Ana Mª Fernández

8
ANA Mª FERNÁNDEZ (Vigo, 1949). É otra das nosas escritoras, en lingua galega, de actualidade. É mestra e licenciada en Filosofía e Letras e traballa como profesora de Educación Infantil nun centro da Coruña. Preparou diversos libros de textos para a aprendizaxe da lingua galega e diversas traducións de obras infantís ao galego. Como autora de literatura infantil publicou os poemarios: *Ondas de verde azul (Xerais 1994), *Polas rúas dos versos (1990) *Oliña de azucre (1995), *A casa de había unha vez (Xerais 2001) e *Amar e outros verbos (2002). Premio Lazarillo Como narradora publicou, entre outras, as obras: *O pirata da illa de prata (1987), *O cacarabicolé (Xerais 1997)., *Contos da selva de Longorongón (1998), *A longa viaxe de carambeliña polar (1998), *Bastón, bombín, bombón (2000), En colaboración con Xoán Babarro, o seu marido, publicou, entre outras: *A festa dos mil contos (1997), *O porqué da chave dourada (1997), *As bruxas esdrúxulas (1999), *Os xigantes de nunca acabar (1999), *Contos do reino Mamoranguá (1999)

description

poesía gallega

Transcript of Ana Mª Fernández

Page 1: Ana Mª Fernández

ANA Mª FERNÁNDEZ (Vigo, 1949).

É otra das nosas escritoras, en lingua galega, de actualidade.

É mestra e licenciada en Filosofía e Letras e traballa como profesora de Educación Infantil nun centro da Coruña. Preparou diversos libros de textos para a aprendizaxe da lingua galega e diversas traducións de obras infantís ao galego.

Como autora de literatura infantil publicou os poemarios: *Ondas de verde azul (Xerais 1994), *Polas rúas dos versos (1990)*Oliña de azucre (1995), *A casa de había unha vez (Xerais 2001) e*Amar e outros verbos (2002). Premio Lazarillo

Como narradora publicou, entre outras, as obras: *O pirata da illa de prata (1987), *O cacarabicolé (Xerais 1997)., *Contos da selva de Longorongón (1998), *A longa viaxe de carambeliña polar (1998), *Bastón, bombín, bombón (2000),

En colaboración con Xoán Babarro, o seu marido, publicou, entre outras:

*A festa dos mil contos (1997), *O porqué da chave dourada (1997), *As bruxas esdrúxulas (1999), *Os xigantes de nunca acabar (1999), *Contos do reino Mamoranguá (1999)

Page 2: Ana Mª Fernández

Matarile-rile, matarile-rón,os sete cabritos de branco algodón.

Os sete cabritos querían xogará roda rodiña, no verde pinar.

E chegaron novas que o lobo feroz,quería xantar año con arroz.

A mamá cabuxa, mortiña de medo,pechoulle-la porta co seu tarabelo.

-Non saiades fóra, que nunca se sabe,eu volverei logo e xa levo a chave.

Pero o lobo malo, que andaba á procura,a seis deles puxo na barriga escura.

Dentro do reloxo, o máis pequeniño,púidose librar do negro fociño.

E avisou á nai, que era costureirae, xuntos, abríronlle a tripa tripeira.

Ó sairen todos, brincando contentos,enchéronlle a panza de pedras a centos.

Matarile-rile, matarile-rón,os sete cabritos de branco algodón.

A casa de había unha vez. Ana Mª Fernández.

Page 3: Ana Mª Fernández

DEIXÁDEME LIBRE

Deixádeme libre,que quero ir ó mar;

camiño de ida, non vou regresar.

As nondas me levenonde haxa un cantar.Do barco dos soños,

serei capitán.Arroaces mourosviranme escoltar.

Seguirei da escumao louco bailar.

Dos portos que toque,ninguén saberá.

Deixádeme libre,que quero ir ó mar.

Ondas de verde e azulAna Mª Fernández

Page 4: Ana Mª Fernández

O ratiño fraco,barriga de trapo,

na gran cidadeten ao seu curmán,que bebe do leite,

que come do queixo,que rilla no pan.O ratiño fraco,

barriga de trapo,colle o seu zapato,

vaino visitar.E anda o camiño,e nada o regato, e gasta o verán.O ratiño fraco,

barriga de trapo,chega ata unha casa

de pulido chan.E bebe do leite,

e come do queixoe rilla no pan

do seu curmán,que é moi nugallán.

O ratiño fraco,barriga de trapo,

ve que chega un gato,tal coma un lobato

e toca a rebatopara se salvar.

E, ás carreiras,saltae esvara no prato,e perde o zapatoe alcanza a ventá.

¡Adeus, curmanciño,que volvo ó camiño

onde as miñas patastranquilas están!

A casa de había unha vez. Ana Mª Fernández.

Page 5: Ana Mª Fernández

Para Sabela,un barco de vela.

Para Beatriz,os ovos dunha perdiz.

Para Manel,folliñas de caravel.

Para Cibrán,barbada espiga de pan.

Para Tareixa,marmeladiña de ameixa.

Para Breixo,un anaquiño de queixo.

Para Antón,as pebidas dun melón.

Para Xoán,un bolo fresco de pan.

Pola rúa dos versosAna Mª Fernández.

Page 6: Ana Mª Fernández

- No ceo hai un paxaro.-E que máis?

- No paxaro hai unha pluma.-E que máis?

- Na pluma hai un redondo.-E que máis?

- No redondo unha aceituna.-E que máis?

- Na aceituna hai unha cor.-E que máis?

- Na cor hai un cantar.-E que máis?

- No cantar, un estribillo.-E que máis?

- No estribillo, un alalá.

Pola rúa dos versos Ana Mª Fernández.

Page 7: Ana Mª Fernández

O vento bailóntoca o saxofón.

O vento nordésvén a catro pés.

O vento mareiroguía un petroleiro.

O vento do surpinta un ceo azul.

Oliña de azucre Ana Mª Fernández

Page 8: Ana Mª Fernández

Polas rúas de Tulúsvai un vello en autobús.

Polas rúas de Pequínvai un vello nun patín.

Polas rúas de Sevillavai un vello nunha silla.

Polas rúas de Damascovai un vello nun carrasco.

Polas rúas de Almeríavai un vello nun tranvía.

Polas rúas de Padrónvai un vello en avión.

Pola rúa dos versos Ana Mª Fernández.