Circular 2010 11
-
Upload
ceipvicenterisco -
Category
Documents
-
view
300 -
download
1
Transcript of Circular 2010 11
C.E.I.P “VICENTE RISCO”e-mail: [email protected]
Rúa Santander nº 10 C.P.: 36207Tf: 986.37.83.04. e Fax: 986- 25.08.29
Htp://centros.edu.xunta.es/ceipvicenterisco
CIRCULAR DE PRINCIPIO DE CURSO 2010-11
Benvidos/as:
Comunícolles as normas que rexirán durante este curso para acadar o mellor
desenvolvemento das actividades escolares.
A hora de entrada ó Centro é ás 9 horas. O alumnado fará filas, nos patios
cubertos e será acompañado ata as clases polo profesorado correspondente; se chove
o lugar será diante das portas de entrada. A hora de saída é ás 14:00 horas
Se algún alumno ou alumna se retrasase, terán que esperar ata o cambio de
clase. As faltas de asistencia ou puntualidade serán reflectidas no expediente. Se
algún alumno/a necesitase saír do Centro durante a xornada escolar deberá ser
recollido/a por unha persoa responsable, deixando ó titor/a ou na secretaría a
autorización asinada polas persoas debidamente acreditadas.
Está prohibido entrar con animais e fumar no recinto escolar.
O horario de secretaría é de 9 a 9: 50 h
O horario de atención á pais/nais/titores é os martes, de Outubro a Maio, de
17:15 e 17:45 h. previa cita.
A Orientadora do centro atenderá previa cita no horario convido.
O boletín informativo de cualificacións seralle entregado ó alumnado antes das
vacacións de Nadal, o 31 de marzo e ó final de Xuño co resultado da avaliación final.
C.E.I.P “VICENTE RISCO”e-mail: [email protected]
Rúa Santander nº 10 C.P.: 36207Tf: 986.37.83.04. e Fax: 986- 25.08.29
Htp://centros.edu.xunta.es/ceipvicenterisco
En caso de accidente ou indisposición dun alumno ou alumna, sempre que non
se sospeite dun caso de urxencia, indicaráselle ás familias que pasen a recollelo. En
caso de requerir unha atención médica urxente sería desprazado en ambulancia,
acompañado polo titor/a, profesor/a ou monitor/a; no caso de ter lugar nas
actividades extraescolares, ó centro médico correspondente, ó tempo que se lle
informa á familia.
Os números de teléfonos e calquera cambio de sáude que requira atención
especial, debe ser actualizado
O alumnado que asista ás actividades extraescolares das tardes deberá acudir
no horario previsto, e deberán ser puntuais para non correr riscos innecesarios na rúa.
O servicio de bliblioteca é de 4:15 a 5:15 tódolos días agás os martes. Os pais/
nais son os responsables das entradas e saídas deste servicio.
O servicio de comedor é de 14:00 a 16:00.
Funcionará o servizo de acollemento de 7:30 a 9, experimentalmente durante o
primer trimestre.
As actividades extraescolares, xestionadas polo A.N.P.A. dependerán da
demanda. Tódalas actividades e servizos requiren o cumprimento das normas
establecidas e no caso de incumprimento repetitivo será excluido das actividades.
Vigo 22 de setembro de 2010
A directora
……………………………………………………………………………………………………………………………
Enterado pai/ani/titor do alumno
……………………………………………………………………………
C.E.I.P “VICENTE RISCO”e-mail: [email protected]
Rúa Santander nº 10 C.P.: 36207Tf: 986.37.83.04. e Fax: 986- 25.08.29
Htp://centros.edu.xunta.es/ceipvicenteriscoMatriculado en …………………………………………………………………………………………………….