20/10/2105 15.30h SAÍDA MICO-FOTOGRÁFICA / SAÍDA AO MONTE Con esta saída coñeceremos este apaixonante mundo a través dunha cámara acompañados do micólogo José Luís Cuba có que diseccionaremos as micro formas e de Álvaro Navarro micólogo afeccionado á fotografía que nos axudará a sacar as mellores imaxes. Os fungos hoxe serán o motivo: estás preparado? Colle a túa cámara ou dispositivo móbil e a desfrutar!
Inscrición › Casa Dopeso do 14 ao 19 de outubro. Prazas limitadas. | Prezo › 5€
29/10/2105
20.30h CHARLA / A MICOLOXÍA NAS PONTES Pepe Guerreiro – Historia da micoloxía nas PontesJosé Arence (Cociñeiro) – Os cogomelos na cociñaJosé Mª Traba (Coautor do libro Cogomelos de Galicia)Lugar › Casa Dopeso
30/10/2105
11.00 – 12.30h SHOWCOOKING / HOXE COCIÑA TERESACon Teresa Cabarcos Ramil cociñeira de Casa Teresa. A través dos seus pratos dará a coñecer o valor do produto pontés e a riqueza e variedades dos postos do noso mercado.
Lugar › 1ª planta do mercado de abastos | Entrada libre
18.30 – 20.30h SHOWCOOKING / HÉCTOR LÓPEZ – GRUPO NOVECon Héctor López cociñeiro do restaurante España (Lugo). Este coñecido cociñeiro ensinará a realizar tapas elaboradas con fungos, como unha proposta máis das súas creacións.
Lugar › 1ª planta do mercado de abastos | Entrada libre
31/10/2105
08.00h SAÍDA MICOLÓXICA / SAÍDA AO MONTEPara coñecer distintos hábitats e os fungos que se dan neles. A saída estará dirixida por Antonio Díaz Calvo e José Luis Cuba micólogos, e coa colaboración do Clube de montaña O Caxado. A montaxe e clasificación de especies é aberta ao público, e o resultado da mesma poderase ver durante a mañá da feira de fungos.
Inscrición › Casa Dopeso do 21 ao 29 de outubro. Prazas limitadas. | Prezo › 5€
11.30h COCIÑA CON ANA OCA/ TALLER DE COCIÑA PARTICIPATIVA PARA NENOSSe tes de 6 a 12 anos podes achegarte a cociñar coa concursante galega de Masterchef JuniorHorarios › 11.30h · 12.30h · 13.30h (Inscrición previa no recinto 30 minutos antes de cada pase). Lugar › Carpa instalada na rúa Alexandre Bóveda
17.00h SAÍDA MICOLÓXICA / CLASIFICACIÓNClasificación do material recollido na saída ao monte dirixida polo micólogo José Luis Cuba. Os asistentes poderán resolver dúbidas e participar da clasificación de fungos e cogomelos.
Lugar › Baixo do mercado de abastos
18.00 – 20.30h SHOWCOOKING / ANTONIO DÍAZ CALVO – ANDARUBELCon Antonio Díaz Calvo cociñeiro experto na realización de pratos con fungos e cogomelos, que persegue explotar o sabor deste produto e ensinar aos participantes as características, preparación e conservación deste produto.Lugar › 1ª planta do mercado de abastos | Entrada libre
XORNADAS MICOLÓXICAS
+ INFO: www.aspontes.org | culturaaspontes
ORGANIZA:
CONCELLO DE AS PONTESCONCELLERÍA DE CULTURA
CONCELLO DE AS PONTES
CONCURSO DE FUNGOS 09.00 – 11.00hPresentación de cestas ao concurso As cestas estarán expostas ao público durante toda a mañá na rúa Alexandre Bóveda.
EXPOSICIÓNS (11.00 – 14.00 h)
VII XORNADA DE ARTESANÍACon demostracións de traballos de artesanía, nas que poderá participar o público asistente. || Lugar › Rúa Ramón Cabanillas | Organiza › Asociación de artesáns do Eume
EXPOSICIÓN DE ESPECIES DE FUNGOSEsta mostra é o broche final á saída micolóxica polo monte do sábado 31 de outubro. || Lugar › Baixo do mercado de abastos
PARA OS MÁIS PEQUENOS
O MUNDO DA MICOLOXÍAMostra dos traballos realizados polos escolares das Pontes. Lugar › Sala de exposicións Mercado Vello
MONSTERCHEFObradoiro de elaboración de receitas con fungos con Monsterchef o noso monstruí-ño particular ao que lle gusta cociñar e zampar todo o que cociña… e tamén cantar Obradoiros dirixidos a nenos de 6 a 12 anos.Horarios › 11.00h · 13.00h · 16.00h · 17.00h (Inscrición previa na caseta de información da feira de 10.30h a 14.30h. E pola tarde no lugar do obradoiro) | Lugar › Sala exposicións Mercado Vello
MOSTRA DE PRODUTOS ECOLÓXICOS, DE OUTONO, PRODUTOS NATURAIS E ELABORADOS ARTESANALMENTE (10.30 – 14.30 h)
Fungos e cogomelos frescos e envasados, algas, marmeladas, derivados do mel, licores de carabuñas, auga de mar envasada, castañas, zumes, froitas e outros. || Lugar › Baixo do mercado de abastos
Nesta mostra haberá degustacións / PRACER PARA OS SENTIDOS (a partir das 12.00h)Mel e queixo do Eume · Chocolates, pastas e cafés do mundo · Bacallau con algas · Castañas e marme-ladas ecolóxicas · Cogomelos envasados || Lugar › Stands do baixo do mercado de abastos
MOSTRA DA RAZA CAN DE PALLEIRO || Lugar › Rúa Alexandre Bóveda
ENTREGA DE PREMIOS
Entrega de premios dos concursos de fungos e o mundo da micoloxía.
Lugar › Carpa Colexio Sta. María | Hora › 12.30h
+SARA ESCUDERO. Estamos perdiendo el norteMonólogo. Sara atópase en plena crise, ten 33 anos e non o leva ben.Lugar › Auditorio Municipal Cine Alovi | Hora ›19.30 h Venta de entradas › Billeteira do Cine Alovi30 e 31 out. de 12h a 13.30h + 1nov. ás 18.30h / Caseta de información da feira1nov. de 11h a 14.30h (max. 4 entradas pers.) | Prezo › 3 €
MOVA 2015 8º MERCADO DE OPORTUNIDADES VILA DAS PONTES
Sáb. 31+ Dom. 1 10.00 – 19.00hLuns 211.00 – 14.00hLugar › Avda. da Coruña
CASA DO MEL (Visitas guiadas)Lugar › Goente | Horario › 16.00 – 21.00 h.
CANTOS DE TABERNAA partir das 12 do mediodía percorrido polos locais colaboradores.
BASES DO CONCURSO DE FUNGOS
1ª / O Concurso de Fungos de As Pontes organízase co desexo de fomentar a afección á micoloxía e ter un coñecemento máis exacto das especies micolóxicas da zona.
2ª / Para concursar deberán presentarse exemplares dun mínimo de 10 especies distintas de cogomelos silvestres. Os concursantes deberán identificalos e poñer nome nos cogomelos que presenten. Na presentación non se empregarán especies protexidas. Os concursantes deberán ter cando menos 18 anos que acreditarán presentando o DNI. Os concursantes da categoría xuvenil deberán ter entre 18 e 25 anos cumpridos o día da feira. Cada persoa só poderá participar cunha cesta.
3ª / O xurado estará formado por persoas entendidas na materia que valorarán a clasificación, estado e variedade das especies presentadas. Ademais no premio especial atenderase a presentación e exemplares máis raros.
4ª / As inscricións poderán realizarse no Dpto. de Cultura antes da feira no telf. 981 440 344 ou correo [email protected] ata o venres 30 de outubro ás 14:00h (deberán ter confirmación do Dpto. De cultura da inscrición na feira), e o día da feira ata as 10.30h. Para a admisión de inscricións terase en conta a adaptación á infraestrutura e xestión da feira, polo que no caso de que o número de participantes sexa superior ás prazas dispoñibles, a selección das cestas participantes farase por orde de inscrición.
5ª / A presentación a concurso será dende as 9.00h ata as 11.00h na carpa instalada na rúa Alexandre Bóveda, a partir desta hora, momento no que o xurado comezará a facer a valoración das cestas, non se admitirán máis participantes.
6ª / Os concursantes deberán manter a súa exposición particular ata polo menos ás 14.00h, procedendo seguidamente a retirar os exemplares. Dende o momento de presentación da cesta ata a total recollida da mesma o concursante será responsable do contido da mesma.
7ª / O xurado reservase o dereito de declarar deserto algún dos premios e as súas decisións serán inapelables. Ante posibles dubidas na interpretación destas bases prevalecerá o criterio do xurado. A participación neste concurso implica a aceptación das bases.
PREMIOS 1º premio › 300 € | 2º premio › 200 € | 3º premio › 150 € | 4º premio › 100 € | 5º premio › 75 €
Premio especial xuvenil (18-25 anos) › 75 € | Premio especial › 300 €
Premio de 20 € a todos os participantes non premiados nas anteriores categorías, e que cumpran co establecido nestas bases.
MENÚ DA FEIRA
Garabanzos con Pleurotus e Cantharellus
Estofado de carne de vacún do Forgoselo con fungos do Forgoselo (boletus e níscalos)
Sobremesa › Mantecado das Pontes con mel e queixo do Eume
Bebida › Viño, auga e refrescos
Lugar › Carpa do Colexio Sta. MaríaHorario › 12.30 – 15.00 h Prezo › 10 €
Tickets á venta na caseta de información dende as 11.00hMenú tamén dispoñible para levar.
ANIMACIÓN, MÚSICADurante toda a xornada contaremos con animación musical polas rúas da feira.
Top Related