ACTA 12-2011 EXT RIADAS 251111

Post on 14-Mar-2016

227 views 6 download

description

ASISTENTES: CONCELLEIROS: D. Eugenio Portela Pérez ( PP) D. Camilo González Giráldez ( PP) Dª Rosa María Miniño Flores( PP) Dª Carmen María Estévez Adrover( PP) D. José Albino Diego Peleteiro ( PP) Dª Rosa María Otero Carballa (PSOE) D. Gerardo Rodríguez Refojos (PSOE) D. Roberto González Martínez (PSOE) Dª Sandra Rodríguez Alonso (PSOE) D. José Miguel Giráldez Martínez ( BNG) PRIMEIRO: Avaliación da xestión do goberno local nas riadas. 1

Transcript of ACTA 12-2011 EXT RIADAS 251111

ACTA DA SESION 12/2011 EXTRAORDINARIA DO PLENO DA CORPORACIÓN DE 25 DE NOVEMBRO DE 2011.

ASISTENTES:

Na Casa Consistorial do Concello de Oia (Pontevedra), sendo as 9:00 horas, baixo a presidencia do Sr. Alcalde D. Alejandro Rodríguez Rodríguez, coa asistencia da Secretaria, reúnense os señores Concelleiros relacionados ó marxe que constitúen a Corporación do Concello de Oia, ó obxecto de celebrar a sesión extraordinaria do Pleno prevista para esta data, a petición dos concelleiros da oposición.

PRIMEIRO: Avaliación da xestión do goberno local nas riadas.

O Sr. Alcalde comeza explicando que os concelleiros da oposición teñen solicitado un pleno extraordinario sobre a xestión das riadas e vamos a dar parte de todo o que se fixo para facelo público.

Comeza lendo un texto resume das actuacións realizadas:Di que o día 26.10.2011 fíxose a primeira chamada de emerxencia ao servicio 112. Durante toda a tarde noite dese día estiveron conmigo os concelleiros Eugenio e Albino, e falou cos conselleiros e coa deputada de A Guarda para informarlles da situación.Ese día falou tamén co Delegado da Xunta en Pontevedra que estaba en Pamplona para solicitar a posta a disposición do concello das máquinas e camións da empresa Acciona, que está actualmente traballando no concello, na PO-552, e foron limpando os arrastres en varios puntos do término municipal.Seguidamente falei cos compañeiros concelleiros de Burgueira e Loureza para que me informaran da situación das Parroquias e dos barrios, e así o fixeron.Sigue deinco que chamou á Deputación e, despois de informarlles da situación comenzaron tamén a enviar os equipos de maquinaria e limpeza.Ao mesmo tempo chamamos a todo o persoal de cooperación que presta servicios no concello, conductores do coche bomba e tractor municipal e comezaron a actuar en varios lugares onde tiñamos máis urxencia; así limpiamos e sacamos auga do Colexio Mestre Manuel Garcia e ximnasio, así como de varios baixos inundados.Di que sobre as 17:00 horas comenzaron a traballar as máquinas de Luciano Correa, os camións de Correa e Valerio e a Retroexcavadora da empresa Chica; permaneceron traballando ata a 01:00 da madrugada, comensando pola estación de servicio de Viladesuso, onde a estrada estaba cortada, e en Ponte Mariano, Ponte Vilar, Ponte Vilar estrada vella, Ponte Vilar en camino casa de Parrandas, e no camino ourensano – portugués.Por baixo do Monasterio a estrada tamén estaba cortada polo que chamei a Portos de Galicia.

ALCALDE-PRESIDENTE:

D. Alejandro Rodríguez Rodríguez ( PP).

CONCELLEIROS:D. Eugenio Portela Pérez ( PP)D. Camilo González Giráldez ( PP)Dª Rosa María Miniño Flores( PP)Dª Carmen María Estévez Adrover( PP)D. José Albino Diego Peleteiro ( PP)Dª Rosa María Otero Carballa (PSOE)D. Gerardo Rodríguez Refojos (PSOE)D. Roberto González Martínez (PSOE)Dª Sandra Rodríguez Alonso (PSOE)D. José Miguel Giráldez Martínez ( BNG)

SECRETARIA:Dª María Cabodevila Ros

1

Sigue relatando que o día 27.10.2011 falou co Presidente de Protos de Galicia; que o concelleiro Eugenio e máis el acompañaron a un técnico e lle amosaron os danos na casa de Sanxian, casa do fondo do Viso, casa rural, casa do río, casa de la viuda (estrada vella), casa do ourensano, casa e muro de Manolo de Xinzo e varios muros.ás 13:30 horas veu o Presidente da Deputación e leveino a varios lugares do Municipio co fin de actuar nas carreteras da deputación.Di que foi a ver os danos en Loureza, Burgueira e Torroña.

Di que o día 28.10.2011 o personal municipal limpou as casas dos veciños ; di que todo o personal traballou nas riadas.

Enviamos un escrito á Confederación Hidrográfica do Miño Sil solicitando a intervención no Rio Tamuxe e Camilo, estivo traballando coas máquinas e a furgoneta municipal en Burgueira.Di que ese mesmo día el recibiu Tourís, ao delegado de Medio Ambiente, de Medio Rural e técnicos de Medio Rural e, co informe realizado o día anterior decidimos intervenir coa maquinaria a través de empresas privadas.

Sigue contando que o día 29.10.2011 tiveron unha reunión no Concello co Presidente de Aguas de Galicia, Paco Alonso, Técnicos de Foresga, Técnicos de acuática, Hidromiño e Luciano Correa. Volveron a mostrar os danos producidos pola escorrentía ao presidentes de Aguas de Galicia e aos técnicos, e decidiron meter as máquinas no río, distribuidas da seguinte forma:- Máquina grande de Luciano, (Komatsu de rodas) comenzóu a limpeza de pedras entre as dúas pontes de O Sobral.- Máquina pequena de Luciano (de cadenas) comenzou a sacar os palos e terra na ponte de Vilar de Castiñeira. Posteriormente comenzóu o tractor municipal con Caixeiro e Ismael. Nacho e José de Mavia co coche bomba desatascando a taxea da estación de servicio (quedou totalmente desatascada).- Máquina pequena de Luciano foi para a estación de servicio. Limpiouse todo e co dumper sacouse todo o material do regato da estación, ata a noite; logo a maquina foi para Serraseca entre as pontes.

Di que o día 29.10.2011 Hidromiño comenzou coa máquina grande desde a ponte de Carlos río arriba, ata as 18:00 horas. Con cinco personas forrando paredes e cortando ramas para facilitar o traballo das máquinas.

O día 30.10.2011, domingo, comenzamos coas máquinas ás 08:00 horas da mañá.Manolo e un obreiro coa retroexcavadora grande río arriba.Juan e o chimpín de Luciano desde a estación de servicio regato arriba.Posteriormente fomos ao río Vilar desde a ponte da casa Manolo (ourensano), e vaciouse toda ponte.Pola tarde comenzou Luciano tamén no mesmo sitio coa mixta.Traballaron todos ata as 19:00 horas da noite. Estivo todo o día José Antonio de Foresga.

A continuación explica que o 10.11.2011 recibiron a visita de Tomás e acompañado de Eugenio e do Presidente da Comunidade de Montes de Viladesuso, miramos os traballos nos 4 regatos e fincas particulares. Di que o 15.11.2011 Paco Alonso veu comigo ó fondo de o Viso, a ver os danos en chalets. Aconsellou que chamaramos ao Director Xeral de estradas; di que Fausto Núñez fará un proxecto para repartir as augas nesa zona, desviando as augas ata a capilla de San Sebastián para evitar que entre nas casas.O 15.11.2011 Eugenio e Camilo, con dous técnicos de Acuática, e o Presidente da Comunidade de Montes de Viladesuso ensináronlle as riadas en Viladesuso, Pedornes e Oia.Entre as 10.30 e as 15.30 foron a mirar a procedencia das augas a media ladeira, e sorprendeulle que o arrastre se pruduce no Areeiro no alto do monte, onde se acumula a auga, polo que ó chegar a baixo destroza todo o que atopa porque xa hai moita auga acumulada e ten moita forza.Dixo que o monte non filtra a auga, que baixa ata o rio Broi en cantidades enormes.

2

Os técnicos din que van a preparar 3 posibles alternativas e traelas; din que o principio pensaban actuar a nivel estructural incluso repoboando pero viron que o monte está repoboado, polo que barallan incluso a expropiación de terreos afectados.Parece que tardarán un mes e medio en ter os proxectos que entregarán a Augas de Galicia e ao concello, e haberá que empezar a traballar.

O concelleiro Sr. José Miguel Giráldez di que para empezar quere explicar por qué solicitaron a convocatoria deste pleno.Di que querían saber qué estaba facendo o concello para resolver este problema porque xa en 2006 houbo riadas que supuxeron a inversión de moitos cartos públicos para resolver os danos causados e non pode ser que agora volva a pasar; di que non vale con resolver os danos; hai que actuar para evitar que volva a pasar.Di que cinco anos depois, con gobernos distintos volve a haber problemas e se volve a actuar de emerxencia pero logo pasa o tempo e non se toman medidas definitivas que impidan outra riada cando volva a chover; cando chega o momento os veciños que sufren datnos teñen que actuar solos ante a Xunta; da igual quen goberne e o Alcalde non escoitou ós veciños, porque hai obras mal feitas; os veciños o dixeron e non se lle fixo caso.Sigue decindo que o Alcalde ten que facer un traballo de coordinación entre administracións que actúan en Oia e hai cousas sen arranxar desde 2006. Di que o alcalde conta moitas batallitas con fulanito e menganito pero os problemas están sen arranxar.Di que botan de menos un decreto autonómico de axudas; non saben canto se gastou nin a canto ascenden os danos e unha cousa é redactar un proxecto de actuación e outra distinta executalo, e o alcalde sabeo ben, ten que falar claro ante os veciños.

O Sr. Alcalde di que en 2006 Medio Rural, dirixida naquel momento por Suárez Canal, fixo un montón de tajeas no monte, pero un montón, como 130 tajeas; foi a decisión do entón conselleiro de investir alí os cartos e foi unha actuación carísima; di que el non sabe que foi o que as tapou logo pero o certo é que se fixeron para repartir as augas.Di que non é certo que o Alcalde non escoite ós veciños. O Alcalde está onde ten que estar. Os veciños manifestaron o seu malestar nunha reunión aquel mércores e non debían estar tan descontentos cando nas eleccións xerais do 20 de novembro obtivo o PP tantos votos.

O Sr. Jose Miguel Giraldez di que non pode extrapolar os resultados dunhas eleccións xerais ao ambito local.

O Sr. Alcalde sigue decindo que non houbo descoordinación porque coordinou ata 40 maquinas.Di que o proxecto que prometen ten que executarse logo e será a miña responsabilidade conseguir que se faga aínda que non sei a canto se irá o coste. Di que cando se vai cos técnicos óes moitas opinións e hai moito temor a que a solución proxectada, non produza os efectos perseguidos cando se execute, porque a responsabilidade será dos autores do proxecto. Di que teñen medio a elexir unha opción e que non resulte eficaz por iso falan de varias alternativas. En todo caso, tan pronto esté o proxecto reunirá a parroquia cos técnicos para que estos expliquen a opción elexida.

O Sr. Jose Miguel Giráldez di que sigue confundindo as obras de merxencia; di que a el lle parece ben que esté a pe de obra; non ten dúbidas de que será moi bo capataz pero é peor alcalde porque non se pon remedio á situación de cara ás proximas chuvas.

O Sr. Alcalde pide ó concelleiro que vexa a tele; que houbo riadas en moitos sitios.Sigue explicando que o monte está en malas condicións; que non chupa a auga porque ó vir do verán está degradado e perdeu incluso o mantillo. Di que non hai piñeiros que reteñan a auga que arrastra a terra.Di que todo somos responsables de facer actuacións que finalmente danan o monte; que o monte está roto porque eliminamos as vertentes naturais dos ríos. En Oia tivemos demasiados danos abaixo o que nos levou a estudiar a situación do alto do monte, e tal e como está no vale de nada facer obras abaixo, cando o prolema se orixina arriba. Di que por iso os técnicos falan de represas con filtros vexetais.

3

A Sra Rosa Otero Carballa di que o coñecemento que teñen do que pasou é por conta propia porque nadie os chamou polo que agora non pode pedirlles responsabilidade ningunha; pregunta de quen fala cando fala de reunións cos veciños de Viladesuso; se fala do Presidente da Comunidade de Montes de Viladesuso.Di que o pregunta porque ese nunca dou a cara en ningunha reunión veciñal e vostede sempre o convoca cando hai altos cargos.Sigue decindo que houbo problemas en lugares que non se mencionaron, i, en canto á valoración dos danos, está claro que a estación de servicio de Viladesuso é un punto negro e quere saber cal é o proxecto para alí.

O Sr. Alcalde di que mentres estaba coordinando as maquinas, chegaron os da consellería e tivo que levalos in situ a ver os danos; non valen reunións no concello, hai que ir á zona; mentres todo eso ocorría montouse unha plataforma que non sei quen convocou.

O Sr. Jose Miguel Giraldez di que a convocou o Presidente de Viladesuso.

O Sr. Alcalde di que non a convocou como presidente snón como persona que conoce xente que pode aportar algo.Sigue decindo que as plataformas non sirven cando quen ten que xestionar xestiona.Di que el se alegra de tódalas axudas recibidas, sexan de concelleiros ou de veciños; que cantos máis sexamos mellor, e se mañán hai que ir á Xunta cunha bandeira posta prefire levala el mesmo.Sigue decindo que o Alcalde tamén se adicou a Pedornes e Oia; di que a semana que ven van a resolver o problema con veteranos da parroquia que teñen claro por onde ten que volver a pasar a auga porque os cauces foron alterados por actuacións raras.Di que en Pedornes os danos están localizados por Medio Rural; o problema está no monte; di que van a actuar na pista que ten uns arrastres moi fortes e espera que quede resolto. Di que os afectados cubrirán os danos con seguros e a Xunta no vai sacar orden de axudas pero no é certo que o concello non prestara axuda ós afectados; di que en 2006 houbo dúas personas que axudaron a tramitar os expedientes de axudas e ahí están os documentos.

O Sr. Jose Miguel Giraldez di que o Alcalde non entendou o que dixo na súa intervención; que el recoeñce ao Alcalde que é un magnífico capataz e que a situación actual é nha emerxencia pero o problema é que cando a emerxencia remata hai que facer un sguimento da siutación, que é o que non se fixo ata agora; di que parece que agora vai a haber un proxecto de actuación e seguiremos o tema, desde o BNG, agora que temos representación municipal.

O Sr. Alcalde di que tómalles a palabra cando din que están dispostos a axudar.Sigue explicando o que pasa na estación de servicio de Viladesuso; di que en 2008 a estación de servicio cedeu o subsolo para o paso dunha tubería; era un proxecto de 350.000,00 € pero tiña previstos só 36 metros de lonxitude e non pode quedar así; hai que levala ata o mar. Di que agora están facendo un proxecto e espera se resolva, pero o que non é normal é facer obras nos cauces dos ríos; di que el non pretende tirar a estación de servicio pero tampouco pode ser que a finca de Balbina se convirta en rio porque nunca o foi; Balbina non ten culpa de que ocuparan o cauce normal do río; di que hai que pensar que cando ven un arrastre ven terra e pedras así que a taxea que se faga ten que ser enorme.

A Sra Rosa Otero Carballa di que as plataformas non deben ter color e a de Viladesuso non o ten; agrupa a un montón de xente afectada e debería estar contento de que exitan porque poden facilitarlle o diálogo cos veciños.A continuación pide ao Alcalde que explique o que falou da posible necesidade de expropiar terreos afectados lindantes co cauce do rio.

O Alcalde di que hai fincas lindantes co río que se inundan coas crecidas; di que sería máis barato expropiar eses terreos e devolver os cauces ó seu estado orixinal que arreglar desperfectos cada ano, pero, en todo caso, algunhas actuacións haberá que facer neses terreos, porque doutro xeito, as crecidas irán traballando neses terreos e o cauce seguirá inundando cada vez máis terreo colindante.

4

Di que tamén falaron os técnicos de reforestar porque o río de Viladesuso é un río lavado; di que en primaveira podería plantarse especies que boten raíces para que frenen a auga en epoca invernal.

O Sr. Gerardo Rodríguez di que queda por falar do río de Mougás que ten auga todo o ano; di que alguén lle dixo que non dou problemas porque agora chove menos pero el cree que o monte está mellor nesa zona e por eso houbo menos dano, polo que, se en calquera momento o monte arde atoparémonos con problemas tamén nesa zona. Di que pola súa experiencia, as actuacións en prevención son as máis eficaces e evitan enormes gastos no futuro.

O Sr. Alcalde di que Laxes Ambiental fixo unha actuación alí hai ano e medio, pero que cortaron catro ramas; din que está prohibido cortar máis.

O Sr. Gerardo Rodríguez di que prohíbese a corta pero realmente por alí non se pode pasar.

O Sr. Alcalde di que está de acordo; que o lamentarán cando perdan a ponte.Di que se piden autorización para a corta de arbores dicen que non e logo ven a riada e arrastra todo.

O Sr. Eugenio Portela Pérez di que o mesmo pasa co hormigón; non autorizan o uso de hormigón pero logo, cando veñen eles hormigonan todo.

O Sr. Jose Miguel Giraldez di que o Alcalde terá que meter presión a Augas de Galicia para que fagan esas obras porque xa está claro cal é o problema.

O Sr. Alcalde di que a veces os veciños tamén son responsables; di que hai arbores tiradas que van a multiplicar os danos se hai unha riada.

A Sra Rosa Otero Carballa pregunta se falaron de prazos.

O Sr. Alcalde di que falaron de mediados de decembro para o proxecto.

A Sra Rosa Otero Carballa pregunta se hai compromiso de facelo.

O Sr. Alcalde di que de executar as obras non.

O Sr. Eugenio Portela Pérez di que deben esperar un pouco ata que veña o proxecto; di que se non se da solución el será or pimeiro en apoiar unha manifestación .

O Sr. Jose Miguel Giraldez di que xa o dixo o Alcalde na prensa; que vai a denunciar á Xunta.

O Sr. Eugenio Portela Pérez di que hai que reforzar as cuencas dos rios con hormigón e facer represas que aguanten as augas; di que cree que hai obras que podían facerse xa.

O Sr. Jose Miguel Giraldez pregunta polo petroglifo do rio Vilar e polos fentos xigantes, que parece que son únicos.

O Sr. Alcalde contesta que os fentos poden seguir onde están.

O Sr. Jose Miguel Giraldez di: e o petroglifo?.

O Sr. Alcalde di que non pode sacarse de alí.

O Sr. Jose Miguel Giraldez di que eso xa o sabe pero que podían sinalizarse.Di que ten entendido que é o unico barco grabado en pedra de toda Europa Occidental, e está infravalorado.

O Sr. Alcalde di que todo irá facéndose pouco a pouco.

5

O Sr. Jose Miguel Giraldez di que van moi despacio.

O Sr. Alcalde conclúe que mellor despacio e ben.

Sen máis asuntos que tratar, cando son as 11.00 horas do 25.11.2011, o Sr. Alcalde levanta a sesión, da que extendo a presente acta, que asina comigo o Alcalde Presidente.

O Alcalde A secretaria

Asdo. Alejandro Rodríguez Rodríguez Asdo. Maria Cabodevila Ros

6