Espazo natural Brañas do Xallas

39
Brañas do Xallas

Transcript of Espazo natural Brañas do Xallas

Page 1: Espazo natural Brañas do Xallas

Brañas do Xallas

Page 2: Espazo natural Brañas do Xallas

Superficie: 333,6 haTipo de protección: LIC

Ocupa as brañas que se atopan na beira do encoro da Fervenza, no río Xallas, entre Orbellido e Brandomil: Brañas Brancas, Brañas de Brandomil e Brañas Grandes.É unha zona de terreos húmidos, que se anegan temporalmente nas beiras do Xallas e dos seus afluentes Vao da Aveeira e rego de Ponte Carreiro.

Page 3: Espazo natural Brañas do Xallas

Superficie: 333,6 ha

Page 4: Espazo natural Brañas do Xallas

CONCELLOS: Santa Comba e Zas.TIPO DE PROTECCIÓN: Proposto en 2011 como Lugar de importancia comunitaria (LIC) e Zona especial de conservación (ZEC).

Page 5: Espazo natural Brañas do Xallas

RÍO XALLASNace no Monte Castelo, drena as terras de Santa Comba, Mazaricos e Dumbría e, despois de 64,5 km de percorrido, desemboca na enseada de Ézaro nun salto de 40 m de altura. É un río maino, cun discorrer sinuoso pola escasa pendente que ten na maior parte do seu curso, agás no tramo final no que se encaixa e salva fortes desniveis.

O Xallas na área protexida, no encoro da Fervenza.

Page 6: Espazo natural Brañas do Xallas

Ponte medieval sobre o Xallas en Brandomil, nas proximidades do espazo protexido.

Page 7: Espazo natural Brañas do Xallas

Encoro da Fervenza. É un dos máis extensos Galiza (1250 ha). Construído en 1966.

Page 8: Espazo natural Brañas do Xallas

Encoro da Fervenza no verán

Page 9: Espazo natural Brañas do Xallas

Encoro da Fervenza no verán

Page 10: Espazo natural Brañas do Xallas

Unha das pozas que se forma ao baixar as augas do encoro

Page 11: Espazo natural Brañas do Xallas
Page 12: Espazo natural Brañas do Xallas

Un dos regos das Brañas

Page 13: Espazo natural Brañas do Xallas

Rego de Porto Carreiro, un dos afluentes do Xallas que se xunta a el nas Brañas.

Page 14: Espazo natural Brañas do Xallas

Braña Grande

Page 15: Espazo natural Brañas do Xallas

As brañas no verán

Page 16: Espazo natural Brañas do Xallas
Page 17: Espazo natural Brañas do Xallas

Brañas de Brandomil na primavera

Page 18: Espazo natural Brañas do Xallas

Brañas de Brandomil no verán

Page 19: Espazo natural Brañas do Xallas

FLORANas marxes atópanse amieiras, salgueiros, freixos, sabugueiros e, máis lonxe da auga carballos. Nas brañas viven plantas adaptadas ao asolagamento temporal: xuncos, gramíneas, espadainas, rorelas, esfagnos, orquídeas, liño bravo, queirugas, xesta das brañas, toxos... algunhas en perigo de extinción como a leiteiriña das brañas (Euphorbia uliginosa), un endemismo galego-portugués de rara presenza en Galiza.

Page 20: Espazo natural Brañas do Xallas

Vexetación de ribeira

Page 21: Espazo natural Brañas do Xallas

Salgueiros, toxos e breixos

Page 22: Espazo natural Brañas do Xallas

Froitos de salgueiro (Salix caprea). O salgueiro é unha das árbores máis comúns dos lugares húmidos. Florecen en pés separadas a comezos da primavera e as súas sementes están dotadas de peliños para seren dispersadas polo vento.

Page 23: Espazo natural Brañas do Xallas

Salgueiro enano (Salix repens)

Page 24: Espazo natural Brañas do Xallas

Salgueiro enano

Page 25: Espazo natural Brañas do Xallas

Toxos e breixos

Page 26: Espazo natural Brañas do Xallas

Frundio (Myrica gale)

Page 27: Espazo natural Brañas do Xallas

Herba porqueira (Eupatorium cannabinum)

Page 28: Espazo natural Brañas do Xallas

Menta de lobo (Lycopus europaeus)

Page 29: Espazo natural Brañas do Xallas

Xunco (Juncus bulbosus)

Page 30: Espazo natural Brañas do Xallas

Froitos de Angelica pachycarpa

Page 31: Espazo natural Brañas do Xallas

FAUNAO máis representativo da fauna deste espazo son as aves, sobre todo paxaros (pimpín, escribentas, carrizos, pegas...), miñatos, lavancos... os anfibios (pintafontes, sapos, ras) e os insectos (libeliñas, cabalos do demo, bolboretas...).

Garza real (Ardea cinerea)

Page 32: Espazo natural Brañas do Xallas

Exemplar xuvenil de lavanco real (Anas platyrrhynchos), unha das aves máis abundantes dos encoros do Xallas.

Page 33: Espazo natural Brañas do Xallas

Lavandeira verdeal (Motacilla cinerea)

Page 34: Espazo natural Brañas do Xallas

Bolboreta (Cabera pusaria)

Page 35: Espazo natural Brañas do Xallas

Bolboreta (Chilo phragmitellus)

Page 36: Espazo natural Brañas do Xallas

Os insectos que máis chaman a atención nas brañas, pola súa vistosidade, son as libeliñas e gaiteiros).

Calopterix splendens

Page 37: Espazo natural Brañas do Xallas

Os cangrexos de río americanos (Procambarus clarkii ) son unha especie invasora moi abundante en todo o encoro de Xallas.

Page 38: Espazo natural Brañas do Xallas

Galerías dos cangrexos nas beiras das canles de auga

Page 39: Espazo natural Brañas do Xallas

MONTAXE E FOTOGRAFÍAS: Adela Leiro, Mon Daporta (xuño 2012)