O Consello Nacional de CCOO ratifica a reforma do AGA3-2019).pdfartigo 83.3 do Estatuto dos...

7
www.ccoo.gal 03/19 NOVEMBRO Órgano de comunicación do S. N. de CCOO O Consello Nacional de CCOO ratifica a reforma do AGA O Consello Nacional de CCOO ratifica a reforma do AGA n O informe que o secretario xeral presentou ao Consello Nacional analiza a situación socioeconómica de Galicia e as necesidades dun xiro social ás políticas da Xunta, desde o recoñecemento ao papel que debe xogar o diálogo social. n O novo texto do AGA estende aos conflitos individuais a eficacia do procedemento de resolución extraxudicial de conflitos colectivos n O Consello aprobou por unanimidade o informe presentado polo secretario xeral, que analiza o contexto social, político e económico, e resume as principais liñas de traballo sindical

Transcript of O Consello Nacional de CCOO ratifica a reforma do AGA3-2019).pdfartigo 83.3 do Estatuto dos...

Page 1: O Consello Nacional de CCOO ratifica a reforma do AGA3-2019).pdfartigo 83.3 do Estatuto dos traballadores, para regular os procedementos extraxudiciais de solución dos conflitos colectivos

www.ccoo.gal

03

/19

N

OV

EM

BR

O

Órgano de comunicación do S. N. de CCOO

O Consello Nacional

de CCOO ratifica

a reforma do AGA

O Consello Nacional

de CCOO ratifica

a reforma do AGA

n O informe que o secretario xeral presentou ao ConselloNacional analiza a situación socioeconómica de Galiciae as necesidades dun xiro social ás políticas da Xunta,desde o recoñecemento ao papel que debe xogar o diálogosocial.

n O novo texto do AGA estende aos conflitos individuais a eficacia do procedemento deresolución extraxudicial de conflitos colectivos

n O Consello aprobou por unanimidade o informe presentado polo secretario xeral, que analizao contexto social, político e económico, e resume as principais liñas de traballo sindical

Page 2: O Consello Nacional de CCOO ratifica a reforma do AGA3-2019).pdfartigo 83.3 do Estatuto dos traballadores, para regular os procedementos extraxudiciais de solución dos conflitos colectivos

O Consello Nacional de CCOO de Galicia, na reunión do13 de novembro de 2019, aproba o asinamento do textoreformado do Acordo interprofesional galego sobre pro-cedementos extraxudiciais e solución de conflitos de tra-ballo (AGA).O 4 de marzo de 1992, os sindicatos máis representa-

tivos (CCOO, UGT e CIG) asinaban coa patronal a pri-meira versión deste acordo, ao abeiro do previsto noartigo 83.3 do Estatuto dos traballadores, para regular osprocedementos extraxudiciais de solución dos conflitoscolectivos laborais en Galicia. Foi un dos primeiros acor-dos asinados no Estado nesta materia, e supoñía unhaaposta pola autonomía colectiva como camiño axeitadopara construír un sistema de relacións laborais adaptadoás peculiaridades e intereses propios da realidade socioe-conómica e laboral galega. Case trinta anos despois, os sindicatos e a patronal

pactan unha reforma do AGA que incorpora a súa aplica-ción tamén aos conflitos individuais.Deste xeito, son susceptibles de someterse ao AGA

conflitos como os relativos á discriminación por calquerarazón, o acoso no ámbito laboral, os que prexudiquen aconciliación, os referidos ás vacacións, os derivados da

decisión empresarial de adoptar medidas de mobilidadexeográfica ou modificación non colectiva das condiciónsde traballo, as sancións á persoa traballadora (agás odespedimento) e, en xeral, aqueloutros conflitos indivi-duais en que non é obrigado acudir á conciliación previano SMAC.

Un AGAreforzadoUn AGAreforzado

www.ccoo.gal

2

Modernizamos o AGA, unhaferramenta imprescindible

O mundo do traballo é un es-pazo de relación entre persoascon intereses que, ás veces, co-liden e xeran conflitos; é onatural, é o razoable. A ca-pacidade para solucionalosde forma construtiva érgue-se como un piar esencialda competitividade dunhaeconomía.

A renovación e ampliación do AGA culmina anos de tra-ballo conxunto e a arela colectiva de estender as bondadesda mediación aos conflitos laborais individuais.O AGA é hoxe a imprescindible ferramenta para avan-

zar na modernización e mellora das relacións laboraisen Galicia. A mediación voluntaria é unha expresión derespecto mutuo; é a vontade, tan necesaria nestes tempos,de innovar no ámbito das relacións laborais, de aceptar aparticipación dunha mediadora neutral que, desde a con-fianza, con equidade, axude a resolver un conflito; a nece-sidade de transformar a carga negativa dun problema enenerxía positiva que sirva á aprendizaxe de actitudes, valo-res e normas xustas nas relacións laborais.

RAMÓN SARMIENTO SOLLASecretario xeral do Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Page 3: O Consello Nacional de CCOO ratifica a reforma do AGA3-2019).pdfartigo 83.3 do Estatuto dos traballadores, para regular os procedementos extraxudiciais de solución dos conflitos colectivos

3

Este período caracterizouse pola relevancia de conflitos li-gados a crises empresariais en sectores industriais, comoé o caso da central térmica das Pontes, Alcoa, Isowat, Ence,Vulcano ou Pili Carrera. O sector de centros de chamadasavanzou neste tempo nun proceso de redución drástica dorelevante peso laboral que ten en Galicia, con despedimentosen DxC Technology, Bosch, Teleperformance, Unitono ou RCable; nalgún caso, acometendo tamén deslocalizacións caraa países que non ofrecen as mesmas garantías en materiade protección de datos.Tamén se viviron conflitos en materia de negociación co-

lectiva en sectores como o de ambulancias, transporte deviaxeiros por autoestrada, limpeza hospitalaria ou empresascomo GRI Towers. A implicación nas mobilizacións logrouavances significativos nas materias que se reivindicaban efacilitaron diversos acordos.Na área pública, celebráronse os procesos electorais da-

queles ámbitos en que a finais de 2018 e primeiros de 2019houbo acordos coa Administración (Ensino) ou desacordo(Sanidade). A lectura é positiva, pois os resultados validan aposición que mantivemos nos respectivos eidos.En materia de pensións e terceira idade, traballouse en es-

treita colaboración coa Federación de Pensionistas no En-contro Anual de Maiores e en xornadas específicas paraabordar os problemas do amianto. Destacamos, sobre todo,o resultado da iniciativa conxunta coa UGT para promoverque o Parlamento de Galicia fixese unha declaración institu-cional en defensa do sistema público de pensións e a ne-cesidade de revalorizalas conforme ao IPC. Actualmente é aúnica Cámara autonómica que se pronunciou nese sentido.

ACCIÓN SOCIAL E INSTITUCIONALA maiores do traballo realizado no diálogo social, xunto

coas organizacións territoriais de Asturias e Castela-León,acadamos unha posición común en defensa do CorredorAtlántico de Mercadorías, espazo de intervención que pos-teriormente trasladamos aos Gobernos das tres comunida-des. Con isto logrouse a posta en común pública cosrespectivos Gobernos autonómicos e patronais, que asumi-ron as nosas reivindicacións.

Balanceda actividadesindical

Balanceda actividadesindical

www.ccoo.gal

Desde o pasado mes de abril, desenvolvéronse tres novascampañas nacionais:n «Tes bolsa ou tes traballo?», para achegar a acción dosindicato á xuventude. Esta campaña adoptouna como referencia a Confederación e despregouna no ámbito estatal.

n Denuncias polo incumprimento do convenio sectorial nos centros especiais de emprego con ánimo de lucro. Após detectar que en Galicia aumentaban este tipo de centros, promoveuse a denuncia contra catorce deles, que ocupaban máis de trescentas persoas, pois tiñamos indicios de que as condicións laborais eran inferiores ás do convenio. Logrouse regularizar a situación de 37 persoas.

n «EcoacciónCCOOgalicia». Comezou en setembro, antes das mobilizacións polo clima, concibida como campaña de afiliación. No marco da iniciativa, plantaremos un carballo por cada nova afiliación que se produza no último trimestre deste ano. De momento, serían 782 ata o 31 de outubro.

Por desgraza, tamén tivemos que recuperar a campaña«Folga non é delito», promovendo concentracións contraa imputación de compañeiros da Federación de Industria ede Alcoa-A Coruña por defenderen a clase traballadora.

Campañas

Page 4: O Consello Nacional de CCOO ratifica a reforma do AGA3-2019).pdfartigo 83.3 do Estatuto dos traballadores, para regular os procedementos extraxudiciais de solución dos conflitos colectivos

A economía galega rexistra unha medra interanual do2% no segundo trimestre de 2019, por baixo da mediaestatal (2,3 %). O PIB aumenta neste trimestre impulsadosó pola demanda interna, pois a externa encadea cincotrimestres de achegas negativas: a do sector exterior éde 1,3 puntos, xa que por terceiro trimestre consecutivose reducen tanto as exportacións (un 8,6 %) como as im-portacións (un 6,6 %).Atendendo á evolución sectorial, medra o PIB de todos

os sectores, agás a industria, que se contrae un 2,1 % enconxunto. En relación coas achegas que cada sector faiao PIB, cómpre destacar o 13,7 % da industria manufac-tureira, que se elevaba ao 16,1 % antes da crise.

AUMENTA A PRECARIEDADE LABORALA moderación no ritmo de crecemento da actividade

ten a súa translación ao mercado laboral, que amosa sín-tomas de esgotamento. O emprego aumenta en 6900persoas no terceiro trimestre de 2019 respecto ao tri-mestre anterior (un 0,63 %), pero é significativamente in-ferior ao de anos anteriores (20 700 postos de traballoen 2018, 23 600 en 2017).Hai 1 105 700 persoas traballando, pero aínda quedan

por recuperar 110 700 empregos para que Galicia volvaaos valores de hai dez anos. Son 243000 as persoas quetraballan cun contrato temporal (o 51 % son mulleres) eo groso destes son de ínfima duración. Ademais, 150 000persoas traballan a tempo parcial, das cales o 75 % sonmulleres. Algo máis da metade (52,7 %) das persoas conxornada parcial declararon facelo porque non atoparonun traballo a xornada completa.

Contextoeconómicoe político

Contextoeconómicoe político

www.ccoo.gal

4

Canto ao contexto político, o informe xeral que aprobou oConsello Nacional de CCOO congratúlase de que haxa posi-bilidades certas de se conformar no Estado un Goberno deprogreso que aplique políticas de vertebración, que loite con-tra a desigualdade, que afronte os problemas territoriais e definanciamento, que reforme a fiscalidade e que garanta o sis-tema público de pensións.Salienta, en Galicia, a madurez da nosa sociedade, que non

deu representación a unha opción de ultradereita, situadafóra do marco constitucional e abandeirada dun discurso xe-nófobo, misóxino e antisocial que mesmo cuestiona o dereitoao autogoberno do noso país.Os datos electorais de Galicia revelan unha maioría de

voto ás opcións progresistas, que se traduce en trece de-putados e deputadas fronte aos dez representantes que ob-tivo a dereita.

Contexto político tras o 10N

A crise, as reformas laborais, a falta de políticas queapoien o tecido produtivo e a carencia dunha rede de pro-tección social para a xente debuxan unha Galicia máisdesigual e pobre, na que 542 892 persoas viven por baixodo limiar da pobreza (8871 euros para unha persoa soa).Reviste especial gravidade a situación das 30 943 per-soas en situación de exclusión social.

Medra o PIB de todos os sectores,agás a industria, que se contraeun 2,1% en conxunto

Page 5: O Consello Nacional de CCOO ratifica a reforma do AGA3-2019).pdfartigo 83.3 do Estatuto dos traballadores, para regular os procedementos extraxudiciais de solución dos conflitos colectivos

5

O crecemento afiliativo no que vai de ano 2019 alcanzaen Galicia o 4,25% e chegamos ás 45402 afiliadas e afi-liados ao Sindicato Nacional de CCOO.É especialmente relevante o imparable crecemento das

mulleres, que por vez primeira superan o 45% do totalda afiliación no sindicato.Tamén é moi importante o crecemento da afiliación de

persoas mozas, cun aumento neste período do 19,95%.

Vinculados á campaña #ecoacciónCCOOGalicia, ini-ciada o pasado setembro, na que comprometíamos aplantación dunha árbore por cada nova afiliación, cabedestacar que xa levamos 782 altas a 31 de outubro. Po-ñémonos como obxectivo chegar ás dúas mil ao remateda campaña, en xaneiro, previa ao desenvolvemento daplantación no mes de febreiro.O crecemento afiliativo, xunto cunha nova concepción

da xestión dos recursos económicos na organización,viabiliza hoxe a actividade do sindicato e a nosa plena au-tonomía.

Reforzamentoda afiliacióna CCOO

Reforzamentoda afiliacióna CCOO

www.ccoo.gal

DEFENDE OS TEUS DEREITOS. AFÍLIATEE ADEMAIS… POR CADA NOVO AFILIADO E AFILIADAPLANTAMOS UNHA ÁRBORE!

CAMPAÑA #ecoacciónCCOOgalicia

Máis información sobre a campaña na web do sindicato (www.ccoo.gal). Para participares na plantación podes contactar no correo [email protected].

Page 6: O Consello Nacional de CCOO ratifica a reforma do AGA3-2019).pdfartigo 83.3 do Estatuto dos traballadores, para regular os procedementos extraxudiciais de solución dos conflitos colectivos

SERVIZOS XURÍDICOS DO SINDICATONos primeiros tres trimestres do ano, os servizos xu-

rídicos do sindicato presentaron 764 papeletas de con-ciliación (mingua do 1,2 % respecto a 2018), atenderon119 reclamacións previas (+16,7 %), presentaron 1711demandas (+7,7 %), sinaláronse 1823 xuízos (+2,2 %)e asistiuse a 935 (+24,8 %). Hai que sinalar que a folgada Xustiza atrasou moitos xuízos que se concentraroneste ano, de aí a avultada diferenza.Estes son os resultados do traballo realizado: o 13 %

dos expedientes remataron en avinza, o 45 % en sen-tenza estimativa (por riba do 40 % da media confede-ral), o 10 % remataron en sentenza estimativa parciale o 27 %, en sentenza desestimativa.

NEGOCIACIÓN COLECTIVADa análise cuantitativa da situación da negociación co-

lectiva en Galicia despréndese un total de 126 conveniossectoriais con unidade de negociación autonómica ouprovincial. Segundo a data de fin de vixencia, o 68 %están en situación de ultraactividade (caducaron, peroteñen efectos mentres non se asine un novo) ou deperda de vixencia. Logo de analizar a distribución terri-torial e sectorial dos distintos ámbitos de negociación edistribución, o sindicato promoverá unha análise porme-norizada dos convenios colectivos e unha necesaria re-visión do conxunto das unidades de negociación.

A NEGOCIACIÓN COLECTIVAE AS NOVAS TECNOLOXÍASOs avances tecnolóxicos, a dixitalización, a robotiza-

ción, as tecnoloxías da información e comunicación, osdatos masivos (big data) e os algoritmos, entre outrasrealidades da denominada industria 4.0, están a modi-ficar os procesos, as formas de traballo, as posibilida-des de control laboral e as de conciliación da vidalaboral e persoal.Xorden novos retos relativos ao dereito á intimidade,

os riscos de segregación das mulleres, o dereito á des-conexión fóra da xornada laboral ou as novas formasde emprego, especialmente o que se desenvolve me-diante plataformas dixitais.

Verbo destes aspectos, promoveuse no XVII EncontroGalego de Relacións Laborais un proceso de diálogo noámbito da negociación colectiva, co obxectivo de chegara un acordo marco de novas tecnoloxías e mercado detraballo.

Servizos xurídicos enegociación colectivaServizos xurídicos enegociación colectiva

www.ccoo.gal

6

O 73% dos expedientes dos nososservizos xurídicos acaban nunharesolución ou acordo favorable

No ámbito da negociación colec-tiva, xorden novos retos relaciona-dos coas tecnoloxías

Page 7: O Consello Nacional de CCOO ratifica a reforma do AGA3-2019).pdfartigo 83.3 do Estatuto dos traballadores, para regular os procedementos extraxudiciais de solución dos conflitos colectivos

7

IMPULSO DAS ACTIVIDADES VINCULADAS Á TRANSI-CIÓN ECOLÓXICA E A ÁREA DE XUVENTUDEA participación e o protagonismo da xuventude en Gali-

cia, coma noutras xeografías, co gallo de mobilizaciónsglobais como o 8M ou a do cambio climático, revelan acapacidade aglutinadora de ambas as reivindicacións entrea mocidade. En ambos os espazos de mobilización, CCOOten un amplo historial de activismo e proposta, pero ser-mos pioneiros non nos garante un lugar nese espazo pú-blico de mobilización.A mobilización da xente nova caracterízase pola auto-

nomía, a horizontalidade e a liberdade de intervención, eos tres aspectos xérannos dificultades que debemos co-rrixir. Por isto, convocaremos unha Asemblea Nacional áque convidaremos as organizacións xuvenís máis repre-sentativas.

REFORZAR A PARTICIPACIÓNEN SOS SANIDADE PÚBLICAA defensa da Sanidade Pública é, para o Sindicato Na-

cional de CCOO, un compromiso estratéxico con Galicia.A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Galicia(SOS Sanidade Pública) é un instrumento unitario de in-tervención do que fai parte o Sindicato Nacional de CCOOde Galicia desde o seu nacemento. A nosa participaciónnos distintos ámbitos precisa un maior nivel de coordina-ción, especialmente nas comarcas, onde non está conso-lidada, así como no ámbito nacional.Deste xeito, poderanse trasladar á plataforma as propos-

tas comúns para poñer en valor a atención primaria, asícomo loitar contra a precariedade laboral e a súa reper-cusión na atención sanitaria.

PROMOVER XORNADAS MONOGRÁFICAS DE FORMA-CIÓN E ESCOLA SINDICAL DE MOZOS E MOZASAo remate do proceso electoral, chegaremos cun nivel

de renovación de cadros que andará polo 40%, cunha es-trutura sindical conformada por novos delegados e dele-gadas nun sindicato organicamente tamén moi renovado.Novos cadros, tanto en antigüidade como en idade, querequiren que desenvolvamos xornadas monográficas deformación, así como unha Escola Sindical anual cos mozose mozas desta organización.

10 MARZONo 2022 será o 50.º aniversario dos sucesos do 10 de

Marzo, polo que CCOO reforzará a proxección desta datasinalada. Ademais, a Fundación 10 de Marzo presentará oano próximo unha publicación que recompilará as diferen-tes edicións da revista «Alborada», considerada a primeirapublicación feminista editada en Galicia. No período 2020-2021 tamén se gravará e editará o documental Galicia 10de Marzo, do que o sindicato é promotor.

25 DE NOVEMBROA necesidade de corrixir, previr e actuar en prol da erra-

dicación de todo tipo de violencias machistas esixe o com-promiso de toda a organización. Este ano, coincidindo coaefeméride do 25 de novembro e baixo o lema «Tanto tencomo o mires, é cousa de todos e todas», participaremosnas mobilizacións unitarias do feminismo galego.A magnitude da violencia que sofren as mulleres (52 asa-

sinadas no que vai de ano en España, 1028 dende 2003),debe ter, dunha vez por todas, a consideración social deproblema de primeira orde.

PROTOCOLO DE ACTUACIÓNANTE ACCIDENTES MORTAIS No próximo plenario de saúde laboral presentarase un

protocolo de actuación en materia de comunicación, inter-vención sindical, seguimento e avaliación de medidas co-rrectoras ante os accidentes mortais.

PróximasiniciativasPróximasiniciativas

www.ccoo.gal