Habilidades psicolingüisticas

12
HABILIDADES PSICOLINGÜISTICAS

Transcript of Habilidades psicolingüisticas

Page 1: Habilidades psicolingüisticas

HABILIDADES PSICOLINGÜISTICAS

Page 2: Habilidades psicolingüisticas

QUE SON AS HABILIDADES PSICOLINGÜISTICAS?

• Son todas aquelas habilidades relacionadas ca comunicación dos seres humanos e que son indispensables para relacionarnos con todo o que nos rodea: a linguaxe, o pensamento, a escritura,a música…

• As persoas podemos comunicarnos de dúas maneiras: oral e escrita. Esta última representa un maior aprendizaxe lingüístico pois integra aspectos relacionados co xeito de escoitar, falar e ler.

• A linguaxe oral e escrita son actividades complexas que axudan a adquirir coñecementos e a expresar o que pensamos e sentimos

Page 3: Habilidades psicolingüisticas

POR QUÉ É TAN IMPORTANTE DESENVOLVER ESTAS

HABILIDADES? • A escritura é un instrumento indispensable para a

aprendizaxe na escola pois por medio dela desenvolvemos procesos mentais e cognitivos como o análisis, interpretación, relación, observación.

• A linguaxe oral permite transmitir mensaxes de forma ilimitada. Cada palabra emitida dá moita información que é captada polos demais.

• A linguaxe oral ou escrita lévanos ao pensamento lóxico,deductivo, crítico e creativo.

Page 4: Habilidades psicolingüisticas

• Para que un cativo acade un nivel adecuado de aprendizaxe escolar debe ter adquiridas as capacidades de comprensión e expresión da linguaxe oral e escrita que lle permita comprender , expresar e construir o seu coñecemento.Un pobre desenvolvemento das capacidades lingúisticas conleva unha limitación importante para acadar os obxectivos da etapa escolar.

• As habilidades psicolingüisticas influencian poderosamente á linguaxe e á aprendizaxe. Frecuentemente nenos-as con trastornos da linguaxe presentan unhas habilidades psicolingüisticas deficitarias (fluidez verbal, integración auditiva, memoria secuencial auditiva,asociacions semánticas…)

Page 5: Habilidades psicolingüisticas

• Deficiencias na memoria impiden procesar oracións e dificulta o almacenamento da información.

Page 6: Habilidades psicolingüisticas

CUALES SON AS HABILIDADES PSICOLINGÜISTICAS

• Atención/concentración. O seu déficit impide ao neno-a decatarse dos seus erros e influencia todas as actividades que fai.

• Seriación. A actividade de seriación lóxica permite organizar as frases e as oracións.

• Clasificación/categorización. Axuda na formación do vocabulario do neno-a facilitando a recuperación e almacenamento da información.

• Identificación. Permite dar significado ao que se percibe constuíndo estructuras mentales.

Page 7: Habilidades psicolingüisticas

• Discriminación. Permite establecer diferencias entre os estímulos percibidos.

• Memoria secuencial auditiva. É a habilidade para repetir correctamente unha secuencia de símbolos acabados de oir, para repetir palabras, números, órdenes, oracións… Implica almacenar e recordar información auditiva no orden en que se presenta.

• Comprensión auditiva. A linguaxe percibida a través da audición relaciónase ca información conocida en distintas situacións. É necesaria para a comprensión de instruccións simples e discurso narrativo.

Page 8: Habilidades psicolingüisticas

• Comprensión visual. Habilidade para captar o significado de símbolos visuales. É necesaria para a lectura global inicial.

• Asociación auditiva. Habilidade para relacionar conceptos oralmente por medio de oposicións ou analoxías verbais. É necesaria para o proceso de resolución de problemas pois han de facerse primeiro asociacións antes de resolvelos con éxito.

• Asociación visual. Aptitude para relacionar símbolos visuais de xeito significativo a través de ordenación de debuxos, obxectos, búsqueda de semellanzas e recoñecemento de absurdos visuais.

Page 9: Habilidades psicolingüisticas

• Expresión motora. Refírese a aptitude para expresar as ideas por medio de xestos. Relaciónase ca mímica e ca expresión xestual.

• Expresión verbal. Habilidade para expresar conceptos verbales e para nominar palabras pertenecientes ao vocabulario activo e de uso diario. Habilidade para recordar e nominar obxectos e situacións ainda que non estén á vista, completar historias, xogo de roles, imaxinarse e verbalizar…

• Integración visual. Habilidade para identificar obxectos familiares que soio se presentan en parte sobre un forndo distractorio. Avalía a atención sostida e a capacidade de atención e perseverancia.

Page 10: Habilidades psicolingüisticas

• Integración auditiva. Habilidade para completar palabras cuando se presentan de xeito parcial, e dicir, analizar e sintetizar palabras e sílabas. Ocurre en distintas situacións comunicativas como escoitar mensaxes en ambientes ruidosos, en conversas de dúas ou máis persoas, escoitar a persoas que teñen outro idioma e falar con outro acento…

• Memoria secuencial visomotora. Capacidade para recordar e reproducir unha secuencia de estímulos visuais. Está asociada ca linguaxe e algunhas funcións da intelixencia como a percepción visual, habilidade motora manual, memoria, conceptos temporais e espaciais, capacidade de organización e representación

Page 11: Habilidades psicolingüisticas

• Integración gramatical. Aptitude para predicir futuros acontecementos lingüisticos a partir da experiencia previa.

Page 12: Habilidades psicolingüisticas

COMO PODE AXUDAR A FAMILIA A QUE HAXA UN BO

DESENVOLVEMENTO PSICOLINGÜISTICO?

• A familia cumple un papel moi importante no desenvolvemento da aprendizaxe. É ahí onde o neno-a aprende a expresarse e a socializarse cos demáis. E importantísimo darlle a confianza suficiente para expresar as súas ideas, pensamentos e sentimentos.É fundamental darlle seguridade emocional que é unha das claves do desenvolvemento psicolingüistico