medrando en valores

5

Click here to load reader

description

actividades educativas

Transcript of medrando en valores

Page 1: medrando en valores

PROXECTO :

MEDRAMOS EN VALORES

Tedes á vosa disposición unha boa presa de

libros na biblioteca listos para que os levedes

á aula e traballedes con eles.

Por se vos serve de axuda, dende a biblioteca,

queremos propoñervos unha serie de

actividades que vos poden servir para a

tarefa.

Son, coma sempre, actividades abertas que

vós podedes modificar como máis vos axeite á

vosa aula.

Estamos desexosas de que nos comentedes

outras actividades que vos pareza que poden

axudar neste proxecto.

Lembrade que no primeiro trimestre

traballaremos aqueles valores relacionados

con nós, e dicir, valores como a saúde, a

confianza, a bondade, a paciencia, o

respecto, a lealdade, o autocontrol, a

alimentación, a responsabilidade, o esforzo, a

Page 2: medrando en valores

creatividade, a autoafirmación, o optimismo,

a disciplina…

No segundo trimestre centrarémonos nos

valores relacionados con medrar no mundo: a

diversidade, a paz, o traballo en equipo, a

xustiza, a liberdade, a solidariedade, a

integración, a diferencia, a pluraridade, a

concordia, a equidade, o compañeirismo, a

fraternidade…

No terceiro trimestre remataremos cos valores

relacionados coa conciencia ecolóxica como

o ecoloxismo, a reciclaxe, a urbanidade, a

responsabilidade, a positividade, o ciclo da

auga, o respecto pola natureza, o consumo

responsable, a sostenibilidade, o

compromiso…

1º Como sempre, comezaremos coa lectura e

comentario do texto elexido na aula.

Descubrir que valor transmite o conto.

2º Recreación do conto (debuxos con texto ou

outros)

Page 3: medrando en valores

3º Poesía: resumir un conto en pareados.

4ºSecuenciar os contos en forma de comics.

5º Presentación de contos en soporte

informático.

6º Recolleita de refráns relativos aos valores

do primeiro trimestre, tipo “ O que de novo

non traballa, de vello dorme na palla”, para

presentalos en murais, libros xigantes…

7º Representación dun conto para os máis

pequenos.

8º Crear frases tipo “ eu esforzome porque…”

ou “eu son responsable porque…” , e

decoralas.

9ºDarlles un espello feito con papel de

aeronfix pegado sobre cartulina con forma de

espello para que se miren nese espello “meigo”

que lles vai permitir ver o que máis lles gusta

deles. Escribir o que máis lles gusta deles nese

espello con rotulador permanente e usar todos os

espellos meigos como decoración.

10ºPódese facer unha variante do anterior coa

consigna “o que máis me gusta de ti” e

Page 4: medrando en valores

escribir o que máis lles gusta dun compañeiro

predeterminado.

11º Baixo un seudónimo, todos escribirán

unha carta sen destinatario concreto na

que exporán todas aquelas vivencias,

situacións, comentarios, feitos por outros que

nos provocan dor. As cartas serán recollidas

polo titor/a y lidas en voz alta. Entre todos se

realizará unha clasificación deses

sentimentos expresados e se buscarán

solucións a fin de evitarlos no sucesivo.

Decorar as solucións e montar un mural con

elas.

12º Traballar contos que den solucións aos

conflictos habituais de aula, compañeiros,

amigos.

13ºPara a postal de Nadal propoñemos

traballar coas ideas de amizade, confianza e

familia.

Page 5: medrando en valores