O ALUMNADO DE 1º D PRESENTA -...
-
Upload
truongcong -
Category
Documents
-
view
218 -
download
0
Transcript of O ALUMNADO DE 1º D PRESENTA -...
Roberto Vidal Bolaño naceu o derradeiro
día do mes de xullo de 1950 no barrio de Vista Alegre, un barrio proletario
compostelán; o mesmo ano en que morreu
Castelao (en Buenos Aires).
1950-1965: Destes anos salientamos o interese do mozo Vidal Bolaño pola súa Compostela circundante e o seu precoz contacto coa actividade cultural da cidade.
1964: Asiste ás sesións do cineclub da Asociación Fotográfica Compostelana.
1965: Publica a súa primeira peza teatral: O xogadeiro.
1971: Entra en contacto co Equipo Lupa.
1971-1973: Traballa desde os ultramarinos ou o automóbil ata nunha axencia de viaxes.
1973-1980: Vidal Bolaño, xunto con Manuel Lourenzo e Euloxio Ruibal, organizan a Mostra de Teatro de Ribadavia.A partir da 3ª edición , o seu nome sempre terá presenza na organización.A Mostra serviu de lanzadeira de compañías de teatro e de numerosos autores, supuxo a consolidación dunha dinámica de espectáculos teatrais e o seu exemplo foi recollido noutras localidades que crearon as súas propias mostras teatrais.
1974: Entra a traballar nunha oficina bancaria de Compostela.
Crea con Xaquín García Marcos o Grupo de Teatro Antroido.
1975: Dirixe o espectáculo Amor e crimes de Xan o Panteira, de Eduardo Blanco-Amor, no que participa tamén como actor.
1976: Chega Laudamuco, señor de ningures (unha reflexión sobre as formas do poder tan próxima ao esperpento) e recibe o Premio Abrente.
Casa con Laura Ponte, unha das nosas máis grandes actrices.
1977: Publicouse Ledaíñas pola morte do Meco.
É despedido da entidade bancaria na que traballaba.
1978: Publica Memoria de mortos e ausentes e Antroido na rúa .
Estréase Laudamuco, señor de ningures, no Colexio La Salle, de Santiago de Compostela.
1980: Estréase Bailadela da morte ditosa, un espectáculo do Teatro do Estaribel (fora unha cooperativa na que participaron os grupos Antroido e Andrómena). Esta obra recibe o Premio Abrente.
1981: Publícase Ruada das papas e do unto.
1982:Publícase Touporroutou da lúa e do sol .
1983: Publícase Romance dos figos de ouro .
Vidal Bolaño regresa a unha das súas actividades
recorrentes: a dramaturxia sobre textos doutros
autores da literatura galega.A compañía Antroido estrea
Percival , dramaturxia a partir de orixinais de
Méndez Ferrín.
1984: Creación do Centro Dramático Galego.
1985: Estrea Caprice des Dieux (un monólogo).
Nace a Televisión de Galicia, e comeza a haber dobraxes de películas ao galego; Vidal Bolaño participa como actor, director de sala e director artístico da produtora CTV-Galaxia na nova actividade artística que se empeza a dar en Galicia.
1986: Cochos é talvez a súa peza máis salientable no seu período de maior actividade audiovisual.
1987: Escribe e dirixe Novo de Parmuíde, unha película de 56 minutos, baseada en relatos de Álvaro Cunqueiro.
1988:Roberto Vidal Bolaño sepárase de Laura Ponte. Comeza unha relación con Cruz Comesaña, unha das actrices máis activas do momento.
1989: Esa relación creba pola prematura morte da actriz.
Contribúe como actor en Sempre Sonxa e na serie Os outros feirantes (emitida pola TVG).
1991:Consegue o Premio Álvaro Cunqueiro coa súa obra Saxo Tenor.
1992: Funda con Belén Quintáns a compañía Teatro do Aquí e casa con ela.
Publica Días sen gloria e obtén o Premio Rafael Dieste e queda finalista do Premio Nacional de Literatura.Saen ás librerías Bailadela da morte ditosa, Agasallo de sombras e Cochos.
1997: As actas escuras sufriron un proceso que as condenou ao silencio (os que convocaron o premio incumpriron as súas propias bases); o texto non chegou á edición ata este ano.
Estrea Anxeliños e Doentes recibe o premio Rafael Dieste.
1988: Estréase Rastros.
1999: Estrea a súa montaxe do texto de Daniel Cortezón: Xelmírez ou a gloria de Compostela e, sobranceiramente, a Rosalía, de Ramón Otero Pedrayo, un autor que Roberto Vidal Bolaño admirou coma a poucos.
2000: Estréase Criaturas e A burla do galo.
2001: Participa como guionista e como actor na miniserie Un Mundo de Historias, unha produción da TVG consistente na adaptación de relatos da nosa literatura. Publícase Mar revolto .
2002: Publícase Sen ir máis lonxe (un monólogo estreado en 1999) e publicado en 2002 na revista A Trabe de Ouro, dirixida por X.L.
Méndez Ferrín.
A compañía Teatro do Aquí estrea Animaliños, unha montaxe na que Vidal Bolaño non só achega o texto, senón tamén a dirección, o espazo escénico e a iluminación.
É o seu derradeiro traballo dramático.
Morre o 11 de setembro na cidade en que viu a luz por primeira vez, en Santiago
Compostela, con só 52 anos, deixando tres fillos:
Roi, Miguel e Carme; e unha obra tan intensa e xenial como numerosa.
En estreita relación co cinema, trátase dun teatro:-Experimental-Vangardista-Popular-Universal-Actual-Comprometido
CARACTERÍSTICAS DA SÚA OBRA
Cunha temática solidaria cos pobres, cos derrotados, cos excluídos, sexan individuos, sexan pobos.Que denuncia a opresión política, lingüística e cultural.
OBXECTIVOS NORMALIZADORES
2º) Tamén é consciente da necesidade dun audiovisual galego, dun Cine Nacional para podermos avantar no proceso de normalización lingüística do noso país.
1º) O autor parte dunha fonda visión e fondo compromiso para pórse a traballar a prol da creación dun teatro nacional galego normalizado.
-O seu firme compromiso galeguista impulsouno a crear un teatro xenuinamente galego .
COMPROMISO GALEGUISTACOMPROMISO GALEGUISTA
-Implicouse vitalmente na edificación do teatro que o Centro Dramático Galego debía coidar, proxectar, asentar e desenvolver.
-Entre 1974 (creación do grupo Antroido) e 1984 (creación do Centro Dramático Galego) hai unha manchea de obras de Vidal Bolaño que lle dan corpo á nosa dramaturxia e empezan a facer posible que hoxe poidamos falar dunha literatura dramática plenamente activa no campo literario galego.
METAS ACADADAS (I)METAS ACADADAS (I)
-Unha relación moi frutífera co público espectador, que acudiu en grandísimas cantidades aos seus espectáculos.
-Os últimos dez anos da súa vida son, se cadra, os máis produtivos e neles ten a satisfacción de ver cumprida unha das súas metas: a plena profesionalización do sector teatral galego.
-O seu frutífero traballo de máis de trinta anos fixo posible que a dramaturxia galega sexa tamén, coma a literatura, territorio independente.
METAS ACADADAS (II)METAS ACADADAS (II)