Post on 20-Jun-2015
O ADXECTIVO 1
FUNCIÓNS DO ADXECTIVO
1.1
Complemento do
substantivo
Achega unha cualidade ou estado ao substantivo ao que acompaña:
Muller fermosa .
1.2
Atributo
Vai detrás dos verbos copulativos SER, ESTAR, PARECER ou SEMELLAR . O
adxectivo en función de atributo concorda en xº e nº co suxeito da oración. Fernando é parvo . As mozas parecían contentas.
2
CLASES DE ADXECTIVOS
2.1
Especificativos
Van sempre detrás do nome e sinalan unha cualidade do susbtantivo que serve
para o diferenciar doutros das súas mesmas características: Un automóbil negro . (É dicir, de todos os coches, o negro.)
2.2
Explicativos ou epítetos
Van diante ou detrás do nome e a súa función é sinalar unha cualidade inherente
do substantivo sen que esta cualidade sexa necesaria para diferencialo. A branca e fría neve encántame
Os adxectivos BRANCA e FRÍA non achegan nada novo ao concepto que todos temos da neve, posto que a neve sempre é branca. Se suprimimos o adxectivo
branca , a oración dá unha información menor, pero completa.
IMPORTANTE: o adxectivo cualificativo concorda sempre co substantivo en xº e en nº. CASAS BRANCAS, VACA TOLA, NENO TRAVESO . Aínda que hai adxectivos cualificativos que son invariábeis en xénero. Polo tanto, non variará esta forma.
Home áxil , muller áxil, homes áxiles , mulleres áxiles .
- Cando son puramente cualificativos indican formas, cores, dimensións, sentidos ou valores e admiten gradación: redondo , azul , profundo , brando ...
- Tamén poden sinalar diferentes tipos de relación a partir dos substantivos de orixe: son adxectivos derivados por sufixación e fan referencia a persoas, lugares, relixións, cargos ou oficios, estacións: Grovense (do Grove), mortal (de morte), ministerial (de Ministerio)...
3
OS GRAOS DO ADXECTIVO
3.1
Grao positivo
É o adxectivo tal cal aparece, indícase unha cualidade: Uxía é intelixente / O meu curmán é listo.
INFERIORIDADE menos + adx. +
ca/ que / do que + 2º elemento
É menos falangueiro ca / que Xurxo. Ti sempre tes menos cartos ca min.
Había moita menos xente do que pensaba. Gusta menos do caldo con repolo que con grelos
.
IGUALDADE Tan/tanto + adx.
+como/coma + 2º elemento
É tan falangueiro coma/como Xurxo. Ninguén sabe deste tema tanto coma ti.
Fíxeno tan ben como souben.
3.2
Grao comparativo
A comparación é un recurso que estabelece unha relación entre dúas ou máis referencias
SUPERIORIDADE máis + adx. + ca/ que / do que + 2º
elemento
É máis falangueiro ca / que Xurxo. Ti sempre tes máis cartos ca min.
Había moita máis xente do que pensaba. Gusta máis do caldo con repolo que con grelos.
ABSOLUTO
Non se establece comparación
Fórmase engadindo -ísimo ou -érrimo, ou antepoñendo os adverbios moi e ben ou os prefixos: hiper-, super-, arqui-, reque-, etc.
A lebre é rapídisima . Un deportista celebérrimo . Vai un temporal ben bo .
3.3
Grao superlativo
Atribúese unha cualidade no seu
grao extremo RELATIVO Atribúese o maior grao dunha cualidade no seo dun conxunto
Fórmase coa estrutura o máis ______de___
É o máis espelido da clase
Fomos os máis rápidos da carreira.
Algúns adxectivos presentan unha forma sintética para o comparativo de superioridade e para o superlativo:
adxectivos con formas sintéticas comparativo superlativo bo mellor óptimo
malo peor pésimo grande maior/meirande máximo
pequeno menor mínimo alto superior supremo
baixo inferior ínfimo
CONCORDANCIA ENTRE SUBSTANTIVO E ADXECTIVO
a. Adxectivo e susbtantivo concordan en xº e nº gramaticais: Cravos vermellos (masc. pl.) Planta herbácea (fem. sg.)
b. O adxectivo referido a dous ou máis substantivos vai en plural:
Mar, ceo e paisaxe norteños. Melodía e letra nostáxicas.
c. Adxectivo referido de distinto xénero, toma a terminación masculina:
Vento e chuva racheados. Automóbil e vivenda antigos.
EXERCICIOS 1. Identifica o adxectivo calificativo nas seguintes oracións e indica a que substantivo modifica. Di tamén que
función desenvolve o adxectivo (complemento do substantivo ou atributo):
A casa vella é da miña nai.
A dura pedra serve para forrar fachadas
Sabela é algo tímida.
O mar azul é infinito.
A cadeira nova vai a xogo coa mesa de traballo.
2. Pon cinco exemplos de adxectivo epíteto e cinco de adxectivo especificativo. Escribe unha frase con cada
un deles.
3. Sinala en que grao se encontran os adxectivos das seguintes oracións:
A filla é máis alta có seu fillo. O home é tan parvo coma ela.
O gato é máis intelixente có can. O rapaz é educadísimo
4. Sobre que adxectivo están formados os seguintes superlativos?
Miserrimo
Paupérrimo
Pulquérrimo
Acérrimo
Libérrimo
Celebérrimo
5. Escribe o superlativo relativo e absoluto dos seguintes adxectivos:
Frío
Nobre
Sagrado
Bo
Fiel
Forte
Antigo
Sabio
Débil
6. Indica os superlativos sintéticos dos seguintes adxectivos:
listo
alto
fácil
malo
fiel
amábel
pequeno
tolo
rico
baixo
cruel
sabio
acre
pobre
feo
grande
vello
seguro
frío
cheo
ENCONTRO DO ARTIGO COA CONXUNCIÓN COMPARATIVA CA
O A OS AS
CA có / ca o cá / ca a cós / ca os cás / ca as
O encontro da conxunción comparativa ca co artigo determinado represéntase das dúas formas posíbeis que
aparecen no cadro anterior.
- có / ca o: O cinema está máis vivo ca o / có teatro.
- cá / ca a: Betanzos é máis pequeno ca a / cá Coruña.
- cós / ca os: Estas lámpadas alumean menos ca os / cós focos halóxenos.
- cás / ca as: Os telegramas chegan ao destino antes ca as / cás cartas.
É importante non confundir as contraccións da partícula ca coas contraccións da preposición con:
- con + o: Atopeime co meu xefe no elevador.
- con + a: Foi coa túa avoa ao mercado.
- con + os: Estiven toda a noite cos teus fillos no xardín.
- con + as: Sempre está xogando coas cadelas da veciña.
Debemos ter en conta que a conxunción ca nunca contrae coa preposición a:
Aprezouna máis a ela ca a ti. Quéreme máis a ti ca a min.
Tampouco contrae cando xa hai unha contracción de preposición + artigo:
Vai de mellor gana ao museo ca ao centro comercial.
Caeulle máis auga á nosa casa ca á deles.
1. Emprega segundo conveña ca, có, cá, cós, cás, co, coa, coa, cos, coas:
- Se tiras _______ cousas quedarás sen elas.
- Por que tiraches _______ martelo? Pensas que é peor ______ teu?
- As leitugas naceron mellor _______ ano pasado.
- Chegou _______ lingua de fóra e _______ xeonllos cheos de magoaduras.
- Os amorodos déronse mellor _______ da última tempada.
- Lois é máis amigo de ir cear os venres ______ Xoán.
- Meu irmán é máis novo _______ miña curmá.
2. Enche os ocos para formar comparacións:
- Sempre foi _______ alta _______ ti.
- Ten _______ libros na súa casa _______ parece.
- Obtivo unhas cualificacións _______ altas _______ el.
- Os textos son _______ fáciles _______ dixo.
- Despois da operación cirúrxica está _______ avellado _______ Breixo.
3. Escribe unha frase con cada un dos seguintes pares de conxuncións:
cá / coa:
co / có:
4. Completade as seguintes frases comparativas, empregando todas as posibilidades:
1. Estaba _____________ preto _____________ eu cría.
2. É _____________ alto _____________ ti, e _____________ _____________ min.
3. Hoxe vai un día _____________ bo _____________ o de onte.
4. Estaban _____________ preparados _____________ nós pensábamos.
5. Come _____________ un boi.
6. Este xornal ten _____________ páxinas ___________ ese.
7. A Encina sempre tivo moitos _____________ cartos _____________ el.
8. O Rubén era _____________ fedello _____________ o seu curmán.
9. O Miguel obtivo resultados _____________ bos _____________ pensaba.
10. O Daniel é case _____________ rico _____________ o veciño.