
Proba 6: Mariola Responsables: Paloma e Amparo Ubicación da estación: Patio pequeno E.I.-zona mariolas
Proba 7: Ra e aros Responsables: María José e Sinda Ubicación da estación: Patio pequeno E.I.-zona moreiras
Proba 8: Carné Lois Pereiro Responsables: Sindi e Maite Ubicación da estación: Biblioteca
Proba 9: Trabalinguas e adiviñas Responsables: Marisa e Amalia Ubicación da estación: Patio cuberto
Proba 10: Petanca Responsables: Berta e Luís Ubicación da estación: Corredor esxterior a carón do comedor
Proba Final: Elaboración do gran puzzle Probas nas que se consigue peza do puzzle
5
A xincana parte do patio dianteiro ( +/- 11:15h) e comeza coa entrega da primeira pista, que lles indica a onde deben dirixirse:
6
Despois en cada proba, e unha vez resolta os Mestres e mestras entregaranlle aos equipos a pista seguinte en forma de pareado cunha imaxe que
lles indicará, unha vez “resolta”, a onde se deben dirixir para atopar a seguinte proba. As pistas son as seguintes:
7
8
9
10
11
Para que todo o alumnado poida participar e para favorecer a organización da actividade cada estación contará cun par de alumnos (voluntarios)
que colaborarán co profesorado e velarán polo bo desenvolvemento da xincana.
12
O alumnado de Educacvión Infantil celebrará o día das letras galegas coa realización de xogos populares, organizados do seguinte xeito:
XOGOS
PROFESORAS
LUGAR
TEMPORALIZACIÓN
Mariola
Sara Cid
patio infantil
10 minutos
Xogos
Musicais
Pili Cid
patio infantil
10 minutos
Pano
Angela
patio infantil
10 minutos
O iglú
Sara fernández
patio infantil
10 minutos
Carreiras
Sabela
patio infantil
10 minutos
Aros e conos
Conchi
patio infantil
10 minutos
13
Cada titora irá pasando cos seus alumnos-as por cada un dos xogos do circuito:
Xogo nº 1 : O IGLÚ Xogo nº 2 : A MARIOLA Xogo nº 3 : XOGOS MUSICAIS
Xogo nº 4 : CARREIRAS Xogo nº 5 : AROS E CONOS Xogo nº6 : PANO
Cada titora irá recorrendo o circuito acompañando ao seu grupo.
Isabel Caparrós, a coidadora, acompañará ao alumnado de E.I. que o precise.
Fina estará cos alumnos-as de Pili Cid.
Os nenos e nenas de 3 anos A empezarán o circuito polo xogo nº 1 e 3 anos B polo xogo nº2 , así irán avanzando ata o xogo nº6.
Os nenos e nenas de 4 anos A empezarán polo xogo nº3 e os nenos de 4 anos B polo xogo nº4, así ata completar o circuito.
Os nenos e nenas de 5 anos A empezarán o circuito polo xogo nº4 e os nenos de 5 anos B polo xogo nº6 e así ata rematar o circuito.
14
DISTRIBUCIÓN DOS XOGOS NO PATIO DE INFANTIL
15
Planning 13 de maio
9:00-10:30h Cada titor co seu grupo na aula
Repartiranse as pegatinas e o nome dos equipos polas aulas. Cada alumno pode poner o nome do seu escritor, e
polo tanto do seu equipo, na súa pegatina. AS PEGATINAS PEGARANAS AO SUBIR DO RECREO.
Os especialistas colaborarán para montar as estacións:
MÚSICA: Mariví e Aurora MARIOLA: Paloma e Ángela
MOREIRAS: Mª José e Sara Cid CANASTRAS: Carmen Baña
INFORMÁTICA: Conchi e Sabela PETANCA: Luís
10:30-11:00h RECREO
11:00h
Mario faise cargo dos dous grupos de 6º
Sinda faise cargo dos dous grupos de 2º
María faise cargo dos dous grupos de 1º
Marisa faise cargo dos dous grupos de 4º
María V. e Secho, e Maite e Sindi
van para as súas estacións, xa que
son por onde comenzan os
diferentes niveis.
16
11:15h Pasarase polas aulas, entregando a cada equipo unha bolsa/sobre onde irán gardando a súa documentación, para
reunir aos membros dos equipos que comezan na primeira quenda.
1º CICLO 2º CICLO 3º CICLO
Rosalía de Castro Rafael Dieste F. Bouza Brey
Francisca Herrera Manuel Antonio V. Lamas Carvajal
María Mariño Vicente Viqueira Luís Amado Carballo
Eduardo Blanco Amor V. Ferro Couselo
11:20h Pasarase polas aulas para reunir aos membros dos equipos da 2ª quenda.
1º CICLO 2º CICLO 3º CICLO
Castelao Curros Enríquez López Cuevillas
Celso Emilio Ferreiro O Xocas Cunqueiro
Antonio Noriega Varela Pondal Luís Seoane
Leiras Pulpeiro Aquilino Iglesia AlVariño
11:25h Pasarase polas aulas para reunir aos membros dos equipos da 3ª quenda.
1º CICLO 2º CICLO 3º CICLO
Manuel Lugrís Ánxel Fole Ramón Piñeiro
Novoneyra Lorenzo Varela Vicente Risco
Otero Pedrayo Älvarez Blázquez Vilar Ponte
Avilés de Taramancos Luís Pimentel
17
11:25h Os titores/as acompañarán ou mandarán aos alumnos/as colaboradores/as ás ESTACIÓNS correspondentes e
incorporaranse á súa.
Ás 11:30h sonará un timbre para uqe comece a 1ª quenda. Ás 11:35h outtro para a 2ª e ás 11:40h outro para a terceira.
Luís e Berta informarán aos equipos que ao remate da proba os equipos deben buscar aos Mestres que están no patio
dos coches para completar a XINCANA.