Cristóbal Colón

2
Se exploraches a nosa páxina, seguro que xa tes, sen dúbida, moita información sobre a vida, as viaxes, os personaxes, etc que acompañaron ao Almirante Cristóbal Colón durante a súa vida. Con todo, hai datos sobre Colón que aínda hoxe en día están moi confusos e vemos que existen múltiples interpretacións sobre algúns aspectos da súa persoa como: Onde naceu exactamente? Onde está realmente soterrado, en Sevilla ou Santo Domingo? Numerosas incógnitas que na actualidade fan que moitos expertos sigan investigando sobre o tema. Nesta actividade vas actuar de detective e aprender algunhas cousas fascinantes sobre Colón. Cando teñades feita a actividade, poderedes expoñer o voso traballo na clase para o resto dos vosos compañeiros/as. A tarefa consiste en resolver algunas cuestións que máis adiante ímosche propor. Para axudarche e que poidas resolvelas, ímos indicar en que páxina web podes atopar a resposta. Para levar adiante o proxecto imos traballar en grupos de cinco. Cada grupo resolverá unha das preguntas para elaborar un informe completo utilizando o computador como ferramenta de traballo. Cando estea rematado, presentarédelo ao resto dos compañeiros/as para poñer en común o aprendido. Lembrade que o obxectivo desta actividade é que ampliedes os vosos coñecementos! PARA REALIZAR A ACTIVIDADE O formato a empregar será un documento Word, aínda que primeiro recomendamos facelo nun folio para correxir as faltas da redacción. Só cando o teñas rematado poderás pasalo ao ordenador. PROCESO No proceso de investigación debedes contestar ás seguintes preguntas. Para axudarvos, dicímosvos en que páxinas web podedes atopar as respostas.

Transcript of Cristóbal Colón

Page 1: Cristóbal Colón

Se exploraches a nosa páxina, seguro que xa tes, sen dúbida, moita

información sobre a vida, as viaxes, os personaxes, etc que acompañaron ao

Almirante Cristóbal Colón durante a súa vida.

Con todo, hai datos sobre Colón que aínda hoxe en día están moi confusos e

vemos que existen múltiples interpretacións sobre algúns aspectos da súa persoa

como:

Onde naceu exactamente?

Onde está realmente soterrado, en Sevilla ou Santo Domingo?

Numerosas incógnitas que na actualidade fan que moitos expertos sigan

investigando sobre o tema.

Nesta actividade vas actuar de detective e aprender algunhas cousas

fascinantes sobre Colón.

Cando teñades feita a actividade, poderedes expoñer o voso traballo na clase

para o resto dos vosos compañeiros/as.

A tarefa consiste en resolver algunas cuestións que máis adiante ímosche

propor. Para axudarche e que poidas resolvelas, ímos indicar en que páxina web

podes atopar a resposta.

Para levar adiante o proxecto imos traballar en grupos de cinco. Cada grupo

resolverá unha das preguntas para elaborar un informe completo utilizando o

computador como ferramenta de traballo. Cando estea rematado, presentarédelo

ao resto dos compañeiros/as para poñer en común o aprendido. Lembrade que

o obxectivo desta actividade é que ampliedes os vosos coñecementos!

PARA REALIZAR A ACTIVIDADE

O formato a empregar será un documento Word, aínda que primeiro

recomendamos facelo nun folio para correxir as faltas da redacción. Só cando o

teñas rematado poderás pasalo ao ordenador.

PROCESO

No proceso de investigación debedes contestar ás seguintes preguntas. Para

axudarvos, dicímosvos en que páxinas web podedes atopar as respostas.

Page 2: Cristóbal Colón

EN QUE LUGAR NACEU REALMENTE CRISTÓBAL COLÓN?

Colón naceu realmente en Xénova?.

Por que hai tanta confusión co lugar do seu nacemento?. Naceu en Cataluña?.

Visita a páxina: http://www.cervantesvirtual.com/portales/cristobal_colon/

Nesta páxina ben documentada verás que hai unha sección chamada

Catálogo na que aparece información moi diversa. Ademais, na sección

Cristóbal Colón poderás atopar información sobre a súa suposta orixe

xenovesa.

ONDE ESTÁ SOTERRADO REALMENTE COLÓN?

Está soterrado en Sevilla? Ou en realidade está soterrado en Santo

Domingo?

Qué pasou cos seus restos mortais?

Visita a páxina: http://colon2006valladolid.es/ para atopar a información

requerida na sección Historia y muerte.

FELIZ VIAXE!