Muiño de calaza

Post on 31-Jul-2015

110 views 7 download

Transcript of Muiño de calaza

MUIÑO DE CALAZA

O 26 de febreiro Camino propuxo ir dar unha volta polos arredores para coñecer un muiño que está perto do colexio e que foi restaurado recentemente polos seus donos: o muiño de Calaza. Xuntámonos no cruce do Xestal con Constantino, un veciño, e con Magdalena, nai de Laura de sexto. Sen saír do punto de encontro, Constantino contounos cómo cambiou o Xestal. Antes era unha aldea na que se podía vivir sen saír dela en todo o ano. A agricultura e a gandeiría proporcionaban unha economía de subsistencia para todas as familias, e non faltaban artesáns que producían o necesario para os seus veciños: costureiras, zoqueiros, ferradores, cesteiros, había médico, veterinario…, áta había un salón no que se reunía a xuventude os fins de semana para botar uns bailes. Pouco a pouco, como en toda Galicia, a xuventude foi marchando en busca dun futuro mellor, ou iso pensaban, quedando moitas casas vacías. Na súa cara poidemos observar como botaba en falta a vida que nun tempo rebulía na zona.

De camiño ó muiño, descubrimos o mal adaptados que estamos xa ó noso

entorno e comprendimos a Constantino cando nos falaba dos traballos que pasaban de pequenos acompañando o gando ó monte…, nos xa non sabíamos

andar polo medio dos toxos.

No medio do camiño descubrimos unhas colmeas que Constantino foi visitar. Algúns dos rapaces intentaron seguilo e aprendemos

que as abellas non deben ser molestadas, algo que por experiencia sabían os nosos acompañantes maiores por estar

máis en contacto coa natureza.

Chegados ó muiño fomos recibidos por Manuel de Calaza e o seu fillo Germán… E xa empezaron as

sorpresas. Esa ponte sobre a que estamos colocados, está formada

sobre unha única pedra de pizarra que Manuel axudou a levar no seu

momento.

Con atención seguimos as explicacións de Manuel, que nos explicou o que era a maquía, unha forma de pago ó muiñeiro que consistía en dar parte da fariña que se sacaba do gran. Tamén nos demos conta do valor da “palabra”. Os clientes deixaban o saco á porta do muiño aínda que non

estivera o muiñeiro e recollía a fariña ó día seguinte, tamén sen necesidade de que estivera o muiñeiro.

Manuel explícanos como decidiu arranxar o muiño, poñelo de novo en pé despois de que o tempo sen uso o deixara sen teito, sen portas… Na súa cara pódese observar a ilusión de compartir cos veciños a súa propiedade, e non só cos veciños, senón con calquera que queira pasar

un día de lecer baixo cuberta e rodeado de natureza.

Por fin chegou o momento de ver se a restauración chegaba tamén ó mecanismo do

muiño. Vimos como a forza motriz da auga, cun respecto absoluto pola natureza, era capaz de

triturar o gran. Nese momento fomos conscientes de como debía ulir aquel lugar nos

seus mellores momentos, xa que un lene olor era despedido polas moas ou pedras do muiño.

Unha vez rematadas as explicacións do funcionamento e postos os nomes a cada peza do

muiño, dispuxémonos a saír, non sen antes pedirlles ós nosos guías unha foto para a posterioridade, ó

tempo que agradecíamos as súas explicacións.

Unha sorpresa nos agardaba aínda. Agochado detrás da porta atópase o burro, unha especie de guindastre que servía para que unha soa persoa poidera quitar as moas do

muiño e arranxalas para que moeran mellor.

Foi difícil marchar de alí. Os nosos guías eran un pozo sin fondo de sabiduría e xenerosidade. O estar con eles comprobamos o dito

africano: Fai falta un pobo para educar a un neno.

Adeus, Manuel. Recollemos a túa invitación a disfrutar noutro momento do teu muiño. Moitas grazas pola túa acollida e sinxeleza. E moitas grazas tamén por restaurar e poñer a

disposición de todo aquel que queira a túa propiedade.

CPI VIRXE DA CELA. XUÑO 2015