Carta Aberta Ence APDR

1
Carta aberta Ence non utiliza mercurio no seu proceso. Cero mercurio. E hai xa case 20 anos que non empregamos cloro. Cero cloro. Por que minten tanto? A mentira contamina. Como ben saben, a calidade do aire en Pontevedra cumpre durante todos os días do ano (100%) cos parámetros establecidos pola Organización Mundial da Saúde. Viven vostedes instalados no pasado, pero as 800 persoas que dependen de Ence na bisbarra queren manter no seu futuro os traballos dignos do presente. O mesmo que as outras 4.200 persoas do resto de Galicia que traballan para Ence. Ence Pontevedra está hoxe na vangarda da industria forestal europea - incluídos os países nórdicos - atendendo ao seu proceso de depuración biolóxica de auga. Agradecémoslles nos faciliten información ao respecto se esta afirmación non fose certa (en breve comentarémoslles como ir alén no que ten que ver coa depuración das augas; temos moito que contar). Sabían que a única gran instalación industrial en Galicia que pode abastecer a súa demanda enerxética empregando unicamente a enerxía renovable que produce está en Lourizán? Si. Pero nunca o contan. Ence Pontevedra recibe cada día 260 camións cargados de madeira galega. Antes de que cada un destes camións entre na fábrica, ata 7 persoas por camión (1.820 en total) traballaron nos labores de silvicultura, colleita ou transporte de madeira. Teñen vostedes ocorrencias coma esa de que, se a fábrica pecha, a madeira galega habíase vender en América Latina. Que afirmación máis pavera. Deberían saber, alomenos, que a madeira de América Latina é moito máis barata cá galega. E se vostedes saben como vender madeira galega nesta parte do mundo, máis de 120.000 produtores de madeira en Galicia estaríanlles moi agradecidos de que lles conten como é que se fai. Como vostedes saben - malia a súa teima en mentir tamén a este respecto - , a de Ence non é só unha cuestión de 200 empregados. Ence Pontevedra ten 330 empregados directos. Preto dun cento de persoas máis, pertencentes a outras empresas colaboradoras, traballan todos os días na fábrica. Sumamos un total de 800 postos de traballo na bisbarra, incluíndo aqueles xerados por unha rede de empresas subsidiarias en sectores como a metalurxia, que dependen en gran medida de Ence. Por que lles gusta tan pouco que haxa emprego industrial na cidade? Que teñen en contra da clase traballadora? Xeramos 5.000 empregos en Galicia, o 30% do emprego no sector forestal, e preto do 1% do PIB da rexión autónoma. Dámoslles oportunidades aos mozos e mozas: mentres vostedes len esta carta, 23 profesionais que acaban de saír das universidades galegas traballan e aprenden da mans de profesionais de Ence Pontevedra. Estarán con nós durante un ano. Algúns deles fixeron os seus estudos de posgrao co apoio financeiro das Bolsas de Ence para Estudos de Máster. Señores da APDR, verdade que lles resulta cada vez máis estrano notar olor asociado á produción de celulosa? Saiban que non nos conformamos. Para nós, un só segundo de cheiro é unha eternidade. Seguiremos a traballar para eliminalo por completo. Vostedes saben que temos investido máis de 4 millóns desde 2010 para acadar este obxectivo. Cero olor. Imos acadalo. Ah! Ence non se presentou ás eleccións. Foron vostedes quenes estaban na lista do poder local, no número 23. Agradecémoslles que, se queren facer política, non a fagan cos empregos da principal empresa de transformación de madeira en Galicia. E tamén lles agradecemos que non mintan. As mentiras son altamente contaminantes. Asinado, O equipo de profesionais que quere converter a fábrica Lourizán nun centro de referencia da bioeconomía en Europa para beneficio de Pontevedra e Galicia enteira. Señoras e señores da APDR:

description

Carta difundida públicamente en defensa do emprego e do medio ambiente.

Transcript of Carta Aberta Ence APDR

  • Carta aberta

    Ence non utiliza mercurio no seu proceso. Cero mercurio. E hai xa case 20 anos que non empregamos cloro. Cero cloro. Por que minten tanto? A mentira contamina.

    Como ben saben, a calidade do aire en Pontevedra cumpre durante todos os das do ano (100%) cos parmetros establecidos pola Organizacin Mundial da Sade.

    Viven vostedes instalados no pasado, pero as 800 persoas que dependen de Ence na bisbarra queren manter no seu futuro os traballos dignos do presente. O mesmo que as outras 4.200 persoas do resto de Galicia que traballan para Ence.

    Ence Pontevedra est hoxe na vangarda da industria forestal europea - includos os pases nrdicos - atendendo ao seu proceso de depuracin biolxica de auga. Agradecmoslles nos faciliten informacin ao respecto se esta afirmacin non fose certa (en breve comentarmoslles como ir aln no que ten que ver coa depuracin das augas; temos moito que contar).

    Saban que a nica gran instalacin industrial en Galicia que pode abastecer a sa demanda enerxtica empregando unicamente a enerxa renovable que produce est en Lourizn? Si. Pero nunca o contan.

    Ence Pontevedra recibe cada da 260 camins cargados de madeira galega. Antes de que cada un destes camins entre na fbrica, ata 7 persoas por camin (1.820 en total) traballaron nos labores de silvicultura, colleita ou transporte de madeira.

    Teen vostedes ocorrencias coma esa de que, se a fbrica pecha, a madeira galega habase vender en Amrica Latina. Que afirmacin mis pavera. Deberan saber, alomenos, que a madeira de Amrica Latina moito mis barata c galega. E se vostedes saben como vender madeira galega nesta parte do mundo, mis de 120.000 produtores de madeira en Galicia estaranlles moi agradecidos de que lles conten como que se fai.

    Como vostedes saben - malia a sa teima en mentir tamn a este respecto - , a de Ence non s unha cuestin de 200 empregados. Ence Pontevedra ten 330 empregados directos. Preto dun cento de persoas mis, pertencentes a outras empresas colaboradoras, traballan todos os das na fbrica. Sumamos un total de 800 postos de traballo na bisbarra, inclundo aqueles xerados por unha rede de empresas subsidiarias en sectores como a metalurxia, que dependen en gran medida de Ence. Por que lles gusta tan pouco que haxa emprego industrial na cidade? Que teen en contra da clase traballadora?

    Xeramos 5.000 empregos en Galicia, o 30% do emprego no sector forestal, e preto do 1% do PIB da rexin autnoma.

    Dmoslles oportunidades aos mozos e mozas: mentres vostedes len esta carta, 23 profesionais que acaban de sar das universidades galegas traballan e aprenden da mans de profesionais de Ence Pontevedra. Estarn con ns durante un ano. Algns deles fixeron os seus estudos de posgrao co apoio financeiro das Bolsas de Ence para Estudos de Mster.

    Seores da APDR, verdade que lles resulta cada vez mis estrano notar olor asociado producin de celulosa? Saiban que non nos conformamos. Para ns, un s segundo de cheiro unha eternidade. Seguiremos a traballar para eliminalo por completo. Vostedes saben que temos investido mis de 4 millns desde 2010 para acadar este obxectivo. Cero olor. Imos acadalo.

    Ah! Ence non se presentou s eleccins. Foron vostedes quenes estaban na lista do poder local, no nmero 23. Agradecmoslles que, se queren facer poltica, non a fagan cos empregos da principal empresa de transformacin de madeira en Galicia. E tamn lles agradecemos que non mintan. As mentiras son altamente contaminantes.

    Asinado,

    O equipo de profesionais que quere converter a fbrica Lourizn nun centro de referencia da bioeconoma en Europa

    para beneficio de Pontevedra e Galicia enteira.

    Seoras e seores da APDR: