Empanada receita

1
Tempo de preparación: 1 hora Ingredientes Para a masa: 1 kg de fariña 1 vaso de leite 1 vaso de viño branco 1 vaso de aceite de xirasol 1 ovo sal Para o recheo: 3/4 cebolas medio pemento vermello 2 latas de bonito 2 tomates maduros perexil, azafrán, pementón sal, aceite Preparación RECHEO: Nunha tixola sofritir as cebolas e o pemento ben picados moi lentamente. Engadir o tomate raiado e continuar a cocción ata que estea todo moi reducido. Engadir perexil, azafrán, un chisco de pementón e sal. Retirar, engadir o bonito e deixar arrefriar noutro recipiente. MASA: Misturar todos os ingredientes nunha cunca. Amasar coa man e, cando a masa empece a compactarse, seguir amasando nunha superficie enfariñada ata conseguir unha bóla compacta. PROCESO FINAL: Quentar o forno a 190º durante 10 minutos. Mentres, estirar unha parte da masa ata que quede moi fina e colocar nunha bandexa cuberta con papel de forno. Engadir o recheo. Cubrir con outra capa de masa e selar ben os bordes. Pinchar cun garfo, facer un burato no medio para permitir a saída do vapor. Pintar con ovo batido. Metemos no forno a media altura e posición turbo. Vixiamos o proceso de cocción. EMPANADA GALEGA

Transcript of Empanada receita

Page 1: Empanada receita

Tempo de preparación: 1 hora

Ingredientes • Para a masa:

1 kg de fariña

1 vaso de leite

1 vaso de viño branco

1 vaso de aceite de xirasol

1 ovo

sal

• Para o recheo:

3/4 cebolas

medio pemento vermello

2 latas de bonito

2 tomates maduros

perexil, azafrán, pementón

sal, aceite

Preparación

RECHEO: Nunha tixola sofritir as cebolas e o pemento ben picados moi lentamente. Engadir o tomate raiado e continuar a cocción ata que estea todo moi reducido. Engadir perexil, azafrán, un chisco de pementón e sal. Retirar, engadir o bonito e deixar arrefriar noutro recipiente.

MASA: Misturar todos os ingredientes nunha cunca. Amasar coa man e, cando a masa empece a compactarse, seguir amasando nunha superficie enfariñada ata conseguir unha bóla compacta.

PROCESO FINAL:

Quentar o forno a 190º durante 10 minutos.

Mentres, estirar unha parte da masa ata que quede moi fina e colocar nunha bandexa cuberta con papel de forno.

Engadir o recheo. Cubrir con outra capa de masa e selar ben os bordes. Pinchar cun garfo, facer un burato no medio para permitir a saída do vapor. Pintar con ovo batido.

Metemos no forno a media altura e posición turbo. Vixiamos o proceso de cocción.

EMPANADA GALEGA