Actualizado de acordo coa Orde do 7 de abril do 2008 pola...

12
1 Actualizado de acordo coa Orde do 7 de abril do 2008 pola que se regu- la o réxime de permisos e licenzas do persoal docente que imparte en- sinanzas reguladas na Lei Orgánica 2/2006 do 3 de maio, de educación. (DOG 23/04/08)

Transcript of Actualizado de acordo coa Orde do 7 de abril do 2008 pola...

1

Actualizado de acordo coa Orde do 7 de abril do 200 8 pola que se regu-la o réxime de permisos e licenzas do persoal docen te que imparte en-sinanzas reguladas na Lei Orgánica 2/2006 do 3 de m aio, de educación. (DOG 23/04/08)

2

CCOO prestou o seu apoio ao Estatuto (EBEP), do que derivan as melloras en permiso, licenzas e exceden-cias que foron recollidas na modificación da Lei de Fun-ción Pública de Galicia (Lei 13/2007). Aínda así, atopabá-monos cunha gran dispersión normativa polo que se facía difícil saber que aspectos eran de aplicación aos docentes e cales non. A Orde do 7 de abril de 2008 que negociamos na Mesa Sectorial ben a compilar toda aquela dispersión normativa, favorecendo unha mellor comprensión dos per-misos e licenzas aos que temos dereito os docentes. Da mesma forma facilita e clarifica os trámites para a súa con-cesión aos administrados e órganos administrativos que conceden os permisos. A Orde incorpora anexos con modelos tipo para solici-tar ditos permios e licenzas, tal e como aparecen nesta publicación, así como modelos de concesión de permisos e especificación da duración do silencio administrativo se-gundo o órgano que teña que conceder a petición. En con-clusión, desenvolve a Lei 13/2007 no apartado de permi-sos e licenzas. Hai aspectos sobre os que CCOO fixo propostas distin-tas ás que aparecen na Orden. Non obstante valoramos globalmente como positivo este documento polas razóns expostas anteriormente e os avances que comentaremos . Aínda así, é certo que quedaron aspectos que se desen-volven de forma insatisfatoria para CCOO e que temos a obriga de definir:

Permiso de lactación estendeuse de nove a doce meses. Cando se negociou en Galicia a Orde do 29 de marzo de 2006 o permiso de lactación era por nove meses. Posteriormente incrementouse polo que CCOO pedimos que a acumulación pase de catro a sete se-manas. A Consellaría manteno en catro semanas.

• No caso de permisos por nacemento de fillos que precisan ser hospitalizados o cómputo do permiso de dúas horas debe ser gozado en horario complementario fixo ou de cómputo mensual, indistintamente, cando exista conflito cos dereitos do alumnado, polo que se traslada a responsabilidade aos equipos directivos dos centros. • Lamentamos que non aparezan reflectidas as dife-rentes modalidades de excedencias, que ademáis se reco-llen na Lei 13/2007 nin as diferentes modalidades de licen-zas por estudos para así ter un referente lexislativo accesi-ble a todos os docentes de todas as modalidades de per-misos, licenzas, excedencias e reducións horarias ás que ten dereito o profesorado. • Así mesmo, tamén lamentamos que non se recolle-ran e se negociaran conxuntamente nesta Orden o dereito ao ano sabático e a redución horaria para maiores de 55 anos.

Pero tamén hai novidades que representan avances importantes con respecto á situación dos anteriores per-misos: • CCOO valora positivamente que o permiso por revisións médicas se amplíe recollendo normativamen-te as propias e o acampañamento do cónxuxe, o mesmo para a asistencia a exames prenatais e a tratamentos de fecundación asistida. • Na redución de xornada por coidado dun fami-liar recolleuse a nosa proposta de poder gozar desta redución un familiar de segundo grao non só cando non existan supervivintes do primeiro grao, senón cando es-tes estean”incapacitados para asumir o coidado” • Claríficase dunha vez por todas que a localidade de residencia é aquela que o traballador-a teña co-municada previamemte ao centro ou á administra-ción . Así desaparece a discusión entre se o centro de destino ou o enderezo real. • Permiso por asuntos persoais e permiso por imprevistos: Demandamos que os asuntos persoais poidan gozarse en días lectivos. Entendemos que este permiso debe aplicarse aos docentes nas mesmas cir-cunstancias que aos empregados públicos. Aínda que a solución dada pola Admón está por debaixo das propos-tas de CCOO supón un avance moi importante con res-pecto á situación que tivemos ata hoxe en día. Como consecuencia dunha sentenza, aos docentes non nos era de aplicación o permiso por asuntos propios. Somos conscientes que os 24 períodos lectivos de imprevistos só están regulados en Galicia e en ningunha outra comu-nidade dende aquela sentenza, polo que, en certo modo viñan a substituír este permiso. Para rematar, nesta Or-den, os nove días de asuntos propios recollidos na Lei 13/2007 teñen a seguinte definición: 24 períodos lecti-vos por imprevistos, indisposición, enfermidades leves non supariores a tres días e catro días por asuntos persoais sen xustificación. Dos catro días, dous poderán gozarse en período lectivo. • Establécese que as indisposicións leves meno-res de tres días xustificadas computaranse polo mesmo apartado que as ausencias por acompañar a revisións médicas a fillos e persoas maiores a cargo e non por imprevistos. • Hai unha modificación importante para as substitu-tas e interinas, que estando prestando servizos e se go-zan dos permisos de maternidade ou paternidade teñen dereito a ser chamadas a tomar posesión da praza incor-porándose á mesma cando remate o permiso, se o no-meamento aínda estivese vixente.

3

MOTIVO DURACIÓN CONSIDERACIÓNS

Permiso por parto.

16 semanas ininterrompi-das (6 delas deberán ser disfrutadas pola nai no pe-riodo inmediatamente poste-rior ao parto).

-As 6 semanas despois do parto deberán ser disfrutadas pola nai no período inme-diatamente posterior ao parto. -Sen prexuízo das 6 semanas inmediatas posteriores ao parto de descanso obrigato-rio para a nai, no caso de que ambos proxenitores traballen, a nai, ao iniciarse o período de descanso por matenidade, po-derá optar porque o outro proxenitor goce dunha parte determinada e ininterrompida do período de descanso posterior ao parto, ben de forma simultánea ou sucesiva co da nai. O outro proxenitor poderá seguir gozando do permiso por maternidade ini-cialmente cedido, aínda que no momento previsto para a incorporación da nai ao traballo, esta se atope en situación de in-capacidade temporal. -No caso de goce simultáneo dos períodos de descanso, a suma destes non poderá exceder de 16 semanas, ou das que co-rrespondan, no caso de discapacidade do fillo-a, parto múltiple... -Computarase como de servizo efectivo para todos os efectos, garantíndose a ple-nitude de dereitos económicos do persoal funcionario durante todo o período de du-ración do permiso. -Cando remate o período de permiso terán dereito a reintegrarse ao seu posto de tra-ballo nos termos e nas condicións que non lles resulten menos favorables ao gozo do permiso, así como a beneficiarse de calquera mellora nas condicións de traballo ás que se puidesen ter dereito durante a súa ausencia. -Durante o disfrute deste permiso podera-se participar nos cursos de formación que convoque a administración. -Este permiso poderá gozarse a xornada completa ou a tempo parcial, en réxime de media ou un tercio da xornada. Cando o permiso se goce a tempo parcial, a dura-ción do mesmo ampliarase proporcional-mente en función da xornada de traballo que se realice. -O goce do permiso a tempo parcial pode-rase solicitar tanto ao inicio deste coma nun momento posterior e poderase esten-der a todo o período da súa duración ou a unha parte. Segue—

Permiso por parto no suposto de parto múlti-ple. .

16 semanas ininterrompi-das máis 2 semanas máis por cada fillo a partir do 2º.

Permiso por parto no suposto de discapacida-de do fillo-a

16 semanas ininterrompi-das máis dúas semanas máis

Permiso por parto en caso de falecemento da nai

16 semanas ininterrompi-das . O outro proxenitor po-derá facer uso da totalidade ou de ser o caso, da parte que reste do permiso.

Permiso por parto pre-maturo e aqueles que por calquera outra causa o neonato deba permane-cer hospitalizado a conti-nuación do parto.

Ampliarase en tantos dias como o neonato estea hospitalizad o ata una máxi-mo de 13 semanas adicio-nais

Permiso por nacemento de fillos prematuros ou que deban permanecer hospitalizados despois do parto

2 horas diarias como máximo percibindo as retri-bucións íntegras

Permiso por adopción ou acollemento tanto pre-adoptivo como perma-nente ou simple.

16 semanas ininterrompi-das a elección do funcio-nario/a a partir da decisión administrativa ou xudicial de acollemento ou a partir da resolución xudicial pola que se constitúa a adop-ción. En ningún caso un mesmo menor pode dar dereito a varios períodos de disfrute deste permiso.

Permiso por adopción ou acollemento no suposto de adopción ou acolle-mento múltiple.

16 semanas ininterrompi-das mais dúas semanas máis por cada fillo a partir do 2º.

4

MOTIVO DURACIÓN CONSIDERACIÓNS

Permiso por adop-ción ou acollemen-to, no suposto de discapacidade do menor.

16 semanas ininterrompidas mais dúas semanas máis

Interinas e substitutas: Para ter dereito a prestación eco-nómica por ILT é preciso estar afiliada á S.S. polo menos nove meses antes da data prevista para o parto e ter coti-zados 180 días o ano inmediato anterior. Hai que obter o nomeamento da Delegación antes do parto. No caso de que o nomeamento dunha interina expire du-rante o período do permiso por maternidade, inscribirase como demandante nas Oficinas de Emprego para conti-nuar percibindo a prestación por ILT (75%) a través do INEM, pasando despois, unha vez reunidos os requisitos necesarios, a percibir a prestación por desemprego. Independentemente dos 3 meses , se fose necesario o desprazamento previo dos proxenitores ao país de orixe do adoptado ou acollido, poderá iniciarse o permiso ata 4 semanas antes da resolución xudicial, pola que se constitúa a adopción ou a decisión administrativa ou xudicial de acollemento Referencia lexislativa: Arts.8,15 e 16 da Orde do 7 de abril de 2008 pola que se regula o réxime de permisos e licenzas do persoal docente que imparte ensinanzas reguladas na Lei Orgánica 2/2006 do 3 de maio, de educación Art.31. Lei 13/2007, do 27 de xullo, de modificación da Lei de Función Pública de Galicia

Permiso por adop-ción ou acollemento internacional.

16 semanas ininterrompidas .

Permiso retribuído por adopción ou acollemento inter-nacional se fose necesario o despra-zamento previo dos proxenitores ao país de orixe do adoptado ou acolli-do.

Ata 3 meses , percibindo exclu-sivamente as retribucións bási-cas. Poderá disfrutarse de forma frac-cionada, sempre que non se su-peren os 3 meses de duración máxima.

Permiso para a realización de exames prenatais e técnicas de preparación ao parto á muller em-barazada

Tempo necesario É necesaria a previa xustificación da necesidade da súa realización dentro da xornada de traballo. Referencia lexislativa Art.31. Lei 13/2007, de 27 de xullo, de modificación da Lei de Función Pública de Galicia Arts.9, anexo VI da Orde do 7 de abril do 2008 pola que se re-gula o réxime de permisos e licenzas do persoal docente que imparte ensinanzas reguladas na Lei Orgánica 2/2006 do 3 de maio, de educación

Permiso retribuído para acompañar o seu cónxuxe o parella en análoga relación de afectividade a exames prenatais e a técnicas de preparación ao parto.

Tempo necesario É necesaria a previa xustificación da necesidade da súa realización dentro da xornada de traballo.

Referencia lexislativa Art.31. Lei 13/2007, de 27 de xullo, de modificación da Lei de Función Pública de Galicia Arts.9, anexo VI da Orde doe7 de abril de 2008 pola que se regula o réxime de permisos e licenzas do persoal docente que imparte ensinanzas reguladas na Lei Orgánica 2/2006 do 3 de maio, de educación (DOG 23/04/08)

Ausencias Imprevistas (Imprevistos, indis-posicións ou enfer-midades leves non superiores a tres días)

A dirección do centro poderá aceptar xustificacións non do-cumentais ata un máximo de 24 períodos lectivos durante o curso escolar

Cando se superen estes períodos lectivos ou se rexeite a xustificación pola dirección do centro, as faltas han de xustificarse documentalmente. Referencia lexislativa: Art.27 da Orde de 7 de abril de 2008 pola que se regula o réxime de permisos e licenzas do persoal do-cente que imparte ensinanzas reguladas na Lei Orgánica 2/2006 do 3 de maio, de educación (DOG 23/04/08)

5

Permiso de pater-nidade polo nace-mento, acollemen-to ou adopción dun fillo/a.

29 días naturais que gozará o pai funcionario a partir da data de nacemento, da decisión adminis-trativa ou xudicial de acollemento ou da resolución xudicial pola que se constitúa a adopción. No caso de parto, adopción ou acolle-mento múltiple: 35 días naturais .

A nai poderá gozar deste permiso de paternidade a continuación dos permi-sos previstos por parto , adopción ou acollemento e nos seguintes supostos: -Cando o pai falecese antes da utiliza-ción íntegra do devandito permiso. -Se a filiación paterna non estivese determinada. -Cando os proxenitores non estivesen casados nin estivesen unidos de feito en análoga relación de afectividade. -Cando en resolución xudicial ditada en proceso de nulidade, separación ou divorcio, iniciado antes da utilización do permiso, se lle recoñecese á nai a gar-da do fillo ou da filla que acaba de na-cer. -No suposto de matrimonio de mu-lleres ou de unións de feito en aná-loga relación de afectividade, ao ser unha delas a nai biolóxica, a que non o sexa terá dereito ao per-miso de paternidade .

- Nos supostos de adopción ou acollemento, se ambos os proxenitores fosen persoal ao servizo da Administración pública galega, o permiso poderase distribuír á opción dos interesados, que poderán gozalo de forma simultánea ou sucesiva, sempre en períodos ininterrompidos, respectan-do en todo caso o prazo de duración. - Este permiso é independente do gozo compartido dos permisos previstos por parto, adopción ou acollemento - No caso de interinos e substitutos, terán dereito a ser chamados para as interinidades e substitucións que lles correspondan, tomando posesión coa finalidade de que lles sexan recoñecidos os servizos a efectos administati-vos e económicos -Computarase como servizo efectivo a todos os efectos, garantindo a plenitude de dereitos económicos - O persoal funcionario docente que estivese ou iniciase o permiso por paternidade no mes de agosto , non se consi-derará que gozaron das vacacións durante o mes de xullo, polo que terán dereito aos días de vacacións non gozados, unha vez rematado o permiso de paternidade. Referencia lexislativa: Art.31. Lei 13/2007, de 27 de xullo, de modificación da Lei de Función Pública de Galicia Art.17 , anexo VI da Orde de 7 de abril de 2008

Permiso de lacta-ción por fillo me-nor de 12 meses

Ausencia de 1 hora diaria do traballo. Poderase optar por unha reducción da xornada normal en ½ hora ao inicio e ao final da xornada,ou nunha hora ao inicio ou ao final da xornada. Poderá ser exercido indistintamente por un ou outro dos proxenitores no caso de que ambos traballen. Incrementarase proporcionalmen-te en caso de parto múltiple. Permiso substitutivo : poderá substituirse o tempo de lactación por un permiso retribuído que acumule en xornadas completas o tempo correspondente (4 sema-nas ininterrumpidas ou ben por crédito horario de 150 horas). Incrementarase proporcionalmen-te en caso de parto múltiple.

Requisitos da solicitude: o dereito de opción do permiso por lactancia dun fillo menor de doce meses, deberá exer-cerse antes da conclusión da baixa por maternidade. Unha vez se opte por unha das modalidades deste permiso, ben o desfrute fraccionado, crédito horario ou a acumulación en xornadas completas, dita opción deberá manterse ata o seu remate. Nos supostos de adopción ou acollemento, este dereito computarase durante o primeiro ano desde a resolución xudicial ou administrativa de adopción ou acollemento.

.

Referencia lexislativa: Art.31. Lei 13/2007, de 27 de xullo, de mo-dificación da Lei de Función Pública de Galicia. Orde 29 de marzo de 2006 pola que se regulan as vacacións e o gozo da hora de ausencia do traballo para as funcionarias e fun-cionarios docentes que impartan ensinanzas distintas das univer-sitarias e que teñan un fillo menor de nove meses, quedando ampliados este nove meses a doce (DOG 13/04/06)

MOTIVO DURACIÓN CONSIDERACIÓNS

6

MOTIVO DURACIÓN CONSIDERACIÓNS

Para o coidado directo dun menor de 12 anos, persoa maior que requira especial dedicación ou persoa con discapacidade que non des-empeñe actividade retribuída.

Redución de 1/3 ou 1/2 da xornada coa diminución propor-cional das retribucións.

A redución de xornada abranguerá na proporción que se conceda ao horario lectivo, horario comple-mentario fixo e horario semanal de permancia no centro. A concesión destes permiso será incompatible coa realización de calquera outra actividade, sexa ou non remunerada, durante o horario obxecto de re-dución. Estas reducións poderán acumularse co permiso por lactancia dun fillo menor de doce meses. A percepción dunha pensión por un diminuído non é equiparable ao desempeño de actividade retribuída. Referencia lexislativa: Art.31 Lei 13/2007, de 27 de xullo, de modificación da Lei 4/1998, do 26 de maio, da F. Públi-ca de Galicia Art.24, anexo VI da Orde de 7 de abril de 2008

Para coidado directo dun familiar ata o 2º grao de consanguinidade ou afinidade que, por razóns de idade, accidente ou enfermidade, non se poida valer por si mesmo e que non desempeñe actividade retribuída.

Redución de 1/3 ou 1/2 da xornada coa diminución propor-cional das retribucións.

Ausencia para revisións médicas e para acompañar ás revisións médicas os fillos/as, ao cónxuxe ou parella en análoga relación de afectividade e as perso-as maiores ao seu cargo.

Tempo necesario .

Quedarán xustificadas por este apartado as ausencias por indisposicións ou enfermi-dades leves non superiores a tres días cando se aporte a pertinente xustificación docu-mental .

Previo aviso e xustificación da necesidade de realización dentro da xornada de traballo. No caso de solicitar permiso para acompañar nas revisións médicas ou tratamentos aos fillos e fillas maiores de idade, ou cónxuxe, parella en análoga relación de afectividade ou persoas maires, debera acreditar que esas persoas que están ao seu cargo padecen limitacións físicas ou psíquicas que lles impiden asistir sós, agás cando se trate de probas de diagnóstico dun nivel de dificultade importante ou así sexa acon-sellable en función do diagnóstico que se vaia emitir Cando, con carácter excepcional, este permiso se vaia a gozar cunha certa periodicidade, o persoal funcionario docente presentará unha única solici-tude con todos os días que previsiblemente vai a necesitar, acompañada dos documentos xustifica-tivos pertinentes. Os centros poderán solicitar persoal substituto logo do informe da Inspección Educativa Referencia lexislativa: Art.31. Lei 13/2007, de 27 de xullo, de modificación da Lei de Función Pública de Galicia. Art.12, anexo VI da Orde de 7 de abril de 2008

Permiso por asuntos persoais

Poderase dispoñer de ata ca-tro días por ano académico , como máximo, de permiso para asuntos persoais sen xustificación, atendendo sem-pre as necesidades do servizo, dos cales dous poderán ser en días lectivos

Referencia lexislativa: Art.30. Lei 13/2007, de 27 de xullo, de modificación da Lei de Función Pública de Galicia. Art.14 da Orde do 7 de abril de 2008

Permiso para concorrer a exa-mes finais e demais probas definitivas de aptitude e pro-bas selectivas para o acceso á función pública

Durante os días da súa reali-zación (Cando exista des-prazamento, ampliarase o tempo necesario para a via-xe).

Referencia lexislativa: Art.30 Lei 13/2007, de 27 de xullo, de modificación da Lei 4/1998, do 26 de maio, da F.Pública de Galicia. Art. 6 anexo VI da Orde do 7 de abril de 2008

7

MOTIVO DURACIÓN CONSIDERACIÓNS

Permiso retribuído para asistir a tratamentos de fecundación asistida.

Tempo necesario .

Se fose necesario o desprazamento fóra da provincial o permiso será de 2 días

É necesaria a previa xustificación da necesidade da súa realización dentro da xornada de traballo, sempre que se faga en centros do Sistema Nacional de Saúde ou con concerto no réxime especial de seguriddade social dos funcionarios públicos.

Referencia lexislativa:Art.31. Lei 13/2007, de 27 de xullo, de modi-ficación da Lei de Función Pública de Galicia. Arts.10 , anexo VI da Orde de 7 de abril de 2008

Permiso a favor de funcionarios/as para acompañar ao seu cónxuxe ou parella en análoga relación de afectividade a tratamentos de fecundación asistida.

Tempo necesario . Se fose necesario o desprazamento o permiso será de 2 días

É necesaria a previa xustificación da necesidade da súa realización dentro da xornada de traballo. Referencia lexislativa:Art.31. Lei 13/2007, de 27 de xullo, de modi-ficación da Lei de Función Pública de Galicia. Art.10 , anexo VI Orde 7 de abril de 2008

Permiso por falecemento, accidente ou enfermidade grave dun familiar dentro do 1º grao de cosanguinida-de ou afinidade.

3 días hábiles cando o suce-so se produza na mesma localidade e 5 días hábiles cando sexa en distinta locali-dade.

-Os días empezarán a computar dende o día do falece-mento, accidente ou enfermidade, cando non se prestasen servizos. -Excepcionalmente en circunstancias de organización fami-liar para atender unha persoa enferma, poderanse solicitar os días de maneira ininterrumpida, dentro dos 15 días na-turais seguintes ao acontecemento que orixina o permiso Referencia lexislativa : Art.31. Lei 13/2007, de 27 de xullo, de modificación da Lei de Función Pública de Galicia. Art.3 , anexo VI da Orde de 7 de abril de 2008

Permiso por falecemento, accidente ou enfermidade grave dun familiar dentro do 2º grao de cosanguinida-de ou afinidade.

2 días hábiles cando o suce-so se produza na mesma localidade e 4 días hábiles cando sexa en distinta locali-dade.

Referencia lexislativa: Art.31. Lei 13/2007, do 27 de xullo, de mo-dificación da Lei de Función Pública de Galicia. Art.3 , anexo VI da Orde de 7 de abril de 2008

Permiso retribuído por acci-dente ou enfermidade moi grave do cónxuxe, parella en análoga relación de afectividade, familiares en 1º grao, acollidos/as ou familiares convivintes.

Duración máxima de 30 días naturais. Período mínimo: 7 días.

Cada accidente ou enfermidade xerará un único permiso, que, dentro da duración máxima de 30 días, se poderá utilizar de maneira separada ou acumulada. Se houbese máis dun titular deste dereito polo mesmo feito causante, o tempo de gozo deste permiso poderase ratear entre eles, respectando, en todo caso, o prazo de 30 días naturais. Neste caso e cando se goce de forma partida ou por máis dun titular, os períodos do mesmo non poderán rematar un venres e reiniciarse o seguinte luns. Referencia lexislativa: Art.31. Lei 13/2007, do 27 de xullo, de mo-dificación da Lei de Función Pública de Galicia. Art.11, anexo VI da Orde de 7 de abril de 2008

Permiso por traslado de domicilio.

1 día natural se é na mes-ma localidade e 2 días naturais se hai cambio de localidade . Se a unidade familiar está composta por 2 ou máis mem-bros, o permiso será de 2 días naturais sen cambio de locali-dade e 4 días naturais se exis-te cambio.

Enténdese que existe traslado de domicilio, cando o mes-mo se produza no marco dunha prestación de servizos continuada Referencia lexislativa: Art.30. Lei 13/2007, do 27 de xullo, de mo-dificación da Lei de Función Pública de Galicia. Art.4, anexo VI da Orde do 7 de abril de 2008

8

MOTIVO DURACIÓN CONSIDERACIÓNS

Ausencias do posto de traballo do persoal funcionario por razón de violencia de xénero.

As ausencias e faltas de asistencia totais ou parciais terán a consideración de xustificadas polo tempo e nas condicións en que así o determinen os servizos sociais de atención ou saúde segundo o proceda.

Terán dereito á redución da xornada coa diminución proporcional da retribución ou a reordenación do tempo de traballo. Referencia lexislativa: Art.25 Lei 13/2007, de 27 de xullo, de modificación da Lei 4/1998, do 26 de maio, da F.Pública de Galicia Art.18, anexo VI da Orde do 7 de abril de 2008

Redución de xornada por razón de violencia de xéne-ro

Redución da xornada coa diminu-ción proporcional da retribución ou á reordenación do tempo de traballo, a través da adaptación do horario, da aplicación do hora-rio flexible ou doutras formas de ordenación do tempo de traballo, cando iso sexa posible en fun-ción da organización do propio centro e do horario do alumnado

Referencia lexislativa: Art..31. Lei 13/2007, doe27 de xullo, de modificación da Lei de Función Pública de Galicia. Art.26 anexo VI da orde de 7 de abril de 2008

Por cumprimento dun deber inexcusable de carácter público ou persoal e por deberes relacionados coa conciliación da vida familiar e laboral

Polo tempo indispensable

O deber inexcusable debe ser personalísimo, é dicir, sen posibilidade de execución por medio de represen-tante ou substituto. En todo caso, entenderase por deber de carácter público ou persoal: - Citacións de xulgados, tribunais de xustiza, comisarías ou calquera outro organismo oficial. - Asistencia ás reunións dos órganos de goberno e comisións dependentes dos mesmos cando deriven estritamente do desempeño de cargos electivo. - A realización de visitas dentro dos programas europeos. - A asistencia as reunións das comisións das probas de acce-so á universidade - A asistencia a reunións cando se sexa convocado ou convo-cada pola Consellería de Educación e Ordenación Universita-ria ou polas súas Delegacións Provinciais. - Asistencia como presidentas ou presidentes ou vocais ás sesións de un tribunal de selección ou provisión, con nomea-mento da autoridade competente. - O cumprimento de obrigas que xeran ao interesado unha responsabilidade de orde civil, penal, social ou administrativa. Referencia lexislativa: Art.30. Lei 13/2007, de 27 de xullo, de modificación da Lei de Función Pública de Galicia. Art.13, da Orde do 7 de abril de 2008

Para coidar a un familiar de 1º grao, por razóns de enfermidade moi grave ou accidente moi grave Excepcionalmente, poderá gozar desta redución un familiar en segundo grao cando non existan supervi-ventes de primeiro grao ou estean incapacitados para atender ao seu coidado.

Redución de xornada Ata o 50% con carácter retribuído e por un prazo máximo de 1 mes, prorrogable en circunstancias excepcionais e atendendo á ex-trema gravidade da enfermidade padecida, ata un máximo de 2 meses. A duración da redución non poderá ser inferior a sete días

Se houbese máis dun titular do dereito, o tempo de gozo da redución poderase ratear entre eles. *Enfermidade grave: Cando medie hospitalización ou inter-vención cirúrxica maior ou cando o determine a Inspección Médica Educativa Referencia lexislativa:Art.31 Lei 13/2007, de 27 de xullo, de modificación da Lei 4/1998, de 26 de maio, da F.Pública de Galicia Art.25, anexo VI da Orde do 7 de abril de 2008

9

MOTIVO DURACIÓN CONSIDERACIÓNS

Por asistencia a actividades formativas

Hai tres tipos de actividades: .Actividades de formación convo-cadas pola Consellería de Educa-ción e Ordenación Universitaria a través dos planos provinciais: polo tempo indispensable. .Actividades de formación organi-zadas polos CFRs: Poderán asis-tir os profesores fóra do seu hora-rio lectivo. .Actividades organizadas polas universidades, organizacións sin-dicais, asociacións profesionais ou similares:Polo tempo necesario

Actividades de formación organizadas polos Servizos Centrais da Consellería de Educa-ción e Ordenación Universitaria : a admi-sión nestas actividades implica a autoriza-ción para asistir ás mesmas. A autorización será remitida á Inspección educativa e á dirección do centro. (Modelo de petición no anexo I da Orde de 7 de abril de 2008 ) Actividades organizadas polas universida-des, organizacións sindicais, asociacións profesionais ou similares: o profesorado interesado formulará a súa solicitude ao Delegado Provincial a través do director do centro, que a tramitará acompañada dun informe no que se indiquen as posibles repercusións que a ausencia do profesor tería na actividade docente .( Modelo de petición no Anexo II da Orde 7 de abril de 2008). As solicitudes serán informadas pola Ins-pección Educativa (está condicionada a súa adxudicación ás necesidades de servizo) As solicitudes e o informe deberán entrar na Delegación Provincial cunha antelación de alomenos 10 días ao inicio da activida-de. É preciso estar en posesión da autorización para asistir a estas actividades de forma-ción dentro do horario lectivo. Para a súa xustificación necesítase certifi-cación da entidade organizadora. Referencia lexislativa: Circular 3/98 da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e formación Pro-fesional sobre a asistencia a actividades de for-mación do profesorado. Art.31. Lei 13/2007, de 27 de xullo, de modifica-ción da Lei de Función Pública de Galicia. Arts.19 anexo VI da Orde de 7 de abril de 2008

Para a realización de funcións sindicais

A que se estime, dentro dos lími-tes legalmente establecidos.

Referencia lexislativa: Art.5, anexo VI da Orde de 7 de abril de 2008

Presidentes ou vocais de mesas electorais

Xornada completa no día da votación , se as votacións son en horario laboral e ademais diso sexan en horario laboral ou non, terán dereito a unha redución de 5 horas da súa xornada laboral na data inmediatamente poste-rior á data de celebración do sufraxio .

Solicitude no centro de traballo adxuntando copia de nomeamento como vocal ou como presidente expedida pola xunta electoral correspondente. Referencia lexislativa: art.28, 76.4, 78.4 da Lei Orgánica 5/85 de 19 de maio

10

MOTIVO DURACIÓN CONSIDERACIÓNS

Por enfermidade

Como norma xeral ata alta médica. Máximo 18 meses . Esgotada a ILT proponse IP

Documentación: Baixa médica oficial se é máis de catro días, aportando certificado médico, modelo de Muface ou da Seguridade Social. Renovación da baixa: cada 7/15 días. Ata tres me-ses: recíbese a totalidade das retribucións; prórro-gas mensuais. A partires do 4º mes a Admón educativa paga só: retribucións básicas (soldo e trienios). MUFACE complementa o salario de acordo a determinados requisitos. Reserva de posto de traballo e tempo computable t rienios/pasivos. Referencia lexislativa: Lei 4/88 da Función Pública de Galicia, Art. 68.4. Artigo 18 e seguintes do R.D. Lexislati-vo 4/2000 de 23 de xuño. Art.22, anexo VI da Orde de 7 de abril de 2008

Licenza por asun-tos propios.

Ata tres meses cada dous anos . Non terá unha duración inferior a 5 días (Pódese pedir por días, semanas,etc) O Cómputo dos dous anos iniciarase o mesmo día que comece o gozo da licenza. Os días da concesión da licenza serán naturais

Concesión subordinada ás necesidades do Centro e do servizo. Concédese ao persoal funcionario de carreira e interino Retribucións: sen retribucións. O tempo conta a efectos de tempo de servizos para trienios . Referencia lexislativa: Art.21 da Orde de 7 de abril de 2008

Por matrimonio ou unión de feito

15 días naturais ininterrompidos

O permiso deberá gozarse, con carácter xeral, en datas que comprendan o día do feito causante ou inmediatamente despois. Excepcionalmente, e por causa motivada, poderá gozarse noutras datas diferentes e sempre dentro do curso académico no que ten lugar o feito causante. Referencia lexislativa: Art.20, anexo VI da Orde de 7 de abril de 2008

Para estudos rela-cionados co tra-ballo docente

1 curso imporrogable, poden ser cuatrimestrais

Publicase cada curso,en DOG a súa convocatoria. O tempo é computable aos efectos de antigüidade, pasivos, etc.

Por risco durante o embarazo

Trátase de licenzas de ata 3 meses cada ano natural , que poderán prorrogarse por perío-dos mensuais.

Documentación: Solicitude e informe médico.

Referencia lexislativa: Lei 39/1999, de 5 de novembro, para promover a Conciliación da Vida Familiar e Laboral das Persoas Traballadoras (BOE 06-11-99), que introdu-ce un terceiro apartado no artigo 69º da Lei de Funciona-rios Civís do Estado de 1964, Decreto 15/1964, de 7 de febreiro (BOE 15-02-64).

11

MOTIVO DURACIÓN CONSIDERACIÓNS

Excedencia por razón de violencia de xénero.

Poderán solicitar a situación de excedencia durante 6 meses sen ter que prestar un tempo máximo de servizos previos e sen que sexa esixible prazo de permanencia nela

Durante os 6 primeiros meses terán dereito á reserva do posto de traba-llo que desempeñasen, e o devan-dito permiso será computable para os efectos de antigüidade, carreira e dereitos do réxime de Seguridade Social que sexa aplicable. Cando as accións xudiciais o esixi-sen, poderase prorrogar este permi-so por 3 meses, cun máximo de 18 meses. Durante os 2 primeiros meses desta excedencia, a funcionaria terá dereito a percibir as retribucións íntegras e, se é o caso, ás prestacións familiares por fillo/a o seu cargo.

Referencia lexislativa: Artigo.25 Lei 13/2007, de 27 de xullo, de modificación da Lei 4/1998, do 26 de maio, da F. Pública de Galicia

Excedencia para o coidado de fillos e fillas.

Non superior a 3 anos para atender o coidado de cada fillo/a, tanto sexa por natureza coma por adopción ou acollemento permanente ou adoptivo.

Excedencia para o coidado dun familiar ao seu cargo ata segundo grao, inclusive, que por razóns de idade, accidente, enfermidade ou discapacidade non se poda valer por sí mesmo e non desempeñe actividade retribuída.

Non superior a 3 anos .

Excedencia por interese particular

Será preciso ter prestado servicios efectivos en calquera das administra-cións públicas durante os cinco anos inmediata-mente anteriores e nela non se poderá perma-necer menos de 2 anos continuados.

Referencia lexislativa: Art. 55 da Lei 4/1998 de 26 de maio da Función Públi-ca de Galicia

Contará desde a data de nacemen-to ou, se é o caso, da resolución xudicial ou administrativa. Ámbalas dúas excedencias son computables a efectos de trienios, carreira e dereitos no réxime da Seguridade Social que sexa aplica-ble. Poderán participar nos cursos de formación que convoque a adminis-tración. Reserva de posto de traballo: cando menos, 2 anos. Ao transcorrer ese período a devandita reseva será a un posto da mesma localidade. Referencia lexislativa: art.24. Lei 13/2007, de 27 de xullo, de modificación da Lei de Función Pública de Galicia

12

TÍOS-AVÓS-4º-

TÍOS-3º-

PRIMOS-4º-

IRMÁNS-2º-

SOBRIÑOS-3º-

SOBRIÑO_NETOS-4º-

CONSANGUINIDADE

BISAVÓS-3º-

AVÓS-2º-

PAIS-1º-

TRABALLADOR_A

FILLOS-1º-

NETOS –2º-

BISNETOS-3º-

AFINIDADE

BISAVÓS-3º-

AVÓS-2º-

PAIS-1º-

CÓNXUXE

FILLOS-1º-

NETOS –2º-

BISNETOS-3º-

TÍOS-AVÓS-4º-

TÍOS-3º-

PRIMOS-4º-

IRMÁNS-2º-

SOBRIÑOS-3º-

SOBRIÑO_NETOS-4º-