Aves de Enseada do Umia o Grove-Cartel

1
AVES DO COMPLEXO INTERMAREAL UMIA-O GROVE-A LANZADA A zona inclúe unha gran diversidade de ecosistemas: marismas e o esteiro do Umia, pradeiras de sebas do Bao, lagoas de auga dóce de Noalla, Vilalonga e A Lanzada, illotes de interior de ría, dunas do Istmo e os cantís da Lanzada e San Vicente. É unha zona dunha gran diversidade botánica, en especial nas dunas, e faunística. Hai censadas máis de 200 especies de aves que residen de forma permanente ou utilizan a zona como área de descanso na súa migración. Protección: Zona de Especial Protección dos Valores Naturais. Sitio RAMSAR. ZEPA. Refuxio de caza. Incluído no LIC, "Complexo Ons-O Grove". Cullereiros (Platalea leucorodia) Case toda poboación invernante de Galicia. Gabitas (Haematopus ostralegus) Abundante no inverno. Garzota (Egretta garcetta) Abonda, sobre todo, no inverno. Garza Real (Ardea cinerea) Vese, sobre todo, no outono e no inverno. Mascato (Sula bassana) Inverna nas zonas de mar aberto. Arao dos cons (Uria aalge). Exemplares invernantes en mar aberto. Corvo mariño cristado (Phalacrocorax aristotelis) Presente todo o ano. Cría na illa de Ons. Pilro groso (Calidris canutus) Vese sobre todo nos pasos invernais. Píllara real (Charadrius hiaticula) Invernante e nos pasos migratorios. Píllara riscada (Arenaria interpres) Invernante e nos pasos migratorios. Bilurico común (Tringa totanus). Invernante e nos pasos migratorios. Bilurico pativerde (Tringa nebularia). Vese nos pasos migratorios e algúns exemplares no inverno. Pato rabilongo (Anas acuta) Invernante no Bao. Parrulo chupón (Aythya ferina) Invernante no Bao. Pato cullerete (Anas clypeata) Invernante no Bao. Alavanco real (Anas platyrhynchos) Cría na enseada. Galiñola negra (Fulica atra). Vive nas lagoas de auga dóce. Chasco (Saxicola torquata). Vive entre o mato das dunas. MAR ABERTO DUNAS. Istmo da Lanzada ENSEADA. O Bao Fotos: Adela Leiro e Gonzalo Palacios.

Transcript of Aves de Enseada do Umia o Grove-Cartel

Page 1: Aves de Enseada do Umia o Grove-Cartel

AVES DO COMPLEXO INTERMAREAL UMIA-O GROVE-A LANZADAA zona inclúe unha gran diversidade de ecosistemas: marismas e o esteiro do Umia, pradeiras de sebas do Bao, lagoas de auga dóce de Noalla, Vilalonga e A Lanzada, illotes de interior de ría, dunas do Istmo e os cantís da Lanzada e San Vicente. É unha zona dunha gran diversidade botánica, en especial nas dunas, e faunística. Hai censadas máis de 200 especies de aves que residen de forma permanente ou utilizan a zona como área de descanso na súa migración.

Protección: Zona de Especial Protección dos Valores Naturais. Sitio RAMSAR. ZEPA. Refuxio de caza. Incluído no LIC, "Complexo Ons-O Grove".

Cullereiros (Platalea leucorodia)Case toda poboación invernante de Galicia.

Gabitas (Haematopus ostralegus)Abundante no inverno.

Garzota (Egretta garcetta)Abonda, sobre todo, no inverno.

Garza Real (Ardea cinerea)Vese, sobre todo, no outono e no inverno.

Mascato (Sula bassana)Inverna nas zonas de mar aberto.

Arao dos cons (Uria aalge).Exemplares invernantes en mar aberto.

Corvo mariño cristado (Phalacrocorax aristotelis)Presente todo o ano. Cría na illa de Ons.

Pilro groso (Calidris canutus)Vese sobre todo nos pasos invernais.

Píllara real (Charadrius hiaticula)Invernante e nos pasos migratorios.

Píllara riscada (Arenaria interpres)Invernante e nos pasos migratorios.

Bilurico común (Tringa totanus).Invernante e nos pasos migratorios.

Bilurico pativerde (Tringa nebularia).Vese nos pasos migratorios e algúns exemplares no inverno.

Pato rabilongo (Anas acuta)Invernante no Bao.

Parrulo chupón (Aythya ferina)Invernante no Bao.

Pato cullerete (Anas clypeata)Invernante no Bao.

Alavanco real (Anas platyrhynchos)Cría na enseada.

Galiñola negra (Fulica atra).Vive nas lagoas de auga dóce.

Chasco (Saxicola torquata).Vive entre o mato das dunas.

MAR ABERTO

DUNAS. Istmo da Lanzada

ENSEADA. O BaoFotos: Adela Leiro e Gonzalo Palacios.