Post on 17-Jan-2016
description
PRESENTACIÓN: CONSELLO ASEMBLEAR DE ESTUDANTES DE MEDICINA (CAEM)*
*nome provisional
De onde sae?
O CAEM é un proxecto impulsado por varios estudantes da facultade de medicina entre os que se encontran membros de MEIGA, Liga estudantil galega, GIME, AGIR, delegados e independentes
Que quere ser?
O CAEM quere establecerse no RRI da facultade como o órgano de coordinación da representación do seu estudantado no que todo estudante de medicina teña dereito a participar independentemente de que participe noutra organización ou colectivo estudantil
Como se articula? (I)
Está formado por unha ASEMBLEA XERAL e un COMISIÓN COORDINADORA
A ASEMBLEA XERAL:1. Informará ao estudantado e recollerá os seus intereses,
preocupacións e problemas2. Dará lexitimidade e informará do traballo da comisión
coordinadora3. Definirá as liñas de traballo do CAEM4. Aprobará os orzamentos e usos do diñeiro5. Convocará novas asembleas e aprobará a acta da sesión
anterior6. Dará coñecemento aos estudantes de quen son os seus
representantes nos órganos universitarios e nas súas comisións
Como se articula? (II)
A COMISIÓN COORDINADORA (I). Estará formada por 2 representantes de asociacións de estudantes con representación en órganos de goberno, 1 representante das mesmas que non teñen representación e os delegados xunto cun voto de todas as persoas que queiran participar. As súas funcións son:• Manterá o fluxo de información co estudantado• Encargarase do manexo e salvagarda dos fondos dos que
dispoña o CAEM• Creará a orde do día das Asembleas Xerais e das súas
propias reunións• Garantirá a toma de actas das Asembleas Xerais e das súas
propias reunións, así como a súa aprobación na seguinte sesión
Como se articula? (III)
A COMISIÓN COORDINADORA (II):• A representación do CAEM ante os órganos universitarios,
recaendo nela a designación e comunicación aos estudantes e á Asemblea Xeral dos representantes de estudantes neses órganos así como nas súas comisións, tendo especial relevancia a Comisión Permantente da Xunta de Facultade
• O mantemento dunha estreita relación entre representantes de estudantes de Medicina e Odontoloxía como titulacións vinculadas que son
• A representación do CAEM ante entidades ou órganos externos, sendo requisisto ser representante de estudantes en órganos da universidade e/ou delegado
Que buscamos con todo isto?
Que tanto as organizacións de estudantes, como os representantes de estudantes, os delegados e máis o resto de alumnado estemos en comunicación constante. Falicitando e difundindo o traballo de todos
Representandomedicina@gmail.com