Actividades sobre o diálogo

7
Traballa cos diálogos

description

Estas actividades forman parte dunha unidade didáctica de terceiro da eso que podedes atopar no blog UNHA DE HEROES

Transcript of Actividades sobre o diálogo

Page 1: Actividades sobre o diálogo

Traballa cos diálogos

Page 2: Actividades sobre o diálogo

¿Escoitas? Estou nunha cabina.Si, ben.Non, nada.Chovía no autobús.Só hai un bar.Si, teño moedas.De verdade? Tamén eu. Non, aínda non se corta.

Manuel Rivas, Ningún Cisne

1. Le o seguinte poema e responde:

a) poderíase considerar este poema un diálogo?

b) cantas persoas, como mínimo, son necesarias para manter

un diálogo? Cantos interlocutores están presentes no poema anterior?

c) imaxina que ti es a persoa que está ao outro lado e trata de

reconstruír o diálogo que mantedes?

Page 3: Actividades sobre o diálogo

2. Formade grupos de entre dous e catro membros e observade con

atención a imaxe e as persoas que nela aparecen. Elixide cada un

unha persoa diferente e imaxinade, a partir do personaxe

seleccionado, o diálogo que hai entre eles. Podedes gravar as vosas

intervencións coa axuda dun portátil e un micro co programa Audacity

(ou coa aplicacións web http://vocaroo.com/). Así podedes no

mesmo intre publicar a dramatización e enviarlla ao prof@ para que

arranxedes os erros.

Page 4: Actividades sobre o diálogo

3. E TI QUEN VÉS SENDO?

En parellas investigade sobre un personaxe popular que

admiredes. Buscade toda a información que poidades. A

continuación preparade unha entrevista e, sen dicir quen é

persoanaxe, escenificádea na aula. Procurade que as preguntas

sexan verdadeiras pero que poidan levar a engano. Os demais

terán que adiviñar de quen se trata.

(O alumnado, para facer o mesmo exercicio, podería entrevistar

tamén a algún achegado, a outro alumno, ao director/a, ao xefe/a

de estudos, a outr@ prof@...).

Page 5: Actividades sobre o diálogo

4. Imaxina que a policía acaba de deter ó traficante de

heroína máis buscado dos últimos tempos. Escribe no teu

caderno o interrogatorio que imaxinas que se produciría

entre o comisario e o detido. Podes ensaialo cun

compañeiro/a e logo representalo na clase e gravalo.

Page 6: Actividades sobre o diálogo

5. Rexistra unha chamada telefónica cun amigo/a, de

maneira que só se sintan as túas respostas. Os

compañeiros/as da clase teñen que deducir as

intervencións do interlocutor.

Page 7: Actividades sobre o diálogo

6. Escribe unha escena teatral en que dous ou tres

membros dunha familia discutan sobre un plan de futuro

(unha fin de semana, unhas vacacións, un cambio de

domicilio, etc.). Comeza cunha anotación que especifique o

contexto e o ton ou os xestos dos personaxes entre

parénteses.