Crema de iogur con mango e barquillos

2
Ingredientes barquillos: 75 g de azucre moído 50g de fariña 50g de manteiga 2 ovos Améndoa moída (un par de culleradas de sopa) Pasos: Poñemos nun bol 75g. azucre moído, 50g. de manteiga (a temperatura ambiente) e batemos todo coas varillas. Separamos as claras e as xemas dos dous ovos, e incorporamos pouquiño a pouco só as claras á mestura de azucre e manteiga, xunto coa améndoa moída. Seguimos batendo e engadimos a fariña peneirada e un chisco de sal. Repartimos a masa en circuliños, con algo de separación, para facer seis barquillos e metémolos no forno a 220º durante seis minutos. Despois dese tempo, retiramos do forno. Dámoslle a volta aos circuliños e envolvemos cada un para formar os barquillos. Deixamos que arrefríen. Ingredientes crema de iogur e mango: 4 iogures naturais (xa batidos) 200g de queixo crema 75g de azucre moído Unha vaíña de vainilla Reladura de limón 1 mango ben maduro 1 iogur natural 1 cullerada de mel Unhas folliñas de menta Pasos: Para facer a crema de iogur, poñemos nun bol 4 iogures, 200g. de queixo crema, 75g. de azucre moído, reladura de limón e a vainilla. Batemos co batedor de varillas e reservamos. Noutro bol preparamos a crema de mango, poñendo os dados de mango, 1 iogur natural, unha cullerada de mel e as follas de menta. Batemos todo e reservamos. Montamos a lambetada poñendo nunhas copas unha capa de crema de iogur, outra capa de crema de mango e por riba, unha folliña de menta e uns dadiños de mango. Metemos as copas na neveira e antes de servir poñemos un barquillo en cada unha.

description

Larpeiros

Transcript of Crema de iogur con mango e barquillos

Ingredientes barquillos:75 g de azucre modo50g de faria50g de manteiga2 ovosAmndoa moda (un par de culleradas de sopa)Pasos:Poemos nun bol 75g. azucre modo, 50g. de manteiga (a temperatura ambiente) e batemos todo coas varillas.Separamos as claras e as xemas dos dous ovos, e incorporamos pouquio a pouco s as claras mestura de azucre e manteiga, xunto coa amndoa moda.Seguimos batendo e engadimos a faria peneirada e un chisco de sal.Repartimos a masa en circulios, con algo de separacin, para facer seis barquillos e metmolos no forno a 220 durante seis minutos.Despois dese tempo, retiramos do forno. Dmoslle a volta aos circulios e envolvemos cada un para formar os barquillos. Deixamos que arrefren.Ingredientes crema de iogur e mango:4 iogures naturais (xa batidos)200g de queixo crema75g de azucre modoUnha vaa de vainillaReladura de limn1 mango ben maduro1 iogur natural1 cullerada de melUnhas follias de mentaPasos:Para facer a crema de iogur, poemos nun bol 4 iogures, 200g. de queixo crema, 75g. de azucre modo, reladura de limn e a vainilla. Batemos co batedor de varillas e reservamos.Noutro bol preparamos a crema de mango, poendo os dados de mango, 1 iogur natural, unha cullerada de mel e as follas de menta. Batemos todo e reservamos.Montamos a lambetada poendo nunhas copas unha capa de crema de iogur, outra capa de crema de mango e por riba, unha follia de menta e uns dadios de mango.Metemos as copas na neveira e antes de servir poemos un barquillo en cada unha.