Post on 23-Jan-2017
A historia que a continuación presentamos xurdiu na aula de 5º
curso de Ed. Primaria do CPI Virxe da Cela durante o curso
2012/2013.
A narración dos feitos foi realizada por Laura Vila Picallo e as
ilustracións por Aldara Pita Pico.
Ambas representan o espírito de superación e de colaboración, a
capacidade de aprender a aprender e a autonomía e iniciativa
persoal que impregnan todas as nosas actuacións.
Mª Camino Pereiro González (titora)
Aldara Pita Pico Laura Vila Picallo
2
Como todos os domingos pola mañá, a avoíña Pepiña saíu
da súa pequena casa.
A avoíña Pepiña é baixa, gordiña, ten ollos pequenos,
moitas engurras na cara e o seu cabelo é de cor
grisácea.
Hoxe Pepiña leva posto un vestido laranxa con puntos
verdes e vermellos, uns guantes azuis e un mandil branco
con dous grandes petos.
3
A súa casa é de cor azul ceo, está situada ao carón da
estrada, iluminada por un gran farol e cunha pequena
horta á esquerda e un fermoso xardín á dereita. Todos
eles rodeados dunha valla azul escura.
4
Esa mañá ao saír da casa dirixiuse ao xardín. Alí estaba
a bruxa Maruxa.
A bruxa Maruxa é baixiña, gordecha, de face colorada,
beizos vermellos e cabelo gris. No seu nariz ten unha
verruga. Leva posto un vestido negro e de cola, un
sombreiro picudo a xogo, uns zapatos vermellos e as
súas medias son de moitas cores.
5
Pepiña, que é moi simpática, díxolle a Maruxa se quería
axudarlle co xardín. Esta aceptou encantada, pero
Maruxa é un pouco desastre, botou unha poción máxica
na horta. Entón naceron un montón de herbas.
Como Pepiña ten moita paciencia e é moi boa e
traballadora comezou a arrincalas. Maruxa deuse de
conta da torpeza e gardou a poción no seu peto e tras
despedirse cun par de bicos, volveu á súa.
6
Pero o feitizo xa estaba no xardín de Pepiña, e de súpeto
converteuse nun xigantesco elefante, logo nunha
formiga… Así estivo toda a noite, transformándose en
mil cousas.
Coa chegada do día, volveu converterse de novo nun
xardín.
7
Á mañá seguinte Pepiña foi
plantar repolos á horta, pero
de repente … a horta
convertérase nunha xirafa,
que ao ver a Pepiña,
asustouse e saíu correndo
con Pepiña enriba dela. A
xirafa ao saír correndo
cruzouse coa bruxa Maruxa,
que tropezou coa xirafa e
quedou co cu na boca do
animal.
8
Cando aquilo parecía unha situación cun final tráxico, a
xirafa transformouse nun golfiño, logo nun coche de
Formula 1, que Maruxa conduciu ata regresar á casa.
Xusto cando aparcou o vehículo ao pé da casa, o coche
converteuse na horta de Pepiña.
9
10
A partir dese
momento, a horta e
o xardín deixaron de
transformarse. A
bruxa Maruxa
aseguroulle a Pepiña
que o feitizo só
duraba 24 horas.
Así que a
mañáseguinte
Pepiña puido volver
plantar os respolos.
Todo foi ben… ata que a Maruxa se lle ocorreu outro
feitizo.
E a ti que che parece? Queres continuar a historia?
11