Download - Cristóbal Colón

Transcript
Page 1: Cristóbal Colón

Se exploraches a nosa páxina, seguro que xa tes, sen dúbida, moita

información sobre a vida, as viaxes, os personaxes, etc que acompañaron ao

Almirante Cristóbal Colón durante a súa vida.

Con todo, hai datos sobre Colón que aínda hoxe en día están moi confusos e

vemos que existen múltiples interpretacións sobre algúns aspectos da súa persoa

como:

Onde naceu exactamente?

Onde está realmente soterrado, en Sevilla ou Santo Domingo?

Numerosas incógnitas que na actualidade fan que moitos expertos sigan

investigando sobre o tema.

Nesta actividade vas actuar de detective e aprender algunhas cousas

fascinantes sobre Colón.

Cando teñades feita a actividade, poderedes expoñer o voso traballo na clase

para o resto dos vosos compañeiros/as.

A tarefa consiste en resolver algunas cuestións que máis adiante ímosche

propor. Para axudarche e que poidas resolvelas, ímos indicar en que páxina web

podes atopar a resposta.

Para levar adiante o proxecto imos traballar en grupos de cinco. Cada grupo

resolverá unha das preguntas para elaborar un informe completo utilizando o

computador como ferramenta de traballo. Cando estea rematado, presentarédelo

ao resto dos compañeiros/as para poñer en común o aprendido. Lembrade que

o obxectivo desta actividade é que ampliedes os vosos coñecementos!

PARA REALIZAR A ACTIVIDADE

O formato a empregar será un documento Word, aínda que primeiro

recomendamos facelo nun folio para correxir as faltas da redacción. Só cando o

teñas rematado poderás pasalo ao ordenador.

PROCESO

No proceso de investigación debedes contestar ás seguintes preguntas. Para

axudarvos, dicímosvos en que páxinas web podedes atopar as respostas.

Page 2: Cristóbal Colón

EN QUE LUGAR NACEU REALMENTE CRISTÓBAL COLÓN?

Colón naceu realmente en Xénova?.

Por que hai tanta confusión co lugar do seu nacemento?. Naceu en Cataluña?.

Visita a páxina: http://www.cervantesvirtual.com/portales/cristobal_colon/

Nesta páxina ben documentada verás que hai unha sección chamada

Catálogo na que aparece información moi diversa. Ademais, na sección

Cristóbal Colón poderás atopar información sobre a súa suposta orixe

xenovesa.

ONDE ESTÁ SOTERRADO REALMENTE COLÓN?

Está soterrado en Sevilla? Ou en realidade está soterrado en Santo

Domingo?

Qué pasou cos seus restos mortais?

Visita a páxina: http://colon2006valladolid.es/ para atopar a información

requerida na sección Historia y muerte.

FELIZ VIAXE!