NOVELAS AMBIENTADAS NA ÉPOCA DOS REIS … · Capa y espada (Fernando Fernán-Gómez). A novela...

24
NOVELAS AMBIENTADAS NA ÉPOCA DOS REIS CATÓLICOS E A MONARQUÍA HISPÁNICA 1588 no tengo más que darte (Santiago Juan Zurita Manrique). Ficción ambientada nos días anteriores á morte do marqués de Santa Cruz, o responsable da construción da Armada Invencible. Mentres se rematan os preparativos en Lisboa, suceden aventuras con emboscadas, amores e actuacións da Inquisición. Adonde llegan las nubes (Juana Aurora Mayoral). Novela xuvenil que narra os episodios máis relevantes da conquista de México por Cortés e as súas tropas. Amarilis (Antonio Sarabia). Mentres se representa unha obra teatral nun corral de comedias madrileño, un actor comenta os últimos días da vida do seu autor, Lope de Vega. Ángeles de la hoguera (Janine Garrisson). Nun pobo do país vasco francés viven atemorizados polas persecucións dun xesuíta que, co pretexto de perseguir a supostas meigas, provoca un clima de odios e vinganzas persoais entre os seus habitantes. Bajo el signo de los dioses (Francisco Morales Lomas). Entre os séculos XVI e XVII móvense as aventuras de Rodrigo Calderón, un dos personaxes máis poderosos da época. Boabdil. Un hombre contra el destino (Antonio Soler). Historia de dos personaxes que son símbolo dos seus destinos: Boabdil, o derradeiro monarca nazarí de Granada, e o vitorioso capitán Gonzalo Fernández de Córdoba, o Gran Capitán ao servizo dos Reis católicos.

Transcript of NOVELAS AMBIENTADAS NA ÉPOCA DOS REIS … · Capa y espada (Fernando Fernán-Gómez). A novela...

Page 1: NOVELAS AMBIENTADAS NA ÉPOCA DOS REIS … · Capa y espada (Fernando Fernán-Gómez). A novela analiza un dos maiores secretos do Século de Ouro español: o misterioso ... traxedia,

NOVELAS AMBIENTADAS NA ÉPOCA

DOS REIS CATÓLICOS E A MONARQUÍA HISPÁNICA

1588 no tengo más que darte (Santiago Juan Zurita

Manrique). Ficción ambientada nos días anteriores á morte

do marqués de Santa Cruz, o responsable da construción da

Armada Invencible. Mentres se rematan os preparativos en

Lisboa, suceden aventuras con emboscadas, amores e

actuacións da Inquisición.

Adonde llegan las nubes (Juana Aurora Mayoral). Novela

xuvenil que narra os episodios máis relevantes da conquista

de México por Cortés e as súas tropas.

Amarilis (Antonio Sarabia). Mentres se representa unha

obra teatral nun corral de comedias madrileño, un actor

comenta os últimos días da vida do seu autor, Lope de

Vega.

Ángeles de la hoguera (Janine Garrisson). Nun pobo do

país vasco francés viven atemorizados polas persecucións

dun xesuíta que, co pretexto de perseguir a supostas meigas,

provoca un clima de odios e vinganzas persoais entre os

seus habitantes.

Bajo el signo de los dioses (Francisco Morales Lomas).

Entre os séculos XVI e XVII móvense as aventuras de

Rodrigo Calderón, un dos personaxes máis poderosos da

época.

Boabdil. Un hombre contra el destino (Antonio Soler).

Historia de dos personaxes que son símbolo dos seus

destinos: Boabdil, o derradeiro monarca nazarí de Granada,

e o vitorioso capitán Gonzalo Fernández de Córdoba, o

Gran Capitán ao servizo dos Reis católicos.

Page 2: NOVELAS AMBIENTADAS NA ÉPOCA DOS REIS … · Capa y espada (Fernando Fernán-Gómez). A novela analiza un dos maiores secretos do Século de Ouro español: o misterioso ... traxedia,

Caminarás con el sol (Alfonso Mateo-Sagasta). Narración

sobre un personaxe singular: Gonzalo Guerrero, un español

que ao mando dun exército de maias presentou batalla aos

seus compatriotas na zona de Iucatán. Traidor ou heroe?

Capa y espada (Fernando Fernán-Gómez). A novela analiza

un dos maiores secretos do Século de Ouro español: o misterioso

asasinato de Juan de Tassis, conde de Villamediana, un

personaxe odiado e envexado a partes iguais.

Catalina de Aragón (Almudena de Arteaga). Biografía

novelada de Catalina, filla dos reis Católicos, que casou en

Inglaterra con Arturo e logo, tras enviuvar, co seu irmán

Henrique VIII. Repudiada polo seu marido, a situación

orixinou o cisma anglicano, foi recluída e morreu en 1536

tras anos de sufrimento.

Colón, tras la ruta de Poniente (María Isabel Molina). Un

mozo portugués emparentado coa familia de Colón, traballa

como copista de mapas. Cando un pirata rouba un destes

mapas, foxe e acaba viaxando con Colón.

Crónica del rey pasmado (Gonzalo Torrente Ballaester).

Divertida estampa da Corte española. A comezos do século

XVII, o xoven rei de España desexa ver á súa muller espida.

Ante a negativa da Igrexa e do Goberno, busca a

complicidade dun nobre e dun xesuíta portugués cos que

conseguirá ver cumprido o seu desexo.

Cuerpos de cobre, corazones de jade (Juana Aurora

Mayoral). Sinxela reconstrución dos trazos da civilización

azteca nos momentos inmediatamente anteriores á chegada

de Cortés.

Page 3: NOVELAS AMBIENTADAS NA ÉPOCA DOS REIS … · Capa y espada (Fernando Fernán-Gómez). A novela analiza un dos maiores secretos do Século de Ouro español: o misterioso ... traxedia,

Decidnos, ¿quién mató al conde? (Néstor Luján). En 1621

foi asasinado o conde de Villamediana, unha morte para a

que se deben buscar os culpables e as causas que os levaron

a cometer o crime.

Don Carlos, príncipe de tinieblas (Bernardo Montagud

Pierra). O arresto e morte en prisión do infante Carlos, fillo

de Filipe II, deixa sen aclarar moitas preguntas sobre as

verdadeiras razóns que levaron a seu pai a impoñer tan

severo castigo.

Al Abencerraje (Antonio e Villegas). Amores imposible no

medio das guerras de reconquista do século XV.

Abindarráez está namorado de Jarifa e cando cae preso por

Rodrigo de Narváez, suplícalle que lle deixe tan só tres días

para poder casar con ela.

Al abogado de Indias (Amós mIlton). A finais do século

XVI a cidade de Sevilla é a única porta pola que entra e sae

o comercio con América, razón pola que a cidade aumenta

en habitantes e riquezas. Neste ambiente prospera Alonso,

un rapaz de clase humilde que debe superar duras probas

para poder ascender na escala social ata se converter en

personaxe importante no ámbito das leis.

El ángel negro (Nieves Hidalgo). Os dous fillos do duque

de Sobera son acusados de alta traizón e desterrados, pero

son capturados polos piratas e vendidos como escravos no

mercado de Port Royal. Conseguirán vingarse, pero non

contan con que o amor é máis poderoso que o odio.

El aventurero de Dios, Francisco Javier (Pedro Miguel

Lamet). Relato das viaxes e empresas de san Francisco

Xabier na cristianización de Asia.

Page 4: NOVELAS AMBIENTADAS NA ÉPOCA DOS REIS … · Capa y espada (Fernando Fernán-Gómez). A novela analiza un dos maiores secretos do Século de Ouro español: o misterioso ... traxedia,

El caballero de las dos banderas (Pedro Miguel Lamet).

Relato da axitada vida de Ignacio de Loiola, o fundador da

Compañía de Xesús.

El cielo en un infierno cabe (Cristina López Barrio). O

tribunal da Inquisición xulga en Toledo a unha suposta

meiga, pero o proceso complícase cunha tráxica historia na

que se mesturan amores, maxia e beatería.

El corazón de piedra verde (Salvador de Madariaga). Co

fondo histórico do descubrimento de América, o autor relata

unha historia e intrigas e aventuras en dous mundos en

conflito, o de México antes e despois da conquista.

El corazón del océano (Elvira Menéndez). Aventuras

pasadas pola primeira expedición de mulleres españolas a

América para casar con conquistadores.

El demonio de Lavapiés (Pedro Herrasti). No barrio

madrileño de Lavapiés teñen lugar unha serie de crimes que

a xustiza debe esclarecer a través dun alguacil e un frade

dominico.

El diamante de la reina. El amor francés de Felipe II (

Mari Pau Domínguez). O rei máis poderoso do mundo trata

de gañar o amor da xoven esposa cun impresionante regalo:

un soberbio diamante tallado expresamente para ela.

Page 5: NOVELAS AMBIENTADAS NA ÉPOCA DOS REIS … · Capa y espada (Fernando Fernán-Gómez). A novela analiza un dos maiores secretos do Século de Ouro español: o misterioso ... traxedia,

El diario de a bordo (Cristóbal Colón). Notas da primeira

viaxe de Colón que permite coñecer as vicisitudes da viaxe

e a chegada a América.

El enigma del Curi-Cancha (Juana Aurora Mayoral).

Novela xuvenil de fondo histórico centrada na época das

loitas fratricidas dos gobernantes do imperio inca no século

XVI.

El escudo de Granada (Mario Villén Lucena). Anos finais

do reino musulmán de Granada, coas disputas entre os

descendentes de Muley Hassam e a guerra declarada polos

Reis Católicos . Gran parte da narración está centrada na

defensa do castelo de Moclín, inexpugnable fortaleza na

que un cristián promete axudar aos granadinos a cambio de

quedarse coas súas terras.

El gabinete de las maravillas (Alfonso Mateo Sagasta). O

arquiveiro encargado de ter ao día un gabinete que reunía

todas as maravillas coñecidas do mundo é asasinado,

iniciándose a investigación para localizar os culpables.

El galeote de Argel (Bartolomé Bennassar). Visión da vida

no Mediterráneo a finais do século XVI a través da vida dun

prisioneiro convertido en rico pirata.

El Gran Capitán (Juan Granados). Historia sobre a

personalidade e destacadas actuacións deste gran militar do

século XVI ao servizo dos Reis Católicos.

Page 6: NOVELAS AMBIENTADAS NA ÉPOCA DOS REIS … · Capa y espada (Fernando Fernán-Gómez). A novela analiza un dos maiores secretos do Século de Ouro español: o misterioso ... traxedia,

El hereje (Miguel Delibes). A través das aventuras do

protagonista, o autor traza un espléndido retrato das xentes

e costumes de Valladolid na época de Carlos V.

El informe Manila (Pepón Bouzas). Filipe II recibe un

informe que conta a historia de Isabel Barreto, a muller que

dirixiu unha expedición de conquista do novo mundo.

El ingenioso hidalgo don Quijote de la Mancha (Miguel

de Cervantes). Obra culmen da literatura universal que narra as

aventuras do Fidalgo trastornado pola lectura dos libros de cabalerías e a que se contrapón realismo do seu escudeiro

Sancho Panza.

El lazarillo de Tormes ( Anónimo). Autobiografía dun

rapaz desde a súa mísera infancia, na que é explotado polos

seus amos, ata o seu matrimonio.

El libro de las tinieblas (Pedro Herrasti). Ambiente de

pousadas e vida de clases populares en Madrid como telón

de fondo da investigación da morte dun soldado dos terzos

de Flandres.

El mancebo que amaba las palabras (José Luis Olaizola).

Novela xuvenil na que un mozo estremeño viaxa ao Novo

Mundo en busca de en busca de fortuna e gloria a acaba por

se converter no intérprete de Pizarro durante a conquista de

Perú.

Page 7: NOVELAS AMBIENTADAS NA ÉPOCA DOS REIS … · Capa y espada (Fernando Fernán-Gómez). A novela analiza un dos maiores secretos do Século de Ouro español: o misterioso ... traxedia,

El manuscrito carmesí (Antonio Gala). Boabdil, o

derradeiro monarca nazarí de Granada escribe sobre papeis

carmesís as experiencias dunha vida marcada polo sino da

traxedia, da fin dunha época de grandeza que sucumbe ante

a conquista dos Reis Católicos.

El manuscrito de Calderón (Francisco Morales Lomas).

Narra as aventuras de Pedro Capablanca, fidalgo de escasos

medios, que se dedica a investigar asuntos que a xustiza non

pode ou non quere resolver.

El manuscrito de piedra (Luis García Jambrina). Na

Universidade de Salamanca é asasinado un catedrático de

Teoloxía a na investigación xorden tensións entre razas,

culturas e relixións, todo elo no contexto do Humanismo

renacentista.

El médico hereje (José Luis Corral). Relato do proceso e

execución na fogueira do médico Miguel Servet en 1553

por defender teorías contraías á opinión da igrexa católica.

El médico judío (Pedro Gargantilla). Novela ambientada

no norte de España na que se mesturas asasinatos, misterios,

conspiracións… que deben resolven un médico xudeu e o

seu axudante.

El misterio de la dama desaparecida (Concha López Narváez). Durante as festas polo nacemento dunha filla do rei

Filipe IV aparece unha fermosa muller que desaparece ao pouco

tempo e non dan resultado os intentos por atopala.

Page 8: NOVELAS AMBIENTADAS NA ÉPOCA DOS REIS … · Capa y espada (Fernando Fernán-Gómez). A novela analiza un dos maiores secretos do Século de Ouro español: o misterioso ... traxedia,

El oro de los sueños (José María Merino). Narración das

aventuras dun rapaz de 15 anos na época da conquista

americana.

El pergamino de la seducción (Gioconda Belli).

Realmente, a raíña Xoana, toleou por amor ou foi vítima de

traizóns e loitas polo poder? Será o que trate de resolver

unha historiadora.

El quinto real (Scott O´Dell). Varios personaxes, con

diferentes obxectivos, participan nunha expedición en

América, pero se atopan ouro deberán entregar a quinta

parte ao rei de España.

El reino de los hombres sin amor (Alfonso Mateo-

Sagasta). En 1615, mentres España e Francia están a punto

de selar unha alianza matrimonial, sucédense historias de

intrigantes aventuras, homes sen amor, damas namoradas e

ouro que flúe e que todos desexan por riba de case todo.

El retrato (Nacho Ares). Historia na que se mesturan

influentes personaxes do reinado de Filipe II cos desexos

dos ingleses de coñecer os planes españois de organizar

unha grande expedición de conquista da illa.

El ritual de las doncellas (José Calvo Poyato). A morte de varias mulleres en similares circunstancias en Sevilla

conmociona a vida da cidade, pois dos inicios da investigación parece derivarse un ritual que pode provocar incalculables

consecuencias.

Page 9: NOVELAS AMBIENTADAS NA ÉPOCA DOS REIS … · Capa y espada (Fernando Fernán-Gómez). A novela analiza un dos maiores secretos do Século de Ouro español: o misterioso ... traxedia,

El secreto de Maribárbola ( María Teresa Álvarez). A

partir dun dos personaxes do cadro das Meniñas, a autora

tece a historia dunha familia nobre madrileña da época.

El soportal de los malos pensamientos (Juan Antonio de

Blas). Novela de capa e espada que ten a Quevedo como

centro da acción dunha trama conspirativa para dar un golpe

de estado en Venecia.

El sueño del comunero (Esther Soto). En Toledo, e tras a

derrota dos comuneiros en Villalar, a viúva dun dos seus

líderes, María Pacheco, continúa enfrontándose ao poderoso

emperador Carlos V.

El último abad (Martí Gironell). Ante a decandencia da

maioría dos mosteiros cataláns e a compracencia nesta

situación do rei Filipe II, o abade de Sant Benet proponse

que a situación cambie a pesar das dificultades que sabe que

se vai atopar.

El último hijo de Juana la Loca (Arsenio Lope Huerta).

Fernando, o derradeiro fillo de Xoana, foi criado en España

e seu avó intentou que reinase en lugar do seu irmán Carlos,

pero tivo que marchar a Gante.

En busca del hogar (Juan Martín Salamanca). Na batalla de

Lepanto, un soldado cae prisioneiro dos turcos e vendido

como escravo; co seu amo viaxará por Europa e vivirá

aventuras; servirá ao rei de España na Invencible e acabará

como pirata asolando as costas americanas.

Page 10: NOVELAS AMBIENTADAS NA ÉPOCA DOS REIS … · Capa y espada (Fernando Fernán-Gómez). A novela analiza un dos maiores secretos do Século de Ouro español: o misterioso ... traxedia,

En compañía del sol (Jesús Sánchez Adalid). Narración

ambientada nos tempos da conquista de Navarra, ordenada

ao Duque de Alba polo rei Fernando o católico. A nobreza

desprazada ten que adaptarse á nova situación, como un dos

protagonistas, Francés de Jassu, que irá a estudar á

Universidade de París; alí coñece a Íñigo, a quen

acompañará a Oriente impulsado por un misterioso ímpetu

místico.

Esa dama (Kate O´Brien). Historia de Ana de Mendoza,

princesa de Éboli, intrigante muller na corte de Filipe II

identificada polo parche que lucía para ocultar a falta dun

ollo.

Florentius (Fernando Lalana). A novela describe a viaxe

que realizaron os príncipes Xoana de Castela e Filipe de

Habsburgo desde Bruxelas a Toledo en 1501.

Francisco Pizarro, crónica de una locura (José Luis

Olaizola). Relato da vida deste conquistador español do

imperio dos incas.

Golpe a Venecia (Manuel Ayllón). Baseado en feitos reais,

centra a atención nas intrigas do duque de Osuna, quen

confiará a Quevedo o éxito dunha operación secreta para

facerse co control da república de Venecia.

Hierro y plomo. Cuentos de los tercios viejos (Antonio

Villegas González). Relatos en primeira persoa de soldados

dos Terzos de Flandres do século XVII

Page 11: NOVELAS AMBIENTADAS NA ÉPOCA DOS REIS … · Capa y espada (Fernando Fernán-Gómez). A novela analiza un dos maiores secretos do Século de Ouro español: o misterioso ... traxedia,

Historia de la vida del buscón llamado don Pablos

(Francisco de Quevedo). Relato da aventuras de Pablos, un

pícaro que desexa mellorar a súa condición social en varias

cidades españolas; fracaso no seu intento, a última

esperanza será embarcarse ás Indias.

Isabel de Safarad (Kendall Maison). Os Reis Católicos

decretaron a expulsión dos xudeus dos seus reinos, pero

Isabel non obedecerá para salvar o seu amor, aínda que para

iso teña que vestirse de home e servir como soldado.

Inés del alma mía (Isabel Allende). Unha moza estremeña

vai ao Novo Mundo en busca do seu marido, ao que

encontra morto, pero alí encontra un amor apaixoado, o do

conquistador Pedro Valdivia.

Jaque a la Reina (José García Poyato). Durante a rexencia

de Mariana de Austria, nai de Carlos II, desátense fortes

tensións por parte de Xoán Xosé de Austria, fillo ilexítimo

do monarca falecido.

Juan de Fuca. El famoso desconocido (Carlos Alonso

Mendizábal). Biografía novelada do capitán Juan de Fuca

quem durante o reinado de Filipe II estivo ao servizo do

poderoso monarca. Por ser o descubridor do paso do

noroeste, entre Vancouver e Seattle, os cartógrafos déronlle

seu nome: Paso de Juan de Fuca.

Juana la loca (José Luis Olaizola Sarria). Xoana de

Castela, unha raíña vítima do seu trastorno e das intrigas e

loitas de poder que se desenvolveron ao seu arredor.

Page 12: NOVELAS AMBIENTADAS NA ÉPOCA DOS REIS … · Capa y espada (Fernando Fernán-Gómez). A novela analiza un dos maiores secretos do Século de Ouro español: o misterioso ... traxedia,

Juana la loca. Una mujer marcada (Guillem Viladot).

Visión intimista que fai de Xoana un personaxe entrañable e

universal polas penas e paixóns que tivo que pasar.

Juana la loca: la cautiva de Tordesillas (Manuel

Fernández Álvarez). Documentada evocación desta pobre

raíña, que morreu soa e afatadas dos seres que máis quería,

seus fillos.

Juana la reina loca de amor (Yolanda Scheuber). Vida

novelada da raíña enferma de celos e das intrigas e turbias

manipulacións tecidas ao seu arredor.

La abadesa. María la excelenta (Toti Martínez de Lezea).

En 1517 Maria Esperanza, abadesa do mosteiro de Nosa

Señora de Gracia, recibe unha carta do papa Xulio II que a

recoñece como filla ilexítima de Fernando o Católico, pero

non menciona quen era a nai. Esta noticia suponlle un

cambio radical na súa vida e desde entón inicia unha

investigación para descubrir á súa nai.

La aventura equinoccial de Lope de Aguirre (Ramón J,

Sender). Historia do conquistador Lope de Aguirre que

soñaba con localizar o mítico reino de O Dourado.

La beltraneja (Almudena de Arteaga). Cando a princesa

Xoana de Portugal vén aCAstela para casar co seu rei pensa

que cos seus encantos conseguirán que naza un herdeiro e

calarán os rumores sobre a dubidosa virilidade de Henrique

IV. Pero non conseguiu os seus desexos e acabou sufrindo o

desamparo e o desprezo da súa propia familia.

Page 13: NOVELAS AMBIENTADAS NA ÉPOCA DOS REIS … · Capa y espada (Fernando Fernán-Gómez). A novela analiza un dos maiores secretos do Século de Ouro español: o misterioso ... traxedia,

La casa de los siete pecados (Mari Pau Domínguez). Ano

de 1570, chega a España Ana de Austria para casar co rei e

tío, Filipe II. Desexa darlle un herdeiro, pero tamén ser

feliz. Unha estraña casa que invita á tentacion interponse no

seu camiño mentres o monarca vive as súas propias

aventuras.

La cátedra de la calavera (Margarita Torres). Universidade

e Inquisición resultan dificilmente compatibles. Con este

fondo, a comezos do século XVI, Salamanca comeza a

forxar a súa sona e a competir coas grandes Universidades

europeas do momento grazas ao labor dos seus profesores,

entre os que destacou Luisa Medrano.

La Celestina (Fernando de Rojas). Clásico da literatura

española centrada nos amores de Calixto e Melibea e a

intermediación da intrigante celestina.

La comunera de Castilla (María Teresa Álvarez). María

Pacheco, viúva do comuneiro Xoán Padilla, non admite a

derrota e continúa a loita contra Carlos I, pero acaba

derrotada e, para escapar da morte, terá que exiliarse a

Oporto.

La comunera. María Pacheco, una mujer rebelde (Toti

Martínez de Lezea). Historia de a leoa de Castela, como é

coñecida esta valente opositora ao desmedido poder do rei

Carlos V e dos nobres.

La conjura de Cortés (Matilde Asensi). Derradeira entrega

da serie de aventuras de Martín Ojo de Plata, alter ego de

Catalina Solís, e as súas aventuras por España e América.

Nesta ocasión, a protagonista desenmascara unha conxura

para derrocar ao rei e España. A aparición dun mapa que

indica onde está o lendario tesouro de Cortés permitiralle

descubrir os traidores.

Page 14: NOVELAS AMBIENTADAS NA ÉPOCA DOS REIS … · Capa y espada (Fernando Fernán-Gómez). A novela analiza un dos maiores secretos do Século de Ouro español: o misterioso ... traxedia,

La conjura del Greco (Manuel Ayllón Campillo). A novela

revela a existencia dunha conspiración da organización

secreta Fraternitas Charitatis para derrocar a Filipe II e

coroar no seu lugar a Xoán de Austria.

La cruz de ceniza (Fran Zabaleta; Luis Astorga). Dous

náufragos chegan ás costas de Galicia: un frade anabaptista

e un chaval que é fillo secreto do rei e Francia Francisco I

ao que buscan os axentes das cortes europeas.

La dama de la reina Isabel (César Vidal). Novela inspirada

na vida da reíña Isabel I de Castela a través da lembranza

dunha das súas damas.

La emperatriz. Isabel y Carlos V, amor y gobierno en la

corte española del Renacimiento (Alfredo Alvar Ezquerra).

Entre a novela e o ensaio, o autor recrea a vida e as claves

de goberno da muller de Carlos V.

La expedición perdida (Elvira Menéndez). Mencía de

Calderón acaba de enviuvar e decide seguir adiante a

expedición que organizaba seu marido.

La hilandera de Flandes (Concepción Marín Albesa).

Unha descendente de xudeus expulsados de España

convértese en famosa fiandeira en Bruxelas. Alí ten un

romance co xoven Carlos ao que acompaña a España cando

sexa coroado rei. Deste modo poderá coñecer a cultura e os

lugares nos que viviron os seus antepasados.

Page 15: NOVELAS AMBIENTADAS NA ÉPOCA DOS REIS … · Capa y espada (Fernando Fernán-Gómez). A novela analiza un dos maiores secretos do Século de Ouro español: o misterioso ... traxedia,

La lengua de Dios (Santiago Miralles). Ambientación e

descrición de edificios e personaxes destacados do mundo

das artes e da política de Madrid do século XVII, coas filias

e as fobias que mantiñan entre eles.

La leyenda del ladrón (Juan Gómez Jurado). Libro de

aventuras épicas na Sevilla do século XVI.

La mano de fátima (Ildefonso Falcones). Rebelión e

derrota dos mouriscos nas Alpujarras en 1568. Un dos

superviventes debe aceptar a nova situación pero non

renunciará ao amor da valerosa Fátima.

La otra orilla (Carlos Villanes). O irmán menor dos

mariñeiros Niño, propietarios dunha das naves do

descubrimento, embrácase como grumete na Santa María e

faise amigo de Colón.

La pícara Justina (Francisco López de Úbeda). Narración

autobiográfica das aventuras dunha moza de orixe xudía, un

relato encadrable na denominada picaresca feminina.

La princesa de Éboli (Almudena de Arteaga). Vida e

aventuras deste intrigante e poderosa muller que manexou

moitos dos fíos da corte de Filipe II.

Page 16: NOVELAS AMBIENTADAS NA ÉPOCA DOS REIS … · Capa y espada (Fernando Fernán-Gómez). A novela analiza un dos maiores secretos do Século de Ouro español: o misterioso ... traxedia,

La princesa fiel (Philippa Gregory). A historia de Catarina

de Aragón, filla dos reis católicos enviada a Inglaterra para

casar. Vida que rematou en desgrazada soidade tras o

divorcio imposto polo seu segundo marido, Henrique VIII.

La reina comunera (Jorge García Abad). A novela narra os intentos dos comuneiros para que Xoana se poña á fronte da

revolta e as accións os axentes de seu fillo Carlos para impedir a

operación.

La reina de las dos lunas (José Manuel García Marín).

Historia sobre dous personaxes reais –un escravo cristián e

unha das mulleres dun sultán- que se coñeceron en Fez e

viviron en Mijas no século XVI.

La ruta de las estrellas (Ignacio Merino). Biografía

noveladas do navegante e cartógrafo cántabro Juan de la

Cosa.

La Senhora (Catherine Clément). Epopeia dos xudeus

expulsados a través da reconstrución novelada de dous

personaxes históricos: Gracia Nasí e seu sobriño Josef Nasí.

Viaxes, negocios, intrigas, asasinatos e grandes batallas

configuran o fondo deste intensa historia.

La Señora. Beatriz de Bobadilla, señora de Gomera y

Hierro (Carlos Álvarez). Narración que afonda nas raíces

da conquista das Canarias. A raíña Isabel de Castela, para

afastar a Beatriz dos amores co seu marido o rei Fernando,

amaña a súa voda con Hernán Peraza, señor das illas de

Gomera Y hierro, ao tempo que selaba unha alianza coa que

controlar aos insubmisos guanches.

Page 17: NOVELAS AMBIENTADAS NA ÉPOCA DOS REIS … · Capa y espada (Fernando Fernán-Gómez). A novela analiza un dos maiores secretos do Século de Ouro español: o misterioso ... traxedia,

La tabla de Flandes (Arturo Pérez-Reverte). A finais do

século XV, un pintor flamengo introduce nun dos seus

cadros, en forma de partida de xadrez, a clave dun secreto

que podería cambiar a historia de Europa. Pasados cinco

séculos, unha restauradora de arte, un anticuario e un

xogador de xadrez unen as súas forzas para resolver o

enigma.

La visita en el tiempo (Arturto Uslar Pietri). Biografía

novelada de Juan de Austria, o irmán bastardo de Filipe II,

o heroe de Lepanto

La voz del viento (Pemón Bouzas). A coezos do século

XVII, a vila de Cangas fíxose famosa polos procesos

inquisitoriais contra varias mulleres da vila acusadas de

meigas. Entre elas estaba María Soliño, unha das defensoras

da localidade cando foi atacada polos piratas en 1617.

Ladrones de tinta (Alfonso Mateo-Sgasta). Intrigas e

relacións entre literatos españois do século XVII centradas

arredor da publicación da segunda parte do Quijote, aproveitando

o éxito da primeira. Na investigación descúbrense máis problemas dos esperados.

Las damas del rey (María Pilar Queralt del Hierro). Relato

sobre as fillas menos coñecidas dos Reis Católicos, María e

Sabela, raíñas en Portugal e, como as outras irmás, moeda

de cambio político para os intereses de estado.

Las dos caras del sol (José Ignacio de Arana). Historia dun

médico en Madrid que se ve envolto nunha conspiración

para asasinar ao duque de Lerma, polo que terá que fuxir a

Lisboa e logo a América.

Page 18: NOVELAS AMBIENTADAS NA ÉPOCA DOS REIS … · Capa y espada (Fernando Fernán-Gómez). A novela analiza un dos maiores secretos do Século de Ouro español: o misterioso ... traxedia,

Las aventuras del capitán Alatriste (Arturo Pérez-Reverte). Hisorias

noveladas dun capitán veterano das guerras de Flandres que malvive como

espadachín a soldo no Madrid do século XVII, no medio dunha Corte corrupta

e en decadencia. Títulos publicados: El capitán Alatriste, Limpieza de sangre,

El sol de Breda, El oro del rey, EL caballero del jubón amarillo, Corsarios

de Levante, El puente de los asesinos.

Las hogueras del rey (Pedro Casals). Os ingleses envían a

un espía portugués para matar ao rei Filipe II e a través da

súa visión reflíctese a España do século XVI.

Las islas de la felicidad (José Luis Olaizola). Crónica

dunha apaixonante viaxe en compañía do gran navegante

Andrés de Urdaneta, o descubridor da ruta marítima das

especias.

Las mujeres de Felipe II (Pilar Queralt del Hierro). A

autora presenta ao poderoso monarca na intimidade familiar

e mesmo como unha persoa entrañable, lonxe do personaxe

frío e cerebral que a historia nos legou.

Page 19: NOVELAS AMBIENTADAS NA ÉPOCA DOS REIS … · Capa y espada (Fernando Fernán-Gómez). A novela analiza un dos maiores secretos do Século de Ouro español: o misterioso ... traxedia,

Leonor de Habsburgo (Yolanda Scheuber). Reconstrución

da vida da raíña Leonor, consorte de Portugal e de Francia,

filla de Xoana, unha vida de obediencia ao servizo dos

intereses políticos do seu irmán Carlos.

Lirios de agua para una diosa (Juana Aurora Mayoral).

Novela xuvenil ambientada na civilización maia anterior á

chegada de Colón.

Loca de amor (Catherine Hermany-Vieille). Crónica

novelada de Xoana de Castela, a herdeira do maior imperio

da época, viviu 46 anos recluída no castelo de Tordesillas,

apartada da familia.

Lope de Aguirre, la aventura de El Dorado (Blas

Matamoro). Vida e aventuras deste temperamental

conquistador español na súa loita por conseguir o mítico

reino de ouro.

Lorenzo Ferrer Maldonado. El misterio del paso del

noroeste (Carlos Alonso Mendizábal). Biografía novelada

de quen descubriu o paso entre os océanos Atlántico e

Ártico a finais do século XVI, un paso esquecido durante

séculos e redescuberto a comezos do século XX.

Los espejos paralelos (Néstor Luján ). Imaxinaria

recreación da vida dos personaxes do cadro As Meniñas de

Velázquez, así como do ambiente do Madrid da época.

Page 20: NOVELAS AMBIENTADAS NA ÉPOCA DOS REIS … · Capa y espada (Fernando Fernán-Gómez). A novela analiza un dos maiores secretos do Século de Ouro español: o misterioso ... traxedia,

Los trece de la fama (Juana Aurora Mayoral). Narración

novelada dos primeiros momentos da conquista de Perú

polo reducido exército de Pizarro.

María das Batallas (Alfredo Conde). Historia centrada en

María Pita organizada en tres momentos: o cerco inglés de

1589, a viaxe de Drake a Portobello a bordo do Defiance en

1596 e Sigrás en 1643 con recordos da filla de María Pita.

Matar a Lutero (Mario Escobar). As ideas de Lutero son

perseguida e a súa cabeza ten prezo, polo que debe

refuxiarse e, no seu retiro, traduce a Biblia ao alemán.

Mentres, as conxuras para matalo continúan.

Memorias del Nuevo Mundo (Homero Aridjis). Mestura de

personaxes reais e ficticios na viaxe do descubrimento e

inicios da conquista americana.

Memorias de un hombre de palo (Antonio Lázaro).

Inventos e proxectos no século XVI en Toledo e un moi

especial: un soldado autómata invencible coñecido como o

home de palo.

Mi abuelo Moctezuma (María García Esperón). Unha

adolescente mexicana redacta un exercicio de clase no que

di ser descendente do derradeiro emperador azteca. Outro

alumno interésase polo tema e trabarán amizade.

Page 21: NOVELAS AMBIENTADAS NA ÉPOCA DOS REIS … · Capa y espada (Fernando Fernán-Gómez). A novela analiza un dos maiores secretos do Século de Ouro español: o misterioso ... traxedia,

Mi huída del auto de fe de Valladolid (Anónimo). Novela

histórica centrada nos tempos da Inquisición española do

século XVI.

Mi padre el Greco (Mariano Serrano Pintado). A modo dun

diario, o Greco lembra recordos da súa vida e obra mentres

está no cárcere de Toledo.

Miel de avispas (Miguel Ángel Torre). Galería das vidas de

variados personaxes no ambiente madrileño do século

XVII.

Muerte dulce (Félix G. Madroño). Balmaseda, 1683. Pedro

Urtiaga acaba de ser envelenado e nas últimas horas de vida

escribe a seu amigo, o doutor Zúñiga, que vengue a súa

morte. Este descubrirá que a morte tiña relación cunha

partida de carta dun novo xogo: o mus.

Muerte súbita (Álvaro Enrigue). Unha historia ambientada

no século XVI que conta unha historia: un duelo entre o

pintor Caravaggio e o poeta Quevedo que se enfrontan nun

singular partido de tenis.

Oria (Artemio García Fernández). Historia ambientada en

Asturias durante o século XVII e centrada na vida dunha

muller que aproveita a súa beleza para superar a infancia de

miseria e penalidades.

Page 22: NOVELAS AMBIENTADAS NA ÉPOCA DOS REIS … · Capa y espada (Fernando Fernán-Gómez). A novela analiza un dos maiores secretos do Século de Ouro español: o misterioso ... traxedia,

Rebelión en Nueva Granada (Luis Leante). Relato das

dificultades que tivo que pasar na travesía do Océano a filla

dun capitán destinado en América para reunirse con seu pai

e o seu prometido.

Relato de las aventuras de Inés Saldaña (Vicente García

Oliva). Relato imaxinativo no que Inés, farta da

intransixencia paterna, enrólase con Colón baixo o nome de

Rodrigo de Triana.

Rey Tiniebla (Antonio Enrique). A través dun argumento

visionario, o autor mostra ao poderoso Filipe II como un

home coma os demais, que precisa ser asistido por un mozo

de retrete que o asiste na súa interminable agonía.

Rojo amanecer en Lepanto (Luis Zueco). Narración

ambientada na batalla de Lepanto, na súa preparación e

desenvolvemento seguindo a algúns dos seus principais

actores, os brillantes militares españos que destacaron no

triunfo final.

Rónin (Francisco Narla). Ronin (Francisco Narla ). En

1614 chega a España unha embaixada xaponesa que se

dirixe a Italia para pedir protección para os católicos

xaponeses que están sendo perseguidos.

Sangre y honor (Juan Carlos Losada). Realidade e ficción

nesta biografía de quen foi un dos maiores militares do

século XVI, Fernando Álvarez de Toledo, duque de Alba,

exaltado por uns e odiado por outros.

Page 23: NOVELAS AMBIENTADAS NA ÉPOCA DOS REIS … · Capa y espada (Fernando Fernán-Gómez). A novela analiza un dos maiores secretos do Século de Ouro español: o misterioso ... traxedia,

Serás reina del mundo (Alexandra Lapierre). Novela que

narra as aventuras de Isabel Barreto, esposa do navegante

Álvaro de Mendaña, a primeira muller que dirixiu unha

expedición e tivo a categoría de almirante.

Siete historias para la infanta Margarita (Miguel

Fernández Pacheco). Para facer menos aburridas as longas

sesións posando para que Velázquez pintase os cadro das

Meniñas, as compañeiras do cadro cóntanlle historias.

Sobra un rey (José García Abad). Tras a morte de Sabela I

de Castela, disputan o reino seu viúvo, Fernando de Aragón

e seu xenro, Filipe de Habsburgo. Todo está permitido para

conseguir o obxectivo de reinar en Castela.

Tiempo de conquistadores (Alberto Vázquez Figueroa). Na

conquista española de América tamén houbo espazos para

personxes que se levantaron contra a inxustiza da

escravitude, aínda que por iso tivesen que pagar un alto

prezo.

Tierra firme (Matilde Asensi). Novela de aventuras

ambientada no século XVII coa que autora inicia a serie

centrada na extraordinaria vida de Martín Ojo de Plata.

Treinta doblones de oro (Jesús Sánchez Adalid). A finais

do século XVII a cidade de Sevilla ve mermado o seu

poderío e riqueza pola perda do monopolio do comercio con

América. Neste contexto, os personaxes móvense nun estilo

de picaresca e viven todo tipo de aventuras.

Page 24: NOVELAS AMBIENTADAS NA ÉPOCA DOS REIS … · Capa y espada (Fernando Fernán-Gómez). A novela analiza un dos maiores secretos do Século de Ouro español: o misterioso ... traxedia,

Una diosa para el rey (Mari Pau Domínguez). Unha mirada

sobre a vida de Filipe II. O relato iníciase en Salamanca en

1543, onde o monarca agarda a chegada da súa primeira

muller, a princesa portuguesa María Manuela mentres

suspira polo seu amor, Isabel de Osorio. O rei casará tres

veces máis, pero o seu corazón sempre estivo ocupado por

Isabel.

Venganza en Sevilla (Matilde Asensi). Sevilla, 1607.

Catalina Solís, a protagonista de Tierra firme, debe

completar o seu plan de vingar as ultraxes feitas a seu pai

adoptivo na cidade andaluza.

Yo, Juan de Austria (Joaquín Javaloys). A partir das cartas

escritas polo irmanastro de Filipe II, o autor desvela

secretos e o pensamento dun personaxe ao que a historia

destaca polos seus méritos militares.