Sopa de rato

Post on 28-Mar-2016

258 views 2 download

description

Kalandraka. Tras os montes

Transcript of Sopa de rato

ARNOLD LOBEL

Título orixinal en inglés: Mouse soup

Colección

© da edición orixinal: Harper Collins, 1977

© do texto e das ilustracións: Arnold Lobel, 1977

© da tradución: Xosé M. González Barreiro, 2004

© desta edición: Kalandraka Editora, 2013

Italia, 37 - 36162 PontevedraTelefax: 986 86 02 76editora@kalandraka.comwww.kalandraka.com

Primeira edición: abril, 2004Segunda edición: abril, 2013ISBN: 978-84-8464-817-8DL: PO 93-2013Reservados todos os dereitos

ARNOLD LOBEL

CONTOS PARA A SOPA

AS ABELLAS E A LAMA 12

DÚAS PEDRAS GRANDES 22

OS GRILOS 32

A ROSEIRA 42

Un rato estaba sentado

debaixo dunha árbore lendo un libro.

6

De súpeto,

unha donicela saltou sobre el

e atrapouno.

7

8

A donicela levou o rato

para a casa.

–Ai, vou facer

sopa de rato!

–dixo a donicela.

–Ai, voume converter

en sopa de rato!

–dixo o rato.

10

A donicela meteu o rato nunha pota.

–AGARDA!

–dixo o rato–.

Esta sopa non vai saber a nada.

Non leva contos!

Para que estea boa,

a sopa de rato

ten que levar contos.

–Pero eu non teño conto ningún

–dixo a donicela.

–Teño eu –dixo o rato–.

Podo contalos agora mesmo.

–Pois veña –dixo a donicela–.

E rapidiño, que teño moita fame.

–Pois aí van catro contos

para botar na sopa.

12

Un rato ía andando polo bosque.

Un abelleiro

caeu dunha árbore

e aterroulle no cocote.

–Abellas,

tendes que marchar

–dixo o rato–.

Non quero andar

cun abelleiro na cabeza.

AS ABELLAS E A LAMA

13