Premio fonseca

Post on 21-Jun-2015

282 views 4 download

description

Dúas alumnas de "Filosofía da Ciencia" do IES Otero Pedrayo de Ourense elaboraron esta presentación para axudar a espallar a relevancia do Premio Fonseca dentro do Programa ConCiencia da USC

Transcript of Premio fonseca

O Consorcio de Santiago e a Universidade de Santiago de Compostela, conscientes da importancia da transferencia do coñecemento e da necesaria culturización científica da sociedade, acordaron en 2006 crear o programa ConCiencia para invitar ás principais mentes do panorama internacional a transmitir as súas ideas a unha cidade símbolo da cultura e o coñecemento.Ó abeiro do programa ConCiencia nace o Premio Fonseca de divulgación científica, coa fin de incentivar a transmisión deste saber ó gran público.

O Premio Fonseca recibe ese nome en honor ó arcebispo de Santiago de Compostela entre 1507 e 1523, Alonso III de Fonseca, quen mandou construír o Colexio de Fonseca adaptando a casa onde el nacera e que pertencía á súa familia, para exercer a función pedagóxica. Comezou a funcionar no ano 1544 e nel terá a súa sede a Universidade de Santiago de Compostela creada co patrocinio da súa familia a comezos de século.

O Premio Fonseca leva xa tres edicións.

No ano 2008 foille entregado a Stephen Hawking, no ano 2009 o galardoado foi James Lovelock e neste ano 2010 o premio recae en David Attenborough.

"pola súa excepcional mestría na popularización de conceptos complexos da Física no borde último da nosa comprensión do Universo, combinada coa máis alta excelencia científica, e por terse convertido nunha referencia pública da ciencia no mundo"

•Naceu o 8 de xaneiro de 1942 en Oxford, Inglaterra.

•Estudou Física no Colexio Universitario Maior de Oxford.

•Tras obter o Doutorado pasou a ser Investigador e posteriormente Profesor.

•En 1979 foi nomeado Catedrático Lucasiano de Matemáticas en Cambridge.

•A pesar de padecer esclerose lateral amiotrófica é quen de combinar a súa vida familiar (ten muller, tres fillos e un neto) e a súa investigación en física teórica xunto cun extenso programa de viaxes e conferencias.

•Hawking traballou nas leis básicas que gobernan o universo.

• Xunto con Roger Penrose mostrou que a Teoría Xeral da Relatividade de Einstein implica que o espazo e o tempo han de ter un principio no Big Bang e un final dentro de buracos negros.

• Ó redor do ano 2004 propuxo a súa nova teoría acerca das "simas ou buracos negros" un termo que polo xeral se aplica ós restos de estrelas que sufriron un colapso gravitacional logo de esgotar todo o seu combustible nuclear.

•As súas numerosas publicacións inclúen A Estrutura a Gran Escala do Espazo-tempo con G. F. R. Ellis, Relatividade Xeral: Revisión no Centenario de Einstein con W. Israel, e 300 Anos de Gravidade, con W. Israel.

•Stephen Hawking publicou tres libros de divulgación: o seu éxito de vendas Breve historia do tempo, Buracos negros e pequenos universos e outros ensaios e máis recentemente en 2001, O universo nunha casca de noz, e en 2005, Brevísima historia do tempo, unha versión do seu primeiro best-seller adaptada a un público sen uns coñecementos profundos sobre astrofísica e física teórica.

Stephen Hawking co director do programa ConCiencia, Jorge Mira.

Cartel da conferencia de Hawking en Santiago

Durante a súa estadía en Galicia o científico viu o botafumeiro en acción, fixo un tramo do Camiño Francés e visitou Fisterra. Hawking dixo estar contento de estar en Compostela e de poder recoller este premio, algo que considerou un “honor”.

"Polo seu liderado e carácter pioneiro na construción da actual conciencia medioambiental, da cal é referencia pública a escala mundial,e pola comunicación á sociedade de importantes conceptos científicos propios; todo combinado cunha exemplar liberdade e independencia de pensamento e unha brillantez e talento fóra do común, que lle permitiron obter resultados excepcionais en tan diferentes campos do saber científico."

•Naceu o 26 de xullo de 1919 en Letchworth Garden City, Inglaterra.

•Estudou Química na Universidade de Manchester.

•Doutorouse en Medicina na Escola de Hixiene e Medicina Tropical de Londres.

•Durante a súa estadía nos Estados Unidos levou a cabo distintas investigacións na Universidade Yale, no colexio de medicina da Universidade de Baylor e na Universidade Harvard.

•No ano 2006 a Sociedade Xeolóxica de Londres galardoouno coa medalla Wollaston pola “creación dun campo de estudos enteiramente novo en Ciencias da terra”.

•Durante a súa estadía na Universidade Yale desenvolveu o detector de captura de electróns, que permitiu detectar compoñentes tóxicos en lugares tan remotos coma a Antártida.

•A súa principal achega científica é a hipótese Gaia: a idea de que o noso planeta é un organismo vivinte –o organismo vivo máis grande coñecido-, con capacidade para autorregular a súa propia temperatura, a composición química da atmosfera ou a salinidade dos mares, creando as condicións óptimas para a presenza de vida na súa superficie.

•Entre os seus libros máis importantes atópanse: A vinganza da Terra. A teoría de Gaia e o futuro da humanidade, As idades de Gaia. Unha biografía do noso planeta vivo ou Homenaxe a Gaia. A vida dun científico independente.

James Lovelock con Jorge Mira en Compostela

Cartel da conferencia de Lovelock

Algunhas das opinións de Lovelock na conferencia que deu en Santiago:

“O cambio climático vai ser máis difícil de solucionar do que pensan os gobernos, non hai nada eficiente ante o cambio. Mesmo se paramos agora mesmo todo o consumo de combustibles fósiles. En realidade, deberan tomar medidas para adaptarnos e ensinarnos a sobrevivir no que virá. Estou convencido de que a especie sobrevivirá. Os humanos poderán evolucionar, como especie, para mellor.”

"Polo seu papel pioneiro na difusión da vida salvaxe, trasladándoa a audiencias masivas cunha mirada orixinal que marcou un antes e un despois na divulgación da natureza a través do medio televisivo, e por terse convertido en referencia pública da comunicación da ciencia no mundo."

•Naceu o 8 de maio de 1926 en Londres, Reino Unido.

•Creceu no “College House” do campus da Universidade College de Leicester, lugar onde o seu pai foi director.

•De neno coleccionaba fósiles, rocas e outros especímenes naturais.

•Graduouse en Ciencias Naturais no Clare College de Cambridge.

•En 1947 chamárono para o Servizo Nacional na Mariña real e pasou varios anos no norte de Gales e no fiorde de Forth.

•Comezou a súa carreira na BBC en 1952.

•Entre 1954 e 1964 realizou a serie da BBC Zoo Quest na que facía expedicións polo mundo adiante.

•En 1979 dirixiu e presentou a serie máis ambiciosa que xamais se fixera sobre a vida animal: Life on Earth, da BBC, que foi vista por máis de 500 millóns de persoas e marcou un antes e un despois na divulgación científica na televisión.

•Escribiu máis de vinte libros de gran éxito de ventas.

•É unha das principais figuras públicas na defensa do medio ambiente.

PRESENTACIÓN ELABORADA POR RAQUEL LOSADA E LUCHI GIROLA,

ALUMNAS DA MATERIA “FILOSOFÍA DA CIENCIA E DA TECNOLOXÍA” IMPARTIDA POR LUÍS MARTÍNEZ COSTAS NO I.E.S. “OTERO PEDRAYO” DE OURENSE NO CURSO 2009-

2010.

EN AGRADECEMENTO Á AMABILIDADE DE JORGE MIRA E AO TRABALLO DE TODOS OS

QUE FAN POSIBLE QUE SINTAMOS DE PRETO, EN GALICIA, AOS MÁIS SIGNIFICATIVOS REPRESENTANTES DO PENSAMENTO

CIENTÍFICO, UNHA DAS MÁIS EXCELSAS EXPRESIÓNS DA CONDICIÓN HUMANA.

O GRUPO “DE REVOLUTIONIBUS”.