INSTRUMENTO DE ORDENACION PROVISIONAL DO CONCELLO … · provisional previstas. Consonte ao...
Transcript of INSTRUMENTO DE ORDENACION PROVISIONAL DO CONCELLO … · provisional previstas. Consonte ao...
INSTRUMENTO DE ORDENACION PROVISIONAL
DO CONCELLO DE VIGO
XULLO 2017 XERENCIA MUNICIPAL DE URBANISMO
DOCUMENTO AMBIENTAL ESTRATEXICO
INSTRUMENTO DE ORDENACION PROVISIONAL
DO CONCELLO DE VIGO
XULLO 2017 XERENCIA MUNICIPAL DE URBANISMO
DOCUMENTO AMBIENTAL ESTRATEXICO
MEMORIA. Avaliación ambiental estratéxica simplificada
XERENCIA MUNICIPAL DE URBANISMO. CONCELLO DE VIGO INSTRUMENTO DE ORDENACIÓN PROVISIONAL
AVALIACIÓN AMBIENTAL ESTRATÉXICA SIMPLIFICADA DOCUMENTO AMBIENTAL ESTRATEXICO – XULLO 2017
Páxina 1 de 43
AVALIACIÓN AMBIENTAL ESTRATÉXICA SIMPLIFICADA
DOCUMENTO AMBIENTAL ESTRATÉXICO
MEMORIA
1. INTRODUCIÓN
INICIACIÓN DO PROCEDEMENTO
AVALIACIÓN AMBIENTAL ESTRATÉXICA SIMPLIFICADA
ANTECEDENTES
2. OBXECTIVOS DA PLANIFICACIÓN
3. ALCANCE E CONTIDO DO PLAN PROPOSTO E DAS SÚAS ALTERNATIVAS RAZOABLES, TÉCNICA E
AMBIENTALMENTE VIABLES.
3.1. ALTERNATIVAS AVALIADAS
3.1.1. ALTERNATIVA CERO: NON REVISAR O PXOU 93 E NON TRAMITAR UN INSTRUMENTO DE
ORDENACIÓN PROVISIONAL
3.1.2. ALTERNATIVA UN: REVISAR O PXOU 93, PERO NON TRAMITAR UN INSTRUMENTO DE
ORDENACIÓN PROVISIONAL
3.1.3. ALTERNATIVA DOUS: REVISAR O PXOU 93 E TRAMITAR O INSTRUMENTO DE ORDENACIÓN
PROVISIONAL
4. DESENVOLVEMENTO PREVISIBLE DA ORDENACIÓN PROVISIONAL PROPOSTA.
5. CARACTERIZACIÓN DA SITUACIÓN DO MEDIO AMBIENTE ANTES DO DESENVOLVEMENTO DO PLAN OU
PROGRAMA EN EL ÁMBITO TERRITORIAL AFECTADO.
5.1.MEDIO FÍSICO
5.2. MEDIO BIÓTICO
5.3. MEDIO CULTURAL E ETNOGRÁFICO
5.4. MEDIO SOCIO ECONÓMICO
5.5.MEDIO PERCEPTUAL
5.6. ATMOSFERA E CAMBIO CLIMÁTICO
5.7. MEDIO URBANO
6. EFECTOS AMBIENTAIS PREVISIBLES E, SE PROCEDE, A SÚA CUANTIFICACIÓN.
6.1. EFECTOS SOBRE A PAISAXE.
6.2. EFECTOS SOBRE O PATRIMONIO NATURAL.
6.3. EFECTOS SOBRE O PATRIMONIO CULTURAL.
6.4. EFECTOS SOBRE A SOCIEDADE.
6.5. EFECTOS SOBRE A ECONOMÍA.
6.6. EFECTOS SOBRE A MOBILIDADE.
XERENCIA MUNICIPAL DE URBANISMO. CONCELLO DE VIGO INSTRUMENTO DE ORDENACIÓN PROVISIONAL
AVALIACIÓN AMBIENTAL ESTRATÉXICA SIMPLIFICADA DOCUMENTO AMBIENTAL ESTRATEXICO – XULLO 2017
Páxina 2 de 43
7. OS EFECTOS PREVISIBLES SOBRE OS PLANS SECTORIAIS E TERRITORIAIS CONCORRENTES.
7.1. AS DIRECTRICES DE ORDENACIÓN DO TERRITORIO (DOT)
7.2. O PLAN DE ORDENACIÓN DO LITORAL ( POL).
7.3. OUTROS PLANS SECTORIAIS
8. MOTIVACIÓN DA APLICACIÓN DEL PROCEDEMENTO DE AVALIACIÓN AMBIENTAL ESTRATÉXICA
SIMPLIFICADA.
9. RESUMO DOS MOTIVOS DA SELECCIÓN DAS ALTERNATIVAS CONTEMPLADAS.
10. MEDIDAS PREVISTAS PARA PREVIR, REDUCIR E, NA MEDIDA DO POSIBLE, CORRIXIR CALQUERA EFECTO
NEGATIVO RELEVANTE NO MEDIO AMBIENTE DA APLICACIÓN DO PLAN OU PROGRAMA, TOMANDO EN
CONSIDERACIÓN O CAMBIO CLIMÁTICO.
11. DESCRICIÓN DAS MEDIDAS PREVISTAS PARA O SEGUIMENTO AMBIENTAL DO PLAN.
XERENCIA MUNICIPAL DE URBANISMO. CONCELLO DE VIGO INSTRUMENTO DE ORDENACIÓN PROVISIONAL
AVALIACIÓN AMBIENTAL ESTRATÉXICA SIMPLIFICADA DOCUMENTO AMBIENTAL ESTRATEXICO – XULLO 2017
Páxina 3 de 43
1. INTRODUCIÓN
1.1. INICIACIÓN DO PROCEDEMENTO
Este documento redáctase polos servizos técnicos e xurídicos da Xerencia Municipal de Urbanismo
para dar continuidade ao cumprimento da Resolución da vicepresidenta da XMU de data 21.04.2017
que ordenou tramitar o Estudo das Medidas Provisionais de Ordenación previsto no artigo 88 da Lei
2/2017, do 8 de febreiro, de Medidas fiscais, administrativas e de ordenación (en adiante LMFAO)
elaborado polos técnicos da Xerencia de Urbanismo do Concello de Vigo en abril de 2017 e remitir o
nomeado Estudo á Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, solicitando a emisión do
informe urbanístico e do informe ambiental referidos no artigo 88.2 da LMFAO.
Nomeadamente, na redacción do presente documento participaron os seguintes técnicos municipais:
María Sobrino del Río (xefa da Área Técnica, arquitecta), Antonio Alonso Fernández (xefe de
Desenvolvemento Urbanístico, arquitecto), Mª Belén González Ramírez (xefa da oficina Planeamento e
Xestión, arquitecta) Mª Lorena López Rodríguez (adxunta do xefe de Desenvolvemento Urbanístico,
técnica de admón. xeral), Beatriz Rodríguez Yáñez (técnica de admón. Xeral da oficina de
Planeamento e Xestión), Sonia Pérez Sánchez (arquitecta da oficina de Planeamento e Xestión) e
Paula Martínez Vidal (arquitecta da oficina de Planeamento e Xestión).
Con estas premisas, encomendouse ao Departamento de Desenvolvemento Urbanístico e á Xefatura
da Área Técnica, a elaboración do estudo previo e da análise municipal referida nos artigos 88 e 89 da
LMFAO. O estudo, rematado en abril de 2017, parte do respecto polos pronunciamentos das sentenzas
firmes que declaran a nulidade do PXOM08 de Vigo, así como das resolucións xudiciais recaídas na
súa execución, de conformidade co esixido pola LMFAO e identifica aqueles solos urbanos, de núcleo
rural ou incorporados a ámbitos de desenvolvemento urbanístico, cuxas características ou singulares
circunstancias, configúraos, de partida, como máis idóneos ou necesitados das medidas de
ordenación provisional previstas na LMFAO.
O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo de data 28/04/2017 tomou coñecemento do
devandito Estudo, que foi remitido o 21/04/2017 á Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do
Territorio, solicitando a emisión do informe urbanístico e do informe ambiental referidos no artigo 88.2
da LMFAO.
Recibidos en data 20/06/2017 (doc. 170090015), os informes autonómicos previstos no artigo 88 da
LMFAO, e resoltas as observacións neles formuladas, o estudo foi aprobado polo Pleno do Concello de
Vigo, en data 26/07/2017, xustificando a necesidade da adopción das medidas de ordenación
provisional previstas.
Consonte ao disposto no artigo 93 da mesma LMFAO, logo da nomeada aprobación, o
procedemento a seguir para a aprobación do instrumento de ordenación provisional require que, a
continuación, o Concello de Vigo remita ao órgano ambiental a solicitude de inicio de avaliación
XERENCIA MUNICIPAL DE URBANISMO. CONCELLO DE VIGO INSTRUMENTO DE ORDENACIÓN PROVISIONAL
AVALIACIÓN AMBIENTAL ESTRATÉXICA SIMPLIFICADA DOCUMENTO AMBIENTAL ESTRATEXICO – XULLO 2017
Páxina 4 de 43
ambiental estratéxica simplificada, á que acompañará o borrador das ordenacións provisionais e o
documento ambiental estratéxico, co contido establecido na lexislación vixente.
O presente Documento ambiental estratéxico (DAE) pretende dar cumprimento a este procedemento,
axustándose ao disposto na lexislación ambiental vixente e ao informe ambiental emitido o 14/06/2017,
en relación co “ESTUDO DA SITUACIÓN DERIVADA DA ANULACIÓN DO PLAN XERAL DE ORDENACIÓN
MUNICIPAL DE VIGO POLA SENTENZA DO TRIBUNAL SUPREMO DE DATA 10.11.2015 NO RECURSO DE
CASACIÓN Nº 11658/2014” (Expediente 16022/411).
1.2. AVALIACIÓN AMBIENTAL ESTRATÉXICA SIMPLIFICADA
A Avaliación Ambiental Estratéxica (en diante AAE) é un instrumento de prevención para integrar os
aspectos ambientais na toma de decisións de plans e programas públicos que poidan ter efectos
significativos sobre o medio ambiente, ben directamente a través das súas propias determinacións,
ben porque establezan o marco para a futura autorización de proxectos legalmente sometidos a
avaliación de impacto ambiental.
Neste senso, a LMFAO contempla a integración da avaliación ambiental estratéxica no
procedemento de aprobación dos instrumentos de ordenación provisional, o que debe completarse
coa lexislación básica contida na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.
En concreto, o artigo 93.2 a) da LMFAO citado no punto anterior, esixe que con carácter previo á
aprobación inicial do documento de ordenación provisional o concello solicitará a AAE simplificada,
garantíndose unha adecuada prevención dos impactos ambientais que se podan xerar, ao tempo
que se establezan mecanismos eficaces para a súa corrección ou compensación,
O órgano ambiental formulará o informe ambiental estratéxico no prazo máximo de dous meses desde
a recepción da documentación indicada na alínea anterior, tras identificar e consultar ás
administracións públicas afectadas e ás persoas interesadas de acordo co establecido na normativa
indicada por un prazo máximo dun mes.
O órgano ambiental, tendo en conta o resultado das consultas, determinará no informe ambiental
estratéxico se a ordenación provisional ten ou non efectos significativos no medio. No caso de non
prever efectos significativos, a ordenación provisional poderá aprobarse nos termos que o propio
informe estableza.
O informe ambiental estratéxico remitirase no prazo de quince días hábiles para a súa publicación no
Diario Oficial de Galicia e na sede electrónica do órgano ambiental.
Segundo o artigo 6.2 da Lei 21/2013, de 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296,
11.12.2013) serán obxecto dunha avaliación ambiental estratéxica simplificada:
a) As modificacións menores de plans e programas que establezan o marco para autorización de
futuros proxectos legalmente sometidos a avaliación de impacto ambiental e se refiran á agricultura,
gandería, silvicultura, acuicultura, pesca, enerxía, minería, industria, transporte, xestión de residuos,
XERENCIA MUNICIPAL DE URBANISMO. CONCELLO DE VIGO INSTRUMENTO DE ORDENACIÓN PROVISIONAL
AVALIACIÓN AMBIENTAL ESTRATÉXICA SIMPLIFICADA DOCUMENTO AMBIENTAL ESTRATEXICO – XULLO 2017
Páxina 5 de 43
xestión de recursos hídricos, ocupación do dominio público marítimo terrestre, utilización do medio
mariño, telecomunicacións, turismo, ordenación do territorio urbano e rural, ou do uso do solo; ou ben
requiran unha avaliación por afectar a espazos da Rede Natura 2000 nos termos previstos na Lei
42/2007, de 13 de decembro, do Patrimonio Natural e da Biodiversidade.
b) Os plans e programas mencionados no apartado anterior que establezan o uso, a nivel municipal,
de zonas de reducida extensión.
c) Os plans e programas que, establecendo un marco para a autorización no futuro de proxectos, non
cumpran os demais requisitos mencionados no apartado 6.1. da Lei 21/2013.
Consonte ao establecido no artigo 93.2 da LMFAO, serán obxecto, en principio, da avaliación
estratéxica simplificada o establecemento de medidas provisionais de ordenación urbanística
provisional no suposto dunha declaración de nulidade de todo ou parte dun instrumento de
planificación urbanística municipal por unha sentenza firme, como é o caso do Plan Xeral de
Ordenación Municipal (PXOM) do Concello de Vigo, polos efectos da sentenza do Tribunal Supremo
de data 10.11.2015, no recurso de casación n.º 11658/2014.
A avaliación ambiental deberá, en todo caso, garantir un elevado nivel de protección ambiental, co
fin de promover o desenvolvemento sostible, mediante:
a) A integración dos aspectos medioambientais na elaboración e na aprobación do novo Plan Xeral
de Ordenación Municipal de Vigo.
b) A análise e a selección das alternativas que resulten ambientalmente viables.
c) O establecemento das medidas que permitan previr, corrixir e, en caso necesario, compensar os
efectos adversos sobre o medio ambiente.
d) O establecemento das medidas de vixilancia, seguimento e sanción necesarias para cumprir coas
finalidades da devandita Lei.
Por “Órgano substantivo”, entendido como tal o órgano da Administración pública que ostenta as
competencias para adoptar ou aprobar un plan ou programa, para autorizar un proxecto, ou para
controlar a actividade dos proxectos suxeitos a declaración responsable ou comunicación previa,
referirémonos neste expediente ao Concello de Vigo.
O “Órgano ambiental”, órgano da Administración pública que realiza a análise técnica dos
expedientes de avaliación ambiental e formula as declaracións estratéxica e de impacto ambiental, e
os informes ambientais, será, neste caso, a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio
da Xunta de Galicia (Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático).
No procedemento de AAE simplificada establecido, o órgano ambiental, unha vez recibida a
solicitude xunto co Borrador e o DAE formulará o informe ambiental estratéxico no prazo máximo de
dous meses desde a recepción da documentación, tras identificar e consultar ás administracións
públicas afectadas e ás persoas interesadas de acordo co establecido na normativa indicada por un
prazo máximo dun mes.
XERENCIA MUNICIPAL DE URBANISMO. CONCELLO DE VIGO INSTRUMENTO DE ORDENACIÓN PROVISIONAL
AVALIACIÓN AMBIENTAL ESTRATÉXICA SIMPLIFICADA DOCUMENTO AMBIENTAL ESTRATEXICO – XULLO 2017
Páxina 6 de 43
O órgano ambiental, tendo en conta o resultado das consultas, determinará no informe ambiental
estratéxico se a ordenación provisional ten ou non efectos significativos no medio.
No caso de non prever efectos significativos, a ordenación provisional poderá aprobarse nos termos
que o propio informe estableza.
O informe ambiental estratéxico remitirase no prazo de quince días hábiles para a súa publicación no
Diario Oficial de Galicia e na sede electrónica do órgano ambiental.
1.3. ANTECEDENTES
O Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Vigo (PXOM 2008 no sucesivo) foi aprobado
definitivamente de forma parcial na data 16.05.2008 pola Conselleira da Consellería de Política
Territorial, Obras Públicas e Transportes (orde publicada no DOG n.º 106, de 03.06.2008 e normativa
publicada no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra nº. 151 - suplemento de 06.08.2008) e de
forma definitiva completa mediante Orde do Conselleiro da CMATI de 13.07.2009 (orde publicada no
DOG n.º 144, de 24.07.2009 e normativa publicada no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra n.º
175, de 10.09.2009), e estivo en vigor entre aquelas datas e o 10.11. 2015 no que por parte do Tribunal
Supremo ditouse sentenza no recurso de casación n.º 1658/2014.
Esta sentenza, e outras varias derivadas dela, que declararon xudicialmente a nulidade do dito
instrumento de planeamento xeral e dos seus instrumentos de desenvolvemento e xestión, orixinaron a
recuperación da vixencia do planeamento xeral inmediatamente anterior, é dicir o plan xeral
coñecido como PXOU 93.
O PXOU de 1993 foi o resultado dun expediente de subsanación elaborado en cumprimento da
Resolución da COTOP de 19/09/1991 que revogaba e suspendía a Orde de 30/01/1990 de aprobación
definitiva do “PROXECTO DE ADAPTACIÓN DO PXOU DE VIGO Á LEI DO SOLO DE GALICIA”,
comunmente nomeado PXOU 1990 e que abordouse, en principio, a partir do respecto ao modelo
establecido no PXOU de 1988 ao que se incorporaba un novo Estudo do Medio Rural e de delimitación
de núcleos consonte á Lei 11/1985, do 22 de agosto, de adaptación da do solo a Galicia (LASGA), sen
prexuízo das modificacións xustificadas que se precisasen.
Dito PXOU de 1993, foi aprobado inicialmente no Pleno do 07/05/1992 e provisionalmente no Pleno de
outubro de 1992, sendo aprobado definitivamente polo Consello da Xunta de Galicia o 29 de abril de
1993 (DOG 10/05/1993), manténdose en vigor ata a aprobación definitiva do PXOM en maio de 2008. É
por elo, que tendo en conta as suspensións derivadas do estudo e inicial aprobación do PXOM de
2008, resultaría unha vixencia total aproximada do PXOU-93 duns 15 anos, aos que agora tense que
engadir a súa reviviscencia tras a nulidade do PXOM de 2008.
O PXOU de 1993 foi redactado no marco da LASGA (Lei 11/1985) e non se adecúa, xa que logo, á
lexislación urbanística vixente: nin á lexislación básica estatal do solo plasmada no Texto refundido da
lei da Lei de Solo e Rehabilitación Urbana (RDL 7/2015) nin á lexislación autonómica vixente na
XERENCIA MUNICIPAL DE URBANISMO. CONCELLO DE VIGO INSTRUMENTO DE ORDENACIÓN PROVISIONAL
AVALIACIÓN AMBIENTAL ESTRATÉXICA SIMPLIFICADA DOCUMENTO AMBIENTAL ESTRATEXICO – XULLO 2017
Páxina 7 de 43
actualidade (Lei 2/2016, do 10 de febreiro de solo de Galicia (LSG) e o seu Regulamento de
desenvolvemento, aprobado por Decreto 143/2016, do 22 de setembro (RLSG)).
Ademais, o PXOU de 1993 está debuxado sobre unha cartografía obsoleta que non recolle a realidade
concreta xurdida tanto do seu propio desenvolvemento como do desenvolvemento xurdido do PXOM
2008 anulado, e non se axusta á lexislación sectorial vixente nin aos instrumentos de ordenación
territorial e sectorial aprobados con posterioridade.
O Pleno do Concello de Vigo, en sesión extraordinaria e urxente do 18.12.2015, adoptou o acordo de
iniciar o procedemento de elaboración dun novo Plan Xeral de Ordenación de 1992 sinalando que se
trata dunha realidade imprescindible e urxente a necesidade de dotar ao municipio dunha
ordenación urbanística que supere as limitacións do PXOU-93 e se adapte á lexislación vixente, aos
cambios acontecidos na cidade ao longo dos derradeiros anos e que, igualmente, dea resposta ás
necesidades de Vigo. Actualmente dito expediente de revisión de planeamento xeral atópase en
redacción dos documentos de Documento ambiental estratéxico e Borrador adaptado ás novas
determinacións incluídas no Regulamento da lei do solo de Galicia (Decreto 143/2016, de 22 de
setembro).
O día 9 de febreiro de 2017 publicouse no DOG n.º 28, a Lei 2/2017, do 8 de febreiro, de Medidas
Fiscais, Administrativas e de Ordenación (LMFAO) que, no seu Título V titulado “Medidas provisionais de
ordenación urbanística”, habilitaba a tramitación “ad hoc” dun procedemento mediante o que
ordenar unha tramitación procedimental máis eficiente, e breve en prazos, de aplicación para os
casos nos que, tras a declaración xudicial de nulidade dun planeamento urbanístico, se producise,
como consecuencia, a reviviscencia dun planeamento anterior que non respondera ao actual
modelo de cidade nin á realidade urbanística existente e cuxa aplicación resultase incompatible cos
obxectivos do benestar socioeconómico polo que deben velar as Administracións Públicas.
Todos estes antecedentes figuran relacionados con máis detalle no documento titulado “ ESTUDO DA
SITUACIÓN DERIVADA DA ANULACIÓN DO PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE VIGO POLA
SENTENZA DO TRIBUNAL SUPREMO DE DATA 10.11.2015 NO RECURSO DE CASACIÓN Nº 11658/2014”, de
data ABRIL de 2017, que consta no expediente.
XERENCIA MUNICIPAL DE URBANISMO. CONCELLO DE VIGO INSTRUMENTO DE ORDENACIÓN PROVISIONAL
AVALIACIÓN AMBIENTAL ESTRATÉXICA SIMPLIFICADA DOCUMENTO AMBIENTAL ESTRATEXICO – XULLO 2017
Páxina 8 de 43
2. OBXECTIVOS XERAIS DA PLANIFICACIÓN
A motivación do establecemento dun instrumento de ordenación provisional de planeamento debe
buscarse no Título V da Lei 2/2017, do 8 de febreiro, de Medidas Fiscais, Administrativas e de
Ordenación (LMFAO), atopándose o Concello de Vigo no suposto descrito no artigo 84, no que a
declaración de nulidade de todo o seu instrumento de planificación urbanística (PXOM 2008) supuxo
que recobrara a súa vixencia un instrumento de planificación anterior (PXOU 93) que non responde á
realidade urbanística existente no termo municipal xurdida ao amparo do instrumento anulado, e
resulta obsoleto debido á substancial modificación da normativa sectorial de aplicación, e
inadaptado ao modelo existente de cidade respecto do previsto no devandito instrumento.
Os obxectivos xerais da planificación poden considerarse os seguintes:
1. Cumprimentar o disposto na LMFAO relativo ao establecemento dunhas medidas de ordenación
provisional de ordenación que permitan superar a situación derivada da anulación do Plan Xeral
de Ordenación Municipal de Vigo de 2008 e a supervivencia dun planeamento non axustado á
realidade ambiental, social nin económica actual.
2. Evitar a paralización da actividade urbanística, función pública que ten obxecto a organización,
dirección e control da ocupación do solo e o subsolo, a súa transformación pola urbanización, a
edificación e rehabilitación do patrimonio inmobiliario e a protección da legalidade urbanística.
Actividade pública que, lembremos, non é só o modo no que se constrúe ordenadamente a
cidade, senón tamén pola que se da cumprimento ao mandato recollido no artigo 47 da
Constitución que di : “A comunidade participará nas plusvalías que xere a acción urbanística dos
entes públicos.”
3. Incorporar as novidades lexislativas sectoriais e de ordenación do territorio vixentes ao
ordenamento urbanístico de aplicación.
4. Dotar de seguridade xurídica ás actuacións executadas (nun grao de desenvolvemento
completo) con arranxo ao Plan Xeral suspendido.
5. Respectar as sentenzas firmes que declaran a nulidade do PXOM de Vigo de 2008 no marco do
indicado na LMFAO, incorporando o procedemento de avaliación ambiental estratéxica
simplificada, con participación do órgano ambiental na decisión, ao procedemento de
aprobación da ordenación provisional.
6. Garantir un desenvolvemento sustentable, competitivo e eficiente do medio urbano, e o impulso
e fomento das actuacións de rehabilitación de edificios e de rexeneración e renovación dos
tecidos urbanos existentes, harmonizando a necesaria revisión do Plan Xeral en marcha coa
integración da cidade xa consolidada pola execución dos planeamentos anteriores.
XERENCIA MUNICIPAL DE URBANISMO. CONCELLO DE VIGO INSTRUMENTO DE ORDENACIÓN PROVISIONAL
AVALIACIÓN AMBIENTAL ESTRATÉXICA SIMPLIFICADA DOCUMENTO AMBIENTAL ESTRATEXICO – XULLO 2017
Páxina 9 de 43
3. ALCANCE E CONTIDO DA PLANIFICACIÓN E DAS SÚAS ALTERNATIVAS RAZOABLES,
TÉCNICA E AMBIENTALMENTE VIABLES.
O alcance do instrumento de ordenación provisional que se propón axustado ao disposto na LMFAO,
contempla o ámbito urbano do Termo Municipal de Vigo, e concretamente os supostos previstos na
propia LMFAO:
- Zonas de solo urbano consolidado do PXOM 2008, non incluídas en Plans Especiais de protección xa
aprobados, nin en planeamentos de desenvolvemento do PXOU de 1993 incorporados ao PXOM
2008, nin con ordenanzas coincidentes entre os dous planeamentos, nin afectadas por servidumes
aeronáuticas nin en zonas incompatibles entre os dous planeamentos que deban ser estudiadas na
revisión do Plan Xeral.
- Ámbitos con interese xeral polo seu carácter dotacional (Portos de Vigo e Canido, Aeroporto e
Subestación eléctrica de Balaídos)
- Ámbitos de solo urbano non consolidado co seu grao de desenvolvemento urbanístico completo
polo PXOM 2008 (A-3-37 TOMAS PAREDES, A-3-10 ESTURÁNS)
3.1. ALTERNATIVAS AVALIADAS
Para acadar os obxectivos fixados poden exporse diversas opcións que, a súa vez, poden plasmarse
en diferentes alternativas. É por elo, que descríbense a continuación as alternativas propostas partindo
da selección daquelas técnica e ambientalmente viables. Estas alternativas defínense coa precisión
necesaria para permitir a súa valoración e coa síntese adecuada para facer operativo o proceso.
O punto de partida para a definición de alternativas é o modelo territorial preexistente, isto é, o
territorio transformado por mor do proceso histórico que ten marcado a evolución da cidade e que
hoxe, encóntrase altamente condicionado por unha regulación normativa que proxecta sobre o solo
os seus efectos, así como polas decisións sectoriais adoptadas por outras Administracións Públicas con
capacidade para incidir na configuración do territorio.
3.1.1. ALTERNATIVA CERO: NON REVISAR O PXOU 93 E NON TRAMITAR UN INSTRUMENTO DE
ORDENACIÓN PROVISIONAL
Dado que o presente procedemento ten por obxecto aprobar un instrumento de ordenación
provisional mentres se revisa o plan xeral vixente no Concello de Vigo, sendo este na actualidade o
Plan Xeral de Ordenación Municipal aprobado definitivamente pola COTOP o día 29 de abril de 1993
(DOG do 10/05/93) no expediente “Subsanación de deficiencias da adaptación do PXOU 1988 á Lei
Galega 11/1985”, a alternativa cero, a “non actuación”, consistiría en non realizar a dita revisión nin a
aprobación dun instrumento de ordenación provisional.
XERENCIA MUNICIPAL DE URBANISMO. CONCELLO DE VIGO INSTRUMENTO DE ORDENACIÓN PROVISIONAL
AVALIACIÓN AMBIENTAL ESTRATÉXICA SIMPLIFICADA DOCUMENTO AMBIENTAL ESTRATEXICO – XULLO 2017
Páxina 10 de 43
Figura 1: PXOU do ano 1993.
Fonte. Elaboración propia
Esta alternativa significaría o mantemento do PXOU-93 como instrumento urbanístico xeral de
referencia e, dada a vixencia indefinida dos instrumentos de planeamento, en tanto non se proceda a
súa revisión ou modificación, continuará desenvolvéndose o modelo de crecemento previsto nel. É por
elo, que a consecuencia inmediata desta alternativa será a continuidade do modelo do PXOU-93, un
modelo por outra banda executado en parte e inexecutable ou esgotado en múltiples aspectos.
O PXOU 1993 ten a consideración de instrumento de planeamento aprobado definitivamente con
anterioridade á entrada en vigor da LSG e non adaptado á LOUGA e, polo tanto, na actualidade
conserva a súa vixencia consonte ás regras establecidas na Disposición transitoria primeira, apartado 2,
da LSG.
3.1.2. ALTERNATIVA UN: REVISAR O PXOU 93, PERO NON TRAMITAR UN INSTRUMENTO DE ORDENACIÓN
PROVISIONAL
Trátase dunha alternativa que significaría a revisión do PXOU 93 cara a un modelo de cidade
totalmente novo e que difire do que resultou da súa anterior revisión, o modelo do PXOM 08. Xa que
logo, carece de sentido tramitar unha ordenación provisional baseada nun modelo que non se vai a
ter en conta, que podería condicionar a revisión e non permitir o seu desenvolvemento pleno de cara
ao novo modelo de cidade. Ao contrario, a revisión suporía a suspensión de licenzas nun importante
número de áreas para proceder ao seu estudo.
XERENCIA MUNICIPAL DE URBANISMO. CONCELLO DE VIGO INSTRUMENTO DE ORDENACIÓN PROVISIONAL
AVALIACIÓN AMBIENTAL ESTRATÉXICA SIMPLIFICADA DOCUMENTO AMBIENTAL ESTRATEXICO – XULLO 2017
Páxina 11 de 43
Esta alternativa suporía partir dunha hipótese na que con motivo do estudo previo ou da aprobación
inicial do novo PXOM requiriríase unha suspensión do outorgamento de licenzas de parcelación de
terreos, edificación e demolición para áreas e usos determinados (artigos 47 da LSG e 86 e 87 do
Regulamento) moi extensa, entendendo que a modificación da urbanística vixente vai a supoñer unha
modificación da ordenación urbanística vixente moi ampla.
3.1.3. ALTERNATIVA DOUS: REVISAR O PXOU 93 E TRAMITAR O INSTRUMENTO DE ORDENACIÓN
PROVISIONAL
Optaríase por revisar o plan xeral vixente cara a un novo modelo de cidade adaptado á normativa de
aplicación vixente e aos novos instrumentos de ordenación do territorio, pero inspirándose na imaxe
que trazou no seu día o PXOM 08. Propoñendo unha nova imaxe-obxectivo acadable nun menor
prazo aínda que sen imposibilitar a consecución dun modelo que proxecte a súa vixencia no longo
prazo se ben cunha menor pegada e unha vocación de adaptarse de forma máis prudente ás novas
circunstancias, menos confiado na bonanza dos ciclos económicos e con menos condicionantes á
hora de adaptarse a novos escenarios ou necesidades.
Deste xeito, posibilitaríase a tramitación dunha ordenación provisional do PXOM 08 mentres se revisa o
plan xeral, xa que no básico non discreparían (PXOM 08 vs. revisión).
O instrumento de ordenación provisional nesta alternativa recobraría parte do solo urbano
consolidado, ámbitos de solo urbano non consolidado cun grao de desenvolvemento conforme á
LMFAO e redefiniría os sistemas xerais portuario e aeroportuario do PXOM 08. Deberá terse en conta
que a clasificación do solo urbano consolidado é regrada, e que os ámbitos incluídos na ordenación
provisional xa teñen un grao de desenvolvemento tal que o novo Plan Xeral os deberá incorporar á
súa ordenación, e que os sistemas xerais que se contemplan (porto e aeroporto) tamén se incluirán na
revisión por aplicación da actual normativa sectorial.
Esta alternativa, polo tanto, parte do coñecemento e coordinación cos traballos de redacción do
Borrador o Documento Inicial Estratéxico da Revisión do PXOM en marcha, nos que óptase por unha
alternativa de revisar o PXOU de 1993 a partir do modelo do PXOM de 2008 depurándoo, adaptándoo
á nova lexislación sectorial, e as novas condicións socio-económicas actuais, con propostas que
inciden principalmente nos solos urbanos non consolidados, e urbanizables e na programación e
financiamento dos sistemas xerais, pero que asume no básico o solo urbano consolidado apoiado
nunha malla urbana existente e un grao de consolidación recoñecible, e que ten unha consideración
de solo urbano.
Trátase dunha alternativa, máis prudente, que podería evitar, en principio, a necesidade de acordar
unha suspensión de licenzas para o estudo ou mesmo coa aprobación inicial de grandes áreas do
territorio, que se supoñe que no sufrirán unha modificación da ordenación urbanística.
XERENCIA MUNICIPAL DE URBANISMO. CONCELLO DE VIGO INSTRUMENTO DE ORDENACIÓN PROVISIONAL
AVALIACIÓN AMBIENTAL ESTRATÉXICA SIMPLIFICADA DOCUMENTO AMBIENTAL ESTRATEXICO – XULLO 2017
Páxina 12 de 43
4. DESENVOLVEMENTO PREVISIBLE DA ORDENACIÓN PROVISIONAL PROPOSTA.
De acordo co disposto nos artigos 87 e 93 da LMFAO, a Ordenación Provisional que se propón
someterase ao seguinte procedemento de aprobación:
a) O Concello de Vigo remitirá ao órgano ambiental a solicitude de inicio de avaliación ambiental
estratéxica simplificada, á que acompañará o borrador das ordenacións provisionais e o presente
documento ambiental estratéxico, co contido establecido na lexislación vixente.
b) O órgano ambiental formulará o informe ambiental estratéxico no prazo máximo de dous meses
dende a recepción dos anteriores documentos, tras identificar e consultar ás administracións públicas
afectadas e ás persoas interesadas. Publicarase no DOG e na sede electrónica do órgano ambiental.
c) O órgano municipal competente procederá a súa aprobación inicial e o someterá a información
pública como mínimo durante vinte días, mediante anuncio publicado no DOG e nun dos periódicos
de maior difusión na provincia e notificación individualizada a todos os titulares catastrais afectados.
Neste prazo solicitaranse os informes sectoriais e as consultas preceptivas.
d) Emitirase informe polos servizos técnico-xurídicos municipais sobre a integridade documental do
expediente, das actuacións administrativas realizadas, da calidade técnica da ordenación
proxectada e da conformidade da ordenación coa LMFAO.
e) O pleno do Concello de Vigo aprobará definitivamente as ordenacións provisionais de acordo cos
apartados 2, 3 e 4 do artigo 82 da LSG.
Por outra banda, e en paralelo, o Concello de Vigo continuará coa tramitación da Revisión do novo
PXOM de Vigo debendo, en todo caso, presentar o Borrador do novo instrumento de planificación no
prazo dun ano, e aprobar inicialmente o novo instrumento do prazo de dous anos e aprobar
provisionalmente no prazo de tres anos e seis meses, prazos todos eles contados desde a data da
publicación do acordo de aprobación definitiva do instrumento de ordenación provisional.
O cumprimento dos trámites a que fai referencia o parágrafo anterior dentro dos prazos sinalados para
tales efectos é requisito inescusable para o mantemento da vixencia do instrumento de ordenación
provisional.
Transcorrido calquera dos prazos sinalados anteriormente, o instrumento de ordenación provisional
aprobado esgotará a súa vixencia por ministerio do previsto na presente lei e quedará
inmediatamente sen efecto.
Igualmente, o acordo de aprobación inicial da revisión do PXOM deberá suspender licenzas, e a
vixencia da ordenación provisional, no seu caso, nas áreas nas que se produza unha modificación da
ordenación urbanística.
XERENCIA MUNICIPAL DE URBANISMO. CONCELLO DE VIGO INSTRUMENTO DE ORDENACIÓN PROVISIONAL
AVALIACIÓN AMBIENTAL ESTRATÉXICA SIMPLIFICADA DOCUMENTO AMBIENTAL ESTRATEXICO – XULLO 2017
Páxina 13 de 43
5. CARACTERIZACIÓN DA SITUACIÓN DO MEDIO AMBIENTE ANTES DO DESENVOLVEMENTO
DO PLAN OU PROGRAMA EN EL ÁMBITO TERRITORIAL AFECTADO.
O ámbito territorial afectado polo instrumento de ordenación provisional é basicamente o
denominado “agregado urbano” da cidade de Vigo, integrada nunha malla urbana de dotacións e
servizos moi extensa que lle da a condición de solo urbano, e que no Documento Inicial Estratéxico e
o Borrador da Revisión do PXOM en redacción caracterízase como “a superficie artificializada na que
se dan fenómenos principalmente urbanos, que abarcaría a cidade central e o porto cunha trama
intensiva, o agregado urbano do litoral (identificado nas DOT como o crecemento periférico da
cidade central) que se estende cun tramado máis extensivo pola franxa litoral das parroquias de Teis,
Alcabre, Navia, Coruxo, Oia e Saiáns, e o crecemento periférico da cidade central cara ás parroquias
interiores de Matamá, Castrelos, Sárdoma, Lavadores, Candeán e Cabral, consideradas como a
primeira coroa de expansión urbana e na que, dado o seu carácter de área de transición, se mesturan
tramados máis compactos xunto con asentamentos extensivos.”
Figuras 2 e 3: Esquema da malla urbana actual e do agregado urbano de Vigo
Fonte: Elaboración propia para o Borrador do PXOM
E dentro deste agregado urbano excluiranse todos os “baleiros urbanos”, áreas pendentes de reforma
interior ou renovación urbana categorizadas como solo urbano non consolidado ou solo urbanizable,
ademais das excepcións postas de manifesto no Estudo previo desta ordenación provisional, é dicir:
a) Ámbitos de SUC con ordenación detallada derivada de Plans Especiais de Protección aprobados
na vixencia do PXOU de 1993: Plan Especial de Edificios a Conservar, Plan Especial de Protección e
Reforma Interior do Casco Vello e Plan Especial de Protección e Reforma Interior de Bouzas, que o
PXOM 2008 inclúe en zonas de ordenanza 1 e 2 de SUC.
b) Ámbitos de SUC con ordenación detallada derivada de planeamentos de desenvolvemento do
PXOU 1993 con aprobación definitiva e que foron incorporados ao PXOM 2008 como APIs (ámbitos
de planeamento incorporado).
XERENCIA MUNICIPAL DE URBANISMO. CONCELLO DE VIGO INSTRUMENTO DE ORDENACIÓN PROVISIONAL
AVALIACIÓN AMBIENTAL ESTRATÉXICA SIMPLIFICADA DOCUMENTO AMBIENTAL ESTRATEXICO – XULLO 2017
Páxina 14 de 43
c) Zonas de SUC en ordenanza 1.1.B (edificación pechada), 1.2.A e 1.2.B (edificación aberta) no PXOU
1993, incluídas polo PXOM 2008 en Ordenanzas 3, 4 e 6 de SUC.
d) Zonas de SUC que no PXOM 2008 se incluíron en ordenanzas 5 e 8 de mantemento da edificación
e conxuntos reformables que poden manterse nas condicións de ordenación do PXOU 1993.
e) Zonas de SUC cualificadas polo PXOM 2008 coa ordenanza 13 (áreas e edificacións dotacionais)
que non foron consideradas como existentes polo PXOM 2008; e coa ordenanza 14 (espazos libres e
zonas verdes) que non son de titularidade pública e foron consideradas no PXOM 2008 como
sistemas xerais e locais existentes ou a obter mediante actuacións illadas en solo urbano
consolidado.
f) Zonas de SUC no PXOM 2008 incluídas en núcleos rurais do PXOU 1993 e inicialmente como solo de
núcleo rural nos estudos do Borrador da revisión do PXOU: núcleos de San Xoán e Freixo (en
Valadares) e Luz (en Coruxo).
g) Zonas de SUC afectadas pola servidume aeronáutica de vulneración polo terreo nas que non se
permiten modificacións na ordenación, de acordo coa lexislación sectorial.
h) Outras zonas de SUC nas que se comprobe unha clara incompatibilidade entre a ordenación do
PXOM 2008, as condicións do contorno e as análises e previsións do Borrador do novo planeamento
xeral en revisión, tal como se xustifica na Memoria Xustificativa do Borrador.
E, así mesmo, engadiranse tal como permite a LMFAO, os ámbitos de interese xeral polo seu carácter
dotacional de equipamento público, como son os portos de Vigo e de Canido, o aeroporto, e a
subestación eléctrica de Balaídos, aos que se vai dotar igualmente dunha ordenación provisional
coincidente co esixible polas súas respectivas lexislacións sectoriais, no do documento que se vai
redactar.
A delimitación final do ámbito do instrumento de ordenación provisional é o que pode apreciarse na
imaxe seguinte, e con máis detalle na documentación gráfica deste DAE e do Borrador.
XERENCIA MUNICIPAL DE URBANISMO. CONCELLO DE VIGO INSTRUMENTO DE ORDENACIÓN PROVISIONAL
AVALIACIÓN AMBIENTAL ESTRATÉXICA SIMPLIFICADA DOCUMENTO AMBIENTAL ESTRATEXICO – XULLO 2017
Páxina 15 de 43
Figura 4: Ámbito da ordenación provisional proposta
Fonte: Elaboración propia
A superficie incluída no instrumento de ordenación provisional supón unha superficie duns 27 Km2,
aproximadamente un 24% da superficie total do Termo Municipal. Tendo en conta que os portos e o
aeroporto supoñen, por si soas 3 km2 do T.M. considerado, o resto da superficie ven a ocupar un 23%.
Dentro de dito ámbito pódense estimar un total aproximado de 26.000 vivendas existentes e unhas
9.000 parcelas catastrais vacantes, cunha poboación de 25.950 habitantes empadroados, que se
corresponde aproximadamente a un 8 % dos totais do municipio.
Aínda que o mosaico poda dar unha imaxe dunha certa dispersión, debe terse en conta que mancha
ten continuidade co resto do agregado e a malla urbana dos terreos colindantes non incorporados a
esta ordenación provisional que configuran no seu conxunto un solo urbano “de facto” polas súas
condicións de integración, grao de urbanización efectiva e consolidación.
Pero dito ámbito, coa forma que se pode apreciar na imaxe anterior, non se pode descontextualizar
na súa caracterización medio ambiental do resto do seu contorno e do territorio íntegro do Termo
Municipal de Vigo.
5.1. O MEDIO FÍSICO
CLIMATOLOXÍA: O clima temperado e suave non condiciona especialmente ao planeamento.
RELEVO: O termo municipal presenta un relevo moi complexo a partir dunha costa de zonas areosas e
rochosas, cunha primeira estribación dorsal próxima á costa, onde se asenta a cidade consolidada, en
segundo termo o val do Fragoso ou do Lagares con suaves relevos e, en terceiro lugar, a coroa de
montes de Candeán, Cepudo, O Alba, montes de Coruxo e Serra do Galiñeiro que lle serven de fondo
á escena e presentan as maiores restricións aos asentamentos e menor capacidade de acollida.
XERENCIA MUNICIPAL DE URBANISMO. CONCELLO DE VIGO INSTRUMENTO DE ORDENACIÓN PROVISIONAL
AVALIACIÓN AMBIENTAL ESTRATÉXICA SIMPLIFICADA DOCUMENTO AMBIENTAL ESTRATEXICO – XULLO 2017
Páxina 16 de 43
PENDENTES: O rango de pendentes que ofrece unha gran variabilidade na que predominan
pendentes entre o 10 e o 20%. As restricións á urbanización para terreos que superen o 50%, no caso de
Vigo, supoñen menos do 1% do territorio.
ORIENTACIÓNS: A combinación de factores de topografía, pendentes, soleamento e visuais, lévanos a
concluír que as orientacións máis soleadas en Vigo non son as das mellores visuais e a cuestión das
vistas á Ría en Vigo ten sido, ata o momento, un valor engadido para a edificación.
CICLO HÍDRICO: A abundancia de cursos de auga e masas de auga subterránea é manifesta.
Segundo a información facilitada polo IET sobre hidrografía no termo municipal de Vigo ao curso
principal do río Lagares ou Fragoso, coas súas superficies inundables e os cursos dos seus principais
tributarios: o Barxa e o Eifonso, e o Zamáns ou Amial, se deben engadir unha chea de regatos e regos.
A información do novo Plan Hidrolóxico da demarcación hidrográfica de Galicia-Costa (PHGC)
aprobado polo Decreto 11/2016, foi completada coa contida no traballo “Detección e levantamento
toponímico dos cursos fluviais do concello de Vigo”, encargado pola Oficina municipal de
Normalización Lingüística no que se relacionan 159 cursos de auga clasificados en ríos, regatos, regas,
regueiras, augas e barxas, así como as localizacións das cartografías tradicionais.
XEOLOXÍA: No termo municipal de Vigo predominan os solos metamórficos e graníticos, sobre os que se
superpoñen zonas illadas de depósitos cuaternarios, e nas costas depósitos areosos que constitúen
dunas, praias e areais principalmente no Vao, desembocadura do Lagares, Samil e costa de Alcabre.
Importantes tamén son as zonas de recheos de orixe antropoxénica na zona de servizos portuaria
(Bouzas e Guinar principalmente) e no ensanche da cidade (Alameda e ensanche de García
Coloque).
Sinalar como lugares de interese xeolóxico recoñecido o afloramento de Gneises de Zamáns (xunto ao
encoro) e os sistemas dunares das Illas Cíes, localizados en solos de natureza rústica de protección.
RISCOS NATURAIS E TECNOLÓXICOS:
RISCOS NATURAIS: Os riscos por desprendementos localízanse preferentemente en zonas nas que
anteriormente se produciran derrubes, así como nas fortes pendentes naturais en formacións
xeolóxicas susceptibles, os recheos de terras, as ladeiras con riscos intensos, os acantilados e taludes
con afloramentos de rochas fracturadas, as pendentes pronunciadas onde a escorrenta se dirixe cara
ao talude, as áreas deforestadas debido a incendios forestais ou á acción antrópica, as ladeiras e
taludes con socavacións ou erosións na base e as zonas nas que se producen choivas intensas
puntuais e acumuladas. É por elo, que preservaranse da edificación as zonas escarpadas e con fortes
pendentes.
Tocante ao risco por asolagamento, o Plan de Xestión do Risco de Inundación Galicia-Costa 2015-
20211 identifica no termo municipal de Vigo localiza como Áreas de Risco Potencial Significativo de
Inundación (Aries): fluvial: ES014-PO-01-02-06 Río Barxa-Vigo, ES014-PO-01-02-07 Río Lagares-Vigo e
1 Real Decreto 19/2016, do 15 de xaneiro, polo que se aproba o Plan de Xestión do risco de inundación da Demarcación
Hidrográfica de Galicia-Costa.
XERENCIA MUNICIPAL DE URBANISMO. CONCELLO DE VIGO INSTRUMENTO DE ORDENACIÓN PROVISIONAL
AVALIACIÓN AMBIENTAL ESTRATÉXICA SIMPLIFICADA DOCUMENTO AMBIENTAL ESTRATEXICO – XULLO 2017
Páxina 17 de 43
costeira: ES014-PO-01-02-28-C Vigo. Ademais, a cartografía dixital de zonas inundables de orixe mariño2
do MAGÓAMA amosa como zonas con probabilidade media u ocasional (T=100) diversos enclaves da
zona costeira de Teas e a contorna litoral da Guía, así como varias pezas do Porto de Vigo. Estas
mesmas zonas figuran grafadas como zonas inundables con probabilidade baixa ou excepcional
(T=500).
O Plan de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia (PELADIÑA 2015), indica que
Zamáns é a parroquia con alta actividade incendiaria.
No Mapa histórico de epicentros do SISMIGAL, Vigo non se atopa nunha zona singularmente afectada
por este risco aínda que historicamente si teñen acontecido sucesos sísmicos en zonas próximas. A
intensidade por parroquias sitúase no IV-V para todas elas.
Vigo sitúase nunha das provincia con máis altos niveis de radon.
RISCOS TECNOLÓXICOS: Polo que respecta aos riscos tecnolóxicos terá que considerarse que o
PLATERGA cataloga o termo municipal de Vigo cun risco por mercadorías perigosas e risco químico
alto e que é o punto final do oleoduto E-57 cuxo punto de inicio sitúase na Coruña e tamén está
afectado polos gasodutos de Enagas: Tui-Vilalba e Pontevedra-Ourense. Asociada a esta actividade,
existe unha instalación de almacenamento de CLH.
Ademais, sitúase sobre o termo municipal o aeroporto de Peinador e o urdido que compón a rede
eléctrica, coas servidumes que se derivan de ambas infraestruturas para minimizar os riscos e garantir o
bo funcionamento dos servizos.
5.2. MEDIO BIÓTICO
FLORA: As masas arbóreas de Vigo presentan unha importante biodiversidade vexetal tanto de
especies autóctonas como de arbustos, concentradas en fragas ou carballeiras con frecuencia
conectadas a bosques riparios ou de ribeira, nos que abundan os salgueiros e ameneiros no caso de
Zamáns, Fragoselo, cursos do Lagares, Barxa ou humidal do Vao. No ámbito da ordenación provisional
exclúense as zonas forestadas.
Distínguense como carballeiras centenarias a do monte da Guía, a da parcela de san Roque, o
Parque de Quiñones de León e o Colexio Apóstolo Santiago.
No Catálogo Galego de árbores senlleiras figuran incluídos 6 elementos no termo municipal de Vigo (4
deles no Pazo de Castrelos), ademais das casuarianas da Alameda da Praza de Compostela e a
oliveira do Paseo de Alfonso XII. No traballo de Catalogación que se propón, anexo ao PXOM,
deberán incluírse tanto unha catalogación propia de elementos naturais e conxuntos de xardinería e
arborado de interese, coma unha normativa específica para a súa protección, reposición e
divulgación, que teña en conta a natureza viva destes elementos.
2 http://sig.magrama.es/snczi/
XERENCIA MUNICIPAL DE URBANISMO. CONCELLO DE VIGO INSTRUMENTO DE ORDENACIÓN PROVISIONAL
AVALIACIÓN AMBIENTAL ESTRATÉXICA SIMPLIFICADA DOCUMENTO AMBIENTAL ESTRATEXICO – XULLO 2017
Páxina 18 de 43
Sen ánimo de exhaustividade considéranse elementos de grande interese: a flora do arquipélago de
Cíes, xardíns da Alameda Praza de Compostela, xardíns da Fundación de Francisco Sales, xardíns do
Colexio dos Maristas, xardíns e arborado da Avenida Castelao-Avenida Europa.
FAUNA: Os principais condicionantes faunísticos a ter en conta refírense á colonia de gaivotas
patiamarelas, cormorán moñudo e arao común e, en xeral, toda a fauna autóctona das Illas Cíes,
dotada de numerosos instrumentos de protección (Parque Nacional, ZEC, Red Natura 2000, LIC e Zona
de Especial Protección para Aves ZEPA).
No que ao T.M. se refire, deben citarse a fauna dos humidais: entre ela a especie protexida do
sapoconcho, das costas: coas especies protexidas da escribenta e do chorlitejo, en lugares
delimitados na praia do Vao, dos ríos e augas continentais, do medio agrícola e do medio urbano, que
recibirán a protección en canto se protexan ditos hábitats e se manteñan os usos tradicionais agrícolas
e naturais, evitando a antropización. Todos estes ámbitos non se inclúen na ordenación provisional
MONTES: A coroa de montes periurbanos de Vigo está constituída por montes en man común e outros
de titularidade privada e por montes públicos da entidade local de Bembrive.
Os montes veciñais en man común sitúanse nas parroquias de Beade, Cabral, Candeán, Castrelos,
Comesaña, Coruxo, Saiáns, Teis, Sárdoma, San Miguel de Oia, Lavadores Valadares e Zamáns e teñen
unha superficie dunhas 1.500 has.
A totalidade de superficies forestadas, considerando o Rexistro de Montes Ordenados, os montes
veciñais en man común, os montes de utilidade pública e o Inventario Forestal Nacional IFN4 (en
ausencia do segundo Catálogo de montes anunciado na LSG 2/2016), ascende a unhas 3.369 has.
ESPAZOS NATURAIS PROTEXIDOS: O principal espazo natural protexido dentro do ámbito do PXOM, pero
que non se incorpora ao instrumento de ordenación provisional, son as Illas Cíes, que están incluídas
en diferentes instrumentos de protección tanto autonómicos como estatais e mesmo internacionais: o
Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas, a Rede galega de Espazos protexidos, Zona de
especial conservación da natureza (código ZEC ES0000001), zona de especial protección para Aves
(ZEPA). Ademais, están incluídas no Convenio OSPAR para a protección do medio ambiente mariño do
Atlántico do Nordés e no inventario de áreas importantes para aves en España IBA/001 Illas Cíes;
SEO/BirdLife, 1998.
Como espazos de interese local encontrámonos co ENIL do Complexo Duna e Areal do Vao-Baluarte e
os parques forestais da coroa montañosa da cidade, así como cos parques e xardíns principais da
cidade como Castrelos (Parque Quiñones de León), O Castro, A Guía, Camilo José Cela, Praza de
Compostela, Paseo de Elduayen, A Bouza ou o Paseo do Lagares.
SOLOS CONTAMINADOS: Non existen a data de hoxe declarados solos contaminados no Concello de
Vigo.
5.3. MEDIO CULTURAL E ETNOGRÁFICO
XERENCIA MUNICIPAL DE URBANISMO. CONCELLO DE VIGO INSTRUMENTO DE ORDENACIÓN PROVISIONAL
AVALIACIÓN AMBIENTAL ESTRATÉXICA SIMPLIFICADA DOCUMENTO AMBIENTAL ESTRATEXICO – XULLO 2017
Páxina 19 de 43
Están declarados oficialmente BEN DE INTERESE CULTURAL (BIC) os seguintes elementos e conxuntos:
conxuntos parciais do Casco Vello (Colexiata de Santa María, soportais da Praza da Constitución, casa
na rúa Triunfo, casa de Arines na Praza de Almeida e a Rúa Real), o Parque de Quiñones de León, o
Pazo de Santo Tomé de Freixeiro, o conxunto histórico do Casco Vello, o Museo municipal de Castrelos,
os gravados rupestres de Fragoselo, San Lourenzo Godesende e Pedra das Augas e as zonas
arqueolóxicas de Casa dos Mouros e Chan de Touciños. A estas declaracións engádense os BIC
declarados ope legis: achados arqueolóxicos, covas, etc.
Existen incoados expedientes de declaración de monumento para a Igrexa de Santiago de Bembrive
e de San Salvador de Coruxo.
Incluídos no Inventario do Patrimonio Cultural de Galicia, existen, na actualidade, un total de 2.480
bens inmobles, incluídos edificios, xacementos e achados arqueolóxicos e os Bens de interese cultural.
5.4. MEDIO SOCIOECONÓMICO
POBOACIÓN:
Segundo o censo oficial de poboación e vivenda de 2015 do INE (remitido polo IGE ) a poboación é
de 294.098 habitantes: 139.688 homes (47,49 %) e 154.410 mulleres (52,50%) e segundo datos do
departamento de estatística municipal, á data de 1/01/2015 o número de habitantes sería de 297.934:
141.828 homes e 156.106 mulleres.
ECONOMÍA E EMPREGO:
No ano 2011, a poboación ocupada en Vigo de máis de 16 anos ascendía a 113.948 persoas: 1.809 na
agricultura e pesca (1,58%, 5.996 na construción (5,26%), 20.197 na industria (17,72%) e 85.947 nos
servizos (75,42%).
En xuño de 2016 o número de afiliados á Seguridade Social en alta laboral era de 100.079 persoas:
50.783 homes e 49.296 mulleres.
Segundo datos do IGE, o cociente entre o número de afiliados en alta laboral e o paro rexistrado,
pasou entre decembro de 2015 e xuño de 2016, de 345,2 a 374,60.
O último dato de paro rexistrado (do ano 2005) era de 19.618 demandantes de emprego.
ESTRUTURA SOCIORRESIDENCIAL:
O último dato sobre número de vivendas, correspóndese co Censo do INE del 2011, segundo o cal en
Vigo hai un total de 143.637 vivendas: 143.579 vivendas familiares e 58 colectivas, 114.455 vivendas
principais, 10.536 vivendas secundarias e 18.588 vivendas baleiras.
5.5. MEDIO PERCEPTUAL
VALORES PAISAXÍSTICOS INVENTARIADOS:
XERENCIA MUNICIPAL DE URBANISMO. CONCELLO DE VIGO INSTRUMENTO DE ORDENACIÓN PROVISIONAL
AVALIACIÓN AMBIENTAL ESTRATÉXICA SIMPLIFICADA DOCUMENTO AMBIENTAL ESTRATEXICO – XULLO 2017
Páxina 20 de 43
Dentro dos valores paisaxísticos inventariados distinguiuse entre “paisaxes con recoñecemento legal”,
correspondentes a espazos recoñecidos normativamente polo seu especial valor natural (por exemplo,
un parque natural) ou cultural (por exemplo, un conxunto histórico), e outros valores paisaxísticos que,
aínda que non están recollidos en ningunha lexislación ou normativa, forman parte dun inventario ou
cartografía, oficial ou non, xa existente e publicamente accesible.
Respecto ás “paisaxes con recoñecemento legal” incluíronse na seguinte táboa aqueles lugares
identificados como “paisaxe cultural” de acordo coa Lei do Patrimonio Cultural de Galicia.
O catálogo da paisaxe delimita como áreas de especial interese paisaxístico as ribeiras do Río Eifonso,
Os montes Alba; Serra do Galiñeiro e A Madroa, e os miradoiros dos montes Alba , Cepudo, A Madroa,
O Castro, A Guía e Os Pozos, e o miradoiro do Paseo de Alfonso. O POL (Plan de Ordenación do Litoral)
considera espazos de interese paisaxístico o monte de A Guía e as Illas Cíes.
5.6. ATMOSFERA E CAMBIO CLIMÁTICO
CONTAMINACIÓN LUMÍNICA:
Segundo o informe do 2014 da Rede de Medida do Brillo do Ceo Nocturno en Galicia, constátase un
aumento do brillo do ceo en relación co seus valores naturais sobre todo en zonas con forte
iluminación urbana mentres que no Parque Nacional das Illas Atlánticas o brillo cenital típico do ceo en
noites despexadas é entre 1,6 e 4 veces superior ao que se considera noite escura en condicións
naturais (10 e 40 veces superior nas áreas urbanas).
CONTAMINACIÓN ACÚSTICA:
O tráfico por estrada é o foco dominante de ruído, é por iso que as parroquias máis afectadas son as
situadas na zona central.
CALIDADE DO AIRE:
É boa, segundo os informes da Rede Galega de Vixilancia da Calidade do Aire.
5.7. MEDIO URBANO
SISTEMA DE ASENTAMENTOS:
O sistema de asentamentos apóiase nunha malla urbana moi extensa e máis ou menos densa
constituída por unha serie de redes de sistemas infraestruturais e de servizos.
O hábitat se desenvolve nun agregado urbano máis denso, que forma parte dun tecido urbano
continuo paralelo á costa, e unha periferia en sucesivas coroas de maior a menor densidade, na que
se foron dando fenómenos de periurbanización apoiados na estrutura parroquial tradicional,
composta por 20 parroquias e 336 núcleos de poboación, ademais do núcleo central da cidade de
Vigo.
XERENCIA MUNICIPAL DE URBANISMO. CONCELLO DE VIGO INSTRUMENTO DE ORDENACIÓN PROVISIONAL
AVALIACIÓN AMBIENTAL ESTRATÉXICA SIMPLIFICADA DOCUMENTO AMBIENTAL ESTRATEXICO – XULLO 2017
Páxina 21 de 43
6. EFECTOS AMBIENTAIS PREVISIBLES E, SE PROCEDE, A SÚA CUANTIFICACIÓN.
Na avaliación dos efectos ambientais previsibles valoraranse os seguintes apartados:
6.1. EFECTOS SOBRE A PAISAXE.
O ámbito do instrumento de ordenación provisional que se propón refírese a unha paisaxe densa e
consolidada da cidade central de Vigo e un tecido periurbano parroquial de menor densidade
estendido sobre a malla parroquial preferentemente nunha franxa paralela á costa que se encadra
dentro da comarca paisaxística de Vigo Litoral definida no Catálogo da Paisaxes de Galicia , referida
á grande área paisaxística das Rías Baixas.
Figura 5: Catálogo das Paisaxes
Fonte: Xunta de Galicia
A ordenación provisional recoñece con precisión, completa e compacta a malla de solo urbano
consolidado sen alterar as súas tipoloxías edificatorias nin volumétricas, nin invadir terreos baleiros, o
medio agrícola, nin superficies de interese paisaxística.
Para a avaliación de posibles efectos sobre a paisaxe teranse en conta:
a) As áreas de interese paisaxístico (AEIP) e miradoiros incluídos no Catálogo da Paisaxes de Galicia
aprobado mediante o Decreto 119/2016, do 28 de xullo, apróbase o Catálogo das paisaxes de Galicia,
de conformidade coa Lei 7/2008, do 7 de xullo, de protección da paisaxe de Galicia.
b) Os espazos de interese paisaxístico nas unidades da paisaxe (Chapela, Vigo, Samil-Esteiro do
Lagares, Canido e Cabo Estai) definidas no Plan de Ordenación do Litoral (POL), aprobado por
Decreto 20/2011, do 20 de febreiro.
AEIPS e MIRADOIROS DO Catálogo da Paisaxe:
XERENCIA MUNICIPAL DE URBANISMO. CONCELLO DE VIGO INSTRUMENTO DE ORDENACIÓN PROVISIONAL
AVALIACIÓN AMBIENTAL ESTRATÉXICA SIMPLIFICADA DOCUMENTO AMBIENTAL ESTRATEXICO – XULLO 2017
Páxina 22 de 43
ELEMENTO PAISAXÍSTICO CATÁLOGO PAISAXE LOCALIZACIÓN COMENTARIO EFECTOS AMBIENTAIS
PREVISIBLES DA ORDENACIÓN
PROVISIONAL
1/5000 1/2000
1. AEIP_08_18 RIBEIRAS DO RÍO EIFONSO 17 17-P
17-Q
18-Q
19-Q
NON INCLUÍDO
(SNU4, SNU 5, SNU2)
NULO
(espazo afectado polo estudo
informativo M Fomento novo
acceso Vigo-Porriño)
2. AEIP_08_19 O MONTE ALBA 19
20
21-J
22-J
21-K
22-K
23-K
NON INCLUÍDO (SNU
4)
NULO
3. AEIP_08_20 SERRA DO GALIÑEIRO 22 27-N
27-O
27-Q
28-O
27-P
28-P
27-Q
28-Q
NON INCLUÍDO (SNU
4)
NULO
4. MIRADOIRO A MADROA 3 4-Q NON INCLUÍDO
( 3.1.A.a. zona verde
pública/ Parque
Forestal)
NULO*
5. MIRADOIRO DE PASEO DE ALFONSO 6 7-K NON INCLUÍDO
( PEPRI do Casco
Vello)
NULO*
6. MIRADOIRO DO MONTE GALIÑEIRO - - NON INCLUÍDO O
Miradoiro sitúase no
Concello de
Gondomar a AEIP 08
20 visible en Vigo
SNU4
NULO*
7. MIRADOIRO MONTE DO CASTRO_2 6 8-L NON INCLUÍDO
( 3.1.a. zona verde
pública)
NULO*
8. MIRADOIRO DO MONTE ALBA 19 21-J NON INCLUÍDO (SNU
4)
NULO*
9. MIRADOIRO DO MONTE CEPUDO 19 22-K NON INCLUÍDO (SNU
4)
NULO*
10. MIRADOIRO DO MONTE DA GUÍA 2 3-N NON INCLUÍDO
( 3.1.a. zona verde
pública en PLAN
ESPECIAL DE
PROTECCIÓN DO
MONTE)
NULO*
11. MIRADOIRO DO MONTE DOS POZOS 15 19-J NON INCLUÍDO (SNU
4)
NULO*
*Nos miradoiros a afección nula refírese á localización do miradoiro, non incluída na Ordenación Provisional. A afección na vista paisaxística
observada dende o miradoiro de forma mínima polas distancias ás áreas de ordenación provisional.
ESPAZOS DE INTERESE PAISAXÍSTICO DO POL:
ESPAZOS DE INTERESE PAISAXÍSTICO DO POL LOCALIZACIÓN COMENTARIO EFECTOS AMBIENTAIS
PREVISIBLES DA ORDENACIÓN
PROVISIONAL
1/5000 1/2000
1. A Guía (Unidade de paisaxe e tipoloxía de
unidade de paisaxe: Vigo / B1_ Vertentes de
pendente moderada)
17 2-N
2-O
3-N
3-O
PARCIALMENTE
INCLUÍDO (SNU4, SNU
5, SNU2)
Solo Urbano
Consolidado de
Espiñeiro, Dr. Corbal e
Doña Fermina
MEDIO ( A corrixir polo PLAN
ESPECIAL DE PROTECCIÓN DO
MONTE DA GUÍA)
2. Illas Cíes (Unidade de paisaxe / tipoloxía de
unidade de paisaxe: Cantís das illas de
Monteagudo e do Faro / A2_Grandes cantís
convexos; Conxunto areoso das illas de
Monteagudo e do Faro / C1_Costa dos grandes
complexos sedimentarios; Cantís da illa de San
Martiño / A2_Grandes cantís convexos; Praia de
San Martiño / C2_ Complexos sedimentarios
remontantes).
1-A
1-B
- NON INCLUÍDO (SNU
8)
EN 2008 SRPC SRPN
SRP ARQUEOLÓXICO
NULO
XERENCIA MUNICIPAL DE URBANISMO. CONCELLO DE VIGO INSTRUMENTO DE ORDENACIÓN PROVISIONAL
AVALIACIÓN AMBIENTAL ESTRATÉXICA SIMPLIFICADA DOCUMENTO AMBIENTAL ESTRATEXICO – XULLO 2017
Páxina 23 de 43
Figura 6. Superposición do ámbito da ordenación provisional cos espazos de interese paisaxístico do Catálogo do paisaxe e do POL:
6.2. EFECTOS SOBRE O PATRIMONIO NATURAL.
A avaliación de efectos sobre o patrimonio natural debe ter en conta as zonas de interese natural
oficialmente delimitadas e incluídas na Rede Natura 2000 (LICs, ZECs e ZEPAs): o Parque Nacional das
Illas Atlánticas, a Costa da Vela, a Enseada de San Simón.
Na Rede galega de espazos protexidos están representados os principais ecosistemas, paisaxes ou
hábitats galegos. A Rede contén aqueles lugares necesarios para asegurar a súa conservación.
No ámbito de influencia desta Ordenación provisional no Termo Municipal de Vigo atópanse os
seguintes espazos protexidos declarados e detallados por categoría, algún dos que forman igualmente
parte da Rede Natura 2000 como zonas especiais de conservación (ZEC) ou zonas de especial
protección para as aves (ZEPA):
ESPAZOS PROTEXIDOS:
ESPAZOS DE PROTECCIÓN DA NATUREZA LOCALIZACIÓN COMENTARIO EFECTOS AMBIENTAIS
PREVISIBLES DA
ORDENACIÓN
PROVISIONAL
1/5000 1/2000
1. Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas
Atlánticas de Galicia: do que forman parte as Illas
Cíes
As Illas Atlánticas atópanse tamén incluídas no
Convenio para a protección do medio ambiente
mariño do Atlántico do nordés (OSPAR)e o
arquipélago de Cíes no inventario de áreas
importantes para as aves en España: IBA 001 Illas
Cíes; SEO/BirdLife, 1998.
- - NON INCLUÍDO (SNU 8)
EN 2008 SRPC SRPN SRP
ARQUEOLÓXICO
PLAN RECTOR DO PARQUE
NACIONAL
NULO
XERENCIA MUNICIPAL DE URBANISMO. CONCELLO DE VIGO INSTRUMENTO DE ORDENACIÓN PROVISIONAL
AVALIACIÓN AMBIENTAL ESTRATÉXICA SIMPLIFICADA DOCUMENTO AMBIENTAL ESTRATEXICO – XULLO 2017
Páxina 24 de 43
2. Zona de especial protección dos valores
naturais Costa da Vela (código ZEC ES1140010): a
cabalo das rías de Vigo e Pontevedra, no extremo da
península do Morrazo.
- - NON INCLUÍDO
(Fóra do T.M.)
NULO
3. Zona de especial protección dos valores
naturais Enseada de San Simón (código ZEC
ES1140016): sector máis interior da ría de Vigo, a
- - NON INCLUÍDO
(Fóra do T.M.)
NULO
4. Zona de especial protección dos valores
naturais Illas Cíes (código ZEC ES0000001 e ZEPA
ES0000001)
1-A
1-B
- NON INCLUÍDO (SNU 8)
EN 2008 SRPC SRPN SRP
ARQUEOLÓXICO
NULO
5. Zona de especial protección dos valores
naturais
Illas Estelas (código ZEC ES1140012): na marxe norte
da ría ou enseada de Baiona, no extremo suroeste
da ría de Vigo.
- - NON INCLUÍDO
(Fóra do T.M.)
NULO
6. Inventario de Humidais de Galicia: Xunqueira
do Lagares (cod. IHG 1140023)
9
14
15-D
15-E
15F
NON INCLUÍDO
SNU 2 SISTEMA XERAL
NULO
( Proxecto ETAP E.I.A.)
7. Inventario de Humidais de Galicia: Lagoa
dos Nenos (cod. IHG 1140069) cunha superficie de
8,01 ha (UTM X huso 29T: 507997 m; UTM Y huso 29T:
4674678 m), localizado nas Illas Cíes.
1-A
1-B
- NON INCLUÍDO (SNU 8)
EN 2008 SRPC SRPN SRP
ARQUEOLÓXICO
NULO
8. Espazo natural de interese local (ENIL) do
Complexo Duna e Areal do Vao-Baluarte declaración
provisional mediante Orde do 26 de agosto de 2013.
9
14
15-D
16-C
16-D
NON INCLUÍDO
SU ( 3.1.A.a. zona verde
pública/Plan Especial
Mellora Ambiental)
NULO
MONTES E SUPERFICIES FORESTAIS
Na imaxe seguinte pode observarse como a ordenación provisional non afecta (agás algunhas
ocupacións existentes que se relacionan no punto 9.3.1. do Borrador) á superficie forestada no T.M. de
Vigo que comprende tanto Montes públicos , como montes en man común , clasificados polo PXOM
como SNU 4 (no PXOU de 1993) , e como Solo Rústico de Protección Forestal no PXOM de 2008.
Co actual marco normativo e as súas disposicións transitorias, terá que ser a administración
competente en materia forestal (a Consellería do Medio Rural) a que terá que informar, en cada caso,
se un determinado solo cuxo réxime aplicable segundo a transitoria sexa o do solo rústico, está incluído
nos catálogos oficiais de montes veciñais en man común ou nos terreos de alta productividade forestal,
e xa que logo se o réxime de aplicación é o do solo rústico de protección forestal. Cuestión esta que
non incide na ordenación provisional que se propón.
Figura 7: Superposición do ámbito da ordenación provisional coas superficies forestais no TM de Vigo.
XERENCIA MUNICIPAL DE URBANISMO. CONCELLO DE VIGO INSTRUMENTO DE ORDENACIÓN PROVISIONAL
AVALIACIÓN AMBIENTAL ESTRATÉXICA SIMPLIFICADA DOCUMENTO AMBIENTAL ESTRATEXICO – XULLO 2017
Páxina 25 de 43
AUGA E HIDROLOXÍA/RISCOS DE INUNDACIÓN:
Do conxunto de cursos de auga que transcorren polo Termo Municipal de Vigo, e que verten ben ao
Lagares, ou aos seus afluentes (os principais o Barxa e o Eifonso), ao Río Zamáns que verte
autonomamente cara ao val Miñor, ou dos ríos de Teis ou das parroquias máis ao Sur (Coruxo e Oia)
que verten á costa da Ría, unicamente constan no Plan Hidrolóxico Galicia-Costa identificados cos
seus riscos de inundación o Lagares e o río Lagres, o Zamáns.
Como riscos naturais detéctanse unicamente zonas inundables (zonas de fluxo preferente do río
Lagares ES014-ZFP-PO-01-02-07) nas beiras do Lagares e o Barxa e de inundación costeira nas
parroquias de Coruxo, Oia e Saiáns.
Figura 8: Superposición do ámbito da ordenación provisional coas zonas de fluxo preferente e as zonas de inundación costeira.
O POL (Plan de Ordenación do Litoral) delimita unha serie de corredores ecolóxicos ao longo dos
cursos de auga, que se deben considerar orientativos, de cara ao planeamento municipal. Na
ordenación provisional eses cursos de auga de Saiáns e do Charco, na parroquia de Saiáns, de
Carballosa na parroquia de Oia, do Vao e da Rega e do Charco na parroquia de Coruxo, non se
inclúen, xa que transcorren practicamente na súa totalidade por solos clasificados como SNU2 (rústico
de protección de augas), SNU 5 (rústico de protección agropecuaria), SNU4 (rústico de protección
forestal), SNU1 (rústico de protección de praias e costas) ou SUNP (actualmente solo rústico de
protección ordinaria), e que, no caso de invadir zonas de solo urbano consolidado, soen estar
cualificadas como zonas verdes públicas, e en calquera caso, sometidas á lexislación sectorial de
augas.
En coordinación cos traballos da revisión do PXOM, a delimitación do ámbito do instrumento de
ordenación provisional reaxustarase no caso de que algún destes cursos de auga e corredores se
comprobase que deben de ser estudiados en canto á súa clasificación, categorización ou protección
necesaria.
XERENCIA MUNICIPAL DE URBANISMO. CONCELLO DE VIGO INSTRUMENTO DE ORDENACIÓN PROVISIONAL
AVALIACIÓN AMBIENTAL ESTRATÉXICA SIMPLIFICADA DOCUMENTO AMBIENTAL ESTRATEXICO – XULLO 2017
Páxina 26 de 43
6.3. EFECTOS SOBRE O PATRIMONIO CULTURAL.
Lémbrese que unha das carencias máis salientables nesta materia, e que, os outrora redactores do
PXOM de 2008 advertiran no PXOU de 1993, foi a limitada extensión do seu catálogo e a ausencia
dunha descrición pormenorizada dos valores arquitectónicos, históricos e artísticos presentes nos
diferentes elementos existentes no noso municipio, limitación que catálogo do PXOM de 2008 tentou
superar, servindo agora de importante fonte para o coñecemento do patrimonio existente.
Con todo, os bens catalogados en virtude do PXOM de 2008, malia declaración de nulidade dese
instrumento, forman parte do Catálogo do Patrimonio cultural de Galicia, requiríndose para a súa
exclusión a tramitación do correspondente procedemento, en virtude do disciplinado no artigo 31.4
da Lei 5/2016, de 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia. Cabe salientar que foron detectados
varios erros no Catálogo do PXOM 08 (elementos inexistentes, posición xeográfica, etc.), que serán
recompilados e corrixidos na revisión do catálogo.
Asemade, a propia LMFAO, no seu artigo 86 de protección do patrimonio cultural, reitera que “Para os
efectos da protección do patrimonio cultural e da aplicación da Lei do patrimonio cultural de Galicia,
a simple declaración de nulidade dun instrumento de ordenación urbanística non implicará a perda
da condición de bens declarados de interese cultural ou de bens catalogados dos bens incluídos no
catálogo do instrumento de ordenación anulado sendo de aplicación en todo caso o réxime derivado
da lexislación indicada.”
Xa que logo, a aprobación do instrumento de ordenación provisional non altera a vixencia do
Catálogo de protección do PXOM de 2008, na súa tripla vertente de arqueolóxico, etnográfico e
arquitectónico, con independencia da súa moi necesaria revisión, actualización e completamento
que se abordará conxuntamente coa revisión do PXOM.
Polo de agora a previsión é incluír e plasmar na documentación gráfica da ordenación provisional
tódolos elementos catalogados no PXOM de 2008.
A avaliación de previsibles efectos sobre a variable patrimonio cultural é a seguinte:
INSTRUMENTOS PARA O COÑECEMENTO E PROTECCIÓN DO PATRIMONIO:
ÁMBITOS DE INSTRUMENTOS DE PROTECCIÓN DO
PATRIMONIO
LOCALIZACIÓN COMENTARIO EFECTOS AMBIENTAIS
PREVISIBLES DA ORDENACIÓN
PROVISIONAL
1/5000 1/2000
1. Plan especial de protección e reforma interior do
Casco Vello de Vigo (BOP 18.05.2007)
6 6-K
6-L
7-K
7-L
NON INCLUÍDO NULO
2. Plan especial de protección e reforma
interior de Bouzas (DOG 21-11-2002
5 9-H
10-H
NON INCLUÍDO
NULO
3. Plan Especial de Elementos a Conservar do
Catálogo PEEC (Aprobación 1995-10-26) con
modificacións e incorporación de cuarteiróns
6 6-L
6-M
7-L
7-M
8-L
8-M
NON INCLUÍDO NULO
4. Ámbitos de Plans Especiais de Protección
de Colonias históricas de chalés, e do patrimonio
previstos no PXOM 2008 (Couto, La Soledad, Canido
e Monte da Mina)
VARIA VARIA INCLUÍDOS POSITIVO
XERENCIA MUNICIPAL DE URBANISMO. CONCELLO DE VIGO INSTRUMENTO DE ORDENACIÓN PROVISIONAL
AVALIACIÓN AMBIENTAL ESTRATÉXICA SIMPLIFICADA DOCUMENTO AMBIENTAL ESTRATEXICO – XULLO 2017
Páxina 27 de 43
BENS DE INTERESE CULTURAL (BIC) DECLARADOS
BENS DE INTERESE CULTURAL /MONUMENTOS
HISTÓRICO-ARTÍSTICOS/ CONXUNTOS HISTÓRICOS /
XARDÍNS HISTÓRICOS /ZONAS ARQUEOLÓXICAS
LOCALIZACIÓN COMENTARIO EFECTOS AMBIENTAIS
PREVISIBLES DA ORDENACIÓN
PROVISIONAL
1/5000 1/2000
1. Conxuntos parciais do Barrio Vello:
Colexiata de Santa María; Lados con soportais da
praza da Constitución; A casa que fai esquina á rúa
do Triunfo; A casa nº 4 da praza da Almeida e A rúa
Real
6 6-K
6-L
7-K
7-L
NON INCLUÍDO NULO
2. Parque de Quiñones de León e Pazo de
Valadares- Xardín Histórico
11 11-K
12-K
13-K
NON INCLUÍDO
NULO
3. Pazo de Santo Tomé de Freixeiro (ou da
Pastora)-Xardín Histórico
11 11-K
11-L
INCLUÍDO ( SUC ORD.
9 1º)
NON AFECTA ( CORRIXIBLE A
TRAVÉS DA CATALOGACIÓN E
DECLARACIÓN DE BIC)
4. Zona Vella da cidade (Conxunto Histórico) 6 6-K
6-L
7-K
7-L
NON INCLUÍDO NULO
5. Gravado rupestre “Dobesa de Fregoselo”
(M.H.A.)
“Pedra Moura”
15 20-G NON INCLUÍDO (SNU
4)
NULO
6. Gravado rupestre “San Lourenzo” (M.H.A.)
“ O Penedo”
15 17-F INCLUÍDO (ORD. LOCALIZADO, CATALOGADO,
CON ÁREA DE PROTECCIÓN
7. Gravado rupestre Godesende “Pedras das
Augas” (M.H.A.)
2 3-O INCLUÍDO (ORD 9-2ª
VIARIO)
LOCALIZADO, CATALOGADO,
CON ÁREA DE PROTECCIÓN
8. Museo municipal de Castrelos (M.H.A.) 11 12-K INCLUÍDO ( ORD. 13) NON AFECTA ( CORRIXIBLE A
TRAVÉS DA CATALOGACIÓN E
DECLARACIÓN DE BIC)
9. Casa dos Mouros, Candeán (M.H.A.) 3 5-R NON INCLUÍDO
( SNU4)
NULO
10. Anta 1 Chan dos Touciños (Z.A.) 3 4-S NON INCLUÍDO ( SNU4
SRPF)
NON AFECTA ( CORRIXIBLE A
TRAVÉS DA CATALOGACIÓN
X_148 E DECLARACIÓN DE BIC)
11. Mámoa do Monte Vixiador (Z.A.) 4 4-U NON INCLUÍDO ( SNU4
SRPF)
NON AFECTA ( CORRIXIBLE A
TRAVÉS DA CATALOGACIÓN
X_018 E DECLARACIÓN DE BIC)
CATÁLOGOS ANEXOS AO PXOM 2008
ÁMBITOS DE INSTRUMENTOS DE PROTECCIÓN DO
PATRIMONIO CULTURAL
LOCALIZACIÓN COMENTARIO EFECTOS AMBIENTAIS
PREVISIBLES DA ORDENACIÓN
PROVISIONAL
1/5000 1/2000
1. Catálogo do patrimonio arquitectónico, inclúe
211 edificacións ou conxuntos de edificacións
VARIA VARIA PARCIALMENTE
INCLUÍDO
POSITIVO
5. Catálogo do patrimonio arqueolóxico:
inclúe ata 168 xacementos e 32 achados
VARIA VARIA PARCIALMENTE
INCLUÍDO
POSITIVO
6. Catálogo do patrimonio etnográfico: 1654
Hórreos, 8 petos de animas, 35 cruceiros e cruces,
84 vivendas tradicionais e 6 conxuntos, , 58 entre
alboios, pombais ou adegas, Mais de 161 fontes e
pozos, 55 lavadoiros e 4 pontes, 6 palcos de música
VARIA VARIA PARCIALMENTE
INCLUÍDO
POSITIVO
7. Catálogo do patrimonio artístico: conxuntos
escultóricos, monumentos funerarios, placas de
rúas
VARIA VARIA PARCIALMENTE
INCLUÍDO
POSITIVO
6.4. EFECTOS SOBRE A SOCIEDADE.
O ámbito da ordenación provisional inclúe unhas 26.000 vivendas existentes e unhas 9.000 parcelas
catastrais vacantes, cunha poboación de 25.950 habitantes empadroados, que se corresponde
aproximadamente ao 8 % dos totais do municipio.
Distribúese en 19 das 20 parroquias do termo municipal coa incidencia que pode observarse na imaxe
e táboa seguintes.
XERENCIA MUNICIPAL DE URBANISMO. CONCELLO DE VIGO INSTRUMENTO DE ORDENACIÓN PROVISIONAL
AVALIACIÓN AMBIENTAL ESTRATÉXICA SIMPLIFICADA DOCUMENTO AMBIENTAL ESTRATEXICO – XULLO 2017
Páxina 28 de 43
A ordenación provisional implántase en maior medidas en parroquias da primeira periferia urbana,
como Teis, San Xoán, Matamá ou Comesaña, cunha incidencia superior ao 50 % da súa superficie.
Na maioría do resto das parroquias a incidencia sitúase entre o 20 e o 50 % da superficie malia que nas
parroquias con carácter máis rural de Valadares, Bembrive ou Zamáns a porcentaxe de superficie na
que se propón a ordenación provisional non chega ao 20%.
Os efectos ambientais previsibles da implantación das ordenacións provisionais sobre o tecido social é
significativamente positivo, en tanto en canto ao referirse ao solo favorece a concentración da
poboación, a compactación da edificación e a maior proximidade aos servizos, e tendo en conta a
estrutura de propiedade do solo característica con gran número de propietarios de solo, a
dispoñibilidade do patrimonio propio familiar para a solución dos problemas da vivenda.
SUPERFICIE
en o.p.
SUPERFICIE
TOTAL
% o.p.
ALCABRE 677.872 2.030.000 33,39%
BEADE 2.395.436 7.260.000 32,99%
BEMBRIVE 1.726.452 9.100.000 18,97%
CABRAL 3.529.670 9.400.000 37,55%
CANDEAN 1.727.979 5.561.100 31,07%
CASTRELOS 1.069.821 2.430.000 44,03%
COMESAÑA 1.945.320 3.880.000 50,14%
CORUXO 1.713.205 8.490.000 20,18%
FREIXEIRO 193.089 1.110.000 17,40%
LAVADORES 2.306.869 5.110.000 45,14%
MATAMA 2.132.091 3.950.000 53,98%
NAVIA 710.777 2.240.000 31,73%
OIA 1.668.669 4.700.000 35,50%
SAIANS 755.893 1.980.000 38,18%
SAN XOÁN 908.679 1540000 59,01%
SARDOMA 1.252.452 2.570.000 48,73%
TEIS 3.758.880 5.710.000 65,83%
VALADARES 2.204.644 11.610.000 18,99%
ZAMANS 0 7.620.000 0,00%
VIGO 3.996.817 10.380.000 38,50%
XERENCIA MUNICIPAL DE URBANISMO. CONCELLO DE VIGO INSTRUMENTO DE ORDENACIÓN PROVISIONAL
AVALIACIÓN AMBIENTAL ESTRATÉXICA SIMPLIFICADA DOCUMENTO AMBIENTAL ESTRATEXICO – XULLO 2017
Páxina 29 de 43
Táboa e Figura 9 de incidencia da ordenación provisional na superficie parroquial
6.5. EFECTOS SOBRE A ECONOMÍA.
A ordenación provisional que se propón terá efectos positivos sobre a variable economía por
favorecer ao sector da construción e promoción inmobiliaria, afectado por unha profunda crise dende
o ano 2008.
No caso de Vigo a suspensión do PXOM de 2008, pola sentenza de 15 de novembro de 2015 supuxo
unha importante paralización da actividade edificatoria, na que se comezaba a apreciar un certo
remonte sobre os efectos da crise anterior, que concretouse nun certo número de expedientes de
licenzas solicitadas con arranxo ao PXOM suspendido que non puideron ser concedidas.
6.6. EFECTOS SOBRE A MOBILIDADE.
O instrumento de ordenación provisional que se propón non ten efectos medioambientais significativos
en relación á mobilidade, toda vez que non se conteñen ningunha nova proposta de vialidade nin
sobre o tráfico nin o transporte tratándose unicamente de unha ordenación apoiada na malla
preexistente de o solo urbano consolidado. En todo caso o proceso de compactación que conleva,
ao non incorporar ao proceso urbanizados superficies non urbanizadas, favorece a diminución dos
desprazamentos.
XERENCIA MUNICIPAL DE URBANISMO. CONCELLO DE VIGO INSTRUMENTO DE ORDENACIÓN PROVISIONAL
AVALIACIÓN AMBIENTAL ESTRATÉXICA SIMPLIFICADA DOCUMENTO AMBIENTAL ESTRATEXICO – XULLO 2017
Páxina 30 de 43
7. OS EFECTOS PREVISIBLES SOBRE OS PLANS SECTORIAIS E TERRITORIAIS CONCORRENTES.
7.1. AS DIRECTRICES DE ORDENACIÓN DO TERRITORIO (DOT)
As DOT conteñen determinacións referentes tanto aos obxectivos xerais, como ao modelo territorial, ao
sistema de asentamentos, ao desenvolvemento e ordenación de areas empresariais e das actividades
produtivas, das infraestruturas e aos vectores ambientais do modelo territorial, dos equipamentos
supramunicipais, do patrimonio natural e do patrimonio cultural, con carácter excluínte ou orientativo.
Tanto a “Rexión urbana das Rías Baixas” como a “Área urbana de Vigo” ás que pertence o municipio
de Vigo dentro do modelo territorial de Galicia deseñado polas DOT, deberán ser delimitadas nuns
Plans Territoriais Integrados (PTI), en ausencia dos cales, as determinacións orientativas para o sistema
de asentamentos das DOT serán excluíntes para o planeamento municipal.
De acordo co disposto no punto 10.2.5 das DOT, as súas determinacións serán de aplicación ao
planeamento urbanístico que conterá unha análise de integración supramunicipal, polo que deberán
terse en conta na redacción do futuro PXOM de Vigo.
En canto ás iniciativas de artellamento da Rexión urbana, as DOT parecen apostar pola cohesión ou
compacidade do territorio fronte ao modelo difuso, coa proposta dun agregado urbano litoral polos
eixos Vigo-Redondela e Baiona-Vigo, o que se cumpre no instrumento de ordenación provisional que
se propón.
- Establécense como criterios de ordenación dos instrumento de ordenación e planeamento
urbanístico, os seguintes:
a) Non poderán conter previsións de crecementos residencias desvencellados dos asentamentos
preexistentes. (cúmprese)
b) Deberán garantir a mobilidade prestando especial atención ao transporte sostible.
c) Priorizarán a compactación das cidades, vilas e núcleos existentes fronte á expansión sobre
terreos en estado natural. (cúmprese)
- Con respecto ós núcleos rurais, o planeamento urbanístico deberá prever as necesidades de
crecemento a nivel parroquial. As obras de infraestrutura en solo de núcleo rural deberán así mesmo
estar previstas no instrumento de ordenación del territorio o planeamento urbanístico.
- Deberá conter unha análise dos riscos naturais e antrópicos aos que se expón o territorio do seu
ámbito de influencia.
- Na ordenación dos ámbitos afectados polas servidumes aeronáuticas vixentes, incluíndo as acústicas,
se incorporarán ao planeamento urbanístico as limitacións que impoñan e, paralelamente, se
establecerán as condicións de uso do solo afectado e o entorno que sexa preciso coa finalidade de
evitar impactos ambientais e acústicos sobre a poboación existente e a dos posibles novos
XERENCIA MUNICIPAL DE URBANISMO. CONCELLO DE VIGO INSTRUMENTO DE ORDENACIÓN PROVISIONAL
AVALIACIÓN AMBIENTAL ESTRATÉXICA SIMPLIFICADA DOCUMENTO AMBIENTAL ESTRATEXICO – XULLO 2017
Páxina 31 de 43
desenvolvementos (a ordenación provisional excluíu as zonas afectadas por servidumes aeronáuticas
de vulneración dos terreos).
- Deberá prever mecanismos de conectividade ecolóxica do territorio e incorporarán unha análise
específico, de carácter supramunicipal, acerca da conectividade dos ecosistemas e biotopos,
integrando valores produtivos e o compoñente paisaxístico, co fin de evitar o fraccionamento do solo
rústico.
- Deberá incorporar accións e medidas para a protección e conservación dos seguintes ámbitos de
interese do patrimonio cultural: Pazo de Santo Tomé de Freixeiro ou da Pastora, Parque Quiñones de
Léon e Pazo de Valadares, Zona vella, Fortaleza do Castro e Castelo de San Sebastián, así como
aqueles outros susceptibles de presentar valores patrimoniais de calquera das súas manifestacións e
particularmente garantir a compatibilidade do desenvolvemento e ordenación dos asentamentos, das
áreas empresariais e das actividades produtivas con ditos ámbitos de interese patrimonial e seus plans
especial de protección.
- Promoverá a revitalización urbana das zonas históricas así como a rehabilitación dos núcleos rurais de
interese patrimonial.
En canto ás iniciativas de artellamento da Rexión urbana as DOT parecen apostar pola cohesión ou
compacidade do territorio fronte ao modelo difuso, coa proposta dun agregado urbano litoral polos
eixos Vigo-Redondela e Baiona-Vigo.
Figuras 10 e 11: Esquema da Rexión urbana das Rías Baixas e do agregado urbano nas DOT
Fonte: Xunta de Galicia, IET, Directrices de Ordenación do Territorio de Galicia 2011
7.2. O PLAN DE ORDENACIÓN DO LITORAL (POL).
O POL foi aprobado definitivamente polo Decreto 20/2011, do 10 de febreiro, e se ben as súas
determinacións non implican clasificación do solo, si teñen forza vinculante na forma establecida na
normativa, debendo redactarse o planeamento en coherencia co seu contido.
XERENCIA MUNICIPAL DE URBANISMO. CONCELLO DE VIGO INSTRUMENTO DE ORDENACIÓN PROVISIONAL
AVALIACIÓN AMBIENTAL ESTRATÉXICA SIMPLIFICADA DOCUMENTO AMBIENTAL ESTRATEXICO – XULLO 2017
Páxina 32 de 43
Ten por obxectivo establecer os criterios, principios e normas xerais para unha ordenación urbanística
da zona litoral baseada en criterios de perdurabilidade e sustentabilidade, así como a normativa
necesaria para garantir a conservación, protección e valorización das zonas costeiras.
O ámbito de aplicación do POL neste municipio comprende unha franxa de territorio sensiblemente
paralela á costa de entre 700 metros de profundidade na parte norte do termo e ata 3,7 km na zona
sur, cunha superficie total aproximada duns 47,67 km² (un 43 % sa superficie do termo municipal).
Vigo é considerado un Núcleo de Identidade do Litoral, con seis Unidades de Paisaxe dentro do seu
ámbito de aplicación (Chapela, Vigo, Samil, Esteiro do Lagares, Canido, Cabo Estai e Cabo Estai-
Patos). Tamén considéranse núcleos de identidade do litoral os de Alcabre e Bouzas e como espazos
de interese paisaxístico (EIP): A Guía e Illas Cíes.
Como áreas continuas delimítanse 0,38 km² de Protección Intermareal, 5,23 km² en Protección Costeira,
5,66 km² en Mellora Ambiental e Paisaxística, e 24,67 km² en zona de Ordenación.
Como áreas continuas de protección defínense no ámbito de aplicación 3,22 km² de corredores
ecolóxicos (grafados de xeito orientador e que o planeamento municipal poderá precisar) que se
corresponden cos principais cursos fluviais, e 3 espazos de interese: 1 ESPAZO DE INTERESE PAISAXÍSTICO
(o Monte de A Guía) e 2 ESPAZOS DE INTERESE DE PROTECCIÓN DE LADEIRAS (Ladeiras dos Montes de
Coruxo e A Madroa).
Dentro dos asentamentos existentes o modelo territorial e de xestión distingue as zonas de
asentamentos funcionais, agregados urbanos, novas agrupacións e ámbitos de recualificación.
Figura 12: Montaxe dos planos de ordenación do POL no contorno da Ría de Vigo
Fonte: Xunta de Galicia/ IET
O POL contén tamén unha gran cantidade de criterios e recomendacións e mandatos ao
planeamento, que deberán ser observados e xustificados no documento do Plan Xeral de Ordenación
que se elabore.
XERENCIA MUNICIPAL DE URBANISMO. CONCELLO DE VIGO INSTRUMENTO DE ORDENACIÓN PROVISIONAL
AVALIACIÓN AMBIENTAL ESTRATÉXICA SIMPLIFICADA DOCUMENTO AMBIENTAL ESTRATEXICO – XULLO 2017
Páxina 33 de 43
En canto ao ámbito da ordenación provisional que se propón neste expediente inclúe as seguintes
superficie nas distintas áreas do POL:
Áreas do POL SUPERFICIE EN O.P.
(m2)
AFECCIÓN
PROTECCIÓN INTERMAREAL 0 NON AFECTA (Restos do Porto de Canido)
PROTECCIÓN COSTEIRA 24.920
MELLORA AMBIENTAL E PAISAXÍSTICA 2.490.155
ORDENACIÓN 7.633.520
CORREDOR ECOLÓXICO 26.116
ESPAZOS DE INTERESE PAISAXÍSTICO 262.640
Sen embargo afecta unicamente a SOLO URBANO CONSOLIDADO e debe terse en conta que de
acordo co artigo 3.2. da normativa do POL esta “ non será de aplicación na parte do termo municipal
non incluído na citada delimitación, nin nos ámbitos clasificados como solo urbano consolidado ou
solo de núcleo rural polo planeamento en vigor ou que adquiran esa clasificación en virtude de
expedientes de primeira formulación, modificación ou revisión daquel. Tampouco o será naqueles
solos que á entrada en vigor deste Plan finalizaran a tramitación do instrumento de xestión.“
Non obstante, en virtude de expedientes de primeira formulación, modificación ou revisión do
planeamento urbanístico, si será aplicable aos solos que este clasifique de núcleo rural e que se
atopen incluídos nas áreas de recualificación identificadas no POL, así como naquelas que, no seu
caso, determine o planeamento urbanístico.
En canto aos corredores ecolóxicos definidos como elementos liñas que garanten a conexión biolóxica,
ao longo dos cursos de auga, o artigo 14 da normativa do POL precisa que: “ No Plan de Ordenación
do Litoral foron cartografados de xeito orientador. O planeamento municipal poderá precisar a
delimitación destes espazos, garantindo o cumprimento dos obxectivos expostos na memoria e
mantendo a escala territorial da proposta, en coordinación cos organismos con competencia na
materia e contando co informe favorable do órgano ambiental, no seo do procedemento de que se
trate.”
XERENCIA MUNICIPAL DE URBANISMO. CONCELLO DE VIGO INSTRUMENTO DE ORDENACIÓN PROVISIONAL
AVALIACIÓN AMBIENTAL ESTRATÉXICA SIMPLIFICADA DOCUMENTO AMBIENTAL ESTRATEXICO – XULLO 2017
Páxina 34 de 43
Figura 13: Superposición da ordenación do POL sobre a ordenación provisional proposta
Fonte: Elaboración propia
7.3. OUTROS PLANS SECTORIAIS
MEDIO AMBIENTE E PROTECCIÓN DA NATUREZA
Estratexia Galega para a conservación e uso sostible da biodiversidade Plan Director da Rede Natura
2000
Zonas de Protección da Avifauna
Plan de Ordenación dos Recursos Naturais das Illas Atlánticas
Plan de Recuperación da subespecie lusitánica da escribenta das canaveiras (Emberiza schoeniclus L.
Subsp. Lusitanica Steinbacher) en Galicia
Plan de conservación da píllara das dunas (Charadrius alexandrinus L.) en Galicia:
Plan de recuperación do sapoconcho común (Emys orbicularis L.) en Galicia
Plan Estratéxico Galego de xestión das especies exóticas invasoras
Plan de prevención e defensa contra incendios forestais de Galicia (PLADIGA 2015)
Plan forestal de Galicia
Plan de xestión de residuos urbanos de Galicia 2010-2020
XERENCIA MUNICIPAL DE URBANISMO. CONCELLO DE VIGO INSTRUMENTO DE ORDENACIÓN PROVISIONAL
AVALIACIÓN AMBIENTAL ESTRATÉXICA SIMPLIFICADA DOCUMENTO AMBIENTAL ESTRATEXICO – XULLO 2017
Páxina 35 de 43
Plan de xestión de residuos industriais e solos contaminados de Galicia
INFRAESTRUTURAS E MOBILIDADE
ESTRADAS:
- Proxecto construtivo do Eixo Atlántico de alta velocidade acceso Norte de Vigo
- Estudio Informativo do Acceso Sur O Porriño-Vigo do Eixo Atlántico de Alta -Estudio Informativo
variante do trazado. Tramo: Porriño-Vigo. Clave: EI.4-PO-19
INFRAESTRUTURAS E MOBILIDADE:
- Plan Director da Mobilidade Alternativa de Galicia
- Plan sectorial de aparcadoiros disuasorios
- Plan de Mobilidade e Ordenación Viaria Estratéxica (Plan Move)
- Plan de Seguridade Viaria
- Plan de Sendas de Galicia
- Plan de mobilidade urbana sostible da cidade de Vigo
AEROPORTOS:
Plan Director do Aeroporto de Vigo
O Aeroporto de Vigo é un aeroporto civil internacional de interese xeral do Estado con categoría de
AOCI «4C», clasificado como aeródromo de letra de clave «B» polo Real Decreto 2278/1986, do 25 de
setembro, polo que se establecen as novas servidumes aeronáuticas do Aeroporto de Vigo e conta co
Plan Director aprobado mediante Orden FOM/2385/2010, de 30 de xuño, no que se definen as grandes
directrices de ordenación e desenvolvemento do aeroporto ata acadar o seu desenrolo previsible e
delimita a súa zona de servizo cunha superficie estimada de 201,991 hectáreas.
Servidumes aeronáuticas
De acordo co artigo 29 do Real Decreto 297/2013, do 26 de abril, a aprobación do establecemento,
modificación ou confirmación das servidumes aeronáuticas comportará para calquera plans ou
instrumentos de ordenación estatais, autonómicos ou locais que se encontren afectados, a
incorporación das limitacións que estas impoñen ás determinacións que legalmente constitúen o
ámbito obxectivo de cada un dos instrumentos referidos de acordo co establecido na disposición
adicional única da Lei 48/1960, do 21 de xullo, que dispón que o planeamento territorial, o urbanístico
ou calquera outro que ordene ámbitos afectados polas servidumes aeronáuticas, incluídas as
acústicas, incorporarán as limitacións que estas impoñen ás determinacións que legalmente constitúen
o ámbito obxectivo de cada un dos instrumentos referidos.
Neste instrumento de ordenación provisional considéranse as zonas de servidumes aeronáuticas, de
aproximación, de vulneración do terreo, acústicas e electromagnéticas facilitadas por AENA, téndose
XERENCIA MUNICIPAL DE URBANISMO. CONCELLO DE VIGO INSTRUMENTO DE ORDENACIÓN PROVISIONAL
AVALIACIÓN AMBIENTAL ESTRATÉXICA SIMPLIFICADA DOCUMENTO AMBIENTAL ESTRATEXICO – XULLO 2017
Páxina 36 de 43
excluído do ámbito da ordenación provisional as superficies de solo urbano situadas nas áreas de
vulneración do terreo.
Figura 14: Superposición zonas de vulneración do terreo con ordenación provisional
Fonte: AENA e Elaboración propia
PORTOS:
Delimitación de Espazos e Usos Portuarios do Porto de Vigo
Por Orde FOM/822/2015, de 13 de abril, aprobouse a delimitación de espazos e usos portuarios do
porto de Vigo, como instrumento para a asignación dos usos previstos para as diferentes zonas do
porto previa xustificación da súa necesidade ou conveniencia e no que se delimita a zona de servizo
do porto, que inclúe os espazos de terra e auga necesarios para a execución das súas actividades, os
espazos de reserva e os destinados a tarefas complementarias daquelas.
En cumprimento do artigo 56 do Rdlex. 2/2011, do 5 de setembro, o plan xeral deberá cualificar como
sistema xeral portuario, a zona de servizo dos portos estatais delimitada na dita Orde, así como o
dominio público portuario afecto á sinalización marítima, e non poderá incluír determinacións que
supoñan unha interferencia ou perturbación no exercicio das competencias de explotación portuaria
e de sinalización marítima. Deberá ademais resolver o seu contacto coa cidade.
O sistema xeral portuario desenvolverase a través do plan especial ou instrumento equivalente disposto
no artigo 56 do Rdlex. 2/2011, do 5 de setembro, contando actualmente o Porto de Vigo cun plan
especial aprobado definitivamente polo Pleno do Concello de Vigo o 16.04.1998, coas súas
modificacións puntuais aprobadas definitivamente o 21.11.2000 e 06.06.2003.
A nova delimitación da zona de servizo portuario prevista no DEYUP, na que se desafectan zonas na
parroquia de Alcabre, Teis, no Areal, ademais das parcelas do Auditorio, do edificio da Xunta e do
XERENCIA MUNICIPAL DE URBANISMO. CONCELLO DE VIGO INSTRUMENTO DE ORDENACIÓN PROVISIONAL
AVALIACIÓN AMBIENTAL ESTRATÉXICA SIMPLIFICADA DOCUMENTO AMBIENTAL ESTRATEXICO – XULLO 2017
Páxina 37 de 43
edificio comercial de A Laxe, deberá ser recollida fielmente na delimitación dos sistema xeral portuario,
facéndose constar a necesidade de redacción dun novo Plan Especial de Ordenación do Porto de
Vigo, acomodado á definición de usos que se formula na DEYUP. A ORDENACIÓN PROVISIONAL
AFECTA/ INCLUÍNDO A DELIMITACIÓN CORRECTA DO DEYUP.
Delimitación dos espazos e usos portuarios do Porto de Canido
Foi aprobado polo Presidente de Portos de Galicia, por delegación da conselleira do Medio Rural e do
Mar conferida por Orde do 30.03.2012, por Resolución do 28.08.2015.
CICLO HÍDRICO
Plan hidrolóxico da Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa
Dentro da Demarcación realizáronse unha serie de particións cunha zonificación en niveis de
disgregación sucesiva, manténdose o criterio hidrográfico como determinante. As bacías
intercomunitarias de Galicia-Costa divídense hidroloxicamente en dezanove Sistemas de Explotación.
O sistema de explotación no que se encadra, e do que se abastece, o municipio de Vigo é o
denominado “1. RÍO VERDUGO, RÍA DE VIGO E RÍA DE BAIONA”, constituído pola bacía do río Verdugo,
Rías de Vigo e Baiona. Consta dunha superficie de 750,94 km2 e unha poboación total de 456.821
habitantes. O río Verdugo, xunto co seu afluente o río Oitavén, é o eixo de sistema e principal provedor
de recursos hidráulicos.
Dentro deste sistema de explotación, ademais do río Verdugo e os seus afluentes, existen varios ríos de
certa entidade como o río Lagares, e afluentes, e o río Zamáns, incluído o seu encoro.
Ademais das augas superficiais identifícanse as masas de augas subterráneas, dividíndose en 18 masas
de auga subterráneas; Vigo encádrase dentro da denominada MORRAZO - PONTEVEDRA - VIGO –
BAIONA, co código 014.001.
Establécense os caudais ecolóxicos mínimos ordinarios e en réxime de seca para cada masa
superficial de auga.
No Capítulo 4 da Normativa adicado á Asignación de Recursos establécese a asignación de recursos
dispoñibles para as demandas previsibles no horizonte temporal 2033, co obxectivo de garantir o
abastecemento á poboación e a correcta explotación dos recursos.
A demanda anual do Concello de Vigo é na actualidade 41,230 hm³ e a prevista para o ano 2021 é
de 40,311 hm³ e para o ano 2033, 38,706 hm³.
Plan de xestión do risco de inundación de Galicia-Costa 2015-2021
Foi aprobado polo R.D. 19/2016, do 15 de xaneiro (BOE nº19 de 22 de xaneiro) co obxectivo definir as
liñas básicas necesarias para a prevención e minimización dos riscos por inundación das Áreas de
Risco Potencial e Significativo por inundación de Galicia Costa.
Defínense as Áreas de Risco Potencial Significativo de Inundación (ARPSIs), zonas nas que existe un
risco potencial de inundación significativo, ou ben nas que a materialización de tal risco pode
considerarse probable.
XERENCIA MUNICIPAL DE URBANISMO. CONCELLO DE VIGO INSTRUMENTO DE ORDENACIÓN PROVISIONAL
AVALIACIÓN AMBIENTAL ESTRATÉXICA SIMPLIFICADA DOCUMENTO AMBIENTAL ESTRATEXICO – XULLO 2017
Páxina 38 de 43
Dentro das fluviais se atopan no T.M. de Vigo: Código: ES014-PO-01-02-06Río Barxa – Vigo e Código:
ES014-PO-01-02-07Río Lagares – Vigo; e dentro das costeiras: Código: ES014-PO-01-02-28-C Vigo.
Tal e como recolle o artigo 10 do R.D. 903/2010, os mapas de perigosidade e de risco de inundación,
en elaboración, constituirán a información fundamental na que se basearán os Plans de xestión do
risco de inundación.
Plan especial de protección civil ante o risco de inundacións en Galicia (INUNGAL)
Plan de saneamento de Galicia 2000-2015
Plan de abastecemento de Galicia (Plan Auga 2010-2015)
CATÁLOGOS DA PAISAXE
Mediante o Decreto 119/2016, do 28 de xullo, apróbase o Catálogo das paisaxes de Galicia, de
conformidade coa Lei 7/2008, do 7 de xullo, de protección da paisaxe de Galicia.
Os Catálogos da paisaxe de Galicia son os documentos de referencia que fundamentándose nas
distintas áreas xeográficas, morfolóxicas, urbanas e litorais existentes no territorio galego delimitan, en
base aos diferentes estudos e traballos existentes na materia, as Grandes áreas paisaxísticas de Galicia,
identificando os diversos tipos de paisaxes existentes en cada unha delas e as súas características
diferenciais.
As áreas e miradoiros identificados reflíctense no presente DAE no punto adicado ao medio
perceptual.
PLAN SECTORIAL DE ORDENACIÓN DE ÁREAS EMPRESARIAIS DE GALICIA (PSOAEG)
O Plan Sectorial de Ordenación de Áreas Empresariais de Galicia (PSOAEG) foi aprobado
definitivamente o 30/04/2014 polo Consello da Xunta. O organismo promotor é o Instituto Galego da
Vivenda e Solo.
No PSOAEG, Vigo atópase dentro da denominada Área Funcional de Vigo, que comprende as
comarcas de Vigo, o Baixo Miño, o Condado e a Paradanta. A superficie do solo industrial urbanizado
da Área Funcional de Vigo ten 18 áreas empresariais é de 821,48 ha. A comarca de Vigo concentra o
82 % das empresas existentes na Área Funcional de Vigo.
O PSOAEG recolle na Área Funcional de Vigo:
Áreas en funcionamento doutros promotores:
Vigo: Parque Tecnolóxico e Loxístico de Valadares, área portuaria de Bouzas, Polígono Industrial
de Balaídos: Consorcio da Zona Franca.
Actuacións en Execución de IGVS-XESTUR-SEA.
Actuacións en tramitación do planeamento de IGVS-XESTUR-SEA.
Vigo-Redondela: Parque empresarial Ameal.
Gondomar-Vigo: Polígono Industrial de A Pasaxe.
XERENCIA MUNICIPAL DE URBANISMO. CONCELLO DE VIGO INSTRUMENTO DE ORDENACIÓN PROVISIONAL
AVALIACIÓN AMBIENTAL ESTRATÉXICA SIMPLIFICADA DOCUMENTO AMBIENTAL ESTRATEXICO – XULLO 2017
Páxina 39 de 43
Como actuacións en tramitación do planeamento doutros promotores.
En Vigo: Parque Empresarial Matamá Valadares e a Ampliación do Parque Tecnolóxico e
Loxístico, ambos parques contan como promotor o Consorcio de Zona Franca.
Zonas Empresariais en estudo de IGVS-XESTUR-SEA.
Vigo: Parque Empresarial na área de Vigo Aeroporto: Chan do Labrador (5Jotas).
Vigo: Polígono Industrial de A Garrida.
Actuacións en estudo do resto de promotores:
Vigo: Polígono Industrial de Balaídos (Ampliación). Promotor: Consorcio Zona Franca de Vigo.
Asentamentos industriais á marxe do planeamento:
Mos-Vigo: Z.I. de O Rebullón.
PLAN SECTORIAL EÓLICO DE GALICIA
PLAN SECTORIAL DE IMPLANTACIÓN E DESENVOLVEMENTO DAS INFRAESTRUTURAS DA XUNTA DE GALICIA
XESTIONADAS POR RETEGAL
PLAN SECTORIAL DE ORDENACIÓN TERRITORIAL DO CAMPUS CIENTÍFICO-TECNOLÓXICO “CIDADE DO
MAR”
PROXECTO SECTORIAL NOVO HOSPITAL DE VIGO
PROXECTO SECTORIAL ÁREA DE USOS RECREATIVOS PS-5 DO CAMPUS CIENTÍFICO-TECNOLÓXICO DO
MAR NA ETEA
PROXECTO SECTORIAL DO POLÍGONO INDUSTRIAL DE “A PASAXE”, NOS CONCELLOS DE GONDOMAR E
VIGO
XERENCIA MUNICIPAL DE URBANISMO. CONCELLO DE VIGO INSTRUMENTO DE ORDENACIÓN PROVISIONAL
AVALIACIÓN AMBIENTAL ESTRATÉXICA SIMPLIFICADA DOCUMENTO AMBIENTAL ESTRATEXICO – XULLO 2017
Páxina 40 de 43
8. Motivación da aplicación del procedemento de avaliación ambiental estratéxica
simplificada.
A proposta de aplicación do procedemento de avaliación ambiental estratéxica neste caso no
procedemento de aprobación do instrumento de ordenación provisional xustifícase nos seguintes
motivos:
1º. A ordenación provisional que se propón, malia que se trata dun instrumento de planeamento que
establece o marco para a autorización no futuro de proxectos, non cumpre os requisitos do artigo 6-1º
da Lei 21/2013, de 9 de decembro, de avaliación ambiental, en canto a que non requiren unha
avaliación por afectar a espazos da rede Natura 2000 nos termos previstos na Lei 42/2007, de 13 de
decembro, do Patrimonio Natural e da Biodiversidade.
2º. O instrumento de ordenación provisional que se propón pretende cinguirse escrupulosamente ao
disposto na Lei 2/2017, do 8 de febreiro, de medidas fiscais, administrativas e de ordenación (LMFAO),
en base a cal “En ningún caso as medidas de ordenación provisional para o ámbito de que se trate
deba someterse á avaliación ambiental estratéxica ordinaria de acordo co establecido na normativa
básica estatal” (art. 84.5 LMFAO).
Neste senso, e en cumprimento do informado polo órgano ambiental (Dirección Xeral de Calidade
Ambiental e Cambio Climático) o 14 de xuño de 2017 en relación co estudo previo presentado polo
Concello de Vigo procedeuse a retirar do Borrador da Ordenación Provisional o ámbito de solo
urbano non consolidado A-3-23 Fenosa-Balaídos inicialmente incluído como un ámbito suxeito a
desenvolvemento urbanístico polo seu interese dotacional ou de equipamento público ou privado, ao
comprobarse que se atopa afectado pola zona de fluxo preferente do Río Lagares (ES014-ZFP-PO-01-
02-07), polo que requiriría dunha avaliación ambiental estratéxica ordinaria.
3º. Segundo se pretende demostrar neste Documento Ambiental Estratéxico (DAE) redactado
conxuntamente co Borrador da ordenación para dar cumprimento ao disposto no artigo 93.1 da
LMFAO en canto ao procedemento de tramitación dun instrumento de ordenación provisional, os
efectos ambientais previsibles derivados da aplicación deste instrumento non serían significativos.
Dende o punto de vista cuantitativo a ordenación provisional afecta a menos da cuarta parte da
superficie do ámbito e a menos do 10% da poboación, e desde o punto de vista cualitativo a
ordenación provisional non afecta nin ao medio ambiente (espazos declarados de protección da
natureza), nin a paisaxe (espazos catalogados nos catálogos da paisaxe), nin ao patrimonio cultural
(protexido polas declaracións de BIC e catálogos anexos ao planeamento) e natural (catálogo de
montes veciñais e públicos), apreciándose efectos positivos na economía a sociedade, e na
aplicación das lexislacións sectoriais e de ordenación do territorio.
Asemade, segundo se dispón no procedemento da tramitación deste instrumento previsto na LMFAO,
a ordenación provisional integrará o informe ambiental estratéxico que emita o órgano ambiental,
ademais dos emitidos polas administracións públicas afectadas, no período de consultas en relación
co presente DAE e Borrador.
XERENCIA MUNICIPAL DE URBANISMO. CONCELLO DE VIGO INSTRUMENTO DE ORDENACIÓN PROVISIONAL
AVALIACIÓN AMBIENTAL ESTRATÉXICA SIMPLIFICADA DOCUMENTO AMBIENTAL ESTRATEXICO – XULLO 2017
Páxina 41 de 43
4º. O carácter provisional (e cunha limitación temporal da súa vixencia, segundo artigos 87 e 90.2 da
LMFAO) da ordenación proposta, encadrada nun marco de revisión do Planeamento Xeral de
Ordenación Municipal que se vai levar a cabo de maneira simultánea e que necesariamente vai verse
sometido a un procedemento de avaliación ambiental estratéxica ordinaria, fai que os improbables
efectos ambientais derivados, de producirse sexan corrixibles inmediatamente mediante mecanismos
como a suspensión da ordenación provisional para estudo prevista no artigo 47 da LSG e 86 do seu
Regulamento.
Polo exposto, solicítase a aplicación do procedemento de avaliación ambiental estratéxica
simplificada.
XERENCIA MUNICIPAL DE URBANISMO. CONCELLO DE VIGO INSTRUMENTO DE ORDENACIÓN PROVISIONAL
AVALIACIÓN AMBIENTAL ESTRATÉXICA SIMPLIFICADA DOCUMENTO AMBIENTAL ESTRATEXICO – XULLO 2017
Páxina 42 de 43
9. RESUMO DOS MOTIVOS DA SELECCIÓN DAS ALTERNATIVAS CONTEMPLADAS.
No punto 3 deste documento defínense as tres alternativas contempladas, coa seguinte definición:
ALTERNATIVA CERO: NON REVISAR O PXOU 93 E NON TRAMITAR UN INSTRUMENTO DE ORDENACIÓN
PROVISIONAL.
ALTERNATIVA UN: REVISAR O PXOU 93, PERO NON TRAMITAR UN INSTRUMENTO DE ORDENACIÓN
PROVISIONAL
ALTERNATIVA DOUS: REVISAR O PXOU 93 E TRAMITAR O INSTRUMENTO DE ORDENACIÓN PROVISIONAL
A ALTERNATIVA CERO debe desestimarse pois perpetuaría no tempo ao Concello de Vigo nunha
situación de parálise urbanística inaceptable, cun instrumento de planeamento obsoleto, non
adaptado á lexislación vixente, un modelo esgotado e unha cartografía anticuada que faría
complexo o control dos posibles efectos ambientais da súa aplicación, unicamente controlable polos
instrumentos das respectivas lexislacións sectoriais que se impoñen á lexislación urbanísticas (leis de
augas, costas, patrimonio, POL, etc.). Esta alternativa de feito está desestimada oficialmente dende o
momento que o Concello de Vigo acordou, o 18/12/2015, o inicio da Revisión do PXOM.
Entre as outras dúas alternativas ALTERNATIVA UN e ALTERNATIVA DOUS, que parten ambas da
necesidade e do desenvolvemento do proceso de revisión do PXOM, difiren fundamentalmente en
que mentres que na primeira delas, e en tanto non se produza a aprobación inicial da revisión do
PXOM, o marco da ordenación é o derivado do PXOU de 1993, un instrumento como xa se dixo
anteriormente obsoleto, esgotado e inadaptado, mentres que a segunda (ALTERNATIVA DOUS)
permite que, simultánea e coordinadamente co proceso de revisión do Plan, a ordenación provisional
en determinadas áreas do solo urbano consolidado integrado na malla urbana así como en ámbitos
desenvolvemento de carácter dotacional, ou xa desenvoltos, sexa coincidente co a do PXOM de 2008,
máis aquelada coa realidade física e urbanística existente.
Dende o punto de vista dos efectos ambientais sobre a paisaxe, o Patrimonio Natural e Cultural a
elección dunha ou outra alternativa serían similares, dada a protección que lles brindan os
instrumentos supramunicipais de protección das lexislacións de protección da Natureza a Paisaxe ou o
a Lei do Patrimonio Cultural, combinada cos Catálogos vixentes. Porén, en relación cos efectos sobre a
sociedade e economía parece máis favorable a ALTERNATIVA DOUS, xa que permite evitar a
paralización da actividade urbanística, incorporando as novidades lexislativas sectoriais e de
ordenación do territorio vixentes ao ordenamento urbanístico de aplicación, e fomentar as actuacións
de rehabilitación de edificios e de rexeneración e renovación dos tecidos urbanos existentes,
harmonizando a necesaria revisión do Plan Xeral en marcha coa integración da cidade xa
consolidada pola execución dos planeamentos anteriores
Por este motivo seleccionase a ALTERNATIVA DOUS tendo en conta o Concello de Vigo optou pola
utilización da vía que lle proporciona a Lei 2/2017, do 8 de febreiro, (LMFAO), para establecer un
XERENCIA MUNICIPAL DE URBANISMO. CONCELLO DE VIGO INSTRUMENTO DE ORDENACIÓN PROVISIONAL
AVALIACIÓN AMBIENTAL ESTRATÉXICA SIMPLIFICADA DOCUMENTO AMBIENTAL ESTRATEXICO – XULLO 2017
Páxina 43 de 43
instrumento de ordenación provisional que lle permita superar a situación derivada da anulación do
PXOM de Vigo pola sentenza do TS de 10/11/2015 no recurso de casación n.º 11658/2014.
10. MEDIDAS PREVISTAS PARA PREVIR, REDUCIR E, NA MEDIDA DO POSIBLE, CORRIXIR
CALQUERA EFECTO NEGATIVO RELEVANTE NO MEDIO AMBIENTE DA APLICACIÓN DO
PLAN OU PROGRAMA, TOMANDO EN CONSIDERACIÓN O CAMBIO CLIMÁTICO.
Tal como se demostra nos apartados anteriores a ordenación provisional que se propón carece de
efectos negativos relevantes sobre o medio ambiente nin no cambio climático, polo que non se
prevén medidas específicas para previr, reducir ou corrixir efectos que non se van a producir.
Non obstante, de apreciarse algún efecto inesperado como consecuencia directa da ordenación
provisional que se propón, cabería adoptar a medida inmediata da suspensión da concesión de
licenzas de parcelación, edificación ou demolición en áreas determinadas ou en todo o ámbito da
ordenación provisional, tendo en conta o disposto no artigo 47 da LSG.
Así mesmo coa intención da harmonización dos posibles desacordos que se detecten entre a
ordenación provisional e a ordenación do PXOU de 1993, nos seus encontros de aliñacións,
apreciables con motivo do cambio de escala na concesión das actas de liña e rasante, proponse
introducir na Normativa algún mecanismo de axuste que evite a aparición de solucións non
desexadas.
11. DESCRICIÓN DAS MEDIDAS PREVISTAS PARA O SEGUIMENTO AMBIENTAL DO PLAN.
Non se adoptan medidas de seguimento ambiental deste instrumento de ordenación provisional, xa
que se entende que non sen prevén efectos medioambientais negativos no seu desenvolvemento, ten
unha vixencia limitada, proponse unha avaliación ambiental simplificada, e en todo caso, se insire nun
proceso de revisión de planeamento xeral que si que vai ser sometido a un procedemento de
avaliación ambiental estratéxica ordinaria e a un seguimento ambiental.
Vigo, na data da sinatura dixital
Servizos técnicos Municipais