Post on 25-Feb-2021
6-1
Tema 06 A vida no Sáhara
GUÍA DIDÁCTICA
• Orientacións Didácticas
• Solucionario
• Competencias Clave - Intelixencias Múltiples
• Atención á Diversidade
– Actividades de Reforzo
– Actividades de Ampliación
• Recursos Didácticos
– Navegamos por Tiching
• Libro Dixital
• Educamos en Valores
[] Valid. 25/02/2017
6-2
Orientacións didácticas
■ Esta unidade propón unha lectu-ra que contén un texto instrutivo so-bre a vida no deserto, particular-mente no Sáhara.
Antes de responder as preguntas de comprensión das páxinas se-guintes, os alumnos realizarán es-tas actividades:
● Lerán o título e observarán as imaxes e deducirán que falare-mos da vida no deserto.
● Responderán de forma oral as preguntas formuladas antes da lectura.
● Lerán a lectura e marcarán nela as palabras que non compren-dan e buscaranas no dicionario se non comprenden o seu sig-nificado polo contexto.
● Responderán a pregunta núme-ro 1 que está na páxina da es-querda e a número 2 que está na páxina da dereita.
Para acabar, cada neno lerá o texto en silencio.
Solucións das actividades
Antes de ler
– Resposta persoal. É posible que o alumnado non saiba moi en concreto onde están os desertos no mundo, pero intentaremos que cando menos indiquen global-mente as zonas do planeta onde cren que se poderían dar, por exemplo, que deduzan que pode-remos encontrar desertos en Áfri-ca ou nalgunha zona de Asia. Os desertos máis coñecidos e impor-tantes do mundo son: O Sáhara, que ocupa Marrocos, Sáhara Oc-cidental, Mauritania, Arxelia, etc... é dicir, toda a franxa norte de África; o deserto de Arabia, que se encontra na Penínxula Arábi-ga, os desertos de Australia; o deserto do Gobi, no sur de Mon-golia e norte da China, etc.
– O Sáhara está situado na fran-xa norte de África e ocupa o te-rritorio de Marrocos, Sáhara Oc-cidental, Mauritania, Arxelia, Tú-nez, Mali, Níxer, Libia, Tchad e Exipto. En total ten máis de 9 millóns de quilómetros cadrados.
COMPETENCIA INDICADORES TAREFAS E ACTIVIDADES
COMUNICACIÓN
LINGÜÍSTICA Interpretar e empregar diferen-tes tipos de códigos e lingua-xes.
Interpretar e expor a información que transmite a tipoloxía dun tex-to instrutivo. Lectura.
APRENDER A
APRENDER Desenvolver estratexias e em-pregar diversas ferramentas pa-ra reforzar a adquisición de lé-xico e o coñecemento da lin-gua.
Favorecer a adquisición de léxico a través da lectura dun texto ins-trutivo e da consulta dos termos que non coñeza. Lectura.
SENTIDO DA INICIATIVA
E ESPÍRITO
EMPRENDEDOR
Participar en actividades colec-tivas e escolares para iniciativa propia e mostrando interese e iniciativa.
Imaxinar ou anticipar desenvol-vementos ou conclusións.
Participar nunha conversa sobre a posible localización do Sáhara e intentar situalo nun mapa. Antes de ler.
Comentar e anticipar en que lu-gares do mundo cre que poden existir desertos. Antes de ler.
SOCIAIS E CÍVICAS Participar en actividades colec-tivas de forma colaborativa, res-pectando as achegas alleas.
Participar no comentario colectivo sobre o texto respectando as opi-nións e os coñecementos alleos. Pregunta 1 e Pregunta 2.
[] Valid. 25/02/2017
6-3
1. Resposta persoal. A modo de e-xemplo: deserto do Gobi, deser-to de Arxelia, deserto de Kala-hari, deserto de Siria, deserto de Chihuahua, etc.
2. Resposta persoal. A modo de e-xemplo: Xa o texto comenta que se pode usar a folla da palmeira para facer cestos e sombreiros, ademais de usar os dátiles como alimento. Podemos engadir que nos oasis atopamos auga, evi-dentemente, o que resulta vital para a supervivencia de animais e persoas, ademais das palmei-ras que viven no oasis. Estas pal-meiras tamén fan sombra, que alivian a calor, etc.
Actividades de reforzo
1. Para reforzar o coñecemento so-bre a vida no deserto, pedirémoslle ao alumnado que anote as princi-pais ideas que se poden sacar do texto das dificultades de vivir nel.
Logo poremos o alumnado en dous grupos e cada grupo estará encar-gado de argumentar a vida no de-serto como posible en base ás cou-sas que se poden facer e outro de argumentar as dificultades que se atopan e, polo tanto, que non vivi-rían no deserto.
Con este exercicio pretendemos que o alumnado expoña as súas opi-nións de forma argumentada e con corrección e educación.
Actividades de ampliación 1. Para continuar co traballo sobre os desertos, pedirémoslles que por parellas busquen na Internet que plantas e animais se poden atopar nos desertos do mundo.
Cada parella exporá posteriormente de forma organizada e argumenta-da a información que atopou na In-ternet. Podemos xuntar a informa-ción de todos e facer a listaxe dos animais que viven nos desertos no encerado.
ANOTACIÓNS
.....................................................
.....................................................
.....................................................
NAVEGAMOS POR TICHING
■ http://www.tiching.com/735076 - Este recurso permítenos ver un vídeo no que aparece o deserto do Gobi, en Mongolia. Aproveitaremos para facerlles preguntas sobre o contido do texto aos alumnos e comparar os dous desertos:
– As imaxes que vedes parécense á descrición do texto que lestes? Vedes algunha diferenza? Cal? E que semellanzas ten?
– Onde está localizado o deserto do Gobi? Podes marcalo nun mapa?.
LIBRO DIXITAL
■ Actividades autocorrectivas que o alumnado poderá resolver individual-mente e comprobar se as solucións son correctas.
■ Actividades abertas que alumnado poderá solucionar e o profesor ou profesora, posteriormente corrixirá.
[] Valid. 25/02/2017
6-4
Orientacións didácticas
■ A través dos apartados Ler e com-prender e Gramática desta dobre pá-xina poderemos:
● Comprobar se os nenos com-prenderon a lectura anterior e se asimilaron as ideas propos-tas no texto.
● Identificar as ideas principais e secundarias do texto.
● Argumentar a favor e en contra dun tema.
● Estudar os determinantes demos-trativos.
Solucións das actividades
Ler e comprender
1. As respostas son as seguintes:
– O deserto deserto máis grande do planeta é o deserto do Sá-hara, palabra que significa, de feito, “deserto”. .
– Durante o día as temperaturas no Sáhara son moi elevadas e vai moita calor. Pola contra, nas noites do inverno, as tempera-turas descenden e vai moito frío.
– Os camelos son os animais máis típicos do Sáhara porque poden camiñar moitos días a través do deserto sen beber auga, grazas á graxa que acumulan nas súas xibas. Por iso son utilizados nas caravanas para transportar mer-cadorías a través do desserto.
– Ademais, no deserto do Sáhara podemos atopar animais que constrúen as súas tobas a moi-ta profundidade baixo terra, on-de a temperatura é máis fresca e que só saen ao exterior pola noite en procura de alimento. Tamén hai seres humanos que viven no deserto, dos cales al-gúns son nómades e percorren miles de quilómetros cos seus rabaños na procura de zonas onde ha auga e pasto para os seus animais. Outras persoas viven en aldeas ou cidades, que constrúen preto dos lugares on-de hai auga. Un dos pobos nó-mades que viven aquí son os tuareg, que visten amplas túni-cas de cor azul e un veo moi longo, olitam, que os protexe do
INTELIXENCIA MÚLTIPLE ACTIVID. TAREFA PARA DESENVOLVER EN CADA ACTIVIDADE
Naturalista 31 Escribr unha listaxe con todas as vantaxes e inconvenientes que crea que ten o feito de ter unha vida nómade e vivir no deserto e comentala cos compañeiros e compañeiras.
COMPETENCIA INDICADORES TAREFAS E ACTIVIDADES
COMUNICACIÓN
LINGÜÍSTICA Desenvolver a habilidade e a comprensión lectora.
Traballar a comprensión da noti-cia respondendo cuestións, identi-ficando o significado dun texto in-trutivo, etc.. Ler e comprender
CONCIENCIA E
EXPRESIÓNS CULTURAIS
Familiarizarse con diferentes ma-nifestacións e producións artís-ticas e culturais.
Comprender e relacionar correc-tamente conceptos relacionados cun hábitat diferente, como é o deserto. Act. 5.
APRENDER A
APRENDER Aplicar un coñecemento que se interioriza en actividades poste-riores para resolvelas de forma autónoma.
Completar unha serie de oracións no caderno coas palabras axeita-das das propostas. Act. 2.
Interiorizar o coñecemento dos de-terminantes demostrativos para fa-cer actividades logo. Gramática.
[] Valid. 25/02/2017
6-5
sol e mais da area. As mulleres levan túnics negras e adórnan-se con xoias de ouro.
– O tesouro máis prezado do de-serto son os oasis, porque son lugares onde hai auga e, por iso,existe vexetación. Neles atopa-mos a palmeira datileira, que é unha árbore que permite ali-mentarse dos seus dátiles e fa-cer cestos e sombreiros coas súas follas trenzadas. Son a cla-ve da supervivencia para os via-xeiros que atravesan o deserto.
2. As oracións completas quedan así:
– Os desertos fórmanse nas zo-nas da Terra onde apenas cho-ve.
– Os camelos poden camiñar moi-tos días polo deserto sen beber auga.
– Nos oasis do Sáhara hai palmei-rais e cultívanse hortos.
– Os nómades viven en tendas fei-tas con teas cosidas.
– Os tuaregs levan túnicas de cor azul que os protexen do sol.
3. Resposta persoal. A modo de e-xemplo:
– Vantaxes: tranquilidade, paisa-xe diferente, pouca densidade de poboación, etc.
– Inconvenientes: clima extremo, pouca xente para falar con ela, falta de servizos básicos, trans-porte difícil para desprazarse, etc.
4. Resposta persoal.
5. As oracións quedan do seguinte xeito:
– Nos oasis hai moitas palmeiras.
– O fénec é un raposo do deserto.
– Os tuaregs coñecen as rutas do deserto.
– Os camelos poden pasar moitos días sen beber.
6. Resposta persoal. A modo de exemplo:
– Que unha persoa é nómade que-re dicir que non vive sempre no mesmo lugar.
NAVEGAMOS POR TICHING
■ http://www.tiching.com/681306 - Neste enlace encontramos un encrucillado que se debe resolver con deter-minantes demostrativos. Pedirémoslle ao alumnado que o resolva en primei-ro lugar.
Logo pedirémoslles por parellas que creen un propio e que logo o intercam-bien con outra parella para resolver outro que lles dan.
LIBRO DIXITAL
■ Actividades autocorrectivas que o alumnado poderá resolver individual-mente e comprobar se as solucións son correctas.
■ Actividades abertas que o alumnado poderá solucionar e o profesor ou profesora, posteriormente corrixirá.
[] Valid. 25/02/2017
6-6
Orientacións didácticas
■ Nesta dobre páxina continuare-mos co apartado de Gramática:
● Cambiar o xénero e o número dunha serie de oracións.
● Escritura de oracións con deter-minantes en base a obxectos e animais dunha imaxe.
● Escritura da contracción resul-tante de preposición + determi-nante demostrativo.
● Compleción dun texto cos de-mostrativos axeitados.
No apartado Ortografía centrárémo-nos nas vogais abertas e pechadas:
● Escoitarán un audio no que se din varias palabras e marcarán se teñen e aberto ou pechado.
● Escoitarán un audio no que se din varias palabras e marcarán se teñen o aberto ou pechado.
● Escribirán oracións con palabras que se diferencian polo o aberto e pechado.
Solucións das actividades
Gramática
7. As oracións co xénero e número cambiado quedan así:
– Estas cadelas non pararon de xogar con eses nenos
– Esas rapazas atoparon uns ba-lóns naquelas prazas
– Os avós desas nenas cantan nos coros destas vilas
– Estas cadeiras son máis gran-des que esas butacas
– Ese río non é moi longo
– Os pais de Xoana queren facer estes pasteis que vimos naque-las revistas
8. Actividade persoal. A modo de exemplo:
– Esta chave é a da miña porta,.
– Aquela mesa é moi alta.
– Aquela flor é moi bonita.
– Aquela cadeira é incómoda.
– Aquel gato está agardando algo.
– Este rato é moi pequeno.
– Este afialapis é o meu.
– Este queixo está moi bo.
– Aquel cacto está seco.
INTELIXENCIA MÚLTIPLE ACTIVID. TAREFA PARA DESENVOLVER EN CADA ACTIVIDADE
Espacial 8 Escribir oracións cos determinantes demostrativos para indicar as distancias dos obxectos e animais que aparecen nunha ilustración.
COMPETENCIA INDICADORES TAREFAS E ACTIVIDADES
LINGÜÍSTICA Empregar correctamente as nor-mas fonéticas.
Aprender e aplicar con corrección a distinción entre vogais aberta se pechadas. Act. 11.
Realizar as contraccións necesa-rias de preposicións con determi-nantes demostrativos e explicar por que o fixo así. Act. 9.
APRENDER A
APRENDER Argumentar e razoar as opinións e explicacións.
Cambiar o xénero dunha serie de frases e expicar que normas a-plica para facelo correctamente. Act. 7.
Completar as oracións dun texto cos demostrativos axeitados e ar-gumentar por que emprega cada un deles en cada oco. Act. 10.
[] Valid. 25/02/2017
6-7
– Este libro é moi divertido.
– Aquel cadro adorna a parede...
9. As contraccións quedan así:
– destes: Non quero destes xea-dos
– daquelas: foi buscar daquelas peras, porque estas non teñen boa pinta
– diso: non me fales máis diso, que me anoxa o tema
– nesa: eu durmín nesa casa e es-tase moi ben
– nese: aloxáronse nese hote e di-xeron que non lles gustara
– neses: neses cuartos están as miñas cousas, non as toquedes
10. O texto completo queda do se-guinte xeito:
– Aquilo aconteceu hai moitos anos, cando esa muller era aínda unha nena e vivía nesa casa que ves aí en fronte. Naquela é-poca todos os nenos xogaba-mos xuntos nesta praza na que ti e eu estamos sentadas agora.
Ortografía
11. A clasificación é:
– E aberto: mel, pé, vés, sete, ela, pedra, amarelo, papel.
– E pechado: crer, sete, presa, pin-cel, pega, neno, abella, mes, me-do.
12. A clasificación é:
– O aberto: fóra, home, ópera, cóbrega, mol, roda, copa.
– O pechado: roupa, fora, rato, mos-ca, neno, mozo, sobre, rombo, amor.
13. Resposta persoal. A modo de exemplo:
– O outro día caín facendo exer-cicio e rompín un óso.
– O oso polar é de cor branca pa-ra confundirse na neve.
ANOTACIÓNS
.....................................................
.....................................................
.....................................................
.....................................................
NAVEGAMOS POR TICHING
■ http://www.tiching.com/736453 - Empregaremos este dicionario de pronun-cia online para practicar as vogais abertas e pechadas. Faremos o exercicio dun xeito moi sinxelo. Simplemente cada un dos nenos proporá unha pala-bra que leve e ou o e dirá outro neno ou nena para que diga se é aberta ou pechada. Logo comprobarémolo escribindo a palabra neste recurso e dán-dolle ao play para comprobalo.
Ademais, tamén nos ofrece información adicional da súa escrita fonética.
LIBRO DIXITAL
■ Actividades autocorrectivas que o alumnado poderá resolver individual-mente e comprobar se as solucións son correctas.
■ Actividades abertas que o alumnado poderá solucionar e o profesor ou profesora, posteriormente corrixirá.
[] Valid. 25/02/2017
6-8
Orientacións didácticas
■ No apartado Vocabulario estu-daremos os vulgarismos:
● Aprenderán o concepto de vul-garismo e os máis frecuentes en galego.
● Identificarán os vulgarismos du-nha listaxe de palabras.
● Buscarán máis vulgarismos que coñezan.
● Ampliarán o vocabulario relacio-nando definicións e termos.
■ A continuación, no apartado Es-coitar e falar aprenderemos a facer textos con narración e descrición com-binadas:
● Por parellas buscarán informa-ción sobre un animal, que ex-porán mesturando narración e descricion.
● Describirán o que ocorre nunhas imaxes dadas.
Solucións das actividades
Vocabulario
14. As formas correctas dos vulga-rismos que se propoñen son:
– dispois- despois
– garavata-gravata
– espranza-esperanza
– gomitar-vomitar
– arbre-árbore
– pidir-pedir
– soave-suave
– teléfano-teléfono
– mistura-mestura
15. Resposta persoal. A modo de exemplo:
– Esprito, arradio, amoto, Cruña, etc.
16. As relacións correctas son as seguintes:
– cacto: vexetal de talo redondo, con espiñas e flores de cores moi vivas.
– cardón: cacto xigante que se-mella un candelabro
COMPETENCIA INDICADORES TAREFAS E ACTIVIDADES
LINGÜÍSTICA Identificar os diferentes tipos de palabras.
Uso da entoación, dicción e vo-calización adecuadas en con-textos orais da aula.
Identificar vulgarismos dunha se-rie de palabras dadas e escribir a forma correcta. Act. 14.
Facer por parellas unha exposi-ción dunha descrición dun ani-mal que previamente buscaron na In-ternet ou nunha enciclopedia u-sando correctamente a dicción e a entoación. Act. 17.
APRENDER A
APRENDER Aplicar os coñecementos pre-vios para resolver actividades diversas.
Buscar de forma autónoma máis vulgarismos en base á aprendi-zaxe do concepto. Act. 15.
Lembrar palabras do texto para relacionalas coa súa definición a-xeitada. Act. 16.
Narrar e describir combinando os dous procesos de forma correcta en base a unhas imaxes dadas. Act. 18.
[] Valid. 25/02/2017
6-9
– escorpión: insecto coa cola re-matada por un aguillón vele-noso
– dromedario: mamífero que vive no deserto cunha soa xiba.
Escoitar e falar
17. Actividade en parellas.
18. Resposta persoal.

■ http://www.tiching.com/736454 - Usaremos esta páxina que ten moitos exer-cicios en lingua galega e seleccionaremos o que trata dos vulgarismos.
O alumnado deberá corrixir os vulgarismos que atope nas oracións. Pode autocorrixir o resultado consultando o interrogante.
LIBRO DIXITAL
■ Actividades autocorrectivas que o alumnado poderá resolver individual-mente e comprobar se as solucións son correctas.
■ Actividades abertas que o alumnado poderá solucionar e o profesor ou profesora, posteriormente, corrixirá.
[] Valid. 25/02/2017
6-10
Orientacións didácticas
■ No apartado Escribir- Narración e descrición traballaremos os seguin-tes contidos:
● Aprendizaxe da estrutura de tex-tos que combinan narración e descrición.
● Compleción dunha táboa cos datos dun texto diferenciándoos en descrición e narración.
● Compleción de oracións rema-tando a comparación.
● Descrición de persoas ou ani-mais de imaxes.
■ No apartado O trasno das pala-bras traballaremos os seguintes con-tidos:
● Identificación do xogo visual de imaxes e exposición do que se ve nelas.
● Desciframento da mensaxe duns xeroglíficos.
● Eficacia lectora con pares de palabras semellantes pero al-gunha diferente.
● Valoración da literatura como u-nha ferramenta de lecer e a-prendizaxe.
Solucións das actividades
Escribir
19. Resposta persoal. A modo de exemplo:
– Trazos físicos: pequena.
– Trazos de carácter: tranquila.
– Accións: pedir comida.
20. Actividade persoal. A modo de exemplo:
– Canela é lista coma un sabio.
– Canela é rápida coma un galgo.
21. Resposta persoal. A modo de exemplo:
– O esquío é pequeno, delgadiño e moi bonito. Usa moi ben as mans para abrir as noces e po-der comer. Anda moi rápido po-las árbores, porque é moi áxil e é un animal bastante sociable e curioso.
– O trasno das palabras
INTELIXENCIA MÚLTIPLE ACTIVID. TAREFA PARA DESENVOLVER EN CADA ACTIVIDADE
Lingüística 20 Buscar compara cións que completen as oracións que se dan comezadas no exercicio.
Lingüística 2 O trasno Deducir o significado duns xeroglíficos que dan como resultado unhas expresións frecuentes no idioma.
COMPETENCIA INDICADORES TAREFAS E ACTIVIDADES
APRENDER A
APRENDER Interiorizar os coñecementos pre-vios para resolver actividades.
Facer unha descrición correcta dunha das imaxes que se lle pre-sentan no exercicio. Act. 21.
CONCIENCIA E
EXPRESIÓNS CULTURAIS
Valorar as obras literarias e ou-tras formas de manifestación cul-tural.
Valorar a imaxinación e creati-vidade de xogos visuais que ten que descubrir que teñen varios contidos posibles. Act. 1 O trasno das palabras.
Valorar a literatura como fonte de coñecemento e recurso de lecer persoal. Lectura recomendada.
DIXITAL Empregar correctamente un pro-cesador de textos.
Empregar un procesador de tex-tos para redactar unha descrición. Act. 21.
[] Valid. 25/02/2017
6-11
1. Resposta persoal. A modo de exemplo, de esquerda a dereita:
– parecen unhas chamas, lume... se miramos doutros punto de vista podemos ver unhas mans e principio dos brazos dunha persoa
– podems ver unha copa branca sobre fondo negro ou dúas ca-ras negras sobre fondo branco
– podemos ver unha muller moi vella coa cabeza cara a abaixo, unha pluma na cabeza ou unh amoza que mira de lado e o que era o nariz da vella sería o pes-cozo na muller nova
2. A solución é a seguinte, de es-querda a dereita:
– Tomar o pelo
– Ser un pesado.
3. Actividade persoal. As parellas de palabras que son diferentes son as seguintes, de esquerda a dereita:
– mociña-mociño; camiño-camiña; camiña-camiño; mociña-mociño
– toco-coxo; foxo-roxo; noxo-toxo, coxo-toxo
– sal-sol; co-los; ro-fol; gol-son
Lectura recomendada
Nesta parte do apartado O trasno das palabras traballaremos co alum-nado a valoración da lectura como unha forma de aprendizaxe, pero so-bre todo de lecer.
Intentaremos que vaian buscar o libro á biblioteca de aula ou do cen-tro e que o lean para poder facer posteriormente actividades de com-prensión lectora e reforzar o intere-se pola lectura.
ANOTACIÓNS
.....................................................
.....................................................
.....................................................
.....................................................
.....................................................
.....................................................
.....................................................
NAVEGAMOS POR TICHING
■ http://www.tiching.com/736455 - Neste recurso atopamos varios xeroglífi-cos que o alumnado pode resolver de forma individual, en parellas ou en grupo. O recurso permite autocomprobar a resposta.
Logo, comprendido o sistema de facer xeroglíficos, podemos pedirlles que, por parellas inventen un par deles, tanto con imaxes, con números romanos, etc. E que os intercambien con outra parella para resolvelos.
LIBRO DIXITAL
■ Actividades autocorrectivas que o alumnado poderá resolver individual-mente e comprobar se as solucións son correctas.
■ Actividades abertas que o alumnado poderá solucionar e o profesor ou profesora, posteriormente corrixirá.
[] Valid. 25/02/2017
6-12
Orientacións didácticas
■ No apartado Aprendín, repasa-remos todos os contidos estudados no tema. Para isto empregaremos as seguintes actividades:
● Compleción dunha táboa cos de-terminantes demostrativos axei-tados segundo a proximidade.
● Lectura dun texto e realización dun debuxo sobre o seu contido.
● Clasificación de palabras según-do leven vogais abertas ou pe-chadas.
● Reescritura dun texto corrixindo os vulgarismos.
● Preparación e realización dun di-tado.
■ No apartado Avalío as miñas competencias traballarán os seguin-tes contidos:
● Interpretación dun esquema e i-dentificación das súas ideas prin-cipais.
● Selección e redacción das carac-terísticas do clima polar e do cli-ma de montaña.
● Selección dos animais que viven no clima de montaña e polar e os que non poden facelo.
● Redacción dun texto que combi-ne narración e descrición.
Solucións das actividades
Aprendín
1. A táboa completa queda do se-guinte xeito, de esquerda a de-reita:
– Moi preto: este, esta, isto, es-tes, estas.
– Próximo: ese, esa, iso, eses, esas.
– Afastado: auel, aquela, aquilo, aqueles, aquelas.
2. Actividade persoal.
3. A clasificación das palabras que-da do seguinte xeito:
– papel: A
– Terra: A
– tren: A
– pazo: P
– monte: P
INTELIXENCIA MÚLTIPLE ACTIVID. TAREFA PARA DESENVOLVER EN CADA ACTIVIDADE
Intrapersoal Ditado Ser capaz de preparar previamente un ditado e escribilo correctamente.
Naturalista 1 Avalío Interpretar un esquema sobre diferentes climas e localizar nel as ideas principais.
3 Avalío Identificar os animais que poderían vivir nun clima polar.
Lóxico-matemática 2 Avalío Comprender os tramos de temperaturas tanto positivas como negativas de climas.
Lingüística 4 Avalío Elaborar un texto a partir da información do apartado que combine narración e descrición.
COMPETENCIA INDICADORES TAREFAS E ACTIVIDADES
APRENDER A
APRENDER Aplicar os coñecementos pre-vios para resolver actividades.
Identificar nunha serie de pala-bras vogais abertas e pechadas. Act. 3 Aprendín.
LINGÜISTICA Comprender as categorías de palabras.
Completar un cadro correctamen-te cos demostrativos segundo a proximidade. Act. 1 Aprendín.
[] Valid. 25/02/2017
6-13
– – collín: P
– chegar: P
– cartafol: A
– tella: P
– tema: P
– gol:A
– eme: A
4. O texto cos vulgarismos corri-xidos queda así:
– Aduardo, o sobriño da miña tía, axudaba a Uxía na cociña. Ela mesturaba os ingredientes da receita. Mentres o facía, soou o teléfono: era a súa amiga Veró-nica.
Ditado
O alumnado lerá previamente o di-tado para realizalo logo.
Avalío as miñas competencias
1. Actividade persoal. A modo de exemplo:
– O clima polar ou de alta mon-taña caracterízase por ter cam-bios notables de temperatura, que son extremas e poucas pre-cipitacións, e podémolo achar en Groenlandia ou no norte de Canadá.
2. As respostas son:
– O clima polar e de montaña ten temperaturas de entre -50ºC e 10º C, precipitacións moi esca-sas, vexetación de tipo tundra e o terreo está pouco poboado.
3. As respostas son:
– Os animais que poden vivir nun clma polar son o oso polar e os pingüíns. Os outros animais, ti-gres e linces, non poderían so-portar estas temperaturas tan bai-xas, polo tanto viven en zonas de clima continental, máis tem-perado.
4. Resposta persoal.
ANOTACIÓNS
.....................................................
.....................................................
.....................................................
NAVEGAMOS POR TICHING
■ http://www.tiching.com/736456 - Empregaremos este recurso de Educa-play para facer un ditado oral que podemos ir parando pouco a pouco. Ade-mais de realizar o ditado, permítenos seguir traballando a comprensión foné-tica, xa que contén pares de palabras con acentuación diacrítica, por exem-plo.
Pedirémoslle ao alumnado que o escoite unha vez e logo irémolo poñendo para que realicen o ditado.
LIBRO DIXITAL
■ Actividades autocorrectivas que o alumnado poderá resolver individual-mente e comprobar se as solucións son correctas.
■ Actividades abertas que o alumnado poderá solucionar e o profesor ou profesora, posteriormente corrixirá.
[] Valid. 25/02/2017
6-14
NAVEGAMOS POR TICHING
TICHING WEBS
http://www.tiching.com/681306 http://www.educaplay.com/es/recursoseducativos/757261/demostrativos.htm
http://www.tiching.com/735076 https://www.youtube.com/embed/abKtXa-UCP8
http://www.tiching.com/736453 http://ilg.usc.es/pronuncia/?pq=&q=pedra&l=1&c%5B%5D=0
http://www.tiching.com/736454 http://ogalego.eu/exercicios_de_lingua/exercicios/desvios.htm#2
http://www.tiching.com/736455 http://www.ogalego.eu/exercicios_de_lingua/exercicios/pasatempos/xero/xer.html
http://www.tiching.com/736456 http://www.educaplay.com/es/recursoseducativos/1258050/fonetica.htm
[] Valid. 25/02/2017
© V
ICEN
S V
IVE
S
..............................................................................................................................