Sara Rodríguez

Post on 20-Jul-2015

275 views 3 download

Transcript of Sara Rodríguez

CURROS ENRÍQUEZCURROS ENRÍQUEZ

CURROS ENRÍQUEZ

Manuel Curros Enríquez, nado en Celanova o 15 de setembro de 1851 e finado na Habana o 7 de marzo de 1908, é un dos tres principais representantes do Rexurdimento da literatura galega.A súas obras baséanse no liberalismo e as máis importantes son:

● A virxe do cristal (1877).● Aires da miña terra (1880).● O divino sainete (1888).

ANÁLISE DO POEMA

Curros, oponse á igrexa na súa obra, é liberalista e socialista.

O poeta, refírese ás inxustizas cometidas pola igrexa tempos atrás. O vello mosteiro é hoxe cadavre putrefacto de animal na paisaxe galega. Estabigrexa inxusta non axudou aos pobres e opúxose ao progreso. Na última estrofa di que nos seus paseos polo monte, ás veces chega ata o vello mosteiro e que recorda os tempos aqueles.

2º PARTE DE: ”A IGREXA FRIA”

De monxe vestidocomo eles o reo, de réprobo a santopasou nun día mesmo; e, da gorxa que ser deberíatallada nun cepo, a pauliña saíu que escomulga ó insine Colombo i ó gran Galileo.

As virxes, forzadas, os probes, valeiros, pedían namentres socorro e romedio; i a xusticia, escudeiro mal pago do crime sanguento,do sagrado na porta quedaba de rabia e de cólara os dentes batendo.

Nos meus solitarios nouturnos paseos, sucédeme ás veces chegar ó mosteiro;e caretas facéndome entonces da lúa ó refrexo,unha negra visión, de entre as ruínas, "¡Que tempos!" me dice, i eu digo: "¡Que tempos!".

(“Aires da miña terra”, 1880).

A IGREXA FRIA

A IGREXA FRÍA

Por cima dos agros, do monte no medio,

levántase aínda hidrópico e negro,

cal xigante hipopótamo morto, de vermes cuberto,

rodeado de tréboas e gramas, o lombo deforme do vello mosteiro.

Das torres as rexas agullas de ferro

queixarse parecen da marcha dos tempos:

e decote paradas e inmobres, semellan os dedos

dunha mau de Titán que anda en busca do raio que tarda das iras do ceo.

Dende a alta campá cai inda en anelos a forte cadeacon triste bambeo. Cando á posta do sol, das montanasazóutana os ventos, unha serpe arromeda encantada que garda as ruínas fungando e tecendo.

Os pelos de punta na mau cun coitelo, coa sangue lixado

dos probes viaxeiros,tempos houbo en que aquí buscar viña

seguro i achegoo ladrón dos camiños, que os frades

que a Praga queimaban, en salvo puxeron.

De monxe vestidocomo eles o reo,

de réprobo a santopasou nun día mesmo;

e, da gorxa que ser deberíatallada nun cepo,

a pauliña saíu que escomulga ó insine Colombo i ó gran Galileo.

As virxes, forzadas, os probes, valeiros, pedían namentres

socorro e romedio; i a xusticia, escudeiro mal pago

do crime sanguento,do sagrado na porta quedaba

de rabia e de cólara os dentes batendo.

Nos meus solitarios nouturnos paseos, sucédeme ás veces chegar ó mosteiro;

e caretas facéndome entonces da lúa ó refrexo,

unha negra visión, de entre as ruínas, "¡Que tempos!" me dice, i eu digo: "¡Que tempos!".

“AIRES DA MIÑA TERRA” (1880).