día da muller

18
8 de marzo Día internacional da MULLER

Transcript of día da muller

Page 1: día da muller

8 de marzo

Día internacional

da MULLER

Page 2: día da muller

Sexamos CHAVES para abrir a porta que nos pecha quen non se alegra cando nacemos femiasno canto de machos

Page 3: día da muller

Sexamos CHAVES para abrir a porta que nos pechaquen nos corta o clítoris e nos venda os pés

Page 4: día da muller

Sexamos CHAVES para abrir a porta que nos pecha quen non nos manda ao colexio ou non nos deixa estudar porque temos que coidar os irmáns e axudar na casa

Page 5: día da muller

Sexamos CHAVES para abrir a porta que nos pecha quen nos di que as tarefas da casa e o coidado de nenos e maiores son cousa de mulleres

Page 6: día da muller

Sexamos CHAVES para abrir a porta que nos pecha quen se mete na cama de noite e nos tapa a boca para violarnos mentres a nosa nai dorme

Page 7: día da muller

Sexamos CHAVES para abrir a porta que nos pechan quen nos violenta coas súas palabras ou nos persegue polas rúas escuras

Page 8: día da muller

Sexamos CHAVES para abrir a porta que nos pecha quen nos fai culpables dos seus pecados e nos obriga a cubrirnos o corpo

Page 9: día da muller

Sexamos CHAVES para abrir a porta que nos pechaquen nos pega, nos insulta, nos humilla e nos asasina

Page 10: día da muller

Sexamos CHAVES para abrir a porta que nos pecha quen nos forza a parir como único destino das nosas vidas

Page 11: día da muller

Sexamos CHAVES para abrir a porta que nos pecha quen nos impide rebelarnos e nos queima por bruxase nos encerra por tolas

Page 12: día da muller

Sexamos CHAVES para abrir a porta que nos pecha quen intriga e levanta falsos testemuños contra as súas fillas, as súas nais e as súas noras

Page 13: día da muller

Sexamos CHAVES para abrir a porta que nos pecha quen nos paga menos polo mesmo traballo

Page 14: día da muller

Sexamos CHAVES para abrir a porta que nos pecha quen nos bota do traballo ao saber que estamos embarazadas

Page 15: día da muller

Sexamos CHAVES para abrir a porta que nos pecha quen nos nega os ascensos laborais e os cargos de responsabilidade

Page 16: día da muller

Sexamos CHAVES para abrir a porta que nos pecha quen nos di que NON PODEMOS por sermos mulleres

Page 17: día da muller

Precisamos CHAVES que abran as portas de todos os espazos

dos que fomos

expulsadas,para recuperar

canto nos corresponde

Page 18: día da muller

Que pouco é un só díaque pouco…

Sé CHAVE DE IGUALDADE

todos os días do ano!