fontao 4 gal...6 TOUROS PROBADOS XENÉTICA FONTAO XUÑO 2009 de tremenda estrutura e cun ubre...

16
XENÉTICA FONTAO Nº4 Xuño 2009 LUCUS ENTRA NA ELITE ESPAÑOLA A RAMA EUROPEA DE “LAURIE SHEIK” XENÉTICA FONTAO, XENÉTICA DE SHOW XACOBEO: CONSELLOS DE ACOPLAMENTO “LAUR “LAURIE SHEIK” LUCUS

Transcript of fontao 4 gal...6 TOUROS PROBADOS XENÉTICA FONTAO XUÑO 2009 de tremenda estrutura e cun ubre...

Page 1: fontao 4 gal...6 TOUROS PROBADOS XENÉTICA FONTAO XUÑO 2009 de tremenda estrutura e cun ubre ex-celente, alcanzando a calificación de EX-90 en España na súa terceira lacta-ción,

XENÉTICA FONTAO

Nº4 Xuño 2009

LUCUS ENTRA NA ELITE ESPAÑOLA

A RAMA EUROPEADE “LAURIE SHEIK”

XENÉTICA FONTAO, XENÉTICA DE SHOW

XACOBEO: CONSELLOS DE ACOPLAMENTO“LAUR“LAURIE SHEIK”

LUCUS

Page 2: fontao 4 gal...6 TOUROS PROBADOS XENÉTICA FONTAO XUÑO 2009 de tremenda estrutura e cun ubre ex-celente, alcanzando a calificación de EX-90 en España na súa terceira lacta-ción,
Page 3: fontao 4 gal...6 TOUROS PROBADOS XENÉTICA FONTAO XUÑO 2009 de tremenda estrutura e cun ubre ex-celente, alcanzando a calificación de EX-90 en España na súa terceira lacta-ción,

XENÉTICA FONTAO XUÑO 2009 3

XENÉTICA FONTAO

EDITA:XENÉTICA FONTAO S.A.Fontao, Esperante. Aptdo. 12827080. Lugo

Tfno: +34 982.284.391Fax: +34 982.284.626E-mail: [email protected]: www.xeneticafontao.com

PRODUCE:Transmedia Comunicación & PrensaRonda das Fontiñas, 272, entreplanta A 27002. Lugo

Tfnos: 982.221.278, 610.215.366, 636.952.893E-mail: [email protected]: www.transmedia.es

Tirada :7.000 exemplares

DEPÓSITO LEGAL:LU 173-2008

ÍNDICE

TOUROS PROBADOS......................

FAMILIAS...........................……....….

MELLORA XENÉTICA…..................

ÁLBUM DE FOTOS.........................

4

8

10

13

4462 Granit Blanco

Page 4: fontao 4 gal...6 TOUROS PROBADOS XENÉTICA FONTAO XUÑO 2009 de tremenda estrutura e cun ubre ex-celente, alcanzando a calificación de EX-90 en España na súa terceira lacta-ción,

XENÉTICA FONTAO XUÑO 20094 TOUROS PROBADOS

As últimas valoracións oficiais de CONAFE, de decembro do 2008, outórganlle a este semental de Xenética Fontao un respectable posto entre a elite dos mellores touros españois. Lucus ten na actualidade un ICO de 1.989, o que o sitúa entre os mellores 50 sementais de España por ICO e no posto sétimo por tipo (IGT: +2,80).

Castro Blitz Lucus

Castro Blitz Lucus, nacido na Granxa

Gayoso Castro da Deputación Provincial

de Lugo, confirma a súa alta calidade xe-

nética a raíz da publicación das probas

españolas do pasado mes de decembro.

Lucus é un fillo de Fustead Emory Blitz

ET EX-95, semental americano de gran

prestixio internacional, ben coñecido pola

correcta morfoloxía das súas fillas e, so-

bre todo, polo enorme potencial de pro-

dución leiteira que transmite á súa des-

cendencia. Blitz foi usado profusamente

en todo o mundo como pai de sementais.

Tamén en Xenética Fontao, onde Lucus é

o seu mellor fillo.

Lucus é un semental nacido o 11 de

agosto de 2003 e calificado MB-85,

de capa predominantemente branca e

unha morfoloxía moi chamativa, que

reflicte con grande exactitude as vir-

tudes morfolóxicas que debe amosar

un touro da súa idade: grande alzada,

tremendo terzo anterior, amplitude

de peito, fortaleza de lombo, axeita-

da profundidade corporal e boas pa-

tas, ademais dunha grupa con grande

anchura e moi correcta colocación de

isquións.

Lucus ten na súa proba de produción 229 fillas en 196 rabaños, o que lle dá unha altísima fiabilidade á que é a súa segunda proba oficial

española de produción

LUCUS, UN SEMENTAL NOVO NA ELITE ESPAÑOLA

Page 5: fontao 4 gal...6 TOUROS PROBADOS XENÉTICA FONTAO XUÑO 2009 de tremenda estrutura e cun ubre ex-celente, alcanzando a calificación de EX-90 en España na súa terceira lacta-ción,

XENÉTICA FONTAO XUÑO 2009 5TOUROS PROBADOS

A FAMILIA MATERNA

A nai de Lucus é Castro 16 Storm Lindy

Guapa ET. Guapa foi unha vaca de gran

morfoloxía, calificada MB-86 no seu pri-

meiro parto, e tamén de alta produción e

con moi boas calidades de graxa e proteí-

na, como amosa o rexistro da súa primei-

ra lactación: 10.824 Qg. de leite ao 4,19%

de graxa e 3,43% de proteína en 305 días.

Estas tremendas calidades foron a cla-

ve para o acoplamento da vaca con Blitz,

un touro do momento que requiría estas

características para equilibrar as súas

porcentaxes negativas de graxa e proteí-

na. Guapa tivo outros tres descendentes

ademais de Lucus, dous machos (un de-

les, calificado MB-86) e unha única fe-

mia: Castro 230 Icelee, calificada MB-85

e filla doutro semental de Xenética Fon-

tao, Summershade Comestar Icelee.

Guapa, que completa 7 xeracións de

femias calificadas MB ou EX, era unha

filla de Storm e de Oostview Lindy

Stephanie, vaca importada de Canadá

pola Granxa Gayoso Castro no ano 1996,

con catro anos de idade e despois de

O Eixido Luca Lucus

Oostview Lindy Stephanie

ter o seu segundo parto e ser califica-

da MB-87 (cando só transcorreran 26

días desde o parto) no seu país de orixe.

Stephanie, filla de Lindy, foi unha vaca

Page 6: fontao 4 gal...6 TOUROS PROBADOS XENÉTICA FONTAO XUÑO 2009 de tremenda estrutura e cun ubre ex-celente, alcanzando a calificación de EX-90 en España na súa terceira lacta-ción,

XENÉTICA FONTAO XUÑO 20096 TOUROS PROBADOS

de tremenda estrutura e cun ubre ex-

celente, alcanzando a calificación de

EX-90 en España na súa terceira lacta-

ción, na que en 410 días produciu 15.198

Qg. ao 4,90% de graxa e 3,34% de pro-

teína.

As altas calidades son un sinal de iden-

tidade desta familia de vacas de orixe

canadense. De feito, Stephanie aínda ten

hoxendía uns índices xenéticos abraian-

tes para graxa e proteína, 17 anos des-

pois do seu nacemento: +0,40 para graxa

e +0,07 para proteína en Canadá, e prac-

ticamente as mesmas cifras en España

(+0,40 e +0,05, respectivamente).

Stephanie tivo dous fillos en Canadá, un

dos cales chegou a ser touro probado. Da

descendencia española, á parte de Guapa

(a nai de Lucus), destacou a súa filla con

Rudolph: Castro 28 Rudolph Lindy Sabela.

As dúas fillas de Stephanie, Guapa e Sa-

bela, figuraron no seu día entre as mello-

res vacas de España por índices. É máis,

Guapa situouse como número 1 por tipo e

número 2 por ICO en xullo do ano 2002.

Sabela, a filla de Stephanie con Rudolph,

foi calificada MB-85 con dous anos e pro-

duciu na súa primeira lactación 11.538 Qg.

ao 3,77% de graxa e 3,21% de proteína en

305 días, e aínda ostenta hoxe uns índices

xenéticos realmente elevados, cun ICO de

2.401 que a situaría entre as mellores va-

cas de España por ICO. Sabela tivo dúas

fillas, unha con Jed e outra cun touro de

monta natural, ningunha das cales tivo

descendencia. É realmente unha mágoa

non ter explorado (xeneticamente falando)

esta póla familiar con máis intensidade.

Volvendo aos ascendentes femias des-

ta familia, en Canadá atopamos vacas

verdadeiramente destacadas, que en 7

elos xeracionais por detrás de Stephanie

reúnen 39 estrelas ao mérito á descen-

dencia e nos remontan ao ano 1949. Son

todas elas reses de gran lonxevidade e

con altas producións: dúas tiveron 10

lactacións, outras dúas, 9 lactacións e

unha, 6 lactacións.

Cómpre destacar unha vaca chamada

Wykholme Dewdrop Debbie MB-85 10*,

nacida no ano 1967, que en 10 lactacións

produciu case 125.000 Qg. ao 4% de graxa

(non hai datos oficiais de proteína, pois

naqueles anos non se medía). Tivo 7 fillas,

un 86% das cales foron calificadas BB ou

mellor (unha EX, dúas MB, tres BB e unha

B). Esta vaca recibiu 9 premios por supe-

rior lactación. É a cuarta xeración por de-

trás de Stephanie, a avoa de Lucus.

Non só lonxevidade e grandes produ-

cións con altas calidades, senón tamén

unha máis que correcta morfoloxía ca-

racteriza esta familia, onde todas as

As “Lucus” son vacas moi finas, con estilo e unha grande angulosidade

(+2,01). Merecen mención especial as grupas, que son moi anchas e cunha

lixeira e moi apropiada inclinación

Lalín Lucus Larsa 6285

Sansalvador Lucus Pena

Lucus ten unha grande alzada, tremendo terzo anterior, amplitude

de peito, fortaleza de lombo, axeitada profundidade corporal e boas patas

Page 7: fontao 4 gal...6 TOUROS PROBADOS XENÉTICA FONTAO XUÑO 2009 de tremenda estrutura e cun ubre ex-celente, alcanzando a calificación de EX-90 en España na súa terceira lacta-ción,

XENÉTICA FONTAO XUÑO 2009 7TOUROS PROBADOS

8084 Rosendo Lucus

XENEALOXÍA

♀ WYKHOLME DEWDROP STACY ET MB-87 CAN 7*(KINGSTEAD VALIANT TAB)

♀ OOSTVIEW LINDY STEPHANIE MB-87 SM-90 CAN EX-90 SM-91 ESP(TOWNSON LINDY ET)

♀ CASTRO 16 STORM LINDY GUAPA ET MB-86 SM-86 (MAUGHLIN STORM ET)

♂ CASTRO BLITZ LUCUS MB-85 TL TV(FUSTEAD EMORY BLITZ ET)

femias sen excepción tiveron unha des-

tacada descendencia, con porcentaxes

de entre o 80% e o 100% das súas fillas

calificadas BB ou mellor. De feito, as tres

ascendentes directas de Lucus son fillas

á súa vez de tres touros que foron claros

mellorantes para tipo no seu momento:

Storm, Lindy e Valiant Tab.

AS FILLAS DE LUCUS

Lucus ten na súa proba de produción

229 fillas en 196 rabaños, o que lle dá

unha altísima fiabilidade á que é a súa

segunda proba oficial española de pro-

dución (decembro do 2008), con incre-

mento dos números para Qg. de leite (así

como para graxa e proteína, tanto en %

como en quilos totais), sobre a súa pri-

meira proba (xullo do 2008), engadindo a

respectable cifra de 180 fillas.

A melloría tamén é clara tanto na súa

proba de lonxevidade e de reconto de

células somáticas como en tipo, mello-

rando todos os rasgos morfolóxicos e

incorporando 15 novas fillas (agora son

xa 92 en total), co que alcanza o 89% de

fiabilidade na súa proba de tipo. Esta

proba verase fortemente reforzada nas

próximas valoracións de xullo do 2009,

nas que contará con máis de 200 fillas.

As fillas de Lucus son xeralmente va-

cas de capa branca e cunha morfoloxía

moi correcta, animais con boa estru-

tura e capacidade (ICAP: +1,64), altos,

con costelas de fondura axeitada e moi

bo arqueo. As patas teñen gran calida-

de de óso e moi boa colocación, tanto na

súa vista lateral como posterior, cunha

forma do pé moi correcta e un forte án-

gulo podal (IPP +1,54). Os ubres teñen

moi boa textura e insercións destaca-

das, tanto anteriores como posteriores,

potentes ligamentos e escasa fondura

(ICU: +2,43).

As “Lucus” son vacas moi finas, con es-

tilo e unha grande angulosidade (+2,01).

Merecen mención especial as grupas (de-

terminantes en gran medida da forma do

ubre), que neste caso son moi anchas e

cunha lixeira e moi apropiada inclinación.

Page 8: fontao 4 gal...6 TOUROS PROBADOS XENÉTICA FONTAO XUÑO 2009 de tremenda estrutura e cun ubre ex-celente, alcanzando a calificación de EX-90 en España na súa terceira lacta-ción,

XENÉTICA FONTAO XUÑO 20098 FAMILIAS DE VACAS

SAN CRISTÓBAL LAURI MTOTO ET, A “LAURIE SHEIK” ESPAÑOLANa gandería San Cristóbal Soc. Coop. de Cabizuela (Ávila) atópase o membro máis destacado da rama europea da lendaria familia “Laurie Sheik”: San Cristóbal Lauri Mtoto ET EX-92 SM-91 2E 6*, que con case 10 anos de idade e 28 descendentes directos rexistrados converteuse xa nunha auténtica vaca de cría no noso país. As 6 estrelas que figuran no seu pedigrí emulan a fazaña da súa prestixiosa avoa, Comestar Laurie Sheik MB-88 23*.

Todo comeza coa copropiedade

que un sindicato de gandeiros

de Bélxica tivo sobre a vaca

canadense Comestar Laurie Sheik, de-

bido á cal chegaron a Europa os seus

embrións cun célebre touro daquel mo-

mento, To-Mar Blackstar-ET. De aquí

naceu unha vaca chamada Belgistar

Less ET, da que Irineo Hernández e os

seus irmáns, propietarios da gandería

San Cristóbal, compraron 3 embrións

co mítico Carol Prelude Mtoto ET. Un

deles deu lugar á vaca San Cristóbal

Lauri Mtoto ET.

Belgistar Bless nunca foi calificada,

pero o tempo demostrou que a súa liña

xenética, Blackstar x Laurie Sheik, foi

un dos cruces dourados da historia da

raza Holstein. Sobre todo, para femias,

San Cristóbal Laurensen

que co tempo reveláronse como auténti-

cas nais e avoas de sementais: Comes-

tar Laura Black MB-87, Comestar Lau-

san Black MB-87, Comestar Lor Black

MB-87 e Black Laure de Bois Seigneur

MB-89, ademais da mencionada Belgis-

tar Bless. Todas elas deron lugar a un

elenco de touros de fama internacional:

Comestar Lheros, Comestar Outside,

Comestar Stormatic, Comestar Lartist,

Comestar Lee, Lystel Leduc ou Bos Ja-

mes Chamoso, entre outros. O cruce

Blackstar x Sheik tamén deu lugar a

machos como Comestar Lanky ou Co-

mestar Leader, se ben o verdadeiro im-

pacto deste cruce recaeu na vía femia.

Blackstar x Laurie Sheik foi un dos cruces dourados da historia da raza

Holstein

Xenética Fontao probou no seu día dis-

tintos sementais descendentes de Laurie

Sheik: o seu fillo con Mason, Comestar

Mason Enter EX-92, e un neto, fillo de

Derry, chamado Cederry De Bois Seigneur

EX-90. A nai deste último foi unha vaca

criada en Bélxica chamada Te Glaure

De Bois Seigneur, filla de Townson Lin-

dy e da propia Laurie Sheik. A lista dos

sementais postos en proba por Xené-

tica Fontao descendentes das fillas de

Blackstar e de Laurie Sheik é realmente

innumerable.

Se os ancestros de Lauri Mtoto son

dignos de mención, non o é menos a súa

proxenie, tanto vía macho como vía fe-

mia, destacando pola súa gran calidade

en diversos aspectos: produción, mor-

foloxía e caracteres secundarios. E non

é de estrañar, pois Lauri Mtoto é unha

vaca de gran morfoloxía, calificada dúas

veces EX e con altísimas producións. En

dúas das súas catro lactacións rexis-

tradas superou a mítica barreira dos

20.000 Qg. de leite en 305 días (máis de

97.000 Qg. de leite de produción vitalicia

nas súas catro lactacións naturais), con

niveis realmente altos de proteína e de

graxa.

Por se isto fora pouco, os datos de

lonxevidade (117) e reconto de células

somáticas (118) son realmente impac-

tantes. Todo iso proporciónalle un ICO

de 3.098, ocupando o posto número 7 das

mellores vacas españolas despois de ter

liderado este ránking en varias avalia-

cións anteriores. As súas fillas acom-

páñana xa nos postos de honor do rán-

Page 9: fontao 4 gal...6 TOUROS PROBADOS XENÉTICA FONTAO XUÑO 2009 de tremenda estrutura e cun ubre ex-celente, alcanzando a calificación de EX-90 en España na súa terceira lacta-ción,

XENÉTICA FONTAO XUÑO 2009 9FAMILIAS DE VACAS

king español por ICO: S. Cristóbal Laura

Champion MB-87, con máis de 51.000

Qg. de leite producidos nas súas dúas

primeiras lactacións naturais, é a núme-

ro 9. HS CYL Genetical Lautit ET BB-84,

con 15.855 Qg. de leite en 344 días na súa

primeira lactación, é a número 15. San

Cristóbal Balada Titani ET BB-84, con

13.880 Qg. de leite en 300 días da súa

primeira lactación, é a número 5.

Outro membro destacado desta saga fa-

miliar é a vaca Baldomero Lena Goldwyn

MB-85, número 30 do ránking español

por ICO, que tamén descende de Belgistar

Less, neste caso dunha filla desta co touro

italiano Campogallo Slocum Schering ET

chamada Baldomero Schering Less ET, da

Ganadería Baldomero S.C. de Tineo (Astu-

rias).

Lauri, ademais das xa mencionadas,

ten outras fillas (xovencas a día de hoxe)

con distintos touros: Toystyory, Bolton,

Goldwyn, Roy e Roumare, que segura-

mente darán moito que falar nun futuro.

A descendencia de Lauri vía macho é

tamén digna de mención, pois “a Mtoto

de San Cristóbal”, como é comunmente

coñecida, ten nada máis e nada menos

que 8 fillos e 5 netos en distintos centros

de inseminación. Cómpre destacar o

seu primeiro fillo en ter proba oficial, S.

Cristóbal Hidalgo Iron, probado en Italia,

froito dunha exportación a ese país de

embrións de Lauri con Boss Iron ET, que

sen dúbida transmite con intensidade

as bondades da familia xa comentadas.

Así o reflicte a súa proba oficial italiana,

con 133 fillas en 86 establos e un 92%

de fiabilidade: +822 Qg. L +37 Qg. G +18 Qg.

P, cos seguintes índices morfolóxicos: Tipo,

+1,55; Ubre, +1,95; Patas, +0,84. Os carac-

teres secundarios son 112 para células so-

máticas (número 3 do ránking italiano para

este carácter), 111 para lonxevidade (nú-

mero 7), 104 para fertilidade (número 12) e

107 para facilidade de parto (número 12).

Hidalgo é, xa que logo, un especialista nos

denominados caracteres secundarios ou de

saúde (que tanta importancia teñen na ac-

tualidade), o que lle dá un PFT (índice combi-

nado italiano) de 1.560 e un honorable posto

29 entre os 100 mellores touros italianos.

Hidalgo tamén ten proba en España, inferior

á italiana en produción (+317 Qg. de leite),

superior en tipo (IGT: +2,03) e igualmente

chamativa para lonxevidade (116) e reconto

celular (112), cun ICO de 1.751.

Outro fillo probado de Lauri é S. Cristóbal

Almanzor Champion ET, irmán completo

de S. Cristóbal Laura Champion ET, xa con

proba oficial española (se ben con baixa fia-

bilidade aínda) e un ICO de 2.278, que o si-

tuaría actualmente no posto 12 do ránking

español dos mellores sementais por ICO.

Xenética Fontao apostou con forza por

esta familia ultimamente, poñendo en

proba varios xovencos da mesma, como

San Cristóbal LASSON (Bolton x San Cris-

tóbal Laura Champion ET) e San Cristóbal

LAURENSEN (Roumare x San Cristóbal

Balada Titani ET).

San Cristóbal Lauri Mtoto

Fillas de Laurie Sheik na granxa Comestar (Canadá) Comestar Laurie Sheik

“A Mtoto de San Cristóbal” ten 8 fillos e 5 netos en distintos centros

de inseminación

Page 10: fontao 4 gal...6 TOUROS PROBADOS XENÉTICA FONTAO XUÑO 2009 de tremenda estrutura e cun ubre ex-celente, alcanzando a calificación de EX-90 en España na súa terceira lacta-ción,

XENÉTICA FONTAO XUÑO 200910 MELLORA XENÉTICA

XACOBEO: CONSELLOS DE ACOPLAMENTOMario Xacobeo ET foi o touro máis solicitado polos gandeiros na campaña de adquisición conxunta de doses seminais deste ano en Galicia. O seu uso está a ser moi intenso no resto de España e noutros países, tanto de América (Canadá e EE.UU) como de Europa (Inglaterra, Alemaña, Francia, Holanda, Bélxica e Italia). Estas recomendacións van destinadas a obter a maior calidade posible na descendencia deste semental estrela.

Coa publicación das últimas pro-

bas españolas de sementais

de CONAFE, en decembro do

pasado ano, Xacobeo afianzouse con so-

lidez no número 1 do ránking dos mello-

res touros nacionais, ao que xa chegara

en xullo do 2008. Non só o seu intere-

sante pedigrí, senón unha rotunda proba

de produción e tipo, así como a impre-

sionante conversión da súa proba oficial

española ás probas dos distintos países

realizadas por Interbull, fixeron que a

demanda nacional e internacional deste

semental se disparara ata chegar a al-

canzar valores inusuais para un semen-

tal español.

Sen embargo, existe unha máxima ben

coñecida e que debemos respectar: “A

existencia do touro perfecto é unha qui-

mera”. É dicir, non existe un semental

cuxa utilización poida ser masiva e in-

discriminada, esperando obter bos re-

sultados sempre e sobre calquera vaca.

Dito doutro xeito, non existe un touro

que acople ben con todas as vacas, aín-

da que, efectivamente, toda vaca teña un

ou varios touros preferentes para o seu

acoplamento.

Se ben é certo que Xacobeo é un touro

de fácil utilización, debido ás bondades

da súa proba, debemos ter en conta unha

serie de factores, fundamentalmente re-

feridos a tres aspectos: pedigrí e con-

sanguinidade coa poboación de vacas

existente, caracteres produtivos e, por

último, os rasgos morfolóxicos do seu

patrón de transmisión.A Parada Xacobeo Arca

Page 11: fontao 4 gal...6 TOUROS PROBADOS XENÉTICA FONTAO XUÑO 2009 de tremenda estrutura e cun ubre ex-celente, alcanzando a calificación de EX-90 en España na súa terceira lacta-ción,

XENÉTICA FONTAO XUÑO 2009 11MELLORA XENÉTICA

PEDIGRÍ

Xacobeo é un fillo de Mara-Thon BW

Marshall, e se ben é un dos seus me-

llores fillos a nivel internacional, non é

o único. Todo o contrario, o seu pai, BW

Marshall, foi un dos touros máis inten-

samente usados como pai de sementais

en todo o mundo, co cal hai moitos fillos

en activo en diversos países. Non pasa o

mesmo coas súas fillas, que en Europa

son moi escasas debido a que nunca se

puido importar o seu seme desde EE.UU.

(país do que é orixinario BW Marshall),

debido a determinadas restricións sani-

tarias impostas pola Unión Europea, polo

que as únicas fillas de BW Marshall en

Europa, e polo tanto en España (onde só

figuran dúas fillas vivas rexistradas no

Libro Xenealóxico da Raza Frisona), son

Unha precaución a tomar á hora de usar o seme de Xacobeo é

evitar poñelo nas netas de BW Marshall por vía paterna e, se acaso, nas fillas de Rudolph

froito da importación de embrións, nos

que si se permitiu o uso de BW Marshall

como pai e a súa posterior importación.

En canto á súa liña materna, Xacobeo

é fillo dunha das mellores fillas de Ru-

dolph a nivel mundial, calificada EX-94

aos cinco anos de idade en EE.UU. e que

responde ao seguinte pedigrí: Rudolph

x Mandel x Blackstar x Cleitus x Arlin-

da Rotate. Se ben todos eles son touros

que deixaron unha importante pegada na

raza frisona, a maioría atópase bastante

lonxe na cadea xeracional das nosas va-

cas de hoxendía, agás Rudolph, do que

todavía persisten os seus xenes na ca-

bana frisona actual de calquera país.

Polo tanto, unha precaución a tomar á

hora de usar o seme de Xacobeo é evitar

poñelo nas netas de BW Marshall por vía

paterna e, se acaso, nas fillas de Rudol-

ph, se ben nestas últimas o coeficiente

de consanguinidade non superaría os lí-

mites recomendados.

CARACTERES PRODUTIVOS

Xacobeo transmítelles ás súas fillas un

tremendo potencial leiteiro que respon-

de fielmente ao pedigrí reseñado antes,

no que figuran touros moi destacados

para produción de leite. As “Xacobeo”

son vacas de altas producións, con moi-

tos quilos de leite, de proteína e, en me-

nor medida, de graxa.

Para as altas producións destas vacas,

as porcentaxes de proteína que reflic-

ten son realmente importantes, se ben

se debe ter en conta un certo efecto de-

presor da porcentaxe de graxa, buscado

hoxendía por moitos gandeiros.

CARACTERES MORFOLÓXICOS

O alto nivel morfolóxico das fillas de

Xacobeo, ademais das súas altas pro-

ducións, é o outro piar fundamental

da proba deste semental. As 119 fillas

calificadas que aparecen na súa proba

de decembro pasado, e que o situaban

como touro número 2 por tipo a nivel

Castragude Susao Xacobea 103

Page 12: fontao 4 gal...6 TOUROS PROBADOS XENÉTICA FONTAO XUÑO 2009 de tremenda estrutura e cun ubre ex-celente, alcanzando a calificación de EX-90 en España na súa terceira lacta-ción,

XENÉTICA FONTAO XUÑO 200912 MELLORA XENÉTICA

nacional, aumentaron ata 186 a día de

hoxe, confirmando as expectativas.

As “Xacobeo” son vacas altas e cun

grande estilo, de cabezas finas e longos

pescozos, con forte liña dorsolumbar e

potentes lombos. A angulosidade é ex-

trema, os costelares son amplos, aber-

tos e de axeitada fondura, sobre todo a

nivel abdominal. As grupas adoitan ser

de anchura media, pero moi limpas e co-

rrectas, con moi boas insercións de cola

e libres de defectos. As patas teñen unha

gran mobilidade, cunha boa forma do pé,

tremenda calidade ósea e excelente vis-

ta posterior, sendo rectas na súa vista

lateral. Os ubres son de gran calidade

e textura, extremadamente recollidos e

con fortísimas insercións anteriores. Os

ubres posteriores son altos e anchos e

amosan un bo ligamento suspensor me-

dio. A colocación e lonxitude de tetos son

moi correctas.

A excelencia en ubres e patas, que se

traduce en altas cifras para lonxevidade,

xunto coa chamativa angulosidade, son

sen dúbida os sinais de identidade de

Xacobeo. Se algún rasgo morfolóxico de-

bemos observar con atención á hora de

acoplar a Xacobeo nas nosas vacas, po-

dería ser algún relacionado coa potencia

do tren anterior: anchura de peito, aper-

tura do costelar torácico e, ás veces, al-

tura ao terzo anterior.

Por todo iso, Xacobeo é un touro ideal

para aquelas liñas xenéticas que ne-

cesiten incrementar a súa produción e

mellorar rasgos morfolóxicos tan im-

portantes como ubres e patas, á vez

que dar un toque de calidade xeral e

feminidade a aquelas vacas de grande

estrutura, anchos peitos, fondos coste-

lares anteriores e grupas anchas, que

rozan un exceso de fortaleza, mesmo

certa rudeza.

Estas liñas ás que nos referimos poden ser:

Liñas Durham. Xacobeo resulta un

acoplamento ideal sobre as fillas de

Dúplex (neste caso, sería un acopla-

mento correctivo moi axeitado, ade-

mais de proporcionar altísimos índi-

ces xenéticos á descendencia). Tamén

sobre as fillas de Mr Sam, Damion,

Dancer ou calquera fillo de Durham,

que transmita as súas coñecidas ca-

racterísticas de extrema fortaleza.

Liñas Emory. Como as represen-

tadas polas fillas de Allen, Empire,

Fontans ou Cid.

Liñas Lindy. Fillas e/ou netas de

Lheros, Louro, etc.

Liñas Jocko Besn. Fillas do mes-

mo Jocko Besn e as súas netas, vía

os seus fillos como, por exemplo,

Roumare.

Liñas Juror. Fillas de Roy, Cubeiro,

etc.

Liñas Manfred. Fillas de Oman.

Liñas Mtoto. Fillas de Mtoto, Shottle,

etc.

E, en xeral, tamén sobre todas aquelas

xovencas de grande estrutura e ausen-

cia de consanguinidade, pois lembremos

que Xacobeo ten unha gran facilidade de

parto, debido en parte á calidade xeral

das súas crías e, en particular, á finura

de óso e moderada anchura de grupa das

mesmas.

Débese ter en conta un certo efecto depresor da porcentaxe

de graxa, buscado hoxendía por moitos gandeiros

Xacobeo é ideal para dar un toque de feminidade a aquelas vacas de grande estrutura que rozan un exceso de fortaleza,

mesmo certa rudeza

Vilanova Xacobeo 5381

Areán Xacobeo Xacobea 9943

Page 13: fontao 4 gal...6 TOUROS PROBADOS XENÉTICA FONTAO XUÑO 2009 de tremenda estrutura e cun ubre ex-celente, alcanzando a calificación de EX-90 en España na súa terceira lacta-ción,

Á PROCURA DA EXCELENCIAO labor de Xenética Fontao singularízase por ter introducido en España algunhas das mellores liñas xenéticas do mundo, para obter a partir delas tanto sementais para poñer en proba como femias que sirvan nun futuro como nais de sementais. Deste xeito, as ganderías poden incorporar membros das máis destacadas familias Holstein a nivel mundial. Esa é a nosa principal razón de ser. A ninguén se lle escapa que o beneficio principal desta actividade redunda nos produtores e ten un reflexo económico, fundamental para

un sector batido pola crise. Pero ademais da variable produtiva, que é esencial, non podemos esquecer que a boa xenética tamén produce beleza. Estes animais fermosos, de morfoloxías que rozan a excelencia, son motivo de orgullo para os seus criadores e para todos os que contribuímos á súa concepción e saúde. Presentamos nas seguintes páxinas unha mostra de animais premiados nos últimos meses en diferentes concursos da raza frisona. Todos eles teñen en común o selo de Xenética Fontao.

ÁLBUM DE FOTOS

Sandamil MS Megamagic Melani Fontestriz Chamoso Chamosa Vilarmor Draco Alore 1011

Gaigo Elegant Curuxela Fontestriz Elegant Elegante

Rego Chamoso Perla 8318 Quintá Botafogo Fogata Callobro Iago Anaquiña Gz

Rego Elegant Sonia 8797

Page 14: fontao 4 gal...6 TOUROS PROBADOS XENÉTICA FONTAO XUÑO 2009 de tremenda estrutura e cun ubre ex-celente, alcanzando a calificación de EX-90 en España na súa terceira lacta-ción,

ÁLBUM DE FOTOS

Rigueiro Altus Negriña O Eixido Lema Duno Perrelos Gol Dora

Nodi Colter Kali Pozosaa Louro Mina 6801

Tato Pantera Botafogo Perrelos Amada Botafogo Callobro Vértigo Plastilina GZ

Tasil Six Seda 3098 Veigueiro Deroles Navia Rey 429 Sachiña Sacho

Paulina Elegant Unai Celeiro

Page 15: fontao 4 gal...6 TOUROS PROBADOS XENÉTICA FONTAO XUÑO 2009 de tremenda estrutura e cun ubre ex-celente, alcanzando a calificación de EX-90 en España na súa terceira lacta-ción,

ÁLBUM DE FOTOS

Xacobo Xacobeo 6079 Rigueiro Cid Noche Gaigo Bonita 6293 Dancer

O Eixido Luca Lucus Quinteiro Dancer Danza Cando Cid Chus

Gaigo Gamesa Picolo Romualdo Tonecha Elegant Menor Dancer Casta

Outeiro Darter Mandela Sabiola Cubeiro Pereira A Parada Xacobeo Arca

Page 16: fontao 4 gal...6 TOUROS PROBADOS XENÉTICA FONTAO XUÑO 2009 de tremenda estrutura e cun ubre ex-celente, alcanzando a calificación de EX-90 en España na súa terceira lacta-ción,