As novas de chans. Infórmate

4
Nº 11, MARZO 2012 Curso 2011/2012 EDLG: Obradoiro de xornalismo Obras en Chans No colexio fixeron obras no tellado e na fachada. As reporteiras de Infórmate foron a investigar. Fixé- ronlles unhas preguntas aos obreiros e… Dixéronlles que non querían contestar!!!!! Moi sospeitoso, moi sospeitoso, tra- marán algo?? Que tal polo colexio? Ben, encántame. Gústache o galego? Si, gustaríame apren- der moito máis. Sabes falalo? Non. A que te dedicas en América? Fun profesor , traballei na construción e nunha estación de esquí. Gústanche os teus traballos? Si, moito. Votas de menos a túa casa? Un pouquiño. Grazas Edward pola túa simpatía. Un ano máis a nosa escola acolleu a exposición de "África, cuestión de vida. África, cuestión debida" promovida por REDES VIGO. Este ano presentan imaxes do fotógrafo Augusto Ro- dríguez Criado sobre a saúde na África Sub- sahariana. Tamén tivemos charlas e como novidade, este ano invitáronnos a par- ticipar na creación duns contos viaxeiros que irán completando todas as esco- las participantes. Tivemos a sorte de seren o primeiros, e a verdade é que tanto o de infantil como o de primaria quedaron especta- culares. O luns, día 5 de marzo, co- mezou un torneo de Bádminton que ten lugar durante os recreos. Nel participa o alumnado de 4º, 5º e 6º. Este ano o torneo é moi interesante porque todos os par- ticipantes teñen un nivel moi al- to, tal como amosan algúns re- sultados. Antes de cada partido teñen que quentar para logo co- mezar a acción. Clasificáronse para cuartos de final cos seguintes empare- llamentos: CLAUDIA 5ºB NICOLÁS 5ºB ZOEL 6ºB YAGO 5ºB RAMON 4ºA BRUNO 6ºB AARON 6ºB YACOB 5ºB HUMOR Estaban dúas ovellas xogando ao pimpón e de súpeto escápaselles a pelota. Unha ovella di: Beeeeee E a outra di: Veeeeee -túuuuuuuu Van dous globos polo deserto e un di: Mira, un cactusssssssss…

description

prensa escolar

Transcript of As novas de chans. Infórmate

Page 1: As novas de chans. Infórmate

Nº 11, MARZO 2012

Curso 2011/2012

EDLG: Obradoiro de xornalismo

Obras en Chans No colexio fixeron obras no tellado e na fachada. As reporteiras

de Infórmate foron a investigar. Fixé-ronlles unhas preguntas aos obreiros e…

Dixéronlles que non querían contestar!!!!! Moi sospeitoso, moi sospeitoso, tra-marán algo??

Que tal polo colexio?

Ben, encántame.

Gústache o galego?

Si, gustaríame apren-

der moito máis.

Sabes falalo?

Non.

A que te dedicas en

América?

Fun profesor , traballei na construción e

nunha estación de esquí.

Gústanche os teus traballos?

Si, moito.

Votas de menos a túa casa?

Un pouquiño.

Grazas Edward pola túa simpatía.

Un ano máis a nosa escola acolleu a exposición

de "África, cuestión de vida. África, cuestión

debida" promovida por REDES VIGO. Este ano

presentan imaxes do fotógrafo Augusto Ro-

dríguez Criado sobre a saúde na África Sub-

sahariana. Tamén tivemos

charlas e como novidade,

este ano invitáronnos a par-

ticipar na creación duns

contos viaxeiros que irán

completando todas as esco-

las participantes. Tivemos a

sorte de seren o primeiros, e a verdade é que tanto

o de infantil como o de primaria quedaron especta-

culares.

O luns, día 5 de marzo, co-

mezou un torneo de Bádminton que ten lugar durante os recreos.

Nel participa o alumnado de 4º, 5º e 6º. Este ano o torneo é moi

interesante porque todos os par-ticipantes teñen un nivel moi al-to, tal como amosan algúns re-

sultados. Antes de cada partido teñen que quentar para logo co-

mezar a acción. Clasificáronse para cuartos de final cos seguintes empare-llamentos:

CLAUDIA 5ºB

NICOLÁS 5ºB

ZOEL 6ºB YAGO 5ºB

RAMON 4ºA BRUNO 6ºB

AARON 6ºB YACOB 5ºB

H U M O R Estaban dúas ovellas xogando ao pimpón e de súpeto escápaselles

a pelota. Unha ovella di: Beeeeee E a outra di: Veeeeee -túuuuuuuu

Van dous globos polo deserto e un di: Mira, un cactusssssssss…

Page 2: As novas de chans. Infórmate

Queres saír no próximo periódico e recibir un agasallo exclusivo? Pois participa no primeiro concurso organizado polas NOVAS DE CHANS.

Terás que investigar cal é a árbore máis alta da escola. Dinos cal é, onde está e porque crees que a máis alta. Cubre a ficha que vai neste xornal e

métea na nosa caixa de correos. Haberá tres agasallos, pero non imos dicir agora cales son. Para os que non gañen temos diplomas exclusivos. Este é o primeiro concurso, se amosades interese haberá novos concursos e

máis agasallos A g a r d a m o s a v o s a p a r t i c i p a c i ó n .

Queres saber todo sobre Gerónimo Stil-

ton? Neste blogue terás todas as novidades sobre este rato. Ademais atoparas e terás

todo tipo de novas sobre os libros novos.

Neste blogue atoparedes información sobre

a celebración do día da Paz, o día da muller traballadora, o entroido e actividades varias

que se realizan na escola.

O blogue de inglés ten moitas actividades

para practicar este idioma. Tamén ten víde-os simpáticos, xogos e moito máis. Anda, anímate, entra nel !!

Información sobre as actividades que face-

mos na nosa escola , como fotos da celebra-ción de San Brais e do Entroido. Tamén po-

dedes ver todo aquilo que investigamos so-bre Bembrive.

Neste blogue a protagonista é a música.. Nel

poderás xogar cos instrumentos da orquestra, escoitar a canción da Paz do grupo 3+2 e re-

alizar un test de audición para ver que tal an-dan eses oídos!!!!

O pasado 28 de febreiro, os alumnos e alumnas de

sexto vistamos os museos da cidade de “A Coruña”, é pasámolo xenial. No acua-

rio o que máis nos sorpren-deu foron os tiburóns que

son enormes. No DOMUS ( A casa do home) fixemos un xogo de control mental,

foi impresionante! Na casa das ciencias sentí-

monos no centro do univer-so. Temos gañas de repetir experiencias coma esta, nas

que aprendemos xogando.

Page 3: As novas de chans. Infórmate

Queredes saber o que mandou traer o meco, o celebre boneco que nos visita sempre polo Entroido, este

ano? - O MARTES , traer algo na cabeza - O MÉRCORES, traer algo no pescozo - E o XOVES, traer algo na cintura

Hai que admitilo: este ano, comparado cos anteriores, foi un pouco SOSO.

Coma todos os anos celebra-

mos o Entroido en Chans. Todos os cursos, incluídos os mestres nos

disfrazamos. Coma seguimos co proxecto Achégate a Bembrive,

cada curso disfrazouse de algo relacionado con este tema. Os de infantil disfrazáronse de ESPANTA-LLOS, os de primeiro de PEREGRI-NOS, os de segundo de MÚSICOS,

os de terceiro de AGRICULTORES E GANDEIROS, os de cuarto de ESTACIÓNS do ano, os de quinto

de CANTEIROS E MEDIEVAIS, e os de sexto de VIUVAS e INMIGRAN-

TES e, por último, os profesores, que se disfrazaron de CARTAS DE

FURANCHO.

Coñeces o libro dos RÉCORDS do mundo? Pois na escola tamén queremos coñecer as vosas marcas ou RÉCORDS. Se tedes algo interesante, gracioso, asombroso... e queredes compartilo con nós, tan so te-

des que metelo na nosa caixa de correo de Infórmate. Os máis interesantes serán publicados no próximo número de As Novas de Chans. A n í m a t e a p a r t i c i p a r ! ! ! ! !

O pasado 2 de febreiro celebramos na nosa es-

cola A Festa de San Brais, o patrón de Bembri-ve, á nosa maneira.

Como é tradicional, o alumnado de 1º ciclo or-ganizou un pequeno furancho no patio da nosa

escola. Para poder comer nel, so tiñamos que inventar e recitar coplas e ditos relacionados con esta festa. Ademais veu visitarnos un

grupo de música formado por dous gaiteiros, e unha unha tamborileira, e outra señora que tocaba un bombo moi grande. Acompañáronnos tocando muiñeiras e

xotas . ¡ P a s á m o l o x e n i a l !

INFANTIL

TERCEIROS

PRIMEIROS

SEGUNDOS

QUINTOS

SEXTOS

CUARTOS

Page 4: As novas de chans. Infórmate

Colabora con nós … Esperamos as vosas noticias, historias, propostas …

[email protected]

http://informate-chans.blogspot.com/

Tamén na nosa caixa de correos….

S

O

M

O

S

Isabel Gradaille 5º B

Julia Villasur 5º B

Laura Mireya 5º B

Raquel Bahillo 5º B

Jessica Martínez 5º B

Claudia Álvarez 5º B

Candela Dasilva 5º B

Mariana Rodríguez 5º B

Sara Gil 5º B

Coord. Juan Carlos Abalde González

Este ano todos os nenos e nenas

do cole que son de Bembrive recibiron unha nota na que lles informaban que

este ano tiñan que traer fotos de mulle-res da súa familia que traballasen sen

recibir ningún soldo. Están expostas todas as fotografías nun mural moi orixinal que está no recibidor

da escola. Visítao!!

O equipo da Biblioteca propuxo dedicar o mes de marzo

ao cómic e deseñou un montón de actividades que vos conta-mos.

No cole fixemos un cómic xigante e colectivo relacionado con Bembrive. O protagonista é un extraterrestre chamado Helios,

que chegou a Bembrive para coñecer a orixe do seu nome e algunhas costumes do noso lugar. Cada clase fixo unha ou va-rias das viñetas do cómic, polo que todos os cursos participa-

ron. FOI MOI DIVERTIDO! Polos corredores do centro puidemos ver unha marabillosa co-

lección de portadas de cómics, moitas moi antigas, que nos prestaron para a ocasión. Tamén tiñamos que adiviñar de quen eran as sombras dos personaxes de cómics coñecidos

que apareceron polos corredores. Quedaron unhas instalacións preciosas, cheas de animación e cor!!

Un ilustrador experto ía visitar a nosa escola para explicarnos un pouco máis sobre o cómic pero de camiño a escola tivo un

pequeno accidente de coche e fíxose unha escordadura cervi-cal. Esperamos que se recupere pronto!!!!!!!!

Máis información en http://bibliochans.blogspot.com

O luns 30 de xaneiro celebramos o día escolar pola Paz

e a Non-Violencia. Durante a semana anterior, cada aula , segundo un sorteo, foi visitada por compañeiros doutro curso

que descubriron aquelas cousas nas que eran sementes de paz .

Ese luns nos xuntamos todos no patio e cantamos a cantiga “Os nenos queremos a Paz”. Rematamos coa tradicional solta de dúas pombas brancas para que co seu voo nos traian paz.