O TRAFICO E O MEU VECIÑO

3

description

monólogo presentado a un concurso.

Transcript of O TRAFICO E O MEU VECIÑO

Page 1: O TRAFICO E O MEU VECIÑO

I D E A E T E X T O :A n t ó n L ó p e z G o n z á l e z

Page 2: O TRAFICO E O MEU VECIÑO

O TRÁFICO E O MEU VECIÑOO TRÁFICO E O MEU VECIÑOO TRÁFICO E O MEU VECIÑOO TRÁFICO E O MEU VECIÑO MonMonMonMonólogologologologo

Eu teño un veciño que cada vez que se cruza co meu tío na escaleira é para poñerse a tremer… Sempre anda dicindo que está moi ben iso de que poñan tantas mul-tas os de Tráfico porque hai moito energúmeno solto, e unha letanía de cousas que xa non me lembro… El sempre presume que na súa vida lle puxeron unha multa… Nunca pasa de oitenta no coche e non utiliza teléfono móbil… Di que tiñan que meter máis caña aos que beben un viño e logo collen o co-che… O meu veciño sempre fuma no coche e tira as colillas pola fiestra…Sálvase que por iso aínda non fan campaña os de tráfico… Que ¿quen son os de tráfico? Os de tráfico son coma os profes. Fan control por todo. E se aprobas nun, seguro que te pillan noutro. Por exemplo: Ti estás todo cheo porque sabes as capitais de Europa de arriba a abaixo ¿non? pois logo ben o de mate e xa te clava por-que fallaches nunha división. Pois os de Tráfico fan igual co meu pai. O outro día deu negativo no control de alcoholemia pero… Non levaba no coche o recibo do segu-ro e…”CARGADO” multa que te criou… E os polis prohibindo…Son peores ca miña profe… Non corras, non bebas, non fumes, non fales coa xente, leva o cinto, dous triángulos, chaleco reflectante, cadei-ra porta bebé…pero “señores”…! E on-de metemos á xente?

Page 3: O TRAFICO E O MEU VECIÑO

O meu veciño sempre conduce pegado ao de diante, cheirándolle o… bueno… o tubo de escape… pero, por iso non o multa ninguén e se sal-va. E as luces…? ¡Ai…! unha mira para Madrid e outra para Barcelona, pe-ro… como por iso non se fan campañas… tamén se salva…! O meu veciño ten unhas gafas de cu de vaso. Non ve un burro a catro pasos e conduce pola noite… sen que lle poñan multa… sempre se sal-va! E as frases que se escoitan no coche do meu veciño son de… -Chulo!…pasmón!…tocouche o carné nunha tómbola…! mira ese…, mete o coche que non tes un camión…! Pero dálle para diante…!! Pois eu o outro día ía cruzar coa miña nai un paso de peóns. Veu un coche que non parou e… Eu púxenme furioso . Chulo!…pasmón!… díxenlle ao tipo. Miña nai botoume unha bronca… -É esa a educación que che dan no colexio? - recriminoume. -Non, -díxenlle eu-. Iso é o que di o meu veciño, e o que lle chaman ao árbitro en tódolos partidos que poñen na tele.

E, ademais, contra iso “que chaman a boa educación”, non fan campa-ñas os de tráfico, nin che poñen multas.