Guía do xestor de formación 2009 - EGAP

48

description

Guía do xestor de formación 2009 - EGAP

Transcript of Guía do xestor de formación 2009 - EGAP

Page 1: Guía do xestor de formación 2009 - EGAP
Page 2: Guía do xestor de formación 2009 - EGAP
Page 3: Guía do xestor de formación 2009 - EGAP

Escola Galega de Administración Pública Rúa Madrid, nº 2-4 15707 Santiago de Compostela (A Coruña) - Tel.: 981 546 040 - egap.xunta.es

Page 4: Guía do xestor de formación 2009 - EGAP

GUÍA DE XESTIÓN DE FORMACIÓN 2009

INDICE

A. XESTIÓN ADMINISTRATIVA.

0. PRESENTACIÓN. Pax. 5

1. COORDINADORES XERAIS. Pax. 5

2. DIRECTORES DE CURSOS Pax. 6

2.1. NOMEAMENTO Pax. 6

2.2. OBRIGAS. Pax. 6

2.3. O DIRECTOR ACADÉMICO. Pax. 7

3. DOCENTES. Pax. 8

3.1. SELECCIÓN E NOMEAMENTO. Pax. 8

3.2. OBRIGAS. Pax. 8

3.3. CERTIFICACIÓNS DE DOCENCIA. Pax. 9

4. ALUMNADO. Pax.10

4.1. SELECCIÓN DO ALUMNADO. Pax. 10

4.2. CERTIFICADOS DE ASISTENCIA E DIPLOMAS. Pax. 10

4.3. MODIFICACIÓNS DAS ACTIVIDADES. Pax. 10

4.4. QUEIXAS, SUXESTIÓNS E RECLAMACIÓNS. Pax. 10

5. AULAS. Pax.11

5.1. RESERVA DE AULAS DA EGAP. Pax. 11

6. DOCENCIA. Pax.11

6.1. INICIO DA ACTIVIDADE FORMATIVA. Pax. 11

6.2. DESENVOLVEMENTO DO CURSO E CUESTIÓNS ADMINISTRATIVAS. Pax. 12

6.3. CLAUSURA E REMATE DO CURSO. Pax. 13

7. DIRECTORIO DE INFORMACIÓN. Pax.15

Escola Galega de Administración Pública Rúa Madrid, nº 2-4 15707 Santiago de Compostela (A Coruña) - Tel.: 981 546 040 - egap.xunta.es

2

Page 5: Guía do xestor de formación 2009 - EGAP

GUÍA DE XESTIÓN DE FORMACIÓN 2009

B. XESTIÓN ECONÓMICA

1. XUSTIFICACIÓN DOS GASTOS DAS ACTIVIDADES FORMATIVAS. Pax.17

1.1. ASPECTOS XERAIS. Pax. 17

2. CONCEPTOS SUSCEPTIBLES DE DEVENGO. Pax.18

2.1. DOCENCIA. Pax. 18 2.1.1. Se o docente fose persoal pertencera a calquera administración. Pax. 18 2.1.2. Se o docente fose profesional autónomo ou similar. Pax. 19 2.1.3. Se a docencia fose contratada a través dunha empresa. Pax. 19 2.2. ALOXAMENTO, MANUTENCIÓN E DESPRAZAMENTO. Pax. 19 2.2.1. Aloxamento. Pax. 20 2.2.2. Manutención. Pax. 20 2.2.3. Desprazamento. Pax. 20 2.3. MEDIOS E MATERIAIS DIDÁCTICOS. Pax. 21 2.3.1. Material didáctico elaborado polo docente. Pax. 21 2.3.2. Material didáctico do curso. Pax. 21 2.4. OUTROS GASTOS RELACIONADOS COA ACTIVIDADE FORMATIVA. Pax. 22 2.4.1. Dirección. Pax. 22 2.4.2. Persoal Auxiliar. Pax. 22 2.4.3. Aluguer de equipos e aulas. Pax. 22

3. RESUMO XERAL DE GASTOS. Pax.22

4. INSTRUCIÓN SOBRE RETRIBUCIÓNS DAS COLABORACIÓNS Pax.23 DA A EGAP.

C. FORMULARIOS

1. FORMULARIOS DO COORDINADOR E DO DIRECTOR. Pax.30

1.1. INFORME SEMESTRAL DO COORDINADOR Pax. 31

1.2. PROTOCOLO DO DIRECTOR ACADÉMICO Pax. 32

1.3. MEMORIA FINAL DA ACTIVIDADE Pax. 34

2. FORMULARIOS DO PROFESOR. Pax.35

2.1 PROTOCOLO DO PROFESOR Pax. 35

Escola Galega de Administración Pública Rúa Madrid, nº 2-4 15707 Santiago de Compostela (A Coruña) - Tel.: 981 546 040 - egap.xunta.es

3

Page 6: Guía do xestor de formación 2009 - EGAP

GUÍA DE XESTIÓN DE FORMACIÓN 2009

2.2 PROTOCOLO DE TITOR DE TELEFORMACIÓN Pax. 37

2.3 SOLICITUDE DE PETICIÓN DA CERTIFICACIÓN DE DOCENCIA. Pax. 39

2.4 CERTIFICACIÓN DE ASISTENCIA AS SESIÓNS DO CURSO PARA O ALUMNO. Pax. 40

2.5 PROTOCOLO PROPOSTA CADRO DOCENTE Pax. 41

3. FORMULARIOS DO ALUMNO. Pax.42

3.1 MODELO DE RENUNCIA Pax. 42

3.2 CERTIFICADO DATOS PARA OS CURSOS DE FORMACIÓN DA EGAP Pax. 43

3.3 QUEIXAS E SUXESTIÓNS Pax. 44

4. FORMULARIOS DO SERVIZO DE FORMACIÓN. Pax.45

4.1 CHECK-LIST DE VERIFICACIÓN DO EXPEDIENTE Pax. 45

Escola Galega de Administración Pública Rúa Madrid, nº 2-4 15707 Santiago de Compostela (A Coruña) - Tel.: 981 546 040 - egap.xunta.es

4

Page 7: Guía do xestor de formación 2009 - EGAP

GUÍA DE XESTIÓN DE FORMACIÓN 2009

A. XESTIÓN ADMINISTRATIVA.

0. PRESENTACIÓN

A Guía para xestores de formación, é un documento que ten como finalidade converterse nunha instrución de xestión de formación e de referencia para todos aqueles axentes que están involucrados en actividades formativas vinculadas coa Escola Galega de Administración Pública (en adiante EGAP).

As persoas que colaboran coa EGAP na xestión da formación encádranse nalgunha das seguintes categorías:

- Coordinador xeral, é o interlocutor entre un centro directivo distinto da EGAP coa Escola para a xestión dunha ou varias propostas formativas remitidas por aquel.

- Director de curso, trátase dun experto que, baixo a supervisión da EGAP e do coordinador xeral, colabora nas tarefas de planificación, execución e control de distintos aspectos dunha actividade de formación.

- Director académico, é un colaborador respecto do programa e o profesorado dunha actividade formativa, que actúa como interlocutor entre a Escola e os docentes da mesma.

- Docente, é un experto en temas de interese para a Administración Pública, que debe estar cualificado tanto dende o punto de vista material que pretende ensinar como respecto das habilidades de comunicador na transmisión do coñecemento.

Esta Guía aplicarase tanto aos cursos organizados pola EGAP como polas consellería ou outros centros directivos da administración autonómica así como de outras administracións públicas e entidades e institucións públicas que organicen ou colaboren na organización das mencionadas actividades formativas.

1. COORDINADORES XERAIS.

Para os cursos, tanto se for organizados pola EGAP como por outros centros directivos, ten que existir un coordinador/a xeral, que deberá estar inscrito no Rexistro de formadores da EGAP. O nomeamento recaerá nas seguintes persoas:

a) Cando a EGAP organice o curso, será o/a xefe/a do servizo correspondente da EGAP quen realice as funcións de coordinador/a xeral das actividades que leve a cabo os seus respectivos servizos, realizando as seguintes funcións:

Coordinar a formación desenvolvida polo servizo correspondente.

Coordinar as actividades dos directores de cursos organizados polo seu servizo.

b) Cando sexa unha consellería ou centro directivo distinto da EGAP o responsable da organización do curso, será coordinador/a xeral quen así se determine a proposta da respectiva administración. Cando se trate de consellerías este nomeamento recaerá sobre o responsable en materia de formación continua designado polas secretarías xerais. Realiza as seguintes funcións:

Aprobar a proposta formativa que cada centro directivo lle remita á EGAP. Coordinar a formación desenvolvida polo centro directivo correspondente. Coordinar as actividades dos directores de cursos correspondentes ao seu centro

directivo.

Escola Galega de Administración Pública Rúa Madrid, nº 2-4 15707 Santiago de Compostela (A Coruña) - Tel.: 981 546 040 - egap.xunta.es

5

Page 8: Guía do xestor de formación 2009 - EGAP

GUÍA DE XESTIÓN DE FORMACIÓN 2009

Ser o interlocutor coa EGAP en relación a todos os cursos do seu centro directivo.

Enviarlle semestralmente á Secretaría da EGAP un informe sobre o progreso da execución da formación desenvolvida polo centro directivo que corresponda, así como sobre as demandas estratéxicas de formación e propostas de mellora relativas á xestión formativa.

Asistir ás reunións de coordinación organizadas pola EGAP.

2. DIRECTORES DE CURSOS

Os directores de accións formativas son profesionais expertos ou empregados públicos que, baixo a supervisión da EGAP, colaboran nas tarefas de deseño, dirección e control de distintos aspectos das actividades formativas. Asumen unha importante responsabilidade na consecución dos obxectivos formativos previstos e, polo tanto, no éxito da acción formativa.

2.1. NOMEAMENTO.

Para cada curso, tanto se for organizado pola EGAP como por un centro directivo de calquera administración pública, e independentemente das edicións de que conste, debe nomearse UN ÚNICO DIRECTOR DE CURSO, a pesar de que na organización poidan intervir e interveñan diferentes persoas:

a. Cando a EGAP organice o curso, o servizo de xestión de formación correspondente determinará a persoa que realizará a dirección do mesmo. Si se acorda a posibilidade de retribución para esa labor, farase unha proposta de director de curso que deberá ser aprobada pola dirección da EGAP, cumprimentando o Anexo A, tendo que estar inscrito no rexistro de formadores da EGAP como director.

b. Cando sexa un centro directivo de calquera administración pública o responsable da organización do curso, o seu coordinador xeral fará unha proposta de director de curso que deberá ser aprobada pola dirección da EGAP, cumprimentando o Anexo A, tendo que estar inscrito no rexistro de formadores da EGAP como director.

Aínda que un curso conste de varias edicións que vaian celebrarse en distintas localidades, SÓ EXISTIRÁ UN DIRECTOR DE CURSO. Na aplicación EGAPOLIS, á que cada xestor de formación terá acceso cunha clave personalizada, poderase ver tódalas actividades formativas que correspondan a ese director, indicándose en cada unha o nome da acción, a programación, as datas de execución e o orzamento dos gastos asociados ao curso. No orzamento de cada expediente determínase, entre outras, a retribución do director do curso, esta retribución será aplicable cando o curso for levado a cabo por unha consellería ou centro directivo e seralle/s aboado/s á/s persoa/s certificada/s polo coordinador xeral ao finalizar o curso. 2.2. OBRIGAS.

Os/as directores/as dos cursos, unha vez aceptan o nomeamento como tales, no mesmo acto se obrigan ao seguinte:

1. Estar inscrito no Rexistro de Formadores da EGAP como director. 2. Asistir ás reunións de coordinación organizadas pola EGAP. 3. Colaborar no deseño da actividade formativa, propoñer o programa, a

metodoloxía e o contido de cada actividade. 4. Seleccionar os docentes e propoñerllos ao director da EGAP, así como asegurarse

de que están inscritos no rexistro de formadores.

Escola Galega de Administración Pública Rúa Madrid, nº 2-4 15707 Santiago de Compostela (A Coruña) - Tel.: 981 546 040 - egap.xunta.es

6

Page 9: Guía do xestor de formación 2009 - EGAP

GUÍA DE XESTIÓN DE FORMACIÓN 2009

5. (*) Reservar aulas ou material didáctico seguindo o contido na instrución. 6. (*) No caso de que se apliquen criterios académicos específicos para a selección

do alumnado, presentar ao servizo de formación correspondente, para a súa aprobación, a listaxe dos alumnos seleccionados para proceder á súa publicación unha vez aprobado, por parte do propio servizo da EGAP.

7. Respecto do material didáctico e ponencias dos cursos correspóndenlle as seguintes obrigas: - Elaborar e supervisar a elaboración polos profesores dos materiais didácticos

que serán empregados na actividade. - Comprobar a extensión e calidade dos materiais entregados. - Facilitarlle aos profesores, para a súa cumprimentación no momento do seu

nomeamento, o documento denominado "Cesión de dereitos á EGAP", así como proceder ao posterior arquivo do anexo.

- Entregar os materiais á EGAP con carácter previo ao inicio do curso en os prazos previstos así como facilitarllo, ou coordinar con quen delegue, aos alumnos ao comezo da actividade.

- Remitir a totalidade do material empregado no curso á EGAP unha vez finalizado este para os seu arquivo no expediente.

8. Presentar o curso ao seu inicio, expoñendo os obxectivos, a metodoloxía e o programa, así como ao equipo docente que vai a impartir o temario da actividade.

9. Facilitarlle a cada docente toda a documentación que deba xestionar ao longo da actividade formativa incluído o documento de nomeamento, no que se farán constar as obrigas que asume ao impartir un curso da EGAP, así como o cuestionario de satisfacción do profesor, que deberá entregar cumprimentado ao final do curso ou actividade.

10. Controlar que o docente cumpre con todas as súas obrigas. 11. (*) Solicitar e recompilar as certificacións dos alumnos que os autorizan á

participación na acción formativa por parte do responsable da unidade administrativa á que pertenza o alumnado aceptado.

12. . No suposto de que o curso estea organizado por unha consellería, solicitar os certificados de docencia para os docentes que os requiran.

13. (*) Realizar a certificación das contías e gastos suplidos que a EGAP debe pagar. 14. Enviarlle á EGAP (cando o curso estea organizado por unha consellería) ou

dispoñer (cando o curso estea organizado pola EGAP) toda a documentación do curso relacionada no apartado 6º do presente documento, nun prazo non superior a 15 días tralo seu remate.

15. Tratar os datos de forma totalmente confidencial de acordo co establecido na Lei Orgánica 15/99 do 13 de decembro de Protección de Datos de Carácter Persoal.

16. Aplicar e controlar os procedementos de avaliación que se establezan en cada caso.

17. Cumprir os protocolos e os procedementos formativos que determine a EGAP. 18. Colaborar coa EGAP na asistencia e apoio aos alumnos así como na resolución

daquelas incidencias que poidan xurdir ao longo do curso. 19. Presentar unha memoria final que resuma os aspectos máis relevantes do curso

ou actividade. 20. Representar á EGAP, cando se lle encomende, nos aspectos académicos e

administrativos do curso.

(*) Estas obrigas non se lles esixirán aos directores de cursos non integrados na Formación Continua organizados pola EGAP. 2.3. O DIRECTOR ACADÉMICO.

En casos excepcionais por causa da singularidade da actividade formativa e cando así se determine pola EGAP poderá nomearse un director académico que asumirá tan so unha parte das funcións previstas no apartado anterior. Basicamente realiza as seguintes tarefas:

- Proposta de programa ou temario do curso así como a de desenvolvemento do mesmo con expresión da metodoloxía, destinatarios, datas e horarios.

Escola Galega de Administración Pública Rúa Madrid, nº 2-4 15707 Santiago de Compostela (A Coruña) - Tel.: 981 546 040 - egap.xunta.es

7

Page 10: Guía do xestor de formación 2009 - EGAP

GUÍA DE XESTIÓN DE FORMACIÓN 2009

- Proposta de profesorado mencionado os días e as horas así como as materias que impartirá cada docente.

O director académico colaborará coa EGAP sendo o interlocutor entre a Escola e os docentes, en especial nas funcións referidas do punto 7 do apartado anterior, e tamén nas referidas nos apartado 8, 9 e 10 e noutras das mencionadas funcións cando se lle requira para elo. Deberá estar inscrito no Rexistro de Formadores da EGAP como director así como cumprir as obrigas establecidas la Lei 15/1999, do 13 de decembro de protección de datos de carácter persoal.

No caso de que se utilice a colaboración dun director académico (así como no caso de que non se nomee director externo ou os servizos así o determinen) existirá a figura do responsable do curso que recaerá sobre una persoa distinta do director e que asumirá as tarefas non esixidas ao director académico e outras de xestión da actividade de formación. O responsable do curso será con carácter xeral o/a xefe/a de sección, se non se determina a outra persoa por parte do servizo de formación correspondente.

Os docentes son profesionais ou empregados públicos expertos en temas de interese

para a Administración Pública. Son a figura esencial na consecución dos obxectivos formativos da EGAP de alcanzar a excelencia ofrecendo unha formación de calidade e adecuada ás necesidades formativas dos empregados públicos.

3. DOCENTES.

O docente deber estar cualificado e ser competente non so no ámbito material que pretende ensinar senón respecto das habilidades como comunicador na transmisión deses coñecementos, que debe incluír o coñecemento de novas linguaxes e novas ferramentas tecnolóxicas. 3.1. SELECCIÓN E NOMEAMENTO.

O director do curso, é o responsable de propor os docentes máis axeitados para desenvolver cada acción formativa ao director da EGAP para que dea a súa aprobación mediante o modelo que figura no Anexo B SENDO OBRIGATORIO QUE O DOCENTE PROPOSTO ESTEA INSCRITO NO REXISTRO DE FORMADORES DA EGAP. Cando se seleccione un docente deberá entregarse o documento de nomeamento, en que se farán constar as obrigas que asume ao impartir un curso da EGAP.

Cando o director do curso desenvolva tamén a función de docente, poden darse as seguinte

situacións:

Curso organizado pola EGAP, será a xefa do servizo corresponde da EGAP quen propoña e asine a devandita proposta do Anexo B, para que sexa aprobada polo director da EGAP.

Curso organizado por outros centros directivos de calquera administración

pública será o/a coordinador/a xeral quen propoña e asine a devandita proposta do Anexo B, para que sexa aprobada polo director da EGAP.

3.2. OBRIGAS.

O profesorado, unha vez aceptan o nomeamento como tal, no mesmo acto se obrigan ao seguinte:

Docencia presencial

a) Estar inscrito de xeito obrigatorio no rexistro de formadores da EGAP. b) Entregar ao director o material didáctico que vaia empregar na acción formativa sete

días naturais antes do seu comezo como mínimo.

Escola Galega de Administración Pública Rúa Madrid, nº 2-4 15707 Santiago de Compostela (A Coruña) - Tel.: 981 546 040 - egap.xunta.es

8

Page 11: Guía do xestor de formación 2009 - EGAP

GUÍA DE XESTIÓN DE FORMACIÓN 2009

c) Controlar a asistencia dos alumnos ao curso utilizando os rexistros facilitados polo seu director.

d) Realizar unha proba de nivel aos alumnos, previa ou posterior á realización do curso, cando sexa requirido.

e) Explicar directamente os contidos ou especialidade asignada de acordo co temario do curso.

f) Realizar a enquisa de profesor correspondente á acción formativa. g) Elaborar e corrixir os exames, casos e traballos prácticos que realicen os alumnos. h) Atender, seguir e avaliar os alumnos durante o desenvolvemento da materia ou da

actividade impartida. i) Presentar as facturas oportunas no caso de non pertencer á Administración pública,

tal e como se indica no apartado nº 7 do presente documento. j) O último día de curso o docente debe recoller cumprimentado o modelo de enquisa

que os alumnos poderán atopar na súa carpeta de material. k) Informar das incidencias ou melloras nas actividades formativas.

Tutorización na modalidade de teleformación

a) Estar inscrito de xeito obrigatorio no rexistro de formadores da EGAP b) Encargarse das sesións presenciais dos cursos, cando estes o requiran. c) Xestionar os aspectos relacionados coa disposición da aula, o apoio, a motivación e o

control dos participantes. d) Elaborar bibliografía complementaria. e) Actualizar e elaborar unidades didácticas. f) Atender as consultas. g) Propor e elaborar casos e traballos prácticos. h) Revisar e corrixir os exercicios. i) Avaliar e controlar a aprendizaxe dos participantes mediante o seguimento dos

exercicios, exames, e probas que se establezan en cada actividade j) Informar das incidencias e melloras das actividades docentes k) Dinamizar a participación do alumnado no curso. l) Realizar a enquisa correspondente á acción formativa.

Nas dúas modalidades, e cando o docente deba elaborar o material didáctico que vai

empregar durante o curso, deberá presentar, no momento do seu nomeamento, "Cesión de dereitos á EGAP". Por outra parte, este material deberá serlle remitido ao director do curso con sete días naturais de antelación con respecto ao seu inicio como mínimo. 3.3. CERTIFICACIÓNS DE DOCENCIA.

O docente solicitará por escrito, directamente ao servizo de formación correspondente da EGAP, a certificación da docencia impartida. No suposto de que o curso estea organizado por algunha das consellerías, será o director do curso (e non o docente) quen o solicite a devandita certificación. Serán o/a xefe/a de sección ou a persoa que se determine no servizo de formación correspondente quen asine as certificacións de docencia.

O escrito de solicitude deberá conter:

O nome da acción formativa. O lugar e as datas de realización. O nome e o número de DNI do docente. O número de horas impartidas polo docente.

Escola Galega de Administración Pública Rúa Madrid, nº 2-4 15707 Santiago de Compostela (A Coruña) - Tel.: 981 546 040 - egap.xunta.es

9

Page 12: Guía do xestor de formación 2009 - EGAP

GUÍA DE XESTIÓN DE FORMACIÓN 2009

4. ALUMNADO.

4.1. SELECCIÓN DO ALUMNADO.

As bases contidas nas convocatorias das respectivas actividades de formación determinarán a qué persoal está dirixido o curso ou actividade de que se trate. As bases tamén determinarán os criterios de selección do alumnado, a documentación que debe ser entregada e os prazos para solicitar a participación.

As actividades formativas do Plan de Formación Continua autonómica dirixiranse unicamente ao persoal ao servizo da Administración autonómica (funcionarios, persoal laboral fixo ou temporal e persoal eventual). Exclúese o persoal da Administración local ou doutras administracións públicas, empresas, fundacións, etc., así como o persoal docente, sanitario e bolseiro. As demais actividades formativas determinarán os seus destinatarios nas bases de cada convocatoria. Ao marxe dos criterios de cada convocatoria empregarase, de forma subsidiaria, o previsto na Resolución do 4 de xaneiro de 2008 pola que se actualizan os criterios de participación nas actividades formativas da Escola Galega de Administración Pública, publicado no DOG. nº 7 do 10 de xaneiro de 2008.

A selección do alumnado efectuarase de acordo cos criterios de cada convocatoria e subsidiariamente da Resolución do 4 de xaneiro 2008 de forma automática na plataforma EGAPOLIS con carácter xeral. Unha vez aprobadas as listaxes de persoal seleccionado, procederase á notificación aos propios alumnos seleccionados, vía e-mail e SMS a aquelas persoas que faciliten estes datos na solicitude, e tamén á súa publicación na páxina web da EGAP.

A presenza de participantes nos cursos que non figuren nas listas de alumnos seleccionados pola EGAP, deberá consultarse co servizo de formación correspondente.

É incompatible a participación nunha actividade como docente, en calquera das súas figuras, e discente.

4.2 CERTIFICADOS DE ASISTENCIA E DIPLOMAS.

Ao marxe dos certificados ou diplomas que se entregarán aos alumnos ao finalizar ó curso os alumnos poderán solicitar do profesor, o mesmo día da sesión do curso correspondente, ou ao director do curso, que se lle certifique a súa asistencia un ou varios días determinados. A partir do momento en que os controis de asistencia sexan remitidos á EGAP poderase tamén solicitar a devandita certificación aos servizos de formación correspondentes a través da xefatura de sección.

Os diplomas serán remitidos pola EGAP aos interesados directamente ou a través dos directores, coordinadores xerais ou responsables de persoal dos respectivos centros directivos.

4.3 MODIFICACIÓNS DAS ACTIVIDADES.

A EGAP poderá modificar o desenvolvemento das actividades formativas respecto das

datas, lugares e horario e os contidos do curso así como resolver todas as continxencias que poidan xurdir. Nestes casos empregaranse os mesmos medios de notificación previstos na normativa que foron utilizados na publicidade da selección de cada curso ou actividade: páxina web, correo electrónico e SMS, no seu caso.

4.4 QUEIXAS, SUXESTIÓNS E RECLAMACIÓNS.

Durante a entrega da documentación do curso, os alumnos deben ser informados de

que, no caso de desexaren expresar algunha queixa, suxestión ou reclamación que lle permita á EGAP innovar na formación que imparte ou mellorar no seu funcionamento, dispoñen dun formulario na súa páxina web (http://egap.xunta.es) para facelo.

Os profesores deberán remitir directamente ou a través do director do curso á EGAP, aquelas queixas e suxestións efectuadas verbalmente polos alumnos o das que teñan coñecemento ao longo do desenvolvemento do curso.

Escola Galega de Administración Pública Rúa Madrid, nº 2-4 15707 Santiago de Compostela (A Coruña) - Tel.: 981 546 040 - egap.xunta.es

10

Page 13: Guía do xestor de formación 2009 - EGAP

GUÍA DE XESTIÓN DE FORMACIÓN 2009

5. AULAS.

5.1. RESERVA DE AULAS DA EGAP.

Aquelas persoas interesadas na reserva de aulas da EGAP pode facelo accedendo á súa páxina web (http://egap.xunta.es) e baixando o "Documento de equipamento de aulas", onde poderá observar que equipamento teñen as aulas. A continuación, ou ben cubrirá a "Solicitude en liña das aulas da EGAP", ou ben baixará o "Impreso de solicitude das aulas da EGAP". Nestes formularios deben marcarse as aulas que poden cubrir as súas necesidades. Recoméndase a consulta telefónica previa a respecto da súa dispoñibilidade. O solicitante recibirá confirmación da reserva realizada por correo electrónico. De necesitarse calquera material adicional que non conste na listaxe que figura no "Documento de equipamento de aulas", pode baixarse o "Documento de material dispoñible" e solicitalo nun prazo de cinco días hábiles antes da realización da actividade enviando un correo electrónico ao enderezo [email protected]. Para reservar unha aula de informática debe baixarse o "Documento de instrucións das aulas de informática", xa que o funcionamento destas ten a súa normativa específica. Non se admiten modificacións no software das aulas fóra dos prazos estipulados no citado documento. No caso de atoparse con calquera problema de funcionamento nas aulas, existen letreiros que explican o funcionamento dos equipos. Por outra parte, nas aulas de informática existen manuais de uso destes. Se despois de ler os manuais persisten os problemas de carácter técnico, pode chamar ao teléfono indicado a tal efecto no apartado 8º deste documento. De producirse algunha incidencia técnica pregámoslles que cubran o "Formulario de incidencias" que atoparán en todas as aulas da EGAP, e tamén na súa páxina web (http://egap.xunta.es), para poder solucionala no menor tempo posible. No caso de non dispor de aulas axeitadas para a realización da actividade formativa, poderase solicitar á EGAP autorización para alugar aulas externas. Neste caso o importe da mesma non se aplicará o orzamento da actividade formativa, senón que a EGAP farase cargo da mesma. 6. DOCENCIA.

6.1. INICIO DA ACTIVIDADE FORMATIVA.

O primeiro día da actividade o director do curso, ou a persoa en quen delegue, debe presentar o curso de forma que esta presentación sirva de marco de referencia para o desenvolvemento adecuado da acción formativa e tamén presentará ao equipo docente que vai a impartir o contido do curso. Todo isto sen prexuízo de que se realice unha inauguración institucional pola dirección da EGAP ou persoa en quen delegue.

A presentación deberá referirse aos seguintes aspectos:

Apertura da actividade e saúdo de benvida ao alumnado.

Situación da actividade no marco do Plan de formación da EGAP.

Explicación dos obxectivos da actividade.

Calendario e horarios establecidos.

A metodoloxía que se prevé empregar e o tipo de participación que se espera do alumnado.

A secuencia establecida para o desenvolvemento das materias e o profesorado que a vai a impartir.

Escola Galega de Administración Pública Rúa Madrid, nº 2-4 15707 Santiago de Compostela (A Coruña) - Tel.: 981 546 040 - egap.xunta.es

11

Page 14: Guía do xestor de formación 2009 - EGAP

GUÍA DE XESTIÓN DE FORMACIÓN 2009

As normas respecto á puntualidade e asistencia. E necesario garantir o rigor e a seriedade neste sentido e facer mención á cumprimentación rigorosa das follas de firmas.

Tipo de avaliación, no seu caso, que se prevé realizar para que o alumnado poida acreditar o nivel adquirido de coñecementos (probas, casos prácticos, traballos...)

Comentar que ao finalizar a actividade os alumnos deberán cumprimentar os cuestionarios para a avaliación da acción formativa e do profesorado co obxectivo de seguir mellorando no noso traballo.

Realizar unha quenda de presentación dos participantes para que se coñezan e se poidan recoller as expectativas dos asistentes (porqué e para qué viñeron, qué queren aprender, cómo aplicarán os coñecementos e habilidades que adquiran...)

6.2. DESENVOLVEMENTO DO CURSO E CUESTIÓNS ADMINISTRATIVAS. O director do curso debe entregar ao docente a documentación que vai ter que xestionar ao longo do seu desenvolvemento. Esta documentación é a seguinte:

• Control de asistencia. Todos os días de curso, antes e despois do descanso como carácter xeral, o docente deberá rexistrar os asistentes na aula. Anexo H. Así mesmo procederase, de forma aleatoria, a controis extraordinarios de asistencia. Os controis de asistencia deberán ser asinados polo docente que se responsabilizará de que estes rexistros coincidan efectivamente coas persoas que están presentes na aula, de forma que de non ser así deberá estender unha dilixencia que poña de manifesto esa discrepancia.

• Traballo, proba ou exame. Naqueles cursos en que así apareza recollido na

convocatoria, o docente realizará unha proba de nivel aos alumnos ao termo ou comezo deste.

• Enquisas dos alumnos. O director do curso será o encargado de darlle aos docentes

da actividade formativa as enquisas para que sexan cubertas polo alumnado dos devanditos cursos, o último día do curso, unha vez cumprimentadas por estes, o docente recolleraas e entregarallas ao director do curso. Unha vez rematado o curso, o director do curso, remitirá estas enquisas, xunto coa documentación reflectida no apartado 6.2. deste documento ao servizo de formación correspondente da EGAP. O director do curso poderá baixar da páxina web da EGAP as devanditas enquisas.

• Enquisas dos docentes. O director do curso será o encargado de darlles aos docentes

da actividade formativa as enquisas para que sexan cubertas polos docentes de forma obrigatoria. Unha vez cumprimentadas deberán ser entregadas polos docentes ao director do curso.

• Material didáctico do docente. No nomeamento dos docentes atópase implícita a

obriga de que entreguen o material didáctico que vaian utilizar á hora de impartir o curso cunha antelación mínima con respecto ao inicio deste de 7 días naturais. A retribución correspondente a este labor considérase incluída no importe asignado á docencia do curso. A entrega do material didáctico á EGAP, deberá efectuarse en soporte electrónico. O director do curso é o responsable de verificar a entrega do material didáctico sobre o programa do curso, así como de xestionar a súa loxística de reprografía. Unha vez finalizado o curso, o material seralle remitido polos servizos de formación da EGAP ao persoal da súa biblioteca para o seu arquivo nos repositorios. A entrega do material

Escola Galega de Administración Pública Rúa Madrid, nº 2-4 15707 Santiago de Compostela (A Coruña) - Tel.: 981 546 040 - egap.xunta.es

12

Page 15: Guía do xestor de formación 2009 - EGAP

GUÍA DE XESTIÓN DE FORMACIÓN 2009

didáctico e a súa calidade deben terse en conta como criterios á hora de seleccionar aos docentes.

• Material didáctico do alumnado. Debe serlle facilitado aos alumnos o material

didáctico do curso (carpeta, bolígrafo, CD, apuntamentos, etc.) que se subministre en función das características do curso. Os docentes deben dirixirlle ao director do curso o cuestionario coas súas impresións, as listaxes de asistencia correctamente cubertas e os traballos, as probas ou os exames que puidesen corresponder, ao termo do curso ou das xornadas en que lles corresponda participar.

A distribución de datas, nº de edicións, participantes, ou mesmo a propia celebración do

curso é en principio invariable; aínda que poderanse solicitar as modificacións que a continuación se especifican mediante o Anexo I, en casos puntuais e debidamente motivados:

a) Anulación dun curso. A única causa de anulación dunha actividade é a falta de

solicitudes abondas como para xustificar a súa realización. De se dar o caso, remitirase ao servizo de formación correspondente da EGAP unha solicitude de anulación do curso por parte do director do curso debidamente motivada e acompañada dunha relación dos solicitantes da actividade que se suprime.

O servizo de formación correspondente da EGAP, propón a anulación unha vez vista a solicitude para a súa posterior resolución por parte da dirección da EGAP, xa que é a EGAP quen convoca o curso, ten que ser tamén a EGAP quen o anule; polo tanto, esta tramitación ten que se facer con tempo abondo para que esa anulación poida ser realizada antes da data de comezo previsto para a actividade.

b) Anulación do nº de edicións dun curso. Ten o mesmo trámite que a anulación

dun curso, malia que referido a unha edición concreta.

c) Variación de datas. O cambio nas datas de realización dun curso, que está publicado no DOG, teñen que ser autorizadas previamente pola EGAP. Á parte de súa incidencia docente, estes cambios teñen unha incidencia económica porque a disposición de fondos realízase para un período determinado polo que a variación dese período obriga, se non se autoriza previamente, a realizar unha disposición, anulala e volvela realizar posteriormente.

d) Aumento de dotación orzamentaria. Se se produciran aumento de gastos cos

que non se contaban cando se presupostou a actividade formativa e si hai unha xustificación suficiente e motivada, poderase solicitar aumento de dotación orzamentaria, indicando a partida na que se queira incrementar, sempre que non haxa remanente global. Este aumento terá que se aprobado pola EGAP.

e) Variación de dotación orzamentaria entre partidas presupuestarias. Se

houbese déficit nalgunha partida nos orzamentos da actividade formativa, e outras fosen deficitarias poderíase solicitar o traspaso dunhas partidas para outras. Esta variación aumento terá que se aprobado pola EGAP.

6.3. CLAUSURA E REMATE DO CURSO.

O último día do curso, na clausura da actividade formativa realizarase, en primeiro lugar,

un resumo do curso con indicación dos obxectivos e finalidades coas que se plantexou o mesmo, e o seu grao de cumprimento, e dos contidos, participación e esforzo realizado polo alumnado.

Corresponde ao director do curso ou, no seu caso, ao profesorado concienciar aos participantes da importancia de que respondan de maneira sincera e completa aos cuestionarios de avaliación, tanto respecto da actividade como do profesorado para descubrir ate que punto se conseguir os obxectivos previstos inicialmente. Para a EGAP é moi importante coñecer tanto os aspectos positivos como os negativos, para aprender dos erros e mellorar.

Unha vez recollidas as enquisas de avaliacións do alumnado o director, ou no seu caso, o docente realizará o peche da actividade formativa, sen prexuízo da existencia dun acto institucional de clausura pola Dirección da EGAP ou persoa en quen delegue.

Escola Galega de Administración Pública Rúa Madrid, nº 2-4 15707 Santiago de Compostela (A Coruña) - Tel.: 981 546 040 - egap.xunta.es

13

Page 16: Guía do xestor de formación 2009 - EGAP

GUÍA DE XESTIÓN DE FORMACIÓN 2009

Unha vez rematada a actividade docente, o director deberá entregar a seguinte

documentación:

SE A ACTIVIDADE FORMATIVA TEN MÁIS DUNHA EDICIÓN.

a) Hai que entregar ao remate de cada EDICIÓN:

1. Anexos B. Nomeamentos dos docentes desa edición. 2. Anexos C. Fichas de datos dos axentes que participen nesa edición. 3. Anexos D. Certificación de pagamentos dos axentes que participen nesa

edición, excepto do director do curso. 4. Anexos E. Declaración-certificación de gastos suplidos dos docentes que

teñan dereito desa edición. 5. Anexos G. Ficha desa edición. 6. Anexo H. Controis horarios diarios (orixinais) desa edición. 7. Anexo J. Proposta da relación do alumnado con dereito a diploma desa

edición. 8. Enquisa do alumnado participante desa edición.

b) Hai que

entregar ao remate da derradeira EDICIÓN do curso:

1. Ademais dos anexos anteriormente citados relativos á derradeira edición, 2. Anexo A. Nomeamento do director do curso. 3. Anexo D. Certificación de pagamento da retribución do director. 4. Anexo F. Cesión de dereitos dos docentes que correspondan do curso. 5. Anexo K. Resumo xeral de gastos de todo o curso ou actividade formativa. 6. Enquisa de docentes. 7. Material didáctico empregado no curso. 8. Memoria ou informe final do curso.

SE A ACTIVIDADE FORMATIVA SOAMENTE TEN UNHA EDICIÓN. 1. Anexo A. Nomeamento do director do curso. 2. Anexos B. Nomeamentos dos docentes do curso. 3. Anexos C. Fichas de datos dos axentes que participen do curso. 4. Anexos D. Certificación de pagamentos de todos os axentes que

participen no curso. 5. Anexos E. Declaración-certificación de gastos suplidos dos docentes que

teñan dereito no curso. 6. Anexo F. Cesión de dereitos dos docentes que correspondan do curso. 7. Anexos G. Ficha do curso. 8. Anexo H. Controis horarios diarios (orixinais) do curso. 9. Anexo J. Proposta da relación do alumnado con dereito a diploma do

curso. 10. Anexo F. Cesión de dereitos dos docentes que correspondan do curso. 11. Anexo K. Resumo xeral de gastos de todo o curso ou actividade

formativa. 12. Enquisa de docentes. 13. Enquisa do alumnado participante no curso. 14. Material didáctico empregado no curso. 15. Memoria ou informe final do curso.

Cando a EGAP teña a responsabilidade da organización do curso, o servizo a quen corresponda a devandita actividade formativa debe pechar o expediente no prazo de 15 días naturais, tendo que distribuír entre os servizos da EGAP que teñan que xestionar parte dese mesmo expediente no prazo dos 15 días anteriormente mencionados.

Escola Galega de Administración Pública Rúa Madrid, nº 2-4 15707 Santiago de Compostela (A Coruña) - Tel.: 981 546 040 - egap.xunta.es

14

Page 17: Guía do xestor de formación 2009 - EGAP

GUÍA DE XESTIÓN DE FORMACIÓN 2009

Cando sexan outros centros directivos de calquera administración pública os

que teñan a responsabilidade da organización do curso, deberán remitirlle á EGAP toda a documentación anteriormente relacionada no prazo de 15 días naturais desde que remate o curso. O servizo correspondente da EGAP que reciba a documentación, terá que distribuír entre os servizos da EGAP que teñan que xestionar parte dese mesmo expediente nun prazo non superior a 7 días.

O servizo de formación correspondente da EGAP en ámbolos dous casos anteriores darán

traslado do expediente da seguinte forma:

- O material didáctico do curso será remitido á biblioteca para o seu arquivo en soporte electrónico. - O expediente económico será remitido ao servizo económico coa conformidade por parte de cada servizo de formación de que ten completa toda a documentación do expediente. - As enquisas dos alumnos e do profesor deben ser remitidas ao servizo de publicacións para o seu tratamento.

É importante subliñar catro aspectos relativos a este punto:

1. Sinatura das certificacións:

a) Cursos organizados pola EGAP. As certificacións de gastos serán asinadas polo director/a do curso (no caso de existir) ou pola persoa responsable do curso que se determine no propio servizo da EGAP.

b) Cursos organizados por outros centros directivos de calquera

administración pública. As certificacións de gastos serán, con carácter xeral, asinadas polo director/a do curso.

En todo caso, se a persoa que debera asinar aparecera como certificada, será o/a

coordinador/a xeral quen asine o devandito certificado xa que NINGUÉN PODE CERTIFICARSE A SI MESMO.

2. A documentación indicada debe remitirse toda xunta; a EGAP que non tramitará

diplomas nin pagamentos se falta algún documento ou certificado no expediente ou cando estes estean incompletos. O servizo económico non tramitará os expedientes que non conten coa conformidade por parte de cada servizo de formación de que ten completa toda a documentación requirida.

3. En todo caso, a documentación dos cursos deberá ser entregada na EGAP antes do 15

de decembro, e en ningún caso, os cursos poderán rematar con posterioridade a esta data.

4. Se a documentación chega á EGAP pasados os quince días indicados, sempre que non se

xustificase previamente a necesidade do atraso, os pagamentos diferiranse ata o mes de decembro.

7. DIRECTORIO DE INFORMACIÓN.

Aspectos relacionados coas actividades formativas de formación autonómica.

Servizo de Selección, Formación, Perfeccionamento e Especialización do Persoal da

Administración Autonómica.

Escola Galega de Administración Pública Rúa Madrid, nº 2-4 15707 Santiago de Compostela (A Coruña) - Tel.: 981 546 040 - egap.xunta.es

15

Page 18: Guía do xestor de formación 2009 - EGAP

GUÍA DE XESTIÓN DE FORMACIÓN 2009

Tfno.: 981 546 251

Correo electrónico: [email protected]

Aspectos relacionados coas actividades formativas de formación local e outras

administracións.

Servizo de Selección, Formación, Perfeccionamento e Especialización do Persoal da

Administración Local e Outras Administracións.

Tfno.: 981 546 255 / 981 546 256

Correo electrónico: [email protected]

Aspectos relacionados con seminarios, xornadas e similares.

Servizo de Estudos, Investigacións e Publicacións.

Tfno.: 981 546 238

Correo electrónico: [email protected]

Aspectos económicos relacionados coas actividades formativas.

Servizo Económico-Administrativo.

Tfno.:981 546 242/240

Correo electrónico: [email protected]

Aspectos loxísticos relacionados coas actividades formativas (aspectos informáticos)

Unidade de Informática da EGAP.

Tfno.: 981 546 327

Correo electrónico: [email protected]

Aspectos loxísticos relacionados coas actividades formativas (aulas, material docente,

etc.)

Unidade de Aulas.

Tfno.: 981 546 258 (mañás) Tfno.: 881 997 044 (tardes)

Correo electrónico: [email protected]

http://egap.xunta.es

Rexistro de Formadores da Escola Galega de Administración Pública

Rexistro de Formadores.

Tfno.: 981 546 249 - 981 547 325

Correo electrónico: [email protected]

https://egap.xunta.es/rexistroFormadores

Escola Galega de Administración Pública Rúa Madrid, nº 2-4 15707 Santiago de Compostela (A Coruña) - Tel.: 981 546 040 - egap.xunta.es

16

Page 19: Guía do xestor de formación 2009 - EGAP

GUÍA DE XESTIÓN DE FORMACIÓN 2009

B.XESTIÓN ECONÓMICA.

    

1. XUSTIFICACIÓN DOS GASTOS DAS ACTIVIDADES FORMATIVAS.

 

Todas as persoas físicas ou xurídicas, particulares ou empresas, que teñan que percibir

algunha cantidade pola súa participación nalgunha actividade formativa, deberán cumprimentar e

asinar a ficha de datos que figura como Anexo C, este anexo cumprimentarase a través da

aplicación informática do Rexistro de Formadores e deberá ser entregada debidamente

cumprimentada e asinada.

1.1. ASPECTOS XERAIS.

FACTURAS. Todas as facturas presentadas na xustificación das actividades formativas

deberán estenderse a nome da EGAP cos seguintes datos:

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

Rúa Madrid, nº 2-4

15707 - SANTIAGO DE COMPOSTELA

NIF: Q-6550007-F

Cada factura conterá inescusablemente de acordo co establecido no artigo 6º do

Real Decreto 1496/2003, de 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento polo

que se regulan as obrigas de facturación e modifícase o Regulamento do Imposto sobre o

Valor Engadido:

• O nome da empresa ou persoa que emite a factura. • O NIF da empresa ou persoa que emite a factura. • O número de factura, e no seu caso, serie. • O enderezo de quen emite a factura. • O teléfono de quen emite a factura. • O concepto en que se estende a factura con claridade (número de

horas, número de viaxes, número de quilómetros, etc.). • O IRPF aplicable no caso de profesionais aos que haxa que

practicarlles calquera retención. • O IVE aplicable en cada caso, ou a expresión IVE exento cando a • sí corresponda, indicando o articulado que así o xustifique. • O lugar e a data da súa expedición. • A sinatura de quen emite a factura.

Escola Galega de Administración Pública Rúa Madrid, nº 2-4 15707 Santiago de Compostela (A Coruña) - Tel.: 981 546 040 - egap.xunta.es

17

Page 20: Guía do xestor de formación 2009 - EGAP

GUÍA DE XESTIÓN DE FORMACIÓN 2009

Aínda que as facturas se emitan a nome da EGAP, deben serlle

presentadas á dirección ou responsable do curso, que será quen, xunto co resto da

documentación, as tramite ou llas remita á EGAP para o seu pagamento, en todo caso

REXISTRARANSE DE ENTRADA NO REXISTRO DA EGAP por parte do servizo de

formación correspondente, xunto co resto da documentación.

2. CONCEPTOS SUSCEPTIBLES DE DEVENGO.

2.1. DOCENCIA.

A retribución pola docencia vén marcada, como todas as partidas, polo orzamento

aprobado no expediente, pero en todo caso, os rangos desta contía establécense na Instrución de

29 de xaneiro de 2008, sobre as retribucións das colaboracións que se prestan nas actividades

que realiza a Escola Galega e Administración Pública (EGAP), tendo que ser certificado o servizo

de docencia en calquera dos seguintes casos nun ANEXO D:

2.1.1. Se o docente fose persoal pertencera a calquera administración.

Por persoal da administración enténdense ao persoal funcionario,

persoal interino ou persoal eventual, así como persoal laboral fixo e

temporal; o resto do persoal (bolseiros, asistencias técnicas, persoal de

fundacións, sociedades ou empresas públicas) non se consideran persoal da

administración.

Neste caso o prezo por hora lectiva será independente da localidade onde

se imparta a actividade formativa, xa que nos casos en que existan

desprazamento, aloxamento e/ou manutención, procederase ao seu pagamento

de acordo co que se establece no apartado 2.2. desta instrución.

É sempre responsabilidade do docente informar do número de horas que

leva impartidas ao longo do ano xa que, tal e como sinala a Lei de

incompatibilidades e o decreto 144/2001, do 7 de xuño:

• Non se poderán aboar asistencias pola colaboración, con carácter non

permanente nin habitual nas que se impartan ocasionalmente

conferencias ou cursos, así como nos congresos, relatorios, seminarios

e actividades sempre que o total de horas do conxunto destas

actividades non supere individualmente o máximo de setenta e cinco ó

ano (75 horas/ano), e que,

• En ningún caso se poderá percibir polo conxunto das asistencias

anteriormente citadas, durante cada ano natural, unha cantidade

superior ao 25 por cento das retribucións anuais que correspondan ó

colaborador polo posto de traballo principal.

Escola Galega de Administración Pública Rúa Madrid, nº 2-4 15707 Santiago de Compostela (A Coruña) - Tel.: 981 546 040 - egap.xunta.es

18

Page 21: Guía do xestor de formación 2009 - EGAP

GUÍA DE XESTIÓN DE FORMACIÓN 2009

2.1.2. Se o docente fose profesional autónomo ou similar.

Neste caso o prezo por hora lectiva será independente da localidade onde

se imparta a actividade formativa, xa que nos casos en que existan

desprazamento, aloxamento e/ou manutención, procederase ao seu pagamento

de acordo co que se establece no apartado 2.2. desta instrución. No Anexo D as

contías reflectidas por docencia exprésanse en importe bruto, debéndose xuntar

ao devandito anexo as facturas do persoal certificado, tendo en conta o seguinte:

• O prezo por hora lectiva incluirá todos os impostos, en todo caso

deberase ter en conta que segundo o artigo 20.1.9 da Lei 37/1992 do

Imposto do Valor Engadido, a formación estará exenta do IVE.

• Nas facturas ou recibís terase que reflictir o desconto por I.R.P.F. do

15% sobre a base imponible.

• Para os docentes que non fosen autónomos, nin persoal

pertencente á administración, ao ser esta unha operación exenta

do IVE do artigo 20.1.9 da Lei 37/1992 do Imposto do Valor

Engadido, non estarían obrigados a emitir factura, de acordo co

disposto no artigo 3.1.a) do Real Decreto 1496/2003, de 28 de

novembro, polo que se aproba o Regulamento polo que se regulan as

obrigas de facturación e modifícase o Regulamento do Imposto sobre

o Valor Engadido. Existe, para estes casos, un modelo de recibo a

disposición dos interesados que poderán cumprimentar e asinar no

enlace egap.xunta.es/modeloRecibo

2.1.3. Se a docencia fose contratada a través dunha empresa.

• Neste suposto, a empresa debe facturar tendo que identificar o

número de horas lectivas e o importe por hora lectiva, tendo que

incluír no devandito importe por hora lectiva todos os gastos

ocasionados como consecuencia da mesma.

• O prezo por hora lectiva incluirá todos os impostos, en todo caso

deberase ter en conta que segundo o artigo 20.1.9 da Lei 37/1992 do

Imposto do Valor Engadido, a formación estará exenta do IVE. 2.2. ALOXAMENTO, MANUTENCIÓN E DESPRAZAMENTO.

Só serán aboados gastos de aloxamento, manutención e desprazamento daqueles

docentes dos que non coincida a súa localidade de residencia ou a súa localidade de centro de

traballo, coa localidade onde se desenvolva a edición da actividade formativa, que reúna o resto

de requisitos establecidos no decreto 144/2001, do 7 de xuño e que estivera autorizado pola

dirección ou responsable da devandita actividade formativa, tendo en conta o seguinte:

Escola Galega de Administración Pública Rúa Madrid, nº 2-4 15707 Santiago de Compostela (A Coruña) - Tel.: 981 546 040 - egap.xunta.es

19

Page 22: Guía do xestor de formación 2009 - EGAP

GUÍA DE XESTIÓN DE FORMACIÓN 2009

2.2.1. Aloxamento.

Devengarase polo importe da factura, co límite de 102,56 € por

pernocta, tendo en conta o seguinte:

o Se o docente fose persoal pertencera a calquera

administración, fose profesional autónomo ou similar:

• Se o aloxamento fose xestionado pola dirección do

curso, a factura do mesmo deberá estar a nome da

EGAP, cos datos fiscais indicados no apartado 1.1., tendo

que ser certificada no Anexo D.

• Se o aloxamento fose xestionado polo propio

docente, a factura do mesmo deberá estar a nome do

docente, tendo que ser certificada no Anexo E.

o Se a docencia fose contratada a través dunha empresa,

NON SE PODERÁ facturar este concepto de maneira

independente, xa que o prezo por hora incluirá todos os gastos

relativos á realización da actividade. 2.2.2. Manutención.

Para establecer o importe pola manutención, deberase ter en

conta o seguinte:

o Se o docente fose persoal pertencera a calquera

administración, fose profesional autónomo ou similar:

poderá percibir polo axuda de custo completa 53,34 €, ou media

26,67 € según proceda, sempre que se dean as condicións

establecidas polo decreto 144/2001, tendo que ser certificada no

anexo E.

o Se a docencia fose contratada a través dunha empresa,

NON SE PODERÁ facturar este concepto de maneira

independente, xa que o prezo por hora incluirá todos os gastos

relativos á realización da actividade.

2.2.3. Desprazamentos.

Coas seguintes limitacións.

o Se o docente fose persoal pertencera a calquera

administración, fose profesional autónomo ou similar, os

Escola Galega de Administración Pública Rúa Madrid, nº 2-4 15707 Santiago de Compostela (A Coruña) - Tel.: 981 546 040 - egap.xunta.es

20

Page 23: Guía do xestor de formación 2009 - EGAP

GUÍA DE XESTIÓN DE FORMACIÓN 2009

gastos relativos a este concepto terán que ser certificada no

anexo E, sendo indemnizables os seguintes gastos:

Quilometraxe, por importe de 0,19 € por quilómetro.

Peaxes, o 100% dos tiquets presentados.

Aparcamento, o 100% dos tiquets presentados.

Taxis, o 100% dos tiquets presentados.

Autobús, o 100% dos tiquets presentados.

Metro, o 100% dos tiques presentados.

Avión, o 100% da factura presentada:

‐ Se a viaxe fose xestionada pola dirección do curso,

a factura do deberá estar a nome da EGAP, cos

datos fiscais indicados no apartado 1.1., tendo que

ser certificada no anexo D.

‐ Se a viaxe fose xestionada polo docente, a factura

deberá estar a nome do propio docente, tendo que

ser certificada no anexo E.

o Se a docencia fose contratada a través dunha empresa,

NON SE PODERÁ facturar este concepto de maneira

independente, xa que o prezo por hora incluirá todos os gastos

relativos á realización da actividade.

2.3 MEDIOS E MATERIAIS DIDÁCTICOS.

2.3.1 Material didáctico elaborado polo docente. A retribución para a

elaboración de manuais e/ou unidades didácticas completas para

cursos, terán como límite máximo o que figure no orzamento da

actividade formativa e en todo caso o límite establecido no apartado

I.C.3. do anexo da Instrución de 29 de xaneiro de 2008 sobre

retribucións das colaboracións que se prestan nas actividades que

realiza a EGAP. A certificación destas contías realizarase mediante o

formulario que aparece como Anexo D.

.

.

2.3.2 Material didáctico da actividade formativa. Debe serlle facilitado

aos alumnos o material didáctico do curso (carpeta, bolígrafo, CD,

apuntamentos, etc.) que se subministre en función das características

do curso. En principio a EGAP facilitará todo ese material, en todo caso

de non ser así, solicitarase previamente ao inicio da actividade

formativa, autorización ao servizo de formación correspondente da

EGAP, remitindo un orzamento da subministración dos materiais, para

que éste lle dé a súa conformidade ou no seu defecto lle facilite unha

alternativa.

Escola Galega de Administración Pública Rúa Madrid, nº 2-4 15707 Santiago de Compostela (A Coruña) - Tel.: 981 546 040 - egap.xunta.es

21

Page 24: Guía do xestor de formación 2009 - EGAP

GUÍA DE XESTIÓN DE FORMACIÓN 2009

2.4. OUTROS GASTOS RELACIONADOS COA ACTIVIDADE FORMATIVA.

2.4.1 Dirección. A retribución dos directores de curso, terán como límite

máximo o que figure no orzamento da actividade formativa e en todo

caso o límite establecido no apartado I.B. do anexo da Instrución de 29

de xaneiro de 2008 sobre retribucións das colaboracións que se prestan

nas actividades que realiza a EGAP. A certificación destas contías

realizarase mediante o formulario que aparece como Anexo D.

.

.

.

2.4.2 Persoal Auxiliar. A retribución do persoal auxiliar, terán como límite

máximo o que figure no orzamento da actividade formativa e en todo

caso o límite establecido no apartado I.D.5. do anexo da Instrución de

29 de xaneiro de 2008 sobre retribucións das colaboracións que se

prestan nas actividades que realiza a EGAP. A certificación destas

contías realizarase mediante o formulario que aparece como Anexo D.

2.4.3 Aluguer de equipos e/ou aulas. Naqueles casos nos que sexa

preciso alugar ou equipos ou aulas, solicitarase previamente ao inicio da

actividade formativa, autorización ao servizo de formación

correspondente da EGAP, remitindo un orzamento do aluguer, para que

éste lle dé a súa conformidade ou no seu defecto lle facilite unha

alternativa.

3. RESUMO XERAL DE GASTOS.

No momento en que o curso estea finalizado e se dispoña de todas as listaxes,

certificacións, facturas, etc., necesarias para a súa xustificación, realizarase un resumo dos seus

aspectos económicos segundo o modelo no Anexo K. Este modelo deberá cubrirse na súa

totalidade e terá que ser asinado pola dirección ou responsable da actividade formativa.

Toda a documentación lle será enviada ao servizo de formación correspondente o que unha

vez revisada distribuirá entre os diferentes servizos da EGAP que se encarguen parcialmente da

tramitación da formación. Para poder proceder ao pagamento do curso, esta documentación

deberá contar coa conformidade do servizo a través do modelo establecido. A xustificación deberá

realizarse nun prazo de quince días dende a data que está prevista para finalizar o curso; agora

ben, os pagamentos que dela se deriven demorarán ata o mes de decembro. A xustificación debe

ser UNHA E ÚNICA PARA CADA ACCIÓN FORMATIVA, con independencia do número de edicións

de que conste.

Escola Galega de Administración Pública Rúa Madrid, nº 2-4 15707 Santiago de Compostela (A Coruña) - Tel.: 981 546 040 - egap.xunta.es

22

Page 25: Guía do xestor de formación 2009 - EGAP

GUÍA DE XESTIÓN DE FORMACIÓN 2009

4. INSTRUCIÓN SOBRE RETRIBUCIÓNS DAS COLABORACIÓNS DA A EGAP FORMATIVAS.

INSTRUCIÓN DE 29 DE XANEIRO DE 2008 SOBRE RETRIBUCIÓNS DAS COLABORACIÓNS

QUE SE PRESTAN NAS ACTIVIDADES QUE REALIZA A EGAP

O artigo 29 do Decreto 144/2001, de 7 de xuño, sobre indemnizacións por razón do servizo ó

persoal con destino na Administración autonómica de Galicia (DOG nº 122, de 25 de xuño de

2001), establece que se poderán aboar asistencias pola colaboración, con carácter non

permanente nin habitual, nas actividades a cargo da EGAP nas que se impartan ocasionalmente

conferencias ou cursos, así como nos congresos, seminarios e actividades análogas incluídas no

programa de actuación da devandita escola, dentro das dispoñibilidades orzamentarias para tales

atencións e sempre que o total de horas do conxunto destas actividades non supere

individualmente o máximo de setenta e cinco por ano.

Así mesmo, o citado artigo establece que as remuneracións que se perciban axustaranse ós

baremos que, para o efecto, se aprobe a EGAP, logo do informe favorable da Consellería de

Economía e Facenda.

Por instrución do director da EGAP, con data 29 de marzo de 2006, actualizouse o baremo de

retribucións da actividade docente e de produción editorial realizadas por esa institución. Á

devandita instrución prestoulle a súa conformidade a Dirección Xeral de Orzamentos da

Consellería de Economía e Facenda, tal como esixía a normativa ao respecto vixente nesa data.

Os contidos do citado baremo responderon, en liñas xerais, ás necesidades de xestión que

daquela se presentaban. Porén, a execución posterior de sucesivos plans formativos anuais

desvelou circunstancias e situacións non previstas no seu momento e que aconsellan agora a

modificación do baremo, co obxecto de que este poida consolidarse como un instrumento eficaz

que lles dea unha adecuada resposta ás necesidades que na actualidade demanda a xestión dos

mencionados plans de formación.

Por outro lado, introdúcense unha serie de precisións debido ás novas metodoloxías innovadoras;

os sistemas de aprendizaxe colaborativos merecen a pena ser considerados nesta instrución dado

que o desenvolvemento dunha cultura do auto aprendizaxe permanente en rede é unha realidade

á que deben adaptarse as organizacións.

De igual forma, é obxecto desta modificación precisar aínda máis os criterios de remuneración de

determinados tipos de actividades formativas co fin de facilitar a súa xestión, particularmente no

relativo ao gasto.

Finalmente, actualízanse de maneira moi puntual algunhas das contías destinadas a actividades

singulares ou especializadas de formación, con obxecto de adecualas ás existentes noutras

institucións formativas do noso contorno.

En virtude disto, logo do informe da Consellería de Economía e Facenda, impártense as seguintes

directrices:

Primeira. As colaboracións, de carácter non permanente nin habitual, en actividades organizadas

pola EGAP serán remuneradas de acordo co baremo que se recolle no anexo a esta resolución.

Escola Galega de Administración Pública Rúa Madrid, nº 2-4 15707 Santiago de Compostela (A Coruña) - Tel.: 981 546 040 - egap.xunta.es

23

Page 26: Guía do xestor de formación 2009 - EGAP

GUÍA DE XESTIÓN DE FORMACIÓN 2009

Nel reflíctense as distintas colaboracións susceptibles de remuneración co intervalo de contías

que a cada unha delas se asignan, así como os criterios que rexerán a determinación dos

importes que se teñen que aplicar en cada caso por cada un dos conceptos enumerados.

Segunda. As asistencias contempladas na presente disposición percibiranse conforme o disposto

na Lei 53/1984, do 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ao servizo das

administracións públicas e demais normas de desenvolvemento. Serán igualmente de aplicación,

de ser o caso, as previsións contidas na Lei 9/1996, do 18 de outubro, de incompatibilidades de

membros do Consello de Goberno e altos cargos da Administración da Comunidade Autónoma de

Galicia.

Terceira. Autorízase a Dirección da EGAP para determinar en cada actividade o importe que

corresponda por cada un dos conceptos establecidos no baremo, dentro dos intervalos e con

suxeición aos criterios establecidos neste. Non obstante, naqueles supostos recollidos no baremo

nos que se fixan rangos variables en función das características específicas de cada actividade, o

presuposto basearase nos informes que para tal efecto subscriban ós servizos técnicos da EGAP,

no que figurarán as razón obxectivas que fundamentan a proposta de remuneración.

Cuarta. A EGAP impartiralles ás persoas e entidades a quen se lles encomende a execución das

distintas accións formativas as instrucións sobre os dereitos e obrigas que comportan as

contraprestacións económicas en cada caso recoñecidas:

1. No relativo ás tarefas de docencia, estas instrucións contemplarán as precisións seguintes:

a) A remuneración por desenvolvemento de relatorios nos cursos presenciais, xornadas e

seminarios, leva normalmente aparellado o deber de achegar e facilitar a súa difusión o

texto orixinal e o material didáctico empregado en formato dixital acorde co tempo

asignado para a respectiva intervención, excepto naqueles casos nos que a Escola Galega

de Administración Pública proporcione un manual para o efecto, ou considere oportuno

prescindir del.

b) No anterior suposto, así como no de elaboración de materiais didácticos para cursos en

modalidade presencial, semipresencial ou a distancia, a EGAP quedará facultada para

editar, reproducir, volcar ós repositorios dixitais, difundir a través de internet e empregar

tales materiais con observancia do preceptuado na lexislación sobre a propiedade

intelectual, e previa cesión, cando así proceda, dos dereitos de autor por parte dos

interesados nos termos que se estipulen.

c) O número de horas de docencia con dereito a retribución non poderá superar o da

carga lectiva que cada curso ou xornada teña atribuída para efectos da certificación que

hai que expedir ao seu alumnado. Excepcionalmente, cando as peculiaridades didácticas

dun determinado curso impliquen a concorrencia de sesións docentes impartidas de modo

simultáneo por varios relatores ao destinarse a diferentes grupos de alumnos do mesmo

curso, o número total de horas que se remunerarán poderá superar o de horas lectivas

recoñecidas aos participantes nesta actividade formativa.

Escola Galega de Administración Pública Rúa Madrid, nº 2-4 15707 Santiago de Compostela (A Coruña) - Tel.: 981 546 040 - egap.xunta.es

24

Page 27: Guía do xestor de formación 2009 - EGAP

GUÍA DE XESTIÓN DE FORMACIÓN 2009

d) Tamén de modo excepcional, nos cursos semipresenciais ou a distancia, poderase

retribuír un número de horas de docencia superior ao da carga lectiva recoñecida aos

participantes cando neles se programe a realización de obradoiros prácticos de carácter

presencial, que se executarán simultaneamente coas tarefas de titoría.

e) As horas de dirección, coordinación, xurado, grupos de traballo ou titorías de proxectos

ou teleformación, non se entenderán como horas de docencia ós efectos da directriz

segunda.

2. No relativo ás coordinación ou dirección de accións formativas, estas instrucións contemplarán

as previsións seguintes con independencia do recollido noutras normas de xestión da actividade

académica:

a) Elaborar e facilitarlle á EGAP un programa detallado do curso antes do seu comezo,

con especificación individual de cada tema, co desenvolvemento dos epígrafes ou

apartados que compoñerán cada un deles.

b) Propoñerlle á EGAP os profesores ou relatores que intervirán na actividade da que se

trate.

c) Entregar ou poñer a disposición o material didáctico que se vai empregar.

d) Servir de enlace entre os servizos da EGAP responsable da actividade docente e o

profesorado que a imparte.

e) Xestionar as incidencias de carácter académico.

Quinta. As contías reflectidas no baremo de remuneracións exprésanse en importe bruto, e están

suxeitas á retención legal polo IRPF que se fixe para cada anualidade de acordo coa normativa en

vigor de cada momento.

Sexta. Queda expresamente derrogada a Resolución do 29 de marzo de 2006, así como calquera

outra norma, de igual ou inferior rango, que se opoña ao establecido nesta disposición.

Santiago de Compostela, 29 de xaneiro de 2008

O director da EGAP

Antonio Izquierdo Escribano

ANEXO

BAREMO DE REMUNERACIÓNS POLA COLABORACIÓN, DE CARÁCTER NON PERMANENTE

NIN HABITUAL, EN ACTIVIDADES DA ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

I.- Colaboracións desenvolvidas por formadores propios, que teñan a condición de

empregados públicos da Xunta de Galicia, por empregados públicos doutras

administracións, por profesionais individuais e por persoas físicas en xeral.

A.-Docencia

1.- Retribucións por docencia en cursos normalizados:

Escola Galega de Administración Pública Rúa Madrid, nº 2-4 15707 Santiago de Compostela (A Coruña) - Tel.: 981 546 040 - egap.xunta.es

25

Page 28: Guía do xestor de formación 2009 - EGAP

GUÍA DE XESTIÓN DE FORMACIÓN 2009

1.1. Cursos de formación continua, reciclaxe ou especialización segundo o seu nivel de

dificultade técnica e calidade académica do docente: 30 € A 140 € por hora lectiva.

1.2. Cursos superiores: de 140 € a 210 € por hora lectiva.

1.3. Na modalidade de cursos a distancia, semipresenciais ou de teleformación a

retribución poderase establecer en función do número de horas lectivas e do número de

alumnos: de 0´10 € a 1´50 € por alumno tutelado por cada hora da actividade en

función do nivel de especialización. Excepcionalmente poderá estipularse unha cantidade

a tanto alzado por actividades complementarias que non pode superar en ningún caso o

custo da docencia presencial.

1.4. Participación en mesas redondas ou grupos de traballo: de 60 € a 180 €, por sesión.

2.- Actividades especiais de formación e outras colaboracións (seminarios, congresos e

conferencias):

2.1. Relatorios e conferencias: de 210 € a 700 € por sesión (segundo tempo e

especialización da temática asignada para o dito labor).

2.2. Leccións maxistrais por profesionais de recoñecido prestixio: ata 1.500 €.

2.3. Comunicacións e participación en sesións e mesas redondas: de 100 € a 300 €.

(Segundo a especialización ou dificultade técnica).

B.- Coordinacións e Dirección.

De ser precisas serán pagadas en función da duración ponderada pola dificultade técnica.

1. Coordinación técnica de áreas formativas: 300 € a 600 €.

2. Dirección de curso presencial normalizado.

(Escala progresiva en función das horas lectivas)

Nº de horas 1ª

edición

2ª e

sucesivas

Ata 25 hrs. 150 € 90 €

De 26 a 40

hrs. 300 € 180 €

De 41 a 80

hrs. 600 € 360 €

De máis de

80 hrs. 750 € 450 €

3.Dirección de seminarios/congresos: 400 € a 3.000 €.

Escola Galega de Administración Pública Rúa Madrid, nº 2-4 15707 Santiago de Compostela (A Coruña) - Tel.: 981 546 040 - egap.xunta.es

26

Page 29: Guía do xestor de formación 2009 - EGAP

GUÍA DE XESTIÓN DE FORMACIÓN 2009

4. Dirección de cursos de alta especialización ou superiores: de 750 € a 6.000 €.

5. Coordinación de módulos o sesións de congresos e seminarios: de 300 € a 600 €.

6. Coordinación de módulos de cursos de alta especialización ou superiores: de 300 € a 3.000

€.

7. Coordinación de cursos a distancia e teleformación: de 150 € a 1200 €.

C.- Produción editorial.

1. Revista Oficial da EGAP

1.1 Estudos (artigo publicado): 400 €.

1.2 Recensións (artigo publicado): 90 €.

1.3 Dirección técnica e científica por nº: 1.700 €.

1.4 Coordinación área sectorial por número: 750 €.

2. Outras publicacións

2.1. Elaboración de compilacións lexislativas (en función da complexidade e grado de

especialización): de 1.000 € a 2.000 €.

2.2. Estudos e monografías (en función da complexidade- grado de execución) de 1.000 a

3.000 €

2.3. Material científico ou técnico publicado en soporte web (rango variable en función da

dificultade técnica): de 30 € a 300 €.

3. Elaboración de manuais e/ou unidades didácticas completas para cursos.

3.1 Texto orixinal completo de unidades didácticas e outros materiais de apoio para cursos de

teleformación a distancia ou de carácter semipresencial (rango variable en función de

extensión, dificultade técnica e metodoloxía empregada) : de 1.000 € a 3.100 €.

3.2 Elaboración de material didáctico para cursos presenciais (rango variable en función da

extensión, dificultade técnica e metodoloxía empregada): de 150 € a 600 €.

3.3 Actualización de unidades didácticas ou módulos completos de cursos de teleformación a

distancia, semipresenciais -texto orixinal- (rango variable en función dos criterios expresados

no punto anterior e do alcance da adaptación ou modificación que sexa precisa): de 150 € a

600 €.

4. Avaliadores cegos para publicacións de 90 € a 250 €.

D.- Outras colaboracións.

Escola Galega de Administración Pública Rúa Madrid, nº 2-4 15707 Santiago de Compostela (A Coruña) - Tel.: 981 546 040 - egap.xunta.es

27

Page 30: Guía do xestor de formación 2009 - EGAP

GUÍA DE XESTIÓN DE FORMACIÓN 2009

1. Asesoramento técnico, informes, avaliacións externas (función complexidade-grado de

execución) de 60 € a 300 €.

2. Participación como xurado en premios (en función do número de sesións): de 100 € a 300 €.

3. Comisión de avaliación de proxectos (rango variable en función do número de proxectos,

asistencias e informes presentados): de 100 € a 600 €.

4. Elaboración de cuestionarios, sistemas de preguntas con resposta alternativa, supostos

prácticos e, en xeral, calquera exercicio de avaliación (tendo en conta o seu número, dificultade e

especialización, corrección, adecuación a tratamento informático, etc.) de 60 € a 300 €.

5. Cando se realicen actividades formativas en cursos normalizados con carácter excepcional, se

é necesario, poderase designar persoas, para efectuar tarefas de secretaría, de apoio técnico ou

informático e de carácter subalterno fóra do horario de traballo. A gratificación que retribúa este

traballos fixarase en función do curso e a complexidade técnica dos traballos e as horas.

Segundo os casos, poderá oscilar de 20 € a 60 € por día de luns a venres. En festivos, sábados e

domingos de 50 € a 150 € por día. Esta percepción é incompatible con labores docentes, de

coordinación ou dirección.

6. Traballos de tradución simultánea en actividades e eventos organizados pola EGAP (atendendo

a peculiaridades do idioma e o tipo de actividades): de 50 € a 200 € por hora.

7. Traducións tanto no caso de publicacións unitarias de autor único ou colectivo como de

publicacións periódicas, (en función da dificultade o idioma e do grao de complexidade e

especialización do texto): de 0,02 € a 0,08 por palabra.

8. Titorías de proxectos de formación: de 100 € a 300 €.

9. Dinamizadores de proxectos formativos en contornos virtuais: de 100 € a 600 €.

10. Traballos técnicos de adaptación de material didáctico a contornos virtuais: de 10 € a 100 €

páxina en función das ferramentas utilizadas.

II.- Accións formativas noutros países e retribución de profesores estranxeiros

desprazados a Galicia.

Cando a EGAP organice actividades docentes que se desenvolvan noutros países ou se precise

contar con especialistas estranxeiros de recoñecido prestixio, poderanse modificar os niveis

retributivos. Igualmente poderanse modificar as correspondentes retribucións polas actividades

de produción editorial cando se solicite a colaboración de especialistas estranxeiros.

En ambos supostos requirirase unha memoria motivada cuxas contías estarán en función do nivel

de vida do estado de que se trate.

III. Colaboracións de especialistas de recoñecido prestixio.

Escola Galega de Administración Pública Rúa Madrid, nº 2-4 15707 Santiago de Compostela (A Coruña) - Tel.: 981 546 040 - egap.xunta.es

28

Page 31: Guía do xestor de formación 2009 - EGAP

GUÍA DE XESTIÓN DE FORMACIÓN 2009

Excepcionalmente, para actos de carácter singular, cando a EGAP organice actividades docentes

que precisen contar con especialistas de recoñecido prestixio, poderanse modificar os niveis

retributivos expostos neste anexo. En todo caso, requirirase na memoria da acción formativa

motivación que xustifique as contías que se van percibir.

IV.- Colaboracións desenvolvidas por entidades formativas ou persoas xurídicas e

empresas consultoras privadas.

As contraprestacións económicas a entidades e persoas xurídicas alleas á Administración

determinaranse conforme as súas específicas previsións contractuais, segundo se fixe na

correspondente asistencia técnica ou, de ser o caso, nos termos do convenio de colaboración

subscrito con tal obxecto. As contías determinaranse atendendo aos prezos de mercado. Non

rexerán, polo tanto, as anteriormente consignadas, aínda que estas últimas operarán con

carácter referencial para a concertación dos correspondentes servizos.

V.- Actividades de colaboración mixta e actividades suxeitas a máis dunha modalidade

de impartición.

Naquelas actividades que polas súas características así o requiran, poderase distribuír a súa carga

lectiva de tal xeito que parte da actividade se realice mediante colaboración que desenvolverán

formadores propios e o resto mediante colaboración de entidades formativas ou persoas xurídicas

e empresas consultoras privadas. Será de aplicación para cada suposto o establecido nos

apartados anteriores.

Por outra parte, cando así o requira a actividade formativa que se vaia desenvolver, unha mesma

actividade poderá realizarse mediante máis dunha modalidade de impartición: presencial,

semipresencial ou a distancia e teleformación.

Escola Galega de Administración Pública Rúa Madrid, nº 2-4 15707 Santiago de Compostela (A Coruña) - Tel.: 981 546 040 - egap.xunta.es

29

Page 32: Guía do xestor de formación 2009 - EGAP

GUÍA DE XESTIÓN DE FORMACIÓN 2009

C. FORMULARIOS

1 FORMULARIOS DO COORDINADOR E DO DIRECTOR.

1.1. INFORME SEMESTRAL DO COORDINADOR XERAL.

1.2. PROTOCOLO DO DIRECTOR ACADÉMICO

1.3. MEMORIA FINAL DO DIRECTOR DA ACTIVIDADE

2 FORMULARIOS DO PROFESOR.

2.1 PROTOCOLO DO PROFESOR

2.2 PROTOCOLO DE TITOR DE TELEFORMACIÓN

2.3 SOLICITUDE DE PETICIÓN DA CERTIFICACIÓN DE DOCENCIA.

2.4 CERTIFICACIÓN DE ASISTENCIA AS SESIÓNS DO CURSO PARA O ALUMNO.

2.5 PROTOCOLO PROPOSTA CADRO DOCENTE

3 FORMULARIOS DO ALUMNO.

3.1 MODELO DE RENUNCIA

3.2 CERTIFICADO DATOS PARA OS CURSOS DE FORMACIÓN DA EGAP

3.3 QUEIXAS E SUXESTIÓNS

4 FORMULARIOS DO SERVIZO DE FORMACIÓN.

4.1 CHECK-LIST DE VERIFICACIÓN DO EXPEDIENTE

Escola Galega de Administración Pública Rúa Madrid, nº 2-4 15707 Santiago de Compostela (A Coruña) - Tel.: 981 546 040 - egap.xunta.es

30

Page 33: Guía do xestor de formación 2009 - EGAP

GUÍA DE XESTIÓN DE FORMACIÓN 2009

1.1. INFORME SEMESTRAL DO COORDINADOR XERAL.

ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

CONSELLERÍA OU CENTRO DIRECTIVO

NOME E APELIDOS DO COORDINADOR

INFORMO:

EXECUCIÓN DA FORMACIÓN

DEMANDAS ESTRATÉXICAS DE FORMACIÓN APRECIADAS

PROPOSTAS DE MELLORA

Outras cuestións

En.............................................., a..... de...................... de 200....

Asinado:

Escola Galega de Administración Pública Rúa Madrid, nº 2-4 15707 Santiago de Compostela (A Coruña) - Tel.: 981 546 040 - egap.xunta.es

31

Page 34: Guía do xestor de formación 2009 - EGAP

GUÍA DE XESTIÓN DE FORMACIÓN 2009

1.2. PROTOCOLO DO DIRECTOR ACADÉMICO

CÓDIGO DO CURSO

CURSO OU ACTIVIDADE

DATAS

LUGAR

PERFIL DOS DESTINATARIOS

OBRIGAS ACADÉMICAS

1.- Proposta de temario e o esquema do curso: -Proporciona datos da ficha do curso (ANEXO G): descrición do curso, destinatarios, programa, profesorado, edicións e datas. -Elabora unha proposta de esquema do curso en canto ao desenvolvemento do curso: datas concretas e horario. -Presenta o curso o primeiro día e aos profesores. 2.- Proposta de profesorado: -Comunica a EGAP os docentes que propón para o curso con expresión de cantas horas imparte cada un e os días concretos en que se imparte esa docencia. -Comunica aos docentes a súas obrigas: 1ª)Darse de alta no Rexistro de Formadores para proceder ao seu nomeamento. 2ª)Cubrir e entregar asinado o ANEXO C e o ANEXO F xunto co material didáctico 3ª)Pasar o control horario 4ª)Cubrir a enquisa do profesor 5ª)Entregar todos estes documentos na EGAP.

OBRIGAS FORMAIS

-Estar inscrito no Rexistro de Formadores (http://egap.xunta.es/rexistroFormadores/) -Remitir firmada a aceptación do seu nomeamento firmado (Ficha A) -Cubrir, asinar e remitir á EGAP a Ficha C (datos bancarios) a través da aplicación informática do Rexistro de Formadores.

TAREFAS ADMINISTRATIVAS

-Repartir os nomeamentos aos profesores que elabora a EGAP. Encárgase de devolver firmados o seu nomeamento de director, os dos docentes así como a Ficha C e a F no caso de que non remitan esa documentación a EGAP directamente os profesores. -Recabar o material didáctico que elabora cada profesor e remitilo á EGAP no caso de que os profesores non o remitan directamente. -Remite á EGAP as enquisas dos docentes e as dos alumnos no caso de que non as remitan directamente á EGAP os profesores. -Remite á EGAP os controis de asistencia no caso de que os

Escola Galega de Administración Pública Rúa Madrid, nº 2-4 15707 Santiago de Compostela (A Coruña) - Tel.: 981 546 040 - egap.xunta.es

32

Page 35: Guía do xestor de formación 2009 - EGAP

GUÍA DE XESTIÓN DE FORMACIÓN 2009

profesores non os entreguen directamente á EGAP. -Facilitar, cando sexa requerido para elo, os datos dos profesores que impartiron a docencia do curso con indicación do número de horas, os días concretos e o horario en que se impartiron as clases. No caso de que o profesor se desprace do seu centro de traballo ou enderezo se indicará dende onde se traslada e o medio de transporte utilizado coa referencia do número de matrícula do coche propio empregado aos efectos da liquidación dos gastos de viaxes

RETRIBUCIÓN ESTIMADA

En.............................................., a..... de...................... de 200....

Asinado:

Escola Galega de Administración Pública Rúa Madrid, nº 2-4 15707 Santiago de Compostela (A Coruña) - Tel.: 981 546 040 - egap.xunta.es

33

Page 36: Guía do xestor de formación 2009 - EGAP

GUÍA DE XESTIÓN DE FORMACIÓN 2009

1.3. MEMORIA FINAL DO DIRECTOR DA ACTIVIDADE

CÓDIGO CURSO DIRECTOR

CURSO OU ACTIVIDADE

DATAS DO CURSO

LUGAR DO CURSO NÚMERO DE ASISTENTES REAIS

VALORACIÓN XERAL DA ACTIVIDADE

OBSERVACIÓNS

INCIDENCIAS DE CARÁCTER ACADÉMICO

SUXERENCIAS E PROPOSTAS METODOLÓXICAS

SUXERENCIAS E PROPOSTAS FORMATIVAS

SUXERENCIAS ESPACIO-TEMPORAIS E DE RECURSOS

SUXERENCIAS E QUEIXAS DOS ALUMNOS DAS QUE TEÑA COÑECEMENTO

Outras cuestións a destacar.

En.............................................., a..... de...................... de 200....

Asinado:

Escola Galega de Administración Pública Rúa Madrid, nº 2-4 15707 Santiago de Compostela (A Coruña) - Tel.: 981 546 040 - egap.xunta.es

34

Page 37: Guía do xestor de formación 2009 - EGAP

GUÍA DE XESTIÓN DE FORMACIÓN 2009

2.1. PROTOCOLO DO PROFESOR:

PROFESOR

DIRECTOR

CÓDIGO CURSO

CURSO OU ACTIVIDADE

DATAS DO CURSO LUGAR DO CURSO

DATAS DA SÚA PARTICIPACIÓN

HORARIO DA SÚA PARTICIPACIÓN

DESTINATARIOS DO CURSO

NÚMERO DE ASISTENTES PREVISTO

PROGRAMA XERAL DA ACTIVIDADE

MATERIAS QUE IMPARTE

OBRIGAS ACADÉMICAS

a) Controlar a asistencia dos alumnos ao curso utilizando os rexistros facilitados polo seu director e asinar os rexistros.

b) Realizar unha proba de nivel aos alumnos, previa ou posterior á realización do curso, cando sexa requirido.

c) Explicar directamente os contidos ou especialidade asignada de acordo co temario do curso.

d) Elaborar e corrixir os exames, casos e traballos prácticos que realicen os alumnos.

e) Atender, seguir e avaliar os alumnos durante o desenvolvemento da materia ou da actividade impartida.

OBRIGAS FORMAIS

-Estar inscrito no Rexistro de Formadores da EGAP (http://egap.xunta.es/rexistroFormadores/). -Elaborar e entregar ao director ou directamente á EGAP o material didáctico que vaia empregar na acción formativa sete días naturais antes do seu comezo. -Remitir firmada a aceptación do seu nomeamento (FICHA B). -Remitir firmada á EGAP a FICHA F de cesión de dereitos da propiedade intelectual. - Realizar a enquisa de profesor correspondente á acción formativa. -Cubrir, asinar e remitir á EGAP a FICHA C (datos bancarios) a través da aplicación informática do Rexistro de Formadores (http://egap.xunta.es/rexistroFormadores/). -Presentar as facturas oportunas no caso de non pertencer á Administración pública.. -O último día de curso o docente debe recoller cumprimentado o modelo de enquisa que os alumnos poderán atopar na súa carpeta de

Escola Galega de Administración Pública Rúa Madrid, nº 2-4 15707 Santiago de Compostela (A Coruña) - Tel.: 981 546 040 - egap.xunta.es

35

Page 38: Guía do xestor de formación 2009 - EGAP

GUÍA DE XESTIÓN DE FORMACIÓN 2009

material. -Informar das incidencias ou melloras nas actividades formativas así como dar traslado das queixas dos alumnos. -Certificar a asistencia aos alumnos que así o soliciten durante a celebración do curso.

RETRIBUCIÓN ESTIMADA

DATOS EGAP

Servizo FORMACIÓN

DE.....................................................................

Tfno.: ................................

Correo electrónico:

....................................................................................

Unidade de Informática da EGAP.

Tfno.: 981 546 327

Correo electrónico: [email protected]

Unidade de Aulas.

Tfno.: 981 546 258 (mañás) Tfno.: 881 997 044 (tardes)

Correo electrónico: [email protected]

Rexistro de Formadores.

Tfno.: 981 546 249 - 981 547 325

Correo electrónico: [email protected]

https://egap.xunta.es/rexistroFormadores

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA Rúa Madrid, nºs/n 2 -4 15707 - SANTIAGO DE COMPOSTELA

En.............................................., a..... de...................... de 200....

Asinado:

Escola Galega de Administración Pública Rúa Madrid, nº 2-4 15707 Santiago de Compostela (A Coruña) - Tel.: 981 546 040 - egap.xunta.es

36

Page 39: Guía do xestor de formación 2009 - EGAP

GUÍA DE XESTIÓN DE FORMACIÓN 2009

2.2. PROTOCOLO DO TITOR DE TELEFORMACIÓN

TITOR

CÓDIGO CURSO

CURSO OU ACTIVIDADE

MODALIDADE

DATAS E HORARIO DAS SESIÓNS PRESENCIAIS

DESTINATARIOS DO CURSO

NÚMERO DE ALUMNOS PREVISTO

PROGRAMA XERAL DA ACTIVIDADE

OBRIGAS

m) Estar inscrito de xeito obrigatorio no rexistro de formadores da EGAP

n) Encargarse das sesións presenciais dos cursos, cando estes o requiran.

o) Xestionar os aspectos relacionados coa disposición da aula, o apoio, a motivación e o control dos participantes.

p) Elaborar bibliografía complementaria. q) Actualizar e elaborar unidades didácticas. r) Atender as consultas. s) Propor e elaborar casos e traballos prácticos. t) Revisar e corrixir os exercicios. u) Avaliar e controlar a aprendizaxe dos participantes mediante o

seguimento dos exercicios, exames, e probas que se establezan en cada actividade

v) Informar das incidencias e melloras das actividades docentes w) Dinamizar a participación do alumnado no curso. x) Realizar a enquisa correspondente á acción formativa.

Escola Galega de Administración Pública Rúa Madrid, nº 2-4 15707 Santiago de Compostela (A Coruña) - Tel.: 981 546 040 - egap.xunta.es

37

Page 40: Guía do xestor de formación 2009 - EGAP

GUÍA DE XESTIÓN DE FORMACIÓN 2009

RETRIBUCIÓN ESTIMADA

DATOS EGAP

Servizo FORMACIÓN

DE.....................................................................

Tfno.: ................................

Correo electrónico:

....................................................................................

Unidade de Informática da EGAP.

Tfno.: 981 546 327

Correo electrónico: [email protected]

Unidade de Aulas.

Tfno.: 981 546 258 (mañás) Tfno.: 881 997 044 (tardes)

Correo electrónico: [email protected]

Rexistro de Formadores.

Tfno.: 981 546 249 - 981 547 325

Correo electrónico: [email protected]

https://egap.xunta.es/rexistroFormadores

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA Rúa Madrid, nºs/n 2 -4 15707 - SANTIAGO DE COMPOSTELA

En.............................................., a..... de...................... de 200....

Asinado:

Escola Galega de Administración Pública Rúa Madrid, nº 2-4 15707 Santiago de Compostela (A Coruña) - Tel.: 981 546 040 - egap.xunta.es

38

Page 41: Guía do xestor de formación 2009 - EGAP

GUÍA DE XESTIÓN DE FORMACIÓN 2009

2.3. SOLICITUDE DE PETICIÓN DA CERTIFICACIÓN DE DOCENCIA.

CODIGO DO CURSO OU ACTIVIDADE

CUSO OU ACTIVIDADE

DIRECTOR D./Dona:

DOCENTE D./Dona:

SOLICITO:

-Certificado da miña participación como docente/director no curso mencionado expoñendo as seguintes materias: Con unha duración total de ....... horas e nas seguintes datas....................................... -Que se remita por fax, e-mail ou correo ordinario á seguinte dirección

(Lembre que no suposto de que o curso estea organizado por algunha das consellerías, será o director do curso (e non o docente) quen solicite a devandita certificación mentres que noutros casos será o docente quen solicite por escrito, directamente ao servizo de formación correspondente da EGAP, a certificación da docencia impartida)

En.............................................., a..... de...................... de 200....

Asinado:

Escola Galega de Administración Pública Rúa Madrid, nº 2-4 15707 Santiago de Compostela (A Coruña) - Tel.: 981 546 040 - egap.xunta.es

39

Page 42: Guía do xestor de formación 2009 - EGAP

GUÍA DE XESTIÓN DE FORMACIÓN 2009

2.4. CERTIFICACIÓN DE ASISTENCIA AS SESIÓNS DO CURSO PARA O ALUMNO OU PROFESOR.

CUSO OU ACTIVIDADE

DIRECTOR D./Dona:

DOCENTE D./Dona:

CERTIFICO: Que Dª .................................................................................................................... asistiu ao CURSO OU ACTIVIDADE mencionados en calidade de ALUMNO/PROFESOR (rodear o que proceda) celebrado en ………………................. nas sesións do mesmo correspondentes ós días ………….... do mes de ..............…………… de 200…, en horario de .…. a ….. horas, e de …. a ….. horas. E para que conste, a petición do/a interesado/a, expido a presente certificación ,

En.............................................., a..... de...................... de 200....

Asinado:

Escola Galega de Administración Pública Rúa Madrid, nº 2-4 15707 Santiago de Compostela (A Coruña) - Tel.: 981 546 040 - egap.xunta.es

40

Page 43: Guía do xestor de formación 2009 - EGAP

GUÍA DE XESTIÓN DE FORMACIÓN 2009

2.5. PROTOCOLO PROPOSTA CADRO DOCENTE

CÓDIGO DO CURSO

CURSO OU ACTIVIDADE

TIPO

ÁREA FORMATIVA

OBXECTIVOS

PERFIL DOS DESTINATARIOS

DURACIÓN

DATAS

LUGAR

PRAZAS

CONTIDO

DIRECTOR ACADÉMICO DO CURSO

PROFESORADO

DESTINATARIO

O DIRECTOR ACADÉMICO E OS PROFESORES DA ACTIVIDADE DE REFERENCIA DEBERÁN SER PROPOSTOS AO DIRECTOR DA ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA, PARA A SÚA DESIGNACIÓN.

Santiago de Compostela , __ de _________ de 20__

O/A XEFE/A DO SERVIZO/SECCIÓN

Escola Galega de Administración Pública Rúa Madrid, nº 2-4 15707 Santiago de Compostela (A Coruña) - Tel.: 981 546 040 - egap.xunta.es

41

Page 44: Guía do xestor de formación 2009 - EGAP

GUÍA DE XESTIÓN DE FORMACIÓN 2009

3.1. MODELO DE RENUNCIA

SOLICITUDE DE RENUNCIA OU XUSTIFICACIÓN FALTA ASISTENCIA DATOS DO USUARIO

NIF

NOME

APELIDOS

ADMINISTRACIÓN LOCAL

OPCIÓN

RENUNCIA XUSTIFICACIÓN FALTA ASISTENCIA DATOS CURSO

CÓDIGO NOME EDICIÓN

CAUSAS RENUNCIA E/OU FALTA DE ASISTENCIA

Necesidades de servizo Vacacións e/ou permisos Incompatibilidade cursos Baixa laboral

Outrascausas: XUNTAR DOCUMENTACIÓN XUSTIFICATIVA OFICIAL COMPETENTE Santiago de Compostela, ........ de ....................... de 200...

Escola Galega de Administración Pública Rúa Madrid, nº 2-4 15707 Santiago de Compostela (A Coruña) - Tel.: 981 546 040 - egap.xunta.es

42

Page 45: Guía do xestor de formación 2009 - EGAP

GUÍA DE XESTIÓN DE FORMACIÓN 2009

3.2. CERTIFICADO DE DATOS PARA OS CURSOS DE FORMACIÓN DA EGAP Entidade : .......................................................................................... Don/a :.............................................................................................. En calidade de : ..................... Outros : ......................................... CERTIFICO/INFORMO aos efectos do proceso de selección para os cursos de EGAP e de acordo cos datos existentes no expediente persoal de Don/a .............................................................................. que constan neste centro directivo o seguinte: -Tipo de persoal : Funcionario : ............................. Denominación :........................ - Grupo : ............ Persoal Laboral : ........................ - Grupo : ........... Persoal eventual Outros : ..................................... -Antigüidade

anos meses días

-Posto de traballo que desempeña (denominación) -Unidade administrativa -Tarefas que desempeña (breve descrición) Polo que SI NON existe relación co curso solicitado denominado: CODIGO NOME DO CURSO

O que certifico/informo aos efectos oportunos en

........ a ................................. de 200.....

Sinatura

(nome da persoa asinante)

Escola Galega de Administración Pública Rúa Madrid, nº 2-4 15707 Santiago de Compostela (A Coruña) - Tel.: 981 546 040 - egap.xunta.es

43

Page 46: Guía do xestor de formación 2009 - EGAP

GUÍA DE XESTIÓN DE FORMACIÓN 2009

3.3. QUEIXAS E SUXESTIÓNS

CÓDIGO DO CURSO

CUSO OU ACTIVIDADE

D./Dona:

Como alumno do curso de referencia, EXPOÑO: Polo que SOLICITO:

En ......................................... , a ...... de ............................... de 200....

Asinado:

Escola Galega de Administración Pública Rúa Madrid, nº 2-4 15707 Santiago de Compostela (A Coruña) - Tel.: 981 546 040 - egap.xunta.es

44

Page 47: Guía do xestor de formación 2009 - EGAP

GUÍA DE XESTIÓN DE FORMACIÓN 2009

4.1. CHECK-LIST DE VERIFICACIÓN DO EXPEDIENTE

CODIGO DO CURSO OU ACTIVIDADE

CUSO OU ACTIVIDADE

DIRECTOR

RESPONSABLE DO SERVIZO

CERTIFICO que o expediente de referencia consta dos seguintes documentos :

SI NON NON

PROCEDE

1 Anexo A Nomeamento do director do curso.

2 Anexos B Nomeamentos dos docentes do curso.

3 Anexos C Fichas de datos dos axentes que participen do curso.

4 Anexo D Certificación de pagamentos de todos os axentes que participen no curso.

- Facturas orixinais certificadas no anexo D.

5 Anexo E Declaración-certificación de gastos suplidos dos docentes que teñan dereito no curso.

- Facturas orixinais certificadas no anexo E.

6 Anexo F Cesión de dereitos dos docentes que correspondan do curso.

7 Anexo G Ficha do curso.

8 Anexos H Controis horarios diarios (orixinais) do curso.

9 Anexos I Modificacións do curso/edicións.

9 Anexo J Proposta da relación do alumnado con dereito a diploma do curso.

10 Anexo K Resumo xeral de gastos de todo o curso ou actividade formativa.

11 Enquisas de docentes.

12 Enquisas do alumnado participante no curso.

13 Material didáctico empregado no curso en soporte dixital.

14 Memoria ou informe final do curso.

Escola Galega de Administración Pública Rúa Madrid, nº 2-4 15707 Santiago de Compostela (A Coruña) - Tel.: 981 546 040 - egap.xunta.es

45

Page 48: Guía do xestor de formación 2009 - EGAP

GUÍA DE XESTIÓN DE FORMACIÓN 2009

Polo que se proceda a dar traslado do mesmo ás seguintes unidades administrativas:

- Á biblioteca: o material didáctico do curso para o seu arquivo en soporte electrónico.

- Ao servizo de publicacións (Rexistro de formadores):

as enquisas dos alumnos e do profesor para o seu tratamento.

- Ao servizo económico:

será remitido o expediente coa conformidade do abaixo asinante de que ten completa toda a documentación esixida: Anexos A, B, C, D, E, I e K.

OBSERVACIÓNS:

Datas de entrega do expediente a :

Datas, selo/sinatura

SERVIZO ECONÓMICO

BIBLIOTECA

REXISTRO DE FORMADORES

O/A RESPONSABLE DO SERVIZO

Escola Galega de Administración Pública Rúa Madrid, nº 2-4 15707 Santiago de Compostela (A Coruña) - Tel.: 981 546 040 - egap.xunta.es

46