Boletín abril 2012

2
Algunhas das novidades na biblioteca... O Pintor do Sombreiro de Malvas Marcos Calveiro No verán de 1890 en Auvers, un adolescente coñecerá a Vincent, un pintor que semella beberse a vida con cada violenta pincelada sobre o lenzo. Toda unha homenaxe á arte, a pintura, e a un dos grandes, Van Gogh. Ninguén Fran Alonso "Unha reflexión sobre a sociedade cunha mirada indiscreta do que percibimos pola apariencia ou escoitamos a través das paredes; pero tamén é unha análise sobre como as tecnoloxías inflúen no noso hábito de comunicación." F. A. Contra el Viento del Norte, Cada Siete Olas... Daniel Glattauer Perigosamente adictivo... Non poderedes resistirvos a ler todas as obras deste fenómeno editorial europeo. Coñeces a túa música? O departamento de Música ven de crear un mural coa rapazada de 4º ESO para que coñezades un pouco máis @s artistas da nosa terra : música urbana, folk, jazz... Na biblioteca atoparedes algúns deles... Xa temos blog!! Achégate a velo... bibliobizocas .blogspot.com

Transcript of Boletín abril 2012

Page 1: Boletín abril 2012

Algunhas das novidades na biblioteca...

O Pintor do Sombreiro de MalvasMarcos CalveiroNo verán de 1890 en Auvers, un adolescente coñecerá a Vincent, un pintor que semella beberse a vida con cada violenta pincelada sobre o lenzo. Toda unha homenaxe á arte, a pintura, e a un dos grandes, Van Gogh.

Ninguén

Fran Alonso"Unha reflexión sobre a sociedade cunha mirada indiscreta do que percibimos pola apariencia ou escoitamos a través das paredes; pero tamén é unha análise sobre como as tecnoloxías inflúen no noso hábito de comunicación." F. A.

Contra el Viento del Norte, Cada Siete Olas...Daniel GlattauerPerigosamente adictivo... Non poderedes resistirvos a ler todas as obras deste fenómeno editorial europeo.

Coñeces a túa música?

O departamento de Música ven de crear un mural

coa rapazada de 4º ESO para que coñezades un

pouco máis @s artistas da nosa terra : música

urbana, folk, jazz... Na biblioteca atoparedes

algúns deles...

Xa temos blog!! Achégate a velo...

bibliobizocas.blogspot.com

Page 2: Boletín abril 2012

OS RÍOS DA VIDADin que todas as persoas necesitamosas historias, tanto coma a auga quebebemos, tanto coma o pan de cadadía. Que sorte, que sexan tan doadas

de conseguir! Só hai que abrir un libroe deixarse arrastrar polo río das

palabras, esas que fan nacer dentrode nós outros mundos e outras vidas.Semella cousa de maxia que os libros

garden tantas marabillas no seuinterior: a emoción do inesquecible

primeiro bico; a voz pausada e sabiado ancián da tribo; as conversas das

mulleres que traballan arreo nos arrozaisdo delta do Mekong; os andares

pousóns dos camelos, a avanzarencoa caravana polas areas do deserto;

o espanto ante os perigos que a escuridadeagocha, nun bosque inmenso

ou no corredor da nosa casa; a soidadee as dúbidas de cando temos

quince anos; as vidas de hai mil anos,cando o mundo era doutro xeito; ou

as de dentro de mil anos, nun planetaque agoniza; a fascinación polas estrelas,

que nos envían a súa luz desdeos abismos do espazo-tempo; o desespero

de sentirse só entre ríos dexente; o nacemento dunha persoa, amorte doutra; os seres máxicos e os

deuses terribles…Abrir un libro e deixarse levar pola

fervenza de voces, de linguas, de recendos,de paisaxes… Unha maxia

secreta e inesgotable, que a nós noscorresponde descubrir.Agustín Fernández Paz

Texto-agasallo de Agustín Fernández Pazpara as Bibliotecas Escolares de Galicia

no Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor / 2012http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog

www.valentinpazandrade.es

BOLE

TÍN

Nº5

“A imaxe do que unha lingua foi ou deixou de ser no percurso das edás,

non se debera interpor na comprensión do seu destiño”

O porvir da lingua

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2012DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2012VALENTÍN PAZ ANDRADE (1898-1987)

Avogado, xornalista, poeta, viaxeiro, home de empresa, vinculado á política...

por e para Galicia.

CU

RSO

20

11/1

2