Post on 17-Mar-2021
Esta semana imos traballar cun conto que non sei se tod@s coñecedes,
chámase “O Grúfalo”.
O primeiro que imos facer e ver e escoitar o conto… Esperamos que vos guste
tanto a coma a nos.
https://www.youtube.com/watch?v=KmHgPDZW0h4 (Conto lido)
Unha vez que os menos escoitaron o conto, imos facerlle algunas preguntas para
ver si o entenderon (xa sabedes que poden velo e escoitalo as veces que eles queiran
ou que sexan necesarias)
• Como se chama o protagonista do conto?
• Que animais aparecen?
• Que é o que máis che gustou do conto?
• Aprendiches algo? (Sería bo comentar e falar un ratiño do tema con eles)
Unha vez que escoitaron e coñecen a historia, podemos suxerirlles que debuxen eles
ao Grúfalo, seguro que lles saen uns debuxos chulísimos (recordádelle que poñan o
nome por detrás). Poden pintalo o decóralo da forma que máis lles apeteza.
Nesta outra actividade, podedes facela no ordenador ou dispositivo onde
esteades vendo isto ou imprimila. Son preguntas e actividades principalmente de
atención e para asegurarnos que entenderon toda a historia .
QUEN SE QUERÍA COMER A QUEN??
RODEA OS ANIMAIS QUE SON IGUAIS
A última actividade sobre este conto é una pequeña manualidade. Propóñovos
que fagades una máscara, pode ser do grúfalo ou doutro dos animáis que aparecen no
conto (que espero que vos gustara). Deixovos unha mostra, pero o ideal sería que eles
debuxaran a súa propia versión. Aínda que ten cousas moi diferentes, podemos
aproveitar para recordar cousas do debuxo facial:
• Cantos ollos ten?
• E orellas? Son grandes ou pequeñas?
• Ten cornos? Cantos?
• E os dentes? Como son?...
Espero que vos gustara esta historia e o pasarades ben escoitandoa!!!
Bicos e apertas virtuais a to@ssssss