ACTA DE LA JUNTA DE GOBIERNO, celebrada el día catorce de ... · 35.-Contrato menor de mantemento...

35
D E P U T A C I Ó N P R O V I N C I A L A C O R U Ñ A Acta da Xunta de Goberno celebrada o día 14 de xullo de 2008 1

Transcript of ACTA DE LA JUNTA DE GOBIERNO, celebrada el día catorce de ... · 35.-Contrato menor de mantemento...

Page 1: ACTA DE LA JUNTA DE GOBIERNO, celebrada el día catorce de ... · 35.-Contrato menor de mantemento anual de SOFTWARE “SISPRE” (seis licenzas) do servizo de infraestruturas e conservación.

D E P U T A C I Ó N P R O V I N C I A L

A C O R U Ñ A

Acta da Xunta de Gobernocelebrada o día 14 de xullo de 2008

1

Page 2: ACTA DE LA JUNTA DE GOBIERNO, celebrada el día catorce de ... · 35.-Contrato menor de mantemento anual de SOFTWARE “SISPRE” (seis licenzas) do servizo de infraestruturas e conservación.

Orde do día dos asuntos que se van tratar na sesión extraordinaria de Xunta de Goberno que se vai celebrar o día 14 de xullo de 2008, ás DOCE HORAS.

ASUNTOS

Actas

1.-Aprobación da acta da sesión anterior, nº 13/08, do 26 de xuño.

Asesoría Xurídica

2.-Toma de coñecemento da resolución da Presidencia, do 24/6/2008, pola que se dispón a comparecencia desta Deputación provincial, como parte interesada, no PA 180/2008 interposto por Don Manuel Boutureira Gómez, sobre tributos.

3.-Toma de coñecemento da sentenza do Xulgado do Contencioso Administrativo número un dos da Coruña, do16/6/2008, recaída en recurso PA 351/07, interposto por Don George Coenraad Kunts, sobre a reclamación de responsabilidade patrimonial.

Cooperación e Asistencia aos Concellos

4.-Informe sectorial do expediente de delimitación do solo do núcleo rural de Erminde (parroquia de Figueroa) do Concello de Abegondo.

Patrimonio e Contratación

5.-Avocación da competencia para adxudicar a contratación do ESPAZO PARA A PARTICIPACIÓN DA DEPUTACIÓN NA 46ª EDICIÓN DA FEIRA INTERNACIONAL DE MOSTRAS DO NOROESTE (FIMO).

6.-Avocación da competencia para convocar unha nova licitación con motivo de declarar deserto o contrato de SUBMISTRACIÓN DE LICENZAS DE SOFTWARE DE EDICIÓN CON DESTINO Á IMPRENTA PROVINCIAL.

7.-Dar conta das resolucións da Presidencia mediante as que se avoca a competencia para aprobar a realización de 8 contratos menores incluídos na “XV MOSTRA DE ARTESANIA EN VIVO”.

8.-Dar conta da resolución da Presidencia sobre a aprobación do PREGO DE CLAÚSULAS ADMINISTRATIVAS PARTICULARES QUE HABERÁN DE REXER PARA CONTRATAR MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO CON MULTIPLICIDADE DE CRITERIOS DE VALORACIÓN DAS OBRAS DE REFORMA INTERIOR DO PAZO PROVINCIAL (FASE 1 E 2).

2

Page 3: ACTA DE LA JUNTA DE GOBIERNO, celebrada el día catorce de ... · 35.-Contrato menor de mantemento anual de SOFTWARE “SISPRE” (seis licenzas) do servizo de infraestruturas e conservación.

9.-Aprobar o Prego de cláusulas administrativas e técnicas particulares para contratar os SERVIZOS DE XESTIÓN E SEGUIMENTO DO PROGRAMA MANDEO 2007-2010, COFINANCIADO CON FONDOS FEDER E DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA cun orzamento de 133.333 €.

10.-Aprobar o Prego de cláusulas administrativas e técnicas particulares para contratar os servizos de realización dun estudo para ORGANIZAR O IV SEMINARIO INTERNACIONAL DO PROXECTO CHRONOS, cun orzamento de 28.733,77 €.

11.-Aprobar o Prego de cláusulas administrativas e técnicas particulares para contratar os servizos DE EDICIÓN DE MATERIAL TEMÁTICO DE PROMOCIÓN PARA O PLAN DE DINAMIZACIÓN DE PRODUTO TURÍSTICO FERROL-ORTEGAL, cun orzamento de 43.999,99 €.

12.-Aprobar o Prego de cláusulas administrativas e técnicas particulares para contratar os servizos de deseño, elaboración e produción de contidos e mantemento dunha plataforma de televisión para o P.D.P.T FERROL-ORTEGAL, cun orzamento de 85.000,00 €.

13.-Aprobar o Prego de cláusulas administrativas e técnicas particulares para contratar os servizos DE REALIZACIÓN DE AUDIOGUÍAS TURÍSTICAS EN MP3 PARA O PLAN DE DINAMIZACIÓN DE PRODUTO TURÍSTICO FERROL-ORTEGAL, cun orzamento de 26.000,00 € IVE incluído.

14.-Aprobar o Prego de cláusulas administrativas e técnicas particulares para contratar a ELABORACIÓN DE FORMULARIOS E EXPEDIENTES ADMINISTRATIVOS PARA CONCELLOS DA PROVINCIA DA CORUÑA, cun orzamento máximo que ascende á cantidade de 40.000,00 € IVE incluído.

15.-Aprobar o Prego de cláusulas administrativas e técnicas particulares para contratar a SUBMINISTRACIÓN DUNHA MÁQUINA OFFSET DUNHA COR CON DESTINO AO DEPARTAMENTO DE ARTES GRÁFICAS DO I.E.S. CALVO SOTELO cun orzamento de 75.400,00 €.

16.-Aprobar o Prego de cláusulas administrativas e técnicas particulares para contratar os servizos DE MANTEMENTO DA POTABILIZADORA DO POLÍGONO INDUSTRIAL DE SABÓN-ARTEIXO, cun orzamento total anual IVE incluído de 180.779,62 €.

17.-Aprobar o Prego de cláusulas administrativas e técnicas particulares para contratar a asistencia á deputación para a redacción de proxectos en estradas provinciais en 2 lotes.

18.-Aprobar o Prego de cláusulas administrativas e técnicas particulares para contratar a asistencia á deputación para a redacción de proxectos en sendas peonís en 2 lotes. 19.-Aprobar o Prego de cláusulas administrativas e técnicas particulares para contratar os

3

Page 4: ACTA DE LA JUNTA DE GOBIERNO, celebrada el día catorce de ... · 35.-Contrato menor de mantemento anual de SOFTWARE “SISPRE” (seis licenzas) do servizo de infraestruturas e conservación.

servizos DUNHA ASISTENCIA TÉCNICA PARA REALIZAR AS TAREFAS DE SOPORTE RELACIONADAS CO PLAN DE FORMACIÓN CONTINUA 2008.

20.-Aprobar e contratar a obra incluída en VIAS PROVINCIAIS 2005 PRIMEIRA FASE. “Ampliación e mellora de trazado da EP-3606 de Cobas a San Xurxo”, cun orzamento de 700.577,52 €.

21.-Contratar as obras do PLAN DE TRAVESIAS 2008-2011 PRIMEIRA FASE SEGUNDA RELACIÓN. “Travesía na E.P. 7202 Rianxo a Burés por Asados P.K. 0,45 ao P.K.1,45. Rianxo”.

22.-Contratar mediante procedemento aberto cun único criterio de valoración e conforme ao Prego de cláusulas administrativas particulares aprobado polo Pleno da Corporación en sesión celebrada o 25 de abril de 2008, as obras incluídas no Plan de CONSERVACIÓN DE VÍAS PROVINCIAIS 2007 TERCEIRA FASE, 6 obras, cun orzamento total de 1.253.105,43 €.

23.-Aprobar o proxecto de SUBSTITUCIÓN DO PAVIMENTO DO PAVILLÓN POLIDEPORTIVO DO CENTRO CALVO SOTELO, cun orzamento de licitación de 119.928,37 € IVE incluído.

24.-Contratar as obras incluídas na II FASE DA ANUALIDADE 2005 DA I PROGRAMACIÓN DAS OBRAS INCLUÍDAS NO IV CONVENIO DA XUNTA- DEPUTACIÓN 2002-2006 PARA A REFORMA E CONSTRUCIÓN DE INSTALACIÓNS DEPORTIVAS MUNICIPAIS: ” Proxecto básico e de execución de ximnasio na rúa das Faragullas, Teixeiro”.

25.-Aprobar o PREGO DE CLÁUSULAS ADMINISTRATIVAS PARTICULARES PARA CONTRATAR O SERVIZO DE AUDITORÍA ENERXÉTICA NOS CONCELLOS DO PROGRAMA PEACE, con orzamento máximo que ascende a 996.000,00 € IVE incluído.

26.-Aprobar o Prego de cláusulas administrativas e técnicas particulares para contratar a IMPARTICIÓN, ORGANIZACIÓN E XESTIÓN DAS ACCIÓNS DE FORMACIÓN EN NOVAS TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E COMUNICACIÓN INCLUÍDAS NO PLAN DE FORMACIÓN AGRUPADO 2008 PARA PERSOAL DE ENTIDADES LOCAIS DA PROVINCIA DA CORUÑA E ALUGUER DE AULAS PARA A IMPARTICIÓN DE VARIOS CURSOS DO PLAN DE FORMACIÓN cun orzamento máximo de 87.905 € IVE incluído.

27.-Adxudicar o contrato á empresa SPAINSOFT da Contratación da Consultoría e Asistencia para elaborar o inventario de bens para os municipios da provincia da Coruña. III fase.

28.- Adxudicar o contrato provisional á empresa LIBRE EXPRESIÓN DE MEDIOS DE GALICIA, S.L., o contrato de execución do proxecto museográfico do centro de divulgación do queixo e o mel dentro do Plan piloto de mellora da calidade turística de Porto de Mouros.

4

Page 5: ACTA DE LA JUNTA DE GOBIERNO, celebrada el día catorce de ... · 35.-Contrato menor de mantemento anual de SOFTWARE “SISPRE” (seis licenzas) do servizo de infraestruturas e conservación.

29.-Adxudicar o contrato provisional de subministración de mobiliario con destino á planta primeira do pazo provincial a FERROL CATAMARAN, S.L.

30.-Contrato menor de redacción do proxecto de construción de rotonda na intersección do E.P. 7201 coa Avenida de Arcos Moldes.

31.-Contrato menor de redacción do proxecto de diversas melloras na E.P. 1901 Carballo a Sísamo, consistentes na obra de ampliación da plataforma e tratamento como travesía.

32.-Contrato menor de redacción de proxecto de ensanche, mellora de trazado e afirmado da E.P. 0510 de Confurco a Uxes (Culleredo e Arteixo).

33.-Contrato menor de redacción de proxecto variantes de Formigueiro-Bustelo e a Baiuca na E.P. 2404 Laracha á Silva por Golmar (A Laracha).

34.-Contrato menor para o control de calidade da obra do campo de fútbol de herba sintética en Rianxo.

35.-Contrato menor de mantemento anual de SOFTWARE “SISPRE” (seis licenzas) do servizo de infraestruturas e conservación.

36.-Contrato menor relativa ao servizo de acceso en liña a contidos sobre lexislación e xurisprudencia para a deputación e concellos da provincia da Coruña.

37.-Contrato menor de subministración dunha encadernadora con destino ao Servizo de Prevención de Riscos Laborais.

38.- Contrato menor de subministración e colocación de pavimento especial no Conservatorio de Danza.

39.-Contrato menor de reforma da sala de profesores do Colexio Calvo Sotelo.

40.-Contrato menor de substitución, revestimento interior deteriorado no pavillón Puga Ramón.

41.-Contrato menor de reparación e restauración de galería na zona de residencia do Pazo de Mariñán.

42.-Contrato menor de subministración dunha cámara fotográfica dixital con destino ao Servizo de Arquitectura.

43.-Contrato menor de subministración dunha cámara fotográfica dixital con destino ao Servizo de Asistencia Técnica a Municipios.

44.-Contrato menor para coordinar e xestión do premio Concepción Arenal, convocado pola deputación no ano 2008.

5

Page 6: ACTA DE LA JUNTA DE GOBIERNO, celebrada el día catorce de ... · 35.-Contrato menor de mantemento anual de SOFTWARE “SISPRE” (seis licenzas) do servizo de infraestruturas e conservación.

45.-Contrato menor de servizos de realización de encontros con touroperadores para promover o Plan de dinamización do produto turístico Ferrol-Ortegal.

46.-Contrato menor de subministración de diversas ferramentas con destino ao parque móbil provincial.

47.-Contrato menor de subministración dunha pregadora de cartas con destino á sección de recursos propios.

48.-Dar conta da resolución da Presidencia mediante a que se avoca a competencia para realizar un contrato menor denominado “ASISTENCIA TÉCNICA PARA ORGANIZAR O FESTIVAL DE MÚSICA CLÁSICA DO PROXECTO CULTURNOVA FINANCIADO CON CARGO Á INICIATIVA COMUNITARIA INTERREG III A”

49.-Dar conta da resolución da Presidencia mediante a que se avoca a competencia para realizar un contrato menor denominado “ASISTENCIA TÉCNICA PARA ORGANIZAR O FESTIVAL DE DANZA DO PROXECTO CULTURNOVA FINANCIADO CON CARGO Á INICIATIVA COMUNITARIA INTERREG III A”.

6

Page 7: ACTA DE LA JUNTA DE GOBIERNO, celebrada el día catorce de ... · 35.-Contrato menor de mantemento anual de SOFTWARE “SISPRE” (seis licenzas) do servizo de infraestruturas e conservación.

ACTA DA XUNTA DE GOBERNO, celebrada o día catorce de xullo de dous mil oito.

Na sala de comisións do pazo provincial, sendo día catorce de xullo de dous mil oito, reuniuse a Xunta de Goberno da Excma. Deputación provincial para celebrar sesión extraordinaria.

CONCORRENTES

PRESIDE EN AUSENCIA DO TITULAR O ILMO. SR.:

DON PABLO VILLAMAR DÍAZ

ASISTEN OS SRES. DEPUTADOS SEGUINTES:

DON XOÁN MANUEL CABO PÉREZ

DON JOSÉ GARCÍA LIÑARES

DONA CARIDAD GONZÁLEZ CERVIÑO

DON ANTONIO SALVADOR LAGARES PÉREZ

DON JOSÉ MANUEL PEQUEÑO CASTRO

DON BERNARDINO H. RAMA SEOANE

Non asisten o Sr. presidente, o Sr. D. José Federico Nogueira Fernández, Dna. Rosana Pérez Fernández e D. Xoán Manuel Sande Muñiz.

Actúa como secretario don José Luis Almau Supervía, secretario xeral da Corporación, e están presentes o interventor xeral, don José Manuel Pardellas Rivera e a xefa da Sección de Actas, Rexistro e Información, dona Rosario Gorozarri del Valle.

Aberto o acto ás doce horas e cinco minutos, o Sr. secretario le os asuntos incluídos na orde do día, respecto aos cales, por unanimidade, adoptáronse os acordos seguintes:

1.-APROBACIÓN DA ACTA DA SESIÓN ANTERIOR, Nº 13/08, DO 26 DE XUÑO.

Aprobación do acta da sesión anterior, nº 13/08, do 26 de xuño.

2.-TOMA DE COÑECEMENTO DA RESOLUCIÓN DA PRESIDENCIA, DE DATA 24/6/2008, POLA QUE SE DISPÓN A COMPARECENCIA DESTA DEPUTACIÓN

7

Page 8: ACTA DE LA JUNTA DE GOBIERNO, celebrada el día catorce de ... · 35.-Contrato menor de mantemento anual de SOFTWARE “SISPRE” (seis licenzas) do servizo de infraestruturas e conservación.

PROVINCIAL, COMO PARTE INTERESADA, NO PA 180/2008 INTERPOSTO POR DON MANUEL BOUTUREIRA GÓMEZ, SOBRE TRIBUTOS.

A Xunta de Goberno toma coñecemento da Resolución da Presidencia nº 9.514, do 24/6/2008, pola que se dispón a comparecencia desta Deputación provincial no recurso con procedemento abreviado nº 180/2008, interposto por Don Manuel Boutureira Gómez, sobre tributos, encomendándolle a representación e defensa ao letrado-asesor xurídico da Corporación, don Ramón Valentín López Rey.

3.-TOMA DE COÑECEMENTO DA SENTENZA DO XULGADO DO CONTENCIOSO ADMINISTRATIVO NÚMERO UN DOS DA CORUÑA, DO 16/6/2008, RECAÍDA EN RECURSO PA 351/07, INTERPOSTO POR DON GEORGE COENRAAD KUNTS, SOBRE RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL.

A Xunta de Goberno toma coñecemento da Resolución da Presidencia nº 9.513, do 24/6/2008, pola que se ordena o acatamento e cumprimento da sentenza do Xulgado do Contencioso Administrativo número un dos da Coruña, recaída en recurso con procedemento abreviado nº 351/07 interposto por George Coenraad Kunts, sobre reclamación de responsabilidade patrimonial.

4. INFORME SECTORIAL DO EXPEDIENTE DE DELIMITACIÓN DO SOLO DO NÚCLEO RURAL DE ERMINDE (PARROQUIDA DE FIGUEROA) DO CONCELLO DE ABEGONDO.

Apróbase a seguinte proposta:

ANTECEDENTES

Con data do 28/02/2008 entrou no Rexistro Xeral desta Administración a solicitude de informe sobre o estudo de detalle referido.

CONSIDERACIÓNS LEGAIS E TÉCNICAS

1 O informe que se solicita está previsto no art. 85 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

2 Tanto o Servizo de Infraestruturas e Conservación como o de Patrimonio e Contratación, no que respecta aos respectivos intereses sectoriais desta Deputación, non observan inconveniente ningún para a aprobación deste instrumento, salvando determinadas observacións que procede incorporar literalmente neste informe.

O presidente da Deputación da Coruña é competente para resolver sobre este informe, segundo dispón o art. 34 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local,

8

Page 9: ACTA DE LA JUNTA DE GOBIERNO, celebrada el día catorce de ... · 35.-Contrato menor de mantemento anual de SOFTWARE “SISPRE” (seis licenzas) do servizo de infraestruturas e conservación.

estando esta atribución delegada na Xunta de Goberno por Resolución do 24 de xullo de 2007.

De acordo con todo o indicado, o Servizo de Asistencia Técnica a Municipios (SATM) propón que se adopte a seguinte RESOLUCIÓN:

1 Emitir un informe sectorial favorábel ao expediente de delimitación do núcleo rural de Erminde, do Concello de Abegondo con referencia exclusiva aos intereses patrimoniais ou de competencia viaria de carácter provincial, sen facer pronunciamento ningún sobre a súa oportunidade ou axuste á legalidade e sen prexuízo das seguintes observacións que efectúa o Servizo de Infraestruturas e Conservación:

"En relación co asunto indicado, no que afecta á Rede viaria de titularidade desta Deputación, este Servizo informa o seguinte:

Esta Deputación ten catalogadas e clasificadas as estradas da súa dependencia, que discorren polo termo municipal de Abegondo,seguintes:

DP 0103 CARRAL A MONTOUTO (A REXIDOIRA PRAIA DE BALDAIO TRAMO CARRAL)

Estrada incluída dentro da Rede primaria provincial, asimilada á Rede primaria complementaria definida no artigo 10.3 da Lei 4/1994, de estradas de Galicia.

Non se aprecia inconveniente, no que respecta á rede provincial de estradas, salvo o indicado nos apartados seguintes:

A liña de peche haberá de situarse segundo a condición seguinte:

"Os peches haberán de situarse fóra da zona de servidume, definida segundo art. 32 da Lei 4/1994, de estradas de Galicia, a unha distancia mínima de 8 m do eixe da estrada provincial e executaranse de tal forma que o terreo a 8 m do citado eixe se poida explanar a cota da estrada sen que os devanditos peches sexan afectados ".

Haberá de incluírse, na presente delimitación, a seguinte determinación de carácter xeral, no que respecta ás estradas provinciais:

"Todas as estradas poderán ser obxecto de mantemento, perfeccionamento ou modificación nas súas condicións de trazado, seccións e rasantes, en toda unha área de protección que se corresponderá con parte da área de afección (definida segundo art. 29 da Lei 4/1994, de estradas de Galicia) que resulte delimitada para cada ordenanza das distintas clases e categorías de solo, polas seguintes zonas ou aliñacións mínimas obrigatorias:

Solo de núcleo rural: área comprendida entre as zonas de afección, incluídas estas (de acordo ao estipulado no art. 33 da Lei 4/994); agás que se delimite un ámbito menor entre aliñacións sinaladas mediante ordenación pormenorizada de todo o sector, respectando, como mínimo, a superficie comprendida entre ambas as dúas liñas de edificación (segundo o disposto no art. 35 da Lei 4/1994)

Por mantemento, perfeccionamento ou modificación de estradas – con incidencia para os efectos de expropiación ou imposición de servidumes en relación cos terreos ou demais elementos que resultasen afectados-entenderase todo tipo de obras e instalacións necesarias ou convenientes para a prestación do servizo nas mellores condicións de funcionalidade e seguridade viaria; como, por exemplo, as seguintes:

9

Page 10: ACTA DE LA JUNTA DE GOBIERNO, celebrada el día catorce de ... · 35.-Contrato menor de mantemento anual de SOFTWARE “SISPRE” (seis licenzas) do servizo de infraestruturas e conservación.

- consolidación, acondicionamento, ensanche, complementación, rectificación de trazado, desdobramento, etc. (incluíndo execución de movemento de terras, explanacións, afirmados básicos, muros de contención, noiros, bermas, túneles, viadutos, cambios de sentido, carrís de incorporación ou freado, carrís para bicicletas, contas, glorietas e outros illotes á marxe dos espazos de circulación, medianas e outros elementos de separación ou protección, beiravías, beirarrúas, sendas e pasarelas peonís, pavimentación e outros tratamentos superficiais, pintado, resaltes ou canles e outros elementos reguladores, pasos de peóns, etc.; configuración distinta das interseccións ao mesmo ou distinto nivel e dos accesos dende os dominios públicos ou privados; etc.)

- colocación de paneis informativos, semáforos e outra sinalización, instalación aérea ou subterránea de redes de servizos e doutras infraestruturas (iluminación pública, antenas de comunicación, instrumentos de medición ou control de tráfico, etc.), disposición de barreiras de protección acústica, -dotación de morróns, marquesiñas e outro mobiliario, plantación de especies arbóreas e de xardinaría, localización de esculturas e outros elementos artísticos, etc.- dotación de paradas de transporte público, aparcadoiros, estacións de servizo, áreas de descanso e outros equipamentos relacionados co servizo viario, etc.

A liña límite de edificación estará definida segundo a Lei 4/1994, de estradas de Galicia, distando 9,5 m da aresta exterior da explanación da estrada provincial.

Por iso, non se aprecia inconveniente en informar favorablemente a delimitación presentada, sempre e cando se recollan neste o indicado nos apartados anteriores.

Non obstante, dado que a delimitación do núcleo rural en trámite non inclúe área de expansión, cómpre engadir nas observacións anteriores as seguintes determinacións que precisan máis a área de protección definida para efectos de mantemento, perfeccionamento ou modificación da estrada:

“Solo de núcleo rural consolidado (non incluído en área de expansión): área comprendida entre ambas as dúas liñas de edificación (segundo o disposto no art. 35 da Lei 4/1994) que coincidirán coas aliñacións mínimas para todas as construcións; agás en tramos limitados nos que se tracen gráficamente mediante planos aliñacións situadas a distancias menores alternativas, co obxecto exclusivo de respectar as edificacións e outras construcións de carácter tradicional ou de especial valor arquitectónico existente (en virtude do disposto polos artg. 25 e 26 da LG 9/2002).

As anteriores determinacións normativas relativas a áreas de protección e distancias de aliñación mínimas

prevalecerán sobre a súa representación gráfica en todos os planos de ordenación, segundo os esquemas de

sección e planta que se insiren:

10

Page 11: ACTA DE LA JUNTA DE GOBIERNO, celebrada el día catorce de ... · 35.-Contrato menor de mantemento anual de SOFTWARE “SISPRE” (seis licenzas) do servizo de infraestruturas e conservación.

2 Darlle conta da presente resolución ao Concello de Abegondo.

5.-AVOCACIÓN DA COMPETENCIA PARA ADXUDICAR A CONTRATACIÓN DO ESPAZO PARA A PARTICIPACIÓN DA DEPUTACIÓN NA 46ª EDICIÓN DA FEIRA INTERNACIONAL DE MOSTRAS DO NOROESTE (F.I.M.O).

A Xunta de Goberno toma coñecemento da Resolución da Presidencia nº 10.704 do 4 de xullo de 2008 para contratar o espazo para a participación da Deputación na 46ª edición da Feira Internacional de Mostras do Noroeste (FIMO).

11

Page 12: ACTA DE LA JUNTA DE GOBIERNO, celebrada el día catorce de ... · 35.-Contrato menor de mantemento anual de SOFTWARE “SISPRE” (seis licenzas) do servizo de infraestruturas e conservación.

6.-AVOCACIÓN DA COMPETENCIA PARA CONVOCAR UNHA NOVA LICITACIÓN CON MOTIVO DE DECLARAR DESERTO O CONTRATO DE SUBMINISTRACIÓN DE LICENZAS DE SOFTWARE DE EDICIÓN CON DESTINO Á IMPRENTA PROVINCIAL.

A Xunta de Goberno toma coñecemento da Resolución da Presidencia nº 10.364 do 25 de xuño de 2008 pola que se avoca a competencia para aprobar o Prego de cláusulas administrativas e técnicas particulares para a contratación da subministración de licenzas de Software de edición (ADOBE CREATIVE SUITE 3 DESIGN STANDAR) con destino á imprenta provincial.

7.-DAR CONTA DAS RESOLUCIÓNS DA PRESIDENCIA MEDIANTE AS QUE SE AVOCA A COMPETENCIA PARA APROBAR A REALIZACIÓN DE 8 CONTRATOS MENORES INCLUÍDOS NA “XV MOSTRA DE ARTESANÍA EN VIVO”.

A Xunta de Goberno toma coñecemento das resolucións de Presidencia polas que se avoca a competencia para aprobar a realización de 8 contratos menores incluídos na “XV MOSTRA DE ARTESANÍA EN VIVO”, que a continuación se indican:

- Demostración pública da elaboración artesá dos chapeos de Mazaricos.

- Demostración pública da elaboración artesá da maquetería de barcos.

- Demostración pública da elaboración artesá da cestaría de Buño.

- Demostración pública da elaboración artesá da prata.

- Demostración pública da elaboración artesá da pel.

- Demostración pública da elaboración artesá da cantaría de Vimianzo.

- Demostración pública da elaboración artesá da olería de Buño.

- Demostración pública da elaboración artesá do Acibeche.

8.-DAR CONTA DA RESOLUCIÓN DA PRESIDENCIA SOBRE A APROBACIÓN DO PREGO DE CLÁUSULAS ADMINISTRATIVAS PARTICULARES QUE HABERÁN DE REXER PARA A CONTRATACIÓN MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO CON MULTIPLICIDADE DE CRITERIOS DE VALORACIÓN DAS OBRAS DE REFORMA INTERIOR DO PALACIO PROVINCIAL (FASE 1 E 2).

A Xunta de Goberno toma coñecemento da Resolución de Presidencia nº 9353 do 16-6-2008 pola que se avoca a competencia para a aprobación do prego de cláusulas

12

Page 13: ACTA DE LA JUNTA DE GOBIERNO, celebrada el día catorce de ... · 35.-Contrato menor de mantemento anual de SOFTWARE “SISPRE” (seis licenzas) do servizo de infraestruturas e conservación.

administrativas particulares que haberán de rexer para a contratación mediante procedemento aberto con multiplicidade de criterios de valoración das obras de reforma interior do pazo provincial (fase 1 e 2).

9.-APROBAR O PREGO DE CLÁUSULAS ADMINISTRATIVAS E TÉCNICAS PARTICULARES PARA CONTRATAR OS SERVIZOS DE XESTIÓN E SEGUIMENTO DO PROGRAMA MANDEO 2007-2010, COFINANCIADO CON FONDOS FEDER E DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA CUN ORZAMENTO DE 133.333 €.

Apróbase a seguinte proposta:

“1º) Aprobar o Prego de cláusulas administrativas e técnicas particulares para a contratación da contratación dos servizos de xestión e seguimento do programa MANDEO 2007-2010, cofinanciado con fondos FEDER e da Deputación Provincial da Coruña cun orzamento de 133.333 € que se aboarán con cargo á aplicación 0501/560R/60103 distribuído en catro anualidades do seguinte modo:

Anualidade Período Nº Mensualidades

Importe anual

2.008 Dende 01.09.08 hasta el 31.12.08

4 13.333

2.009 01/01/2009-31/12/2009 12 40.0002.010 01/01/2010-31/12/2010 12 40.0002.011 01/01/2011-31/12/2011 12 40.000TOTAL 133.333

2º) Dispoñer que o citado contrato se adxudique mediante procedemento aberto, con multiplicidade de criterios de valoración e tramitación urxente.

3º) Por tratarse dun gasto de carácter plurianual ditos gastos financiaranse de acordo co disposto no art. 174 do Real decreto lexislativo 2/2004, polo que se aproba o texto refundido da lei reguladora das facendas locais.”

10.-APROBAR O PREGO DE CLÁUSULAS ADMINISTRATIVAS E TÉCNICAS PARTICULARES PARA CONTRATAR OS SERVIZOS DE REALIZACIÓN DUN ESTUDO PARA ORGANIZAR O IV SEMINARIO INTERNACIONAL DO PROXECTO CHRONOS, CUN ORZAMENTO DE 28.733,77 €. Apróbase a seguinte proposta:

“1º.-Aprobar o Prego de cláusulas administrativas e técnicas particulares para a contratación dos servizos de realización dun estudo para a organización do IV Seminario Internacional do

13

Page 14: ACTA DE LA JUNTA DE GOBIERNO, celebrada el día catorce de ... · 35.-Contrato menor de mantemento anual de SOFTWARE “SISPRE” (seis licenzas) do servizo de infraestruturas e conservación.

Proxecto CHRONOS, cun orzamento de 28.733,77 €, que se aboará con cargo á aplicación 01048322Ñ/22799, nº de operación 220079000022.

2º.-Dispoñer que o citado contrato se adxudique mediante procedemento aberto con multiplicidade de criterios de valoración.”

11.-APROBAR O PREGO DE CLÁUSULAS ADMINISTRATIVAS E TÉCNICAS PARTICULARES PARA CONTRATAR OS SERVIZOS DE EDICIÓN DE MATERIAL TEMÁTICO DE PROMOCIÓN PARA O PLAN DE DINAMIZACIÓN DE PRODUTO TURÍSTICO FERROL-ORTEGAL, CUN ORZAMENTO DE 43.999,99 €.

Apróbase a seguinte proposta: “1º) Aprobar o Prego de cláusulas administrativas e técnicas particulares para a contratación dos servizos de edición de material temático de promoción para o plan de dinamización de produto turístico Ferrol-Ortegal, código proxecto 2008 3 80010 2, cun orzamento de 43.999,99 euros IVE incluído que se aboará con cargo á aplicación 0305/751A/62801 nº operación 220080018240.

2º) Dispoñer que o referido contrato se adxudique mediante procedemento aberto (con multiplicidade de criterios de adxudicación) e tramitación urxente, para que o PDPT Ferrol-Ortegal poida dispoñer de material promocional suficiente para asistir a feiras, eventos e facer fronte á tempada estival.”

12.-APROBAR O PREGO DE CLÁUSULAS ADMINISTRATIVAS E TÉCNICAS PARTICULARES PARA CONTRATAR OS SERVIZOS DE DESEÑO, ELABORACIÓN E PRODUCIÓN DE CONTIDOS E MANTEMENTO DUNHA PLATAFORMA DE TELEVISIÓN PARA O P.D.P.T FERROL-ORTEGAL, CUN ORZAMENTO DE 85.000,00 €.

Apróbase a seguinte proposta:

“1º.-Aprobar o prego de cláusulas administrativas e técnicas particulares para a contratación dos servizos de deseño, elaboración e produción de contidos e mantemento dunha plataforma de televisión para o P.D.P.T Ferrol-Ortegal código de proxecto 200703.80010.002, cun orzamento de 85.000,00 €, que se aboarán con cargo á aplicación 0305/751A/62801, nº de operación 22008001850.

2º.-Dispoñer que o citado contrato se adxudique mediante procedemento aberto con multiplicidade de criterios de valoración.”

13.-APROBAR O PREGO DE CLÁUSULAS ADMINISTRATIVAS E TÉCNICAS PARTICULARES PARA CONTRATAR OS SERVIZOS DE REALIZACIÓN DE AUDIOGUÍAS TURÍSTICAS EN MP3 PARA O PLAN DE DINAMIZACIÓN DE

14

Page 15: ACTA DE LA JUNTA DE GOBIERNO, celebrada el día catorce de ... · 35.-Contrato menor de mantemento anual de SOFTWARE “SISPRE” (seis licenzas) do servizo de infraestruturas e conservación.

PRODUTO TURÍSTICO FERROL-ORTEGAL, CUN ORZAMENTO DE 26.000,00 € IVE INCLUÍDO.

Apróbase a seguinte proposta:

“1º) Aprobar o Prego de cláusulas administrativas e técnicas particulares para a contratación dos servizos de realización de audioguías turísticas en MP3 para o plan de dinamización de produto turístico Ferrol-Ortegal, código de proxecto 2007 3 80010 2, cun orzamento de 26.000,00 euros IVE incluído, que poderá aboarse con cargo á aplicación 0305/751A/22799, nº de operación 220080018242.

2º) Dispoñer que o referido contrato se adxudique mediante procedemento aberto (con multiplicidade de criterios de adxudicación) e tramitación urxente, para que o PDPT Ferrol-Ortegal poida dispoñer de material promocional suficiente para asistir a feiras, eventos e facer fronte á tempada estival.”

14.-APROBAR O PREGO DE CLÁUSULAS ADMINISTRATIVAS E TÉCNICAS PARTICULARES PARA A CONTRATACIÓN DA ELABORACIÓN DE FORMULARIOS E EXPEDIENTES ADMINISTRATIVOS PARA CONCELLOS DA PROVINCIA DA CORUÑA, CUN ORZAMENTO MÁXIMO QUE ASCENDE Á CANTIDADE DE 40.000,00 € IVE INCLUÍDO.

Apróbase a seguinte proposta:

“Aprobar o Prego de cláusulas administrativas e técnicas particulares para a contratación da elaboración de formularios e expedientes administrativos para concellos da provincia da Coruña, cun orzamento máximo que ascende á cantidade de 40.000,00 € IVE incluído e que se aboará con cargo á partida 0502/126E/22799, documento RC nº de operación 220080017825 do 26/06/08.

Dispoñer que o citado contrato se adxudique mediante procedemento aberto con multiplicidade de criterios de valoración.”

15.-APROBAR O PREGO DE CLÁUSULAS ADMINISTRATIVAS E TÉCNICAS PARTICULARES PARA CONTRATAR A SUBMINISTRACIÓN DUNHA MÁQUINA OFFSET DUNHA COR CON DESTINO AO DEPARTAMENTO DE ARTES GRÁFICAS DO I.E.S. CALVO SOTELO CUN ORZAMENTO DE 75.400,00 €.

Apróbase a seguinte proposta:

“1º.-Aprobar o Prego de cláusulas administrativas e técnicas particulares para a contratación de subministración dunha máquina OFFSET dunha cor con destino ao departamento de artes gráficas do IES Calvo Sotelo cun orzamento de 75.400,00 €, que se aboará con cargo á aplicación 0602/422R/62300 nº operación 220080017855.

15

Page 16: ACTA DE LA JUNTA DE GOBIERNO, celebrada el día catorce de ... · 35.-Contrato menor de mantemento anual de SOFTWARE “SISPRE” (seis licenzas) do servizo de infraestruturas e conservación.

2º.-Dispoñer que o referido contrato se adxudique mediante procedemento aberto (con multiplicidade de criterios de adxudicación).”

16.-APROBAR O PREGO DE CLÁUSULAS ADMINISTRATIVAS E TÉCNICAS PARTICULARES PARA CONTRATAR OS SERVIZOS DE MANTEMENTO DA POTABILIZADORA DO POLÍGONO INDUSTRIAL DE SABÓN-ARTEIXO, CUN ORZAMENTO TOTAL ANUAL IVE INCLUÍDO DE 180.779,62 €.

Apróbase a seguinte proposta:

“1º) Aprobar o Prego de cláusulas administrativas e técnicas particulares para a contratación dos servizos de mantemento da potabilizadora do polígono industrial de Sabón-Arteixo, cun orzamento total anual IVE incluído de 180.779,62 euros: A) Prezo sen IVE 155.844,50 euros B) Imposto sobre o valor engadido (IVE) 24.935,12 euros C) TOTAL (A+B) 180779,62 euros

O citado importe aboarase con cargo á aplicación orzamentaria 0404/721B/22799.E tendo en conta que o contrato ten unha duración inicial de dous anos, analízase da forma que se indica:

2º) Dispoñer que o referido contrato se adxudique mediante procedemento aberto (con multiplicidade de criterios de adxudicación).3º.- Condicionar a adxudicación das obras á aprobación definitiva do expediente de modificación de créditos 1/2008.”

ANUALIDADES Presuposto sen IVE

Importe IVE Importe total

PRIMEIRA ANUALIDADE Dende o 1-8-2008 ao 31-12-2008

32.467,6 5.194,82 37.662,42 MANTEMENTO DA ETAP

21.150,35

SUBMINISTRACIÓN DE REACTIVOS: ATA UN MÁXIMO DE

12.510,44

SUBMINISTRACIÓN DE OSÍXENO

4.001,63

SEGUNDA ANUALIDADE Dende o 1-1-2009 ao 31-12-2009

77.922,25 12.467,56 90.389,81 MANTEMENTO DA ETAP

50.760,84

SUBMINISTRACIÓN DE REACTIVOS: ATA UN MÁXIMO DE

30.025,05

SUBMINISTRACIÓN DE OSÍXENO

9.603,92

TERCEIRA ANUALIDADE Dende o 1-1-2010 ao 31-7-2010

45.454,65 7.272,74 52.727,39 MANTEMENTO DA ETAP

29.610,49

SUBMINISTRACIÓN DE REACTIVOS: ATA UN MÁXIMO DE

17.514,61

SUBMINISTRACIÓN DE OSÍXENO

5.602,29

16

Page 17: ACTA DE LA JUNTA DE GOBIERNO, celebrada el día catorce de ... · 35.-Contrato menor de mantemento anual de SOFTWARE “SISPRE” (seis licenzas) do servizo de infraestruturas e conservación.

17.-APROBAR O PREGO DE CLÁUSULAS ADMINISTRATIVAS E TÉCNICAS PARTICULARES PARA CONTRATAR A ASISTENCIA Á DEPUTACIÓN PARA A REDACCIÓN DE PROXECTOS EN ESTRADAS PROVINCIAIS EN 2 LOTES.

Apróbase a seguinte proposta:

“1º.-Aprobar o Prego de cláusulas administrativas e técnicas particulares para a contratación da asistencia á Deputación para a redacción de proxectos que se relacionan:

O importe financiarase con cargo á aplicación 0401/511B/22706, Nº DE OPERACIÓN 220080019035.

2º.-Convocar o correspondente procedemento aberto con multiplicidade de criterios de valoración.

18.- APROBAR O PREGO DE CLÁUSULAS ADMINISTRATIVAS E TÉCNICAS PARTICULARES PARA CONTRATAR A ASISTENCIA Á DEPUTACIÓN PARA A REDACCIÓN DE PROXECTOS DE SENDAS PEONÍS EN 2 LOTES.

Apróbase a seguinte proposta:

“1º.- Aprobar o Prego de cláusulas administrativas e técnicas particulares para a contratación da asistencia á Deputación para a redacción dos proxectos que se relacionan:

TITULO PROXECTO A)PREZO SEN IVE

B) IVE TOTAL (A+B)

LOTE 1 -SENDA PEONIL DP 1004 PK 4+620 A 5+670 (BOIMORTO)- SENDA PEONIL DP 1106 PK 2+260 E PK 3+220 (BOIRO)- SENDA PEONIL DP 5404 PK 7+320 A 10+260 (VALDOVIÑO)-SENDA PEONIL DP 5903

35883,62 5741,38 41625,00

TÍTULO PROXECTO A)PREZO SEN IVE

B) IVE TOTAL (A+B)

LOTE 1 AMPLIACIÓN E MELLORA DA SEGURIDADE VIARIA NA E..P. 1102 DE CESPÓN A VIDRES PK 0+000 A PK 1+700 (BOIRO)

7327,59 1172,41 8500,00

LOTE 2 E..P. 3402 DE BUSTELO A CABERTA POR SALGUEIROS (MELLORA DA SEGURIDADE VIARIA EN SALGUEIROS PK 1+320 A PK 2+010) (DUMBRÍA)

7758,62 1241,38 9000,00

TOTAL 17500,00

17

Page 18: ACTA DE LA JUNTA DE GOBIERNO, celebrada el día catorce de ... · 35.-Contrato menor de mantemento anual de SOFTWARE “SISPRE” (seis licenzas) do servizo de infraestruturas e conservación.

ENTRE PK 9+340 E PK 11+120 (TRAZO)

LOTE 2 - SENDA PEONIL DP 2302 PK 0+000 A 0+580 (DUMBRÍA)- SENDA PEONIL DP 3404 PK 20+100 A 20+230 (MAZARICOS)- SENDA PEONIL DP 3404 PK 20+230 A 21+870 (DUMBRÍA)- SENDA PEONIL DP 5603 PK 1+550 A 2+170 E ENTRE PK 7+540 A 7+820 E ENTRE PK 8+730 A 10+770 E ENTRE PK 11+100 A 12+900 (NEGREIRA)

33905,17 5424,83 39330,00

TOTAL 69788,79 11166,21 80955,00

O importe financiarase con cargo á aplicación 0401/511B/22706, Nº DE OPERACIÓN 220080019025.

2º.- Convocar o correspondente procedemento aberto con multiplicidade de criterios de valoración.”

19.-APROBAR O PREGO DE CLÁUSULAS ADMINISTRATIVAS E TÉCNICAS PARTICULARES PARA CONTRATAR OS SERVIZOS DUNHA ASISTENCIA TÉCNICA PARA REALIZAR AS TAREFAS DE SOPORTE RELACIONADAS CO PLAN DE FORMACIÓN CONTINUA 2008.

Este punto da orde do día queda sobre a mesa.

20.-APROBAR E CONTRATAR A OBRA INCLUÍDA EN VÍAS PROVINCIAIS 2005 PRIMEIRA FASE. “AMPLIACIÓN E MELLORA DE TRAZADO DA EP-3606 DE COBAS A SAN XURXO”, CUN ORZAMENTO DE 700.577,52 €.

Apróbase a seguinte proposta:

“1.-Aprobar e contratar as obras que a continuación se relacionan incluídas en VÍAS PROVINCIAIS 2005 PRIMEIRA FASE e que se financiarán con cargo á Aplicación 0501/511E/60101:

DENOMINACIÓN PRESUPOSTO

CONCELLO DE FERROLAMPLIACIÓN E MELLORA DO TRAZADO DA EP-3606 700.577,52.- EUROSDE COBAS A SAN XURXO

2.-Convocar o procedemento aberto cun único criterio de valoración e conforme ao Prego tipo de cláusulas administrativas particulares aprobado polo Pleno da Corporación en sesión celebrada o 26 de maio de 2005.

18

Page 19: ACTA DE LA JUNTA DE GOBIERNO, celebrada el día catorce de ... · 35.-Contrato menor de mantemento anual de SOFTWARE “SISPRE” (seis licenzas) do servizo de infraestruturas e conservación.

3.-Declarar o expediente de tramitación urxente (redución de prazos á metade), tendo en conta o estado en que se atopan as estradas provinciais co conseguinte risco de accidente.”

21.-CONTRATAR AS OBRAS DO PLAN DE TRAVESÍAS 2008-2011 PRIMEIRA FASE SEGUNDA RELACIÓN. “TRAVESÍA NA E.P. 7202 RIANXO A BURÉS POR ASADOS P.K. 0,45 AO P.K.1,45 RIANXO”.

Apróbase a seguinte proposta:

“1.-Contratar as obras que a seguir se relacionan incluídas no Plan de travesías 2008-2011 primeira fase segunda relación e que se financiarán con cargo á aplicación 0401/511F/60102:

DENOMINACIÓN PRESUPOSTO

CONCELLO DE RIANXOTRAVESÍA EN E.P. 7202 RIANXO A BURÉS POR ASADOS P.K. 649.129,42.- EUROS 0,45 AL P.K. 1,45 RIANXO

2.-Convocar o procedemento aberto cun único criterio de valoración e conforme ao Prego tipo de cláusulas administrativas particulares aprobado polo Pleno da Corporación en sesión celebrada o 25-4-2008.

3.-Declarar o expediente de tramitación urxente (redución de prazos á metade), tendo en conta o estado en que se atopan as estradas provinciais co conseguinte risco de accidente.”

22.-CONTRATAR MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO CUN ÚNICO CRITERIO DE VALORACIÓN E CONFORME AO PREGO DE CLÁUSULAS ADMINISTRATIVAS PARTICULARES APROBADO POLO PLENO DA CORPORACIÓN EN SESIÓN CELEBRADA O 25 DE ABRIL DE 2008, AS OBRAS INCLUÍDAS NO PLAN DE CONSERVACIÓN DE VÍAS PROVINCIAIS 2007 TERCEIRA FASE, 6 OBRAS, CUN ORZAMENTO TOTAL DE 1.253.105,43 €.

Apróbase a seguinte proposta:

“1º.- Contratar mediante procedemento aberto cun único criterio de valoración e con arranxo ao Prego de cláusulas administrativas particulares aprobado polo Pleno da Corporación en sesión celebrada o 25 de abril de 2008, as obras que a continuación se detallan incluídas no Plan de CONSERVACIÓN DE VÍAS PROVINCIAIS 2007 TERCEIRA FASE, cun orzamento total de 1.253.105,43 euros podéndose financiar con cargo á aplicación 0401/511B/21001.

19

Page 20: ACTA DE LA JUNTA DE GOBIERNO, celebrada el día catorce de ... · 35.-Contrato menor de mantemento anual de SOFTWARE “SISPRE” (seis licenzas) do servizo de infraestruturas e conservación.

CODIGO DENOMINACI AYUNTAMIENTO PRESUPUESTO

0711000033.0

MEJORA DE LA CAPA DE RODADURA CON LECHADA BITUMINOSA EN LA C.P. 1107 BOIRO A CABO DE CRUZ Y C.P. 2302 DE HOSPITAL A BRENS CEE 141033,69

0711000034.0

CANALIZACION DE CUNETAS Y ESTABILIZADO DE TALUDES EN LA C.P. 5708 ACCESO A LA IGLESIA DE ARGALO (PK 0+670 A 1+400) NOIA 67723,39

0711000035.0

CONSERVACION, REPARACION DEL FIRME Y MEJORA DE LA SEGURIDAD EN LA C.P. 0701 DE SANTIAGO A SANTA COMBA SANTA COMBA 338290,34

0711000036.0

REFUERZO DE FIRME Y MEJORA DE LA SEGURIDAD VIAL EN LAS C.P. 0811 E. Santo a La Longueira en La Ctra de Puente do Porco a Muros Y CP. 0813 Sada a Armuño BERGONDO 349888,79

0711000037.0REFUERZO DE FIRME EN CARRETERAS PROVINCIALES ZONA D-2 148965,16

0711000038.0

PAVIMENTACIN CON M.A.C. EN LA C.P. 3612 ANEIROS A LA CABANA (PK 0+000 A 2+250) Y EN LA C.P. 3608 SERANTES A DONIÑOS (PK 2+250 A 4+000) FERROL 207204,06

total 1253105,43

2º. Declarar o expediente de tramitación urxente (redución de prazos á metade) tendo en conta o estado en que se atopa a estrada.”

23.-APROBAR O PROXECTO DE SUBSTITUCIÓN DO PAVIMENTO DO PAVILLÓN POLIDEPORTIVO DO CENTRO CALVO SOTELO, CUN ORZAMENTO DE LICITACIÓN DE 119.928,37 € IVE INCLUÍDO.

Apróbase a seguinte proposta:

“1º.- Aprobar o Proxecto de substitución do pavimento do pavillón polideportivo do centro Calvo Sotelo, código 08.9004.0001.0 cun orzamento de licitación de 119.928,37 euros (IVE incluído) a partida orzamentaria cuxa utilización propón o Servizo de Arquitectura é a 0402/422F/62200, Nº de operación 220080019598.

2º.- Convocar a contratación mediante procedemento aberto con multiplicidade de criterios de valoración e tramitación urxente (redución de prazos á metade) tendo en conta que dado que as instalacións sobre as que se vai acometer a obra son utilizadas polo alumnado do centro Calvo Sotelo considérase conveniente a execución das obras durante o período de vacacións do centro.”

24.-CONTRATAR AS OBRAS INCLUÍDAS NA II FASE DA ANUALIDADE 2005 DA I PROGRAMACIÓN DAS OBRAS INCLUÍDAS NO IV CONVENIO XUNTA- DEPUTACIÓN 2002-2006 PARA A REFORMA E CONSTRUCIÓN DE INSTALACIÓNS DEPORTIVAS MUNICIPAIS E QUE SE FINANCIARÁN CON CARGO Á APLICACIÓN 0501/452D/60101: “PROXECTO BÁSICO E DE EXECUCIÓN DE XIMNASIO NA RÚA DAS FARAGULLAS, TEIXEIRO”.

20

Page 21: ACTA DE LA JUNTA DE GOBIERNO, celebrada el día catorce de ... · 35.-Contrato menor de mantemento anual de SOFTWARE “SISPRE” (seis licenzas) do servizo de infraestruturas e conservación.

Apróbase a seguinte proposta:

“1.-Contratar as obras que a continuación se relacionan incluídas na II fase da anualidade 2005 da I programación das obras incluídas no IV convenio Xunta Deputación 2002-2006 para a reforma e construción de instalacións deportivas municipais e que se financiarán con cargo á aplicación 0501/452D/60101:

DENOMINACIÓN ORZAMENTO

CONCELLO DE CURTISProxecto básico e de execución de ximnasio na rúa das 256.528,34.-EUROSFaragullas, Teixeiro

2.-Convocar o procedemento aberto cun único criterio de valoración e conforme ao Prego tipo de cláusulas administrativas particulares aprobado polo Pleno da Corporación en sesión celebrada o 25-4-2008.

3.-Declarar o expediente de tramitación urxente(redución de prazos á metade), tendo en conta a necesidade de dotar ao municipio das citadas instalacións.”

25.-APROBAR O PREGO DE CLÁUSULAS ADMINISTRATIVAS E TÉCNICAS PARTICULARES PARA O PREGO DE CLÁUSULAS ADMINISTRATIVAS PARTICULARES PARA CONTRATAR O SERVIZO DE AUDITORÍA ENERXÉTICA NOS CONCELLOS DO PROGRAMA PEACE, CON ORZAMENTO MÁXIMO QUE ASCENDE Á CANTIDADE A 996.000,00€ IVE INCLUÍDO.

Apróbase a seguinte proposta:

“Aprobar o Prego de cláusulas administrativas e técnicas particulares para o prego de cláusulas administrativas para a contratación do servizo de auditoría enerxética nos concellos do programa PEACE (Promoción da eficiencia e o aforro e a calidade enerxética 2007-2010) con orzamento de máximo que ascende á cantidade de 996.000,00 € IVE incluído e que se aboará con cargo á partida 0501/560R/60103.

Dispoñer que o citado contrato se adxudique mediante procedemento aberto con multiplicidade de criterios de valoración.”

26.-APROBAR O PREGO DE CLÁUSULAS ADMINISTRATIVAS E TÉCNICAS PARTICULARES PARA A CONTRATAR A IMPARTICIÓN, ORGANIZACIÓN E XESTIÓN DAS ACCIÓNS DE FORMACIÓN EN NOVAS TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E COMUNICACIÓN INCLUÍDAS NO PLAN DE FORMACIÓN AGRUPADO 2008 PARA PERSOAL DE ENTIDADES LOCAIS DA PROVINCIA DA CORUÑA E ALUGER DE AULAS PARA A IMPARTICIÓN DE VARIOS CURSOS

21

Page 22: ACTA DE LA JUNTA DE GOBIERNO, celebrada el día catorce de ... · 35.-Contrato menor de mantemento anual de SOFTWARE “SISPRE” (seis licenzas) do servizo de infraestruturas e conservación.

DO PLAN DE FORMACIÓN CUN ORZAMENTO MÁXIMO DE 87.905 € IVE INCLUÍDO.

Este punto da orde día queda sobre a mesa.

27.-ADXUDICAR O CONTRATO Á EMPRESA SPAINSOFT DA CONTRATACIÓN DA CONSULTORÍA E ASISTENCIA PARA A ELABORAR O INVENTARIO DE BENS PARA OS MUNICIPIOS DA PROVINCIA DA CORUÑA. III FASE.

Apróbase a seguinte proposta:

“De acordo co Prego de cláusulas administrativas e técnicas particulares aprobado por acordo da Xunta de Goberno en sesión celebrada o día dez de abril de 2008 pola que se aprobou a contratación mediante concurso con procedemento aberto e tramite de ordinario da “contratación da consultoría e asistencia para a elaboración do inventario de bens para os municipios da provincia da Coruña III fase” cun orzamento total de 200.000,00€ IVE incluído, e de conformidade co informe da Comisión Técnica do 24/06/08 e coa proposta da Mesa de Contratación do 2/07/08, e téndose publicado o anuncio de licitación con anterioridade á entrada en vigor da Lei 3072007, de contratos do sector público, de conformidade co establecido na disposición transitoria 1ª, o presente contrato réxese polo TRLCAP, PROCEDE.

ADXUDICAR á empresa SPAINSOFT S.L. con C.I.F.: B 78280740 e domicilio en R/ Xeneral Díaz Porlier 57, 4º C 28006 MADRID o contrato de “CONTRATACIÓN DA CONSULTORÍA E ASISTENCIA PARA A ELABORACIÓN DO INVENTARIO DE BENS PARA OS MUNICIPIOS DA PROVINCIA DA CORUÑA. III FASE” no prezo de 200.000,00 euros IVE INCLUÍDO ( para 12 concellos), cun prazo de execución de 12 meses contado a partir da data de formalización do contrato en documento administrativo, por ser a oferta presentada que obtivo a maior puntuación aplicando os criterios de valoración establecidos na cláusula 14 do prego de cláusulas.

Non obstante o contrato poderá prorrogarse un ano máis para a realización de inventarios para máis municipios nos termos establecidos no punto 2º da cláusula cuarta. A prórroga requirirá proposta do Servizo de Asistencia Económica a Municipios, informe de Patrimonio e Contratación e Intervención, e existencia de crédito adecuado e suficiente.

O citado importe aboarase con cargo á aplicación orzamentaria 0502/126E/22799, RC número de operación 220080006293 (anualidade 2008) e RCP número de operación 220089000013( anualidade 2009).

De conformidade co disposto no art. 69.4 do Texto refundido da lei de contratos das administracións públicas, aprobado por Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, a adxudicación quedará suxeita á condición suspensiva da existencia de crédito adecuado e suficiente para financiar as obrigas derivadas do contrato no exercicio correspondente.

22

Page 23: ACTA DE LA JUNTA DE GOBIERNO, celebrada el día catorce de ... · 35.-Contrato menor de mantemento anual de SOFTWARE “SISPRE” (seis licenzas) do servizo de infraestruturas e conservación.

Por tratarse dun gasto de carácter plurianual, dito gasto financiarase de acordo co disposto no art. 174 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da lei reguladora das facendas locais.

Requirir ao adxudicatario para que, dentro do prazo de quince días naturais desde a data en que reciba a notificación de adxudicación, presente no Servizo de Patrimonio e Contratación desta Deputación provincial, o documento que acredite ter constituído na Caixa desta Corporación (Tesourería de Fondos Provinciais) a GARANTÍA DEFINITIVA por importe de 8.000,00 euros, e para que concorra a formalizar o contrato administrativo o día que para o efecto se sinale de acordo co disposto no art. 54 do R.D.lexislativo. 2/2000, debendo aboar na Caixa da Corporación a cantidade de 224,00 euros en concepto de taxas de formalización do contrato.”

28.-ADXUDICAR O CONTRATO PROVISIONAL Á EMPRESA LIBRE EXPRESIÓN DE MEDIOS DE GALICIA, S.L., O CONTRATO DE EXECUCIÓN DO PROXECTO MUSEOGRÁFICO DO CENTRO DE DIVULGACIÓN DO QUEIXO E O MEL DENTRO DO PLAN PILOTO DE MELLORA DA CALIDADE TURÍSTICA DE PORTODEMOUROS.

Apróbase a seguinte proposta:

”De conformidade co prego de cláusulas administrativas e técnicas particulares para a execución do proxecto museográfico do centro de divulgación do queixo e o mel dentro do plan piloto de mellora da calidade turística de Portodemouros cun orzamento de 8.230 € aprobado pola Xunta de Goberno en sesión celebrada con data do 23/05/2008, visto o informe emitido pola Comisión Técnica Asesora designada mediante Resolución de Presidencia nº 10.366 do 03/07/2008 e proposta da Mesa de Contratación do 8.07.08.

1º) Adxudicar provisionalmente á empresa LIBRE EXPRESIÓN DE MEDIOS DE GALICIA, S.L. con C.I.F./N.I.F. B70160213, e con domicilio en Pza. Ramón Domínguez nº 1 andar 3 porta D, Santiago de Compostela, a CONTRATACIÓN DA EXECUCIÓN DO PROXECTO MUSEOGRÁFICO DO CENTRO DE DIVULGACIÓN DO QUEIXO E O MEL DENTRO DO PLAN PILOTO DE MELLORA DA CALIDADE TURÍSTICA DE PORTODEMOUROS, por ter obtido a maior puntuación na valoración dos criterios de adxudicación establecidos no mencionado prego, no prezo total IVE incluído de 6.902, 00 €, o que supón unha economía na execución do contrato por importe de 1.328, 00 €.

O citado importe aboarase con cargo á aplicación orzamentaria 0305/751A/62802, Documento contable A, nº de operación 220070026371 con data do 11/03/2008 código proxecto 2007.3.80010.3.

2º) Prazo de execución / entrega de 60 días.

3º) Requirir ao adxudicatario para que, dentro do prazo de 10 días hábiles desde a data en que

23

Page 24: ACTA DE LA JUNTA DE GOBIERNO, celebrada el día catorce de ... · 35.-Contrato menor de mantemento anual de SOFTWARE “SISPRE” (seis licenzas) do servizo de infraestruturas e conservación.

reciba a notificación de adxudicación, presente no Servizo de Patrimonio e Contratación desta Deputación provincial, a documentación xustificativa de acharse ao corrente no cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade social así como o documento que acredite ter constituído na Caixa desta Corporación (Tesourería de Fondos Provinciais) a garantía definitiva por importe de 297,50 €, prevíndolle que se non cumprise os requisitos para a súa celebración nos termos sinalados seguiranse os trámites e efectos previstos no artigo 135.5 da Lei 30/2007 de contratos do sector público (LCSP) de aplicación ao presente expediente segundo o establecido na disposición transitoria primeira da LCSP.”

29.-ADXUDICAR O CONTRATO PROVISIONAL DE SUBMINISTRACIÓN DE MOBILIARIO CON DESTINO Á PLANTA PRIMEIRA DO PALACIO PROVINCIAL A FERROL CATAMARÁN, S.L.

Apróbase a seguinte proposta:

“De conformidade co prego de cláusulas administrativas e técnicas particulares aprobado pola Xunta de Goberno co nº 37 en sesión do 24/04/2008 e por proposta da Mesa de Contratación, téndose publicado o anuncio de licitación con posterioridade á entrada en vigor da Lei 30/2007, de conformidade co establecido na disposición transitoria primeira, o presente contrato réxese pola Lei 30/207, de contratos do sector público (LCSP), polo

PROCEDE:

1º) Adxudicar provisionalmente o procedemento aberto (con multiplicidade de criterios de adxudicación) -que se corresponde coa forma de concurso do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas aprobado por Real decreto lexislativo 2/2000- con tramitación ordinaria, convocado para contratar a SUBMINISTRACIÓN DE MOBILIARIO CON DESTINO Á PLANTA PRIMEIRA DO PALACIO PROVINCIAL a FERROL CATAMARÁN, S.L. con C.I.F. B-15815319 e domicilio en Pol. Ind. Río do Pozo, Fase 3, Rúa 2, Nave 1, E.P. 15570 Narón, por obter a maior puntuación na valoración dos criterios de adxudicación establecidos no mencionado prego, no prezo total IVE incluído de 12.467,70 € (prodúcese unha economía de 4.711,32 euros).

O citado importe aboarase con cargo á aplicación orzamentaria 0402/431B/62500, nº operación 220080008434.

2º) Prazo de entrega: 45 días.

3º) Requirir ao adxudicatario para que, dentro do prazo de quince días hábiles desde o seguinte ao da publicación do presente acordo no perfil de contratante ou no BOP da Coruña, presente no Servizo de Patrimonio e Contratación desta Deputación provincial, a documentación xustificativa de acharse ao corrente no cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social, así como a garantía definitiva por importe do 4% do prezo de adxudicación IVE excluído: 429,92 €, prevíndolle que se non cumprise os citados requisitos seguiranse os trámites previstos no artigo 135.5 da Lei 30/2007, de contratos do sector

24

Page 25: ACTA DE LA JUNTA DE GOBIERNO, celebrada el día catorce de ... · 35.-Contrato menor de mantemento anual de SOFTWARE “SISPRE” (seis licenzas) do servizo de infraestruturas e conservación.

público (LCSP), de aplicación ao presente expediente segundo o establecido na disposición transitoria primeira da LCSP.”

30.-CONTRATO MENOR DE REDACCIÓN DO PROXECTO DE CONSTRUCIÓN DE ROTONDA NA INTERSECCIÓN DO E.P. 7201 COA AVENIDA DE ARCOS MOLDES.

Apróbase a seguinte proposta:

“1º) Aprobar a proposta formulada polo Servizo de Infraestruturas e Conservación, relativa á realización dun contrato menor de REDACCIÓN DE PROXECTO DE CONSTRUCIÓN DE ROTONDA NA INTERSECCIÓN DA E.P. 7201 COA AVENIDA DE ARCOS MOLDES, que será executada por PREGO CONSULTORES, S.L., CIF: B-15.574.916, por un prezo total IVE incluído de 3.422 euros.

2º) Dispoñer que o citado importe de 3.422 euros se aboe no seu día, logo da presentación previa da correspondente factura, con cargo á aplicación 0401/511B/22706, nº de operación 220080017877.”

31.-CONTRATO MENOR DE REDACCIÓN DE PROXECTO DE DIVERSAS MELLORAS NA E.P. 1901 CARBALLO A SÍSAMO, CONSISTENTES NA OBRA DE AMPLIACIÓN DA PLATAFORMA E TRATAMENTO COMO TRAVESÍA.

Apróbase a seguinte proposta:

“1º) Aprobar a proposta formulada polo Servizo de Infraestruturas e Conservación, relativa á realización dun contrato menor de REDACCIÓN DE PROXECTO DE DIVERSAS MELLORAS NA E.P. 1901 CARBALLO A SÍSAMO, CONSISTENTES EN OBRA DE AMPLIACIÓN DA PLATAFORMA E TRATAMENTO COMO TRAVESÍA, que será executada por PREGO CONSULTORES, S.L., CIF: B-15.574.916, por un prezo total IVE incluído de 8.000 euros.

2º) Dispoñer que o citado importe de 8.000 euros se aboe no seu día, previa presentación da correspondente factura, con cargo á aplicación 0401/511B/22706, nº de operación 220080016150.”

32.-CONTRATO MENOR DE REDACCIÓN DE PROXECTO DE ENSANCHE, MELLORA DE TRAZADO E AFIRMADO DA E.P. 0510 DE CONFURCO A UXES (CULLEREDO E ARTEIXO).

Apróbase a seguinte proposta:

“1º) Aprobar a proposta formulada polo Servizo Infraestruturas e Conservación, relativa á realización dun contrato menor de REDACCIÓN DE PROXECTO DE ENSANCHE,

25

Page 26: ACTA DE LA JUNTA DE GOBIERNO, celebrada el día catorce de ... · 35.-Contrato menor de mantemento anual de SOFTWARE “SISPRE” (seis licenzas) do servizo de infraestruturas e conservación.

MELLORA DE TRAZADO E AFIRMADO DA E.P. 0510 DE CONFURCO A UXES (CULLEREDO E ARTEIXO) que será executada por NOEGA ENXEÑEIROS, S.L., CIF: B-33.467.051, por un prezo total IVE incluído de 9.860 euros.

2º) Dispoñer que o citado importe de 9.860 euros abóese no seu día, previa presentación da correspondente factura, con cargo á aplicación 0401/511B/22706, nº de operación 220080017880.”

33.-CONTRATO MENOR DE REDACCIÓN DE PROXECTO VARIANTES DE FORMIGUEIRO-BUSTELO E A BAIUCA NA E.P: 2404 LARACHA Á SILVA POR GOLMAR (A LARACHA).

Apróbase a seguinte proposta:

“1º) Aprobar a proposta formulada polo Servizo de Arquitectura, relativa á realización dun contrato menor de REDACCIÓN DE PROXECTO VARIANTES DE FORMIGUEIRO-BUSTELO E A BAIUCA NA E.P. 2404 LARACHA Á SILVA POR GOLMAR (A LARACHA), que será executada por PROINTEC, S.A., CIF: A- 28.246.122, por un prezo total IVE incluído de 3.480 euros.

2º) Dispoñer que o citado importe de 3.480 euros se aboe no seu día, logo da presentación previa da correspondente factura, con cargo á aplicación 0401/511B/22706, nº de operación 220080017503.”

34.-CONTRATO MENOR PARA O CONTROL DE CALIDADE DA OBRA CAMPO DE FÚTBOL DE HERBA SINTÉTICA EN RIANXO.

Apróbase a seguinte proposta:

“1º) Aprobar a proposta formulada polo Servizo de Arquitectura, relativa á realización dun contrato menor para CONTROL DE CALIDADE DA OBRA CAMPO DE FÚTBOL DE HERBA SINTÉTICA EN RIANXO, código 05.7450.0019.3, que será executada por APPLUS NORCONTROL, S.L. CIF: B-15.044.357 e domicilio en r/ Campezo 1, edif. 3- 4º andar, 28022 Madrid, por un prezo total IVE incluído de 6.010,12 euros.

2º) Dispoñer que o citado importe de 6.010,12 euros se aboe no seu día, logo da presentación previa da correspondente factura, con cargo á aplicación 0501/452D/60101, nº de operación 220080018711.”

35.-CONTRATO MENOR DE MANTEMENTO ANUAL DE SOFTWARE “SISPRE” (SEIS LICENZAS) DO SERVIZO DE INFRAESTRUTURAS E CONSERVACIÓN.

Apróbase a seguinte proposta:

26

Page 27: ACTA DE LA JUNTA DE GOBIERNO, celebrada el día catorce de ... · 35.-Contrato menor de mantemento anual de SOFTWARE “SISPRE” (seis licenzas) do servizo de infraestruturas e conservación.

“1º) Aprobar a proposta formulada polo Servizo de INFRAESTRUTURAS E CONSERVACIÓN, relativa á realización dun contrato menor de MANTEMENTO ANUAL DO SOFTWARE "SISPRE" (SEIS LICENZAS) DO SERVIZO DE INFRAESTRUTURAS E CONSERVACIÓN consistente en mantemento das licenzas SISPRE detalladas en orzamento nº 20080833 do 24/04/2008, que será executada por TOOL, S.A. con domicilio en VALENTIN BEATO,24; MADRID; 28016 e CIF A28865772 por un prezo total IVE incluído de 726,06 €, no prazo de 22/05/2008 a 21/05/2009.

2º) Dispoñer que o citado importe de 726,06 €, se aboe no seu día, logo da presentación previa da correspondente factura, con cargo á aplicación 0401/511A/22799, nº de operación 220080016869.”

36.-CONTRATO MENOR RELATIVA AO SERVIZO DE ACCESO EN LIÑA A CONTIDOS SOBRE LEXISLACIÓN E XURISPRUDENCIA PARA A DEPUTACIÓN E CONCELLOS DA PROVINCIA DA CORUÑA.

Apróbase a seguinte proposta:

“1º) Aprobar a proposta formulada polo Servizo de ORGANIZACIÓN, CALIDADE E MODERNIZACIÓN, relativa a SERVIZO DE ACCESO EN LIÑA A CONTIDOS SOBRE LEXISLACIÓN E XURISPRUDENCIA PARA A DEPUTACIÓN E CONCELLOS DA PROVINCIA DA CORUÑA, que será executada por EDITORIAL ARANZADI, S.A. con domicilio en CAMIÑO DE GALAR, 15; CIZUR MENOR; 31190 e CIF A81962201 no prezo total IVE incluído de 47.688,76 €, para o acceso durante un ano ás bases de datos en liña contidas en Westlaw: Westlaw atopa e Westlaw contrata, segundo orzamento con data do 08/05/2008.

2º) Dispoñer que o citado importe de 47.688,76 €, se aboe no seu día, previa presentación da correspondente factura, con cargo ao documento RC nº de operación 220080017846:

aplicación importe0105/121F/22799 26.495,760202/431B/22799 21.193

47.688,76

3º) Detalle: servizo de acceso con 80 usuarios concorrentes ás Bases de datos En liña de Editorial Aranzadi, SA contidas en Westlaw:

A) Westlaw Atopa:

Westlaw servizo premium:

27

Page 28: ACTA DE LA JUNTA DE GOBIERNO, celebrada el día catorce de ... · 35.-Contrato menor de mantemento anual de SOFTWARE “SISPRE” (seis licenzas) do servizo de infraestruturas e conservación.

- Lexislación estatal.- Códigos básicos- Proxectos de lei- Xurisprudencia- Bibliografía- NoticiasWestlaw Lexislación Comunidades AutónomasWestlaw Lexislación EuropeaLexislación Consolidada PremiumConvenios colectivosDirección xeral de tributosPráctico Administración localPráctico urbanismo de Galicia 27.111,00 € + IVE

Formularios sen cargo

B) Westlaw Contrata 14.000,00 € + IVE

C) 5 claves de acceso ao servizo desde o exterior por medio de usuario e contrasinal.

D) Acceso ao servizo sen limitación de tempo nin de documentos consultados.

Prazo de vixencia: A subscrición ao servizo contrátase durante un ano.

Orzamento: o orzamento total IVE incluído ascende a 47.688,76 €

Forma de pagamento: O pagamento do prezo realizarase dunha soa vez, unha vez constatados os accesos ás bases de datos, logo da presentación previa de factura acompañada de informes favorables dos Servizos de Organización, Calidade e Modernización, de Patrimonio e Contratación e de Fiscalización.”

37.-CONTRATO MENOR DE SUBMINISTRACIÓN DUNHA ENCADERNADORA CON DESTINO AO SERVIZO DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS.

Apróbase a seguinte proposta:

“1º) Aprobar a proposta formulada polo xefe da unidade de RISCOS LABORAIS, relativa á realización dun contrato menor de SUBMINISTRACIÓN DUNHA ENCADERNADORA CON DESTINO AO SERVIZO DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS que será executada por COMERCIAL C.E C. DE PAPELERÍA, S.L. con domicilio en PASTEUR,4 POL.IND.AGRELA-BENS; A CORUÑA; 15008 e CIF B15033871 por un prezo total IVE incluído de 863,25 €, no prazo dun MES.

28

Page 29: ACTA DE LA JUNTA DE GOBIERNO, celebrada el día catorce de ... · 35.-Contrato menor de mantemento anual de SOFTWARE “SISPRE” (seis licenzas) do servizo de infraestruturas e conservación.

Detalle: consistente en 1 encadernadora Fellowes ESP 200 E segundo orzamento de data 12/06/2008.

2º) Dispoñer que o citado importe de 863,25 €, se aboe no seu día, logo da presentación previa da correspondente factura, con cargo á aplicación 0202/121Z/62999, nº operación 220080017627.”

38.- CONTRATO MENOR DE SUBMINISTRACIÓN E COLOCACIÓN DE PAVIMENTO ESPECIAL NO CONSERVATORIO DE DANZA.

Apróbase a seguinte proposta:

“1º) Aprobar a proposta formulada polo Servizo de Arquitectura, relativa á realización dun contrato menor de SUBMINISTRACIÓN E COLOCACIÓN DE PAVIMENTO ESPECIAL NO CONSERVATORIO DE DANZA, que será executada por DYTECSA, DIVISIÓNS E TEITOS, S.A., CIF: A- 15056690 e domicilio en San José, s/n, 15008 Meicende-A Coruña, por un prezo total IVE incluído de 7.286,93 euros cun prazo de execución de 30 días.

2º) Dispoñer que o citado importe de 7.286,93 euros se aboe no seu día, logo da presentación previa da correspondente factura, con cargo á aplicación 0402/422E/21200, nº de operación 220080015180.”

39.-CONTRATO MENOR DE REFORMA DA SALA DE PROFESORES DO COLEXIO CALVO SOTELO.

Apróbase a seguinte proposta:

“1º) Aprobar a proposta formulada polo Servizo de Arquitectura, relativa á realización dun contrato menor de REFORMA DA SALA DE PROFESORES DO COLEXIO CALVO SOTELO, que será executada por OBRAS RAMÓN COTELO, S.L., CIF: B-15.537.616 e domicilio en Mestre Antonio Montero, nº 5, Malpica de Bergantiños, por un prezo total IVE incluído de 16.604,62 euros cun prazo de execución de 30 días.

2º) Dispoñer que o citado importe de 16.604,62 euros se aboe no seu día, logo da presentación previa da correspondente factura, con cargo á aplicación 0402/422F/21200, nº de operación 220080017727.”

40.-CONTRATO MENOR DE SUBSTITUCIÓN, REVESTIMENTO INTERIOR DETERIORADO NO PAVILLÓN PUGA RAMÓN.

Apróbase a seguinte proposta:

“1º) Aprobar a proposta formulada polo Servizo de Arquitectura, relativa á realización dun

29

Page 30: ACTA DE LA JUNTA DE GOBIERNO, celebrada el día catorce de ... · 35.-Contrato menor de mantemento anual de SOFTWARE “SISPRE” (seis licenzas) do servizo de infraestruturas e conservación.

contrato menor de SUBSTITUCIÓN, REVESTIMENTO INTERIOR DETERIORADO NO PAVILLÓN PUGA RAMÓN, que será executada por FRANCISCO CADAVEIRA RÍO, CIF: 32.385.958-A e domicilio en Montiño, 22, 15009 A Coruña, por un prezo total IVE incluído de 3.828,00 euros cun prazo de execución de 30 días.

2º) Dispoñer que o citado importe de 3.828,00 euros se aboe no seu día, logo da presentación da correspondente factura, con cargo á aplicación 0402/422D/21200, nº de operación 220080019558.”

41.-CONTRATO MENOR DE REPARACIÓN E RESTAURACIÓN GALERÍA NA ZONA DE RESIDENCIA DO PAZO DE MARIÑÁN.

Apróbase a seguinte proposta:

“1º) Aprobar a proposta formulada polo Servizo de Arquitectura, relativa á realización dun contrato menor de REPARACIÓN E RESTAURACIÓN GALERÍA ZONA RESIDENCIA DO PAZO DE MARIÑÁN, que será executada por M3 CARPINTEROS, S.L., CIF: B- 15753312 e domicilio en Polígono Industrial de Bergondo, Parroquia de Cortiñán, 15165 Bergondo, por un prezo total IVE incluído de 27.213,60 euros cun prazo de execución de 60 días.

2º) Dispoñer que o citado importe de 27.213,60 euros se aboe no seu día, logo da presentación previa da correspondente factura, con cargo á aplicación 0402/451I/21200, nº de operación 220080019553.”

42.-CONTRATO MENOR DE SUBMINISTRACIÓN DUNHA CÁMARA FOTOGRÁFICA DIXITAL CON DESTINO AO SERVIZO DE ARQUITECTURA.

Apróbase a seguinte proposta:

“1º) Aprobar a proposta formulada polo Servizo de ARQUITECTURA, relativa á realización dun contrato menor de SUBMINISTRACIÓN DUNHA CÁMARA FOTOGRÁFICA DIXITAL CON DESTINO AO SERVIZO DE ARQUITECTURA consistente en 1 cámara fotográfica dixital CANON A650, 2 XB SD, con funda, cargador de pilas + 4 pilas e 4 pilas recargables, que será executada por FOTO ARTUS, S.L. con domicilio en REGO DE AUGA, 42-46, BAIXO; A CORUÑA; 15001 e CIF B15455959 por un prezo total IVE incluído de 399,00 €, e cun prazo de entrega de 15 días.

2º) Dispoñer que o citado importe de 399,00 €, se aboe no seu día, logo da presentación previa da correspondente factura, con cargo á aplicación 0402/432A/22003, nº de operación 220080019027.”

43.-CONTRATO MENOR DE SUBMINISTRACIÓN DUNHA CÁMARA FOTOGRÁFICA DIXITAL CON DESTINO AO SERVIZO DE ASISTENCIA TÉCNICA A MUNICIPIOS.

30

Page 31: ACTA DE LA JUNTA DE GOBIERNO, celebrada el día catorce de ... · 35.-Contrato menor de mantemento anual de SOFTWARE “SISPRE” (seis licenzas) do servizo de infraestruturas e conservación.

Apróbase a seguinte proposta:

“Modificar a proposta formulada polo Servizo de ASISTENCIA TÉCNICA A MUNICIPIOS, aprobada mediante acordo nº 30 da Xunta de Goberno adoptado en sesión do 12 de xuño de 2008, relativa á realización dun contrato menor de SUBMINISTRACIÓN DUNHA CÁMARA FOTOGRÁFICA DIXITAL CON DESTINO AO SERVIZO DE ASISTENCIA TÉCNICA A MUNICIPIOS (ENQUISA SOBRE INFRAESTRUTURA E EQUIPAMENTO LOCAL), adxudicada a ARACNOSOFT, S.L. con domicilio en CORTIÑÁN, PARC.I 2; BERGONDO; 15165 A CORUÑA e CIF B15677008, por resultar descatalogado polo fabricante o modelo adxudicado.

A modificación consiste na subministración de 1 cámara fotográfica dixital CANON IXUS 85 IS, no prezo de 349,16 €, que poderá aboarse con cargo á aplicación 0502/126E/22699, nº de operación 220080014352 por importe de 256,36 € e nº de operación 220080019728 por importe de 92,80 €.”

44.-CONTRATO MENOR PARA A COORDINAR E XESTIÓN DO PREMIO CONCEPCIÓN ARENAL, CONVOCADO POLA DEPUTACIÓN NO ANO 2008.

Apróbase a seguinte proposta:

“1º.- Vista a proposta que formula a Sección de Servizos Sociais e vistos os informes do Servizo de Patrimonio e Contratación e do Servizo de Fiscalización PROCEDE 2º.- Aprobar a realización dun contrato menor para a COORDINACIÓN E XESTIÓN DO PREMIO CONCEPCIÓN ARENAL CONVOCADO POLA DEPUTACIÓN NO ANO 2008 que será realizado pola ASOCIACIÓN DE ESCRITORES EN LINGUA GALEGA. con CIF: G15039936 e domicilio en Avda. de Alfonso Molina s/n Edificio de Sindicatos 8º andar 15008 A Coruña, no prezo de 6.000,00€ IVE incluído, e de acordo coas seguintes obrigas:

OBRIGAS DO ADXUDICATARIO

A.- Coordinación e xestión da organización dos premios: A1.- Deseñar a preparación e difusión da convocatoria e as súas actividades. A2.- Elaborar un orzamento de gastos das actividades de acordo coas indicacións da área de igualdade.A.3.- Organizar ordenadamente os traballos presentados, elaborando unha relación dos mesmos, e responsabilizándose da súa custodia.A.4.- Enviar os traballos presentados aos membros do xurado, se é o caso, e xestionar posteriormente a súa devolución á Deputación.A.5.- Coordinar as reunións do xurado en colaboración co comisario do premio, e xestionar os seus desprazamentos e aloxamentos.A.6.- Propoñer, coordinar e organizar os actos do fallo e entrega do premio, seguindo instrucións do seu comisario.A.7.- Organizar e realizar a retirada e devolución do material e dos traballos, non premiados aos seus autores, a cal deberá efectuarse no prazo máximo de mes e medio, contado a partir da notificación da decisión do xurado.

31

Page 32: ACTA DE LA JUNTA DE GOBIERNO, celebrada el día catorce de ... · 35.-Contrato menor de mantemento anual de SOFTWARE “SISPRE” (seis licenzas) do servizo de infraestruturas e conservación.

A.8.- Coordinar os traballos de edición das obras (selección de ilustracións, maquetación e corrección de probas), no caso daqueles que edite directamente a Deputación.A.9.- Coordinar os actos de presentación das publicacións anteriormente citadas.

B.- Coordinación das actividades complementarias dos premios:B.1.- Coordinar a difusión dos actos culturais que se programen con motivo dos premios, colaborando ademais, se aquel así o requirise, na supervisión da confección de todo o material de imprenta que puidese editarse para ditos actos (selección de textos, fotografías ou ilustracións, maquetación e corrección de probas).B.2.- Xestionar o alugamento de todos os equipos de son, electricidade, contratación de persoal, etc. que se precisen para as actividades, cuxa contratación e pagamento lle corresponderá á Deputación logo do cumprimento previo dos trámites correspondentes.B.3.- Xestionar o alugamento ou cesión dos locais que se precisen, solicitando os oportunos permisos ou licenzas, cuxa contratación e pagamento lle corresponderá á Deputación logo do cumprimento previo dos trámites correspondentes.

C.- Xestión de documentación:Xestionar cos participantes en todas as actividades a documentación precisa, tanto para as posibles contratacións como para o posterior aboamento de honorarios, poñéndoa a disposición da Deputación.

D.- Outras xestións e obrigas:D.1.- Realizar, en xeral, todas as xestións encamiñadas ao correcto desenvolvemento de todas as actividades.D.2.- Cumprir o compromiso de subscribir un seguro para o caso de danos persoais e materiais en execución do contrato, conforme ao previsto na cláusula 6 e aboar os gastos que se poidan ocasionar como consecuencia da realización dos traballos obxecto do contrato, exceptuados os que se sinalan na cláusula seguinte:

E. Persoal e medios materiaisE.1.- Para o cumprimento do contido do contrato o adxudicatario designase un coordinador nas súas relacións coa Deputación e sinalase os medios persoais e materiais adscritos a el e axeitados para o seu desenvolvemento.

OBRIGAS DA DEPUTACIÓN. A.- Aprobar o orzamento de gastos da actividade e aboar os gastos de difusión das convocatorias nos medios de comunicación.B.- Poñer a disposición do adxudicatario a totalidade dos traballos presentados, para a súa supervisión e elaboración de relación e recensións correspondentes.C.- Aboar os gastos de envío, se é o caso, dos traballos aos membros do xurado. D.- Aboar os honorarios e gastos de desprazamento e aloxamento dos membros do xurado, dos participantes nos actos culturais, e de uso de locais e demais previstos no presente prego,

32

Page 33: ACTA DE LA JUNTA DE GOBIERNO, celebrada el día catorce de ... · 35.-Contrato menor de mantemento anual de SOFTWARE “SISPRE” (seis licenzas) do servizo de infraestruturas e conservación.

que poidan programarse con motivo da concesión ou edición do premio, así como todos os propios do protocolo da Deputación.E.- Confeccionar todo o material de imprenta: dípticos, cartel, invitacións, etc.

3.- PRAZO DE EXECUCIÓN

O prazo de execución do contrato será de 10 meses contado desde o día seguinte á formalización do contrato en documento administrativo. No prezo do contrato inclúense os pagamentos por parte do adxudicatario que sexa necesario realizar como consecuencia das actividades do contrato á Sociedade Xeral de Autores.

3º.- Dispoñer que o citado importe se aboe con cargo á partida orzamentaria 0701/324A/22699, RC nº de operación 220080015190 do 04.06.08.

4º.- Requirir ao adxudicatario para que concorra a formalizar o contrato o día que para o efecto se sinale.”

45.-CONTRATO MENOR DE SERVIZOS DE REALIZACIÓN DE ENCONTROS CON TOUROPERADORES PARA PROMOVER O PLAN DE DINAMIZACIÓN DO PRODUTO TURÍSTICO FERROL-ORTEGAL.

Apróbase a seguinte proposta:

“1º) Aprobar a proposta formulada pola Sección de PROMOCIÓN ECONÓMICA, relativa á realización dun contrato menor de SERVIZOS DE REALIZACIÓN DE ENCONTROS CON TOUROPERADORES PARA PROMOCIÓN DO PLAN DE DINAMIZACIÓN DE PRODUTO TURÍSTICO FERROL-ORTEGAL, código proxecto 2008 3 80010 2 consistente na edición de 200 exemplares dun dosier profesional, edición de 500 exemplares de soportes con información de paquetes turísticos para touroperadores e organización de 3 encontros con touroperadores, , que será executada por ITEM AGA, S.L. con domicilio en PZ. DA ILUSTRACIÓN,9-10 ENTR.DCHA.; FERROL; 15403 e C.I.F. B15268220 por un prezo total IVE incluído de 11.426,00€, segundo orzamento do 05/05/2008.

2º) Dispoñer que o citado importe de 11.426,00 €, se aboe no seu día, logo da presentación previa da correspondente factura, con cargo á aplicación 0305/751A/62802, nº operación 220080018239.”

46.-CONTRATO MENOR DE SUBMINISTRACIÓN DE DIVERSAS FERRAMENTAS CON DESTINO AO PARQUE MÓBIL PROVINCIAL.

Apróbase a seguinte proposta:

“1º) Aprobar a proposta formulada polo xefe do PARQUE MÓBIL, relativa á realización dun

33

Page 34: ACTA DE LA JUNTA DE GOBIERNO, celebrada el día catorce de ... · 35.-Contrato menor de mantemento anual de SOFTWARE “SISPRE” (seis licenzas) do servizo de infraestruturas e conservación.

contrato menor de SUBMINISTRACIÓN DE DIVERSAS FERRAMENTAS CON DESTINO AO PARQUE MÓBIL PROVINCIAL, que será executada por GRUPO IRMÁNS FORMIGO, S.L. con domicilio en R/ ALVARO CUNQUEIRO, 7 LOCAL G; A CORUÑA; 15008 e C.I.F. B15643141 por un prezo total IVE incluído de 2.100,00 €, no prazo dun MES.

Detalle: 1 arrancador de 12 V, 1 carro e equipo de ferramentas Alyco e 1 trade percusor de 750 W, segundo orzamento 63/2008 do 12/06/2008.

2º) Dispoñer que o citado importe de 2.100,00 €, se aboe no seu día, logo da presentación previa da correspondente factura, con cargo á aplicación 0207/126B/63301, nº Operación 220080017624.”

47.-CONTRATO MENOR DE SUBMINISTRACIÓN DUNHA PREGADORA DE CARTAS CON DESTINO Á SECCIÓN DE RECURSOS PROPIOS.

Apróbase a seguinte proposta:

“1º) Aprobar a proposta formulada polo Servizo de XESTIÓN TRIBUTARIA, relativa á realización dun contrato menor de SUBMINISTRACIÓN DUNHA PREGADORA DE CARTAS CON DESTINO Á SECCIÓN DE RECURSOS PROPIOS, que será executada por COMERCIAL C.E C. DE PAPELERÍA, S.L. con domicilio en PASTEUR,4 POL.IND.AGRELA-BENS; A CORUÑA; 15008 e CIF B15033871 por un prezo total IVE incluído de 330,60 €, no prazo de 1 MES.

Detalle: 1 pregadora de cartas Martín Yale P7200 segundo orzamento do 06/06/2008.

2º) Dispoñer que o citado importe de 330,60 €, abóese no seu día, previa presentación da correspondente factura, con cargo á aplicación 0202/121Z/62999, nº operación 220080017628.”

48.- DAR CONTA DA RESOLUCIÓN DA PRESIDENCIA MEDIANTE A QUE SE AVOCA A COMPETENCIA PARA A REALIZACIÓN DUN CONTRATO MENOR DENOMINADO “ASISTENCIA TÉCNICA PARA ORGANIZAR O FESTIVAL DE MÚSICA CLÁSICA DO PROXECTO CULTURNOVA FINANCIADO CON CARGO Á INICIATIVA COMUNITARIA INTERREG III A.”

A Xunta de Goberno toma coñecemento da Resolución da Presidencia 10.123 do 30-06-2008 pola que se avoca a competencia para aprobar a realización dun contrato menor denominado “Asistencia técnica para a organización do festival de música clásica do proxecto culturnova financiado con cargo á iniciativa comunitaria INTERREG III A”

49.- DAR CONTA DAS RESOLUCIÓN DA PRESIDENCIA MEDIANTE A QUE SE AVOCA A COMPETENCIA PARA REALIZAR UN CONTRATO MENOR DENOMINAD “ASISTENCIA TÉCNICA PARA ORGANIZAR O FESTIVAL DE DANZA DO PROXECTO CULTURNOVA FINANCIADO CON CARGO Á INICIATIVA COMUNITARIA INTERREG III A”.

34

Page 35: ACTA DE LA JUNTA DE GOBIERNO, celebrada el día catorce de ... · 35.-Contrato menor de mantemento anual de SOFTWARE “SISPRE” (seis licenzas) do servizo de infraestruturas e conservación.

A Xunta de Goberno toma coñecemento da Resolución da Presidencia 10.124 do 30-06-2008 pola que se avoca a competencia para aprobar a realización dun contrato menor denominado “Asistencia técnica para a organización do festival de danza do proxecto culturnova financiado con cargo á iniciativa comunitaria INTERREG III A”

Ao non haber máis asuntos dos que tratar érguese a sesión, sendo as doce horas e vinte e cinco minutos, procedéndose a redactar a acta e autorizándose a súa transcrición, que asino co Ilmo. Sr. presidente, de todo o cal, eu, o secretario, dou fe.

35