Boletín verán 2011

2
" O Fenómeno Moccia" Tedes xa na biblioteca exemplares dalgunhas das obras do escritor italiano que causou furor na xuventude europea, ata tal punto que é difícil atopar unha ponte da que non colgue un cadeado pechando promesas e soños. A Cripta do Apóstolo Pere Tobaruela Se o voso son máis ben as aventuras e vos apetece percorrer o Camiño de Santiago sen movervos da praia, probade con esta novela. O Contador de Estrelas Jaureguizar Antía estaba certa de que aquel ía ser o verán máis aburrido da súa vida... A amizade, o amor, a aventura e a mentira farán que mude a súa visión inocente da realidade. DÉIXANSE LEVAR... DÉIXATE LEVAR. 3 libros ata setembro. Que mellor que un libro nesas horas mortas do verán? Pasa pola biblioteca e emprestarémosche novas experiencias e aventuras imposibles. Sabías que... ? Dende que comezamos co Programa Meiga de xestión de bibliotecas, no 2011... estamos rexistrad@s 199 usuari@s, temos 3.528 títulos, emprestáronse máis de 150 volumes, e o libro máis levado foi ... "O Diario Vermello de Carlota" de Gemma Lienas. Este magazine mensual de factoría meca comezouse a publicar en xaneiro deste ano. Podedes achegarvos á biblioteca a ler as súas entrevistas , reportaxes, novas... sobre O Grove e máis. Atoparédela tamén nos quioscos e librarías da vila por 2 euros. BOLETÍN Nº3 CURSO 2010/11 Febreiro 2010 Bondi Beach. Sydney, Australia. SUM MER essentials

Transcript of Boletín verán 2011

Page 1: Boletín verán 2011

" O Fenómeno Moccia"Tedes xa na biblioteca exemplares dalgunhas das obras do escritor italiano que causou furor na xuventude europea, ata tal punto que é difícil atopar unha ponte da que non colgue un cadeado pechando promesas e soños.

A Cripta do ApóstoloPere TobaruelaSe o voso son máis ben as aventuras e vos apetece percorrer o Camiño de Santiago sen movervos da praia, probade con esta novela.

O Contador de EstrelasJaureguizarAntía estaba certa de que aquel ía ser o verán máis aburrido da súa vida... A amizade, o amor, a aventura e a mentira farán que mude a súa visión inocente da realidade.

DÉIXANSE LEVAR... DÉIXATE LEVAR.

3 libros ata setembro. Que mellor que un libro nesas horas mortas do verán? Pasa pola biblioteca e emprestarémosche novas experiencias e aventuras imposibles.

Sabías que... ?Dende que comezamos co Programa Meiga de xestión de bibliotecas, no 2011... estamos rexistrad@s 199 usuari@s, temos 3.528 títulos, emprestáronse máis de 150 volumes, e o libro máis levado foi ..."O Diario Vermello de Carlota" de Gemma Lienas.

Este magazine mensual de factoría meca comezouse a publicar en xaneiro deste ano. Podedes achegarvos á biblioteca a ler as súas entrevistas , reportaxes, novas... sobre O Grove e máis. Atoparédela tamén nos quioscos e librarías da vila por 2 euros.

BOLETÍN Nº3 CURSO 2010/11

Febreiro 2010Bondi Beach. Sydney, Australia.

SUMMERessentials

Page 2: Boletín verán 2011

Nesta V edición do Certame e logo de ler centos de versos laiándose ou cantándolle á vida, o xurado fallou a favor dos seguintes:

CATEGORÍA ESO: Carmen Torres Besada - 2º ESO I.E.S. As Bizocas

ARBO

Pedras douradas,follas caídas,

saraiba no musgo.Un camiño angosto,

fentos colonizadores,son de auga ao fondo.

Xa chegamos.Fragas, carballeiras,

unha ponte de vellas pedras,unha porta altiva,

e ó fondo,Aldán sorrindo e saudando,

Xares ollando e calando.Xa chegamos.

Un torrente de luz na galería,un camelio branco arroupa ós comensais.

Amigos, charla, risas.Camiñadas ó río, paseos polo bosque.

Doces, café, agarimos,sorrisos, complicidade.

Amigos.Pedras de muiños, peneiras, adegas,

agasallos e abrazos.Rematou o día.

Marchamos de Arbo.

CATEGORÍA BACHARELATO:Ismael Ramos Castelo – I.E.S. Virxe do Mar (Noia)

Odisea última entre mantas de flanela.- casa anegada -

A muller do chapeudurmía debaixo da miña cama,dicíaque cazaba piratas.

Algunhas noites daba en tremere eu baixaba alí para abrazala e sorrirlle,para dicirlle que sería este o seu barco,a nosa casa arrendada con fiestras e esquinas(coma tantas outras).

Polas mañás facíame tostas queimadase mascábame o café e máis a traxedia,

ambos chorabamos xuntos mortos que non nos pertencían,naufraxios de lavadora.

Elaconstruía castelos de augae tiña as mans engurradas de vestixios,eu,mares enteiros debaixo da cama.

Que por iso choraba e tremíae marchou sen avisar

coma unha gripe,coma ti,coma se nada.

O EsconxuradorXesús Manuel MarcosPasado, medo, intriga ... con estes ingredientes sen dúbida non poderás levantar os ollos desta novela.

Ás de BolboretaRosa AneirosAchégate ao puzzle de vidas que acolle a cafetaría de Patricia. De seguro váste emocionar.

PoetízateFran AlonsoE por que non?... Un pouco de poesía, non morde! Alonso fai aquí unha escolma de poemas e poetas e axúdavos a entendelos un pouco mellor.

El Último Verano MiwokJordi Sierrra i Fabra En busca do seu pai, David viaxa a California. Alí coñece realmente ao seu pai, e tamén ao último membro dunha tribu americana loitando polos seus valores.

Visitade www.filix.org , atoparedes máis títulos.