Post on 24-May-2015
Música:Mozart. Concierto de oboesPresentación:B.Areskurrinaga HC
José Antonio PagolaJosé Antonio Pagola
Rede evanxelizadora Rede evanxelizadora BUENAS NOTICIASBUENAS NOTICIASContribúe a reavivar a esperanza cristiá. Pásao.Contribúe a reavivar a esperanza cristiá. Pásao.
1 de xuño de 20141 de xuño de 2014Ascensión do Señor(A)Ascensión do Señor(A)
Mateu,28, 16-20Mateu,28, 16-20
Ocupados só no logro inmediato dun maior benestar e atraídos por pequenas
aspiracións e esperanzas, corremos o risco de empobrecer o horizonte da nosa
existencia perdendo a arela de eternidade. É un progreso? É un erro?É un progreso? É un erro?
Hai dous feitos que non é difícil
comprobar neste novo milenio no que vivimos
desde hai uns anos. Por unha parte, está crecendo na sociedade humana a expectativa e
o desexo dun mundo mellor. Non nos contentamos con
calquera cousa: necesitamos progresar cara
a un mundo máis digno, máis humano e
ditoso.
Por outra parte, está crecendo o desencanto, o escepticismo e a incerteza ante o futuro.
Hai tanto sufrimento absurdo na vida das persoas e dos pobos, tantos conflitos envelenados, tales abusos contra o Planeta, que non é fácil
manter a fe no ser humano.
Con todo, o desenvolvemento da ciencia e da tecnoloxía está logrando resolver moitos males
e sufrimentos. No futuro lograranse, sen dúbida, éxitos aínda
máis espectaculares.
Aínda non somos capaces de intuír a capacidade que se encerra no ser
humano para desenvolver un benestar físico, psíquico e social.
Pero non sería honesto esquecer que este desenvolvemento prodixioso nos vai “salvando” só
dalgúns males e de maneira limitada. Agora precisamente que gozamos cada vez máis do progreso humano, empezamos a percibir mellor que
o ser humano non pode darse a si mesmo todo lo que arela e busca.
Quen nos salvará do Quen nos salvará do envellecemento, da morte envellecemento, da morte
inevitable ou do poder estraño inevitable ou do poder estraño do mal?do mal?
Non nos ha de sorprender que Non nos ha de sorprender que moitos comencen a sentir a moitos comencen a sentir a
necesidade de algo que non é necesidade de algo que non é nin técnica nin ciencia nin nin técnica nin ciencia nin
doutrina ideolóxica. doutrina ideolóxica.
O ser humano resístese a vivir pechado para sempre nesta condición caduca e mortal.
Non obstante, non poucos cristiáns viven hoxe Non obstante, non poucos cristiáns viven hoxe mirando exclusivamente á terra.mirando exclusivamente á terra.
Ao parecer, non nos atrevemos a erguer a mirada Ao parecer, non nos atrevemos a erguer a mirada máis alá do inmediato de cada día.máis alá do inmediato de cada día.
Nesta festa cristiá da Ascensión do Señor quero recordar unhas palabras de aquel gran
científico e místico que foi Theilhard de Chardin:
“Cristiáns, a só vinte séculos da Ascensión, que fixestes da
esperanza cristiá?”.
No medio de interrogantes e incertezas, os No medio de interrogantes e incertezas, os seguidores de Xesús seguimos camiñando pola vida, seguidores de Xesús seguimos camiñando pola vida,
traballados por unha confianza traballados por unha confianza e unha convicción. e unha convicción.
Cando parece que a vida se cerra ou se extingue, Cando parece que a vida se cerra ou se extingue, Deus permanece.Deus permanece.
Sin embargo, no pocos cristianos viven hoe mirando exclusivamente a a tierra.
Al parecer, no nos atrevemos a levantar a mirada máis allá de lo inmediato de cada día.
O misterio último da realidade é un misterio de O misterio último da realidade é un misterio de Bondade e de Amor. Bondade e de Amor.
Deus é unha Porta aberta á vida que ninguén pode pechar.
NON PECHAR O HORIZONTE
Ocupados só no logro inmediato dun maior benestar e atraídos por pequenas aspiracións e esperanzas, corremos o risco de empobrecer o horizonte da nosa existencia perdendo a arela de eternidade. É un progreso? É un erro?
Hai dous feitos que non é difícil comprobar neste novo milenio no que vivimos desde hai uns anos. Por unha parte, está crecendo na sociedade humana a expectativa e o desexo dun mundo mellor. Non nos contentamos con calquera cousa: necesitamos progresar cara a un mundo máis digno, máis humano e ditoso.
Por outra parte, está crecendo o desencanto, o escepticismo e a incerteza ante o futuro. Hai tanto sufrimento absurdo na vida das persoas e dos pobos, tantos conflitos envelenados, tales abusos contra o Planeta, que non é fácil manter a fe no ser humano.
Con todo, o desenvolvemento da ciencia e da tecnoloxía está logrando resolver moitos males e sufrimentos. No futuro lograranse, sen dúbida, éxitos aínda máis espectaculares. Aínda non somos capaces de intuír a capacidade que se encerra no ser humano para desenvolver un benestar físico, psíquico e social.
Pero non sería honesto esquecer que este desenvolvemento prodixioso nos vai “salvando” só dalgúns males e de maneira limitada. Agora precisamente que gozamos cada vez máis do progreso humano, empezamos a percibir mellor que o ser humano non pode darse a si mesmo todo o que arela e busca.
Quen nos salvará do envellecemento, da morte inevitable ou do poder estraño do mal? Non nos ha de sorprender que moitos comencen a sentir a necesidade de algo que non é nin técnica nin ciencia nin doutrina ideolóxica. O ser humano resístese a vivir pechado para sempre nesta condición caduca e mortal.
Non obstante, non poucos cristiáns viven hoxe mirando exclusivamente á terra, Ao parecer, non nos atrevemos a erguer a mirada máis alá do inmediato de cada día. Nesta festa cristiá da Ascensión do Señor quero recordar unhas palabras daquel gran científico e místico que foi Theilhard de Chardin: “Cristiáns, a só vinte séculos da Ascensión, que fixestes da esperanza cristiá?”
No medio de interrogantes e incertezas, os seguidores de Xesús seguimos camiñando pola vida, traballados por unha confianza e unha convicción. Cando parece que a vida se cerra ou se extingue, Deus permanece. O misterio último da realidade é un misterio de Bondade e de Amor. Deus é unha Porta aberta á vida que ninguén pode pechar.
José Antonio Pagola
Prégase non copiar, resumir nin alterar o texto de
Pagola.Tampouco se poden copiar as
diapositivas desta presentación para completar outras
presentaciónes.
GRAZAS.