Tema 5. a motivación

Post on 13-Aug-2015

272 views 5 download

Transcript of Tema 5. a motivación

A motivación

Índice

Noción de motivación. Fins e necesidades propios das

Actividades Físicas e deportivas.- Tipos de necesidades.

Diversidade dos estímulos do profesor.

Directrices para a acción pedagóxica.

Introdución. A motivación é unha cuestión central en calquera tipo

de aprendizaxe. Cómo? A través de que medios suscitar o interese por

algo? Qué podemos facer para que os nosos alumnos activen ou reduzan a súa acción?

Estas son cuestións que nos relacionan coa motivación. O sistema de ensino clásico basease no modelo de

“sancións-recompensas”. Pero para entender as motivacións dos alumnos haberá

que preguntarse polas razóns da actividade ou inactividade que estes amosan de xeito natural (sen sancións nin recompensas).

Esta interrogante sobre as razóns que determinan a maior ou menor actividade dos alumnos abre unha percepción diferente do alumno. Unha percepción máis amplia e máis positiva.

Imos ver en qué consiste motivar ós alumnos. ¿É buscar sempre novas actividades? ¿É aprender mediante o xogo? ¿É facer as cousas máis fáciles? ¿É facer disfrutar?

Noción de motivación O alumno motivado presenta as seguintes

conductas: é activo, esgótase, atende e incluso cuestiona, axudo ó profesor e ós compañeiros, quere facer máis, adiantarse ó seu turno, está alegre, repite os seus exercicios e prepáraos pola súa conta ... En definitiva ... Ten desexo de exercitarse e aprender.

Motivación: Forza producida polas necesidades e orientada cara a un fin.

O término motivación fai referencia ó movemento. Ó movemento entendido como o paso á acción.

Provocar. Suscitar. Son verbos que nos axudan a entender ese paso á acción de xeito natural no alumno.

Para ubicarnos citaremos dous conceptos sobre a motivación: as necesidades interiores e os atractivos exteriores.

O que si temos que ter claro é que a motivación é unha realidade moi diversificada. Cada alumno a vive en función das súas propias necesidades.

A motivación é unha realidade dinámica. Aparece, vaise, volve a aparecer, renace segundo as circunstancias e as intervencións que aparecen na vida dos individuos.

FINS E NECESIDADES PROPIOS DA EDUCACIÓN FÍSICA A necesidade de movemento, de divertirse e

de xogar dos alumnos (Ollo ós tempos de espera porque soen ser máis longos que os de actuación).

A necesidade de descubrir, ensaiar, e experimentar (actitude do alumno ante o novo)

A necesidade de poñerse a proba e de superarse (a un mesmo e ós demáis)

A necesidade de imitar, de identificarse (a imaxe do profesor, dun alumno aventaxado).

A necesidade de coñecer, de comprender a razón de ser, a utilidade e obxectivo da actividade.

A necesdidade de comunicar as súas solucións a outros (axudar, cooperar …)

Necesidade de estar seguro, de sentir confianza ante a actividade, o profesor e os compañeiros.

Necesidade de ser percibido, de sentirse valorado polo profesor e polos compañeiros.

4. Diversidade dos estímulos do profesor. Por estimulación entendemos toda

intervención verbal ou non verbal por parte do profesor, coa intención de suscitar, manter ou reforzar a actividade dos alumnos na clase para conseguir os obxectivos da aprendizaxe previstos.

a) Estímulos non verbais

Os emplazamentos ou desprazamentos do profesor, que asegura e manifesta coa súa soa presencia a atención ó conxunto do grupo.

A súa relación de proximidade con cada alumno.

A expresión do rostro, a súa mímica. A dirección da súa mirada. A implicación motriz na situación, a súa

linguaxe corporal, o seu dinamismo.

b) Estímulos verbais

Estímulos tónicos.

Estímulos represivos.

Estímulos positivos.

b.1. Estímulos tónicos

Son as interxeccións ou expresións que incitan a chamadas vivas, tales como “adiante”, “a fondo”, “a tope”, “máis forte”, etc.

Teñen coma fin arengar ós alumnos, non darlles tregua e despertalos da inactividade.

É como querer transmitir o impulso propio ós alumnos.

b.2. Estímulos represivos Supón utilizar expresións baseadas no temor para poñer ós

alumnos en movemento. Exemplo: “o que non faga a voltereta lateral vaise fora de

clase”. Os efectso destes estímulos corren o risco de esfumarse

cando a sanción desaparece. Os contra-estímulos. Son todo tipo de expresións que

minusvaloran a actividade ou amosan que o profesor non cree firmemente nela.

Como exemplo sinalamos expresións tales como: “imos facer un pouco de quencemento”, ou“uns breves exercicios”, como quitándolle importancia e valor a actividade.

b.3. Estímulos positivos

Expresións que inciden na afectividade do alumno.

Tocan o seu amor propio e afectan a unha ou varias das necesidades da motivación.

Estes estímulos son contrarios ás presións ou condicións. Remiten ó alumno a si mesmo, movilizando o seu interior e sentando as bases para unha motivación máis sólida.

Todas estas intervencións que vimos de citar, son en definitiva, intervencións que actúan ó mesmo tempo sobre a tarefa, sobre o fin a conseguir e sobre as necesidades dos alumnos.

Por entendelo cun exemplo:O animador maniféstase do seguinte xeito: “ agora hai que estar ben alineados mentres dura o exercicio”. Da ó mesmo tempo unha consigna cualitativa acerca do movemento e tamén establece unha dependencia cos seus alumnos, o que significa que vai interesarse nas súas realizacións e no desenvolvemento da actividade realizada.

5. Liñas directrices para a acción pedagóxica e a formación didáctica As seguintes liñas de actuación

apuntan a estructurar as accións do animador para preparar e animar as sesións, tendo en conta que non todos os alumnos acuden polas mesmas razóns nen perseguen os mesmos fins.

LIÑAS DIRECTRICES:

1. Facer adquirir motivacións é o primeiro obxectivo do ensinante.

2. O desenvolvemento das motivacións no grupo-clase esixe a diversificación dos estímulos pedagóxicos. É decir, que hai que variar os estímulos para tentar motivar a todos os alumnos.

5.1. A adquisición das motivacións.

Despertar motivacións para a aprendizaxe debe considerarse como o verdadeiro obxectivo do ensinante. Incluso como obxectivo prioritario.

Trátase de suscitar nos alumnos actitude de máis aceptación ante as actividades plantexadas.

Establecer a motivación será o inicio, pero despois deberá ser unha acción permanente en todo o proceso de aprendizaxe.

Máis importantes que os métodos, as progresións ou as correccións feitas para guiar racionalmente ós alumnos na súa aprendizaxe, serán as actitudes que o animador sexa capaz de crear nos seus alumnos fronte a estes aprendizaxes:

•Desexo de intentar, de superar e de progresar.

•Presencia do alumno na tarefa, “centrado” sobre o movemento a realizar.

•Confianza no éxito propio nas accións.

5.2. A diversificación dos estímulos.

Importante ter en conta a totalidade e a diversidade das necesidades e dos fins dos alumnos.

Ningún estímulo nen nengunha técnica de animación ten un valor absoluto, é decir, que o que afecta a uns corre o risco de non ter ningún efecto en outros.

Como idea final do tema, diremos que o profesor eficaz é aquel que, pola diversidade das súas capacidades e o uso de estímulos pedagóxicos, chega a facer que o alumno interésese polo que está a facer.

Será aquel que sexa capaz de organizar e de presentar tanto os obxectivos como as actividades de xeito que os alumnos:

•Atópenlle sentido ó que fan en clase.

•Disfruten e desexen continuar exercitándose e aprendendo.