O VELLO ANTÓN, PELOCHO E OS SEUS COMPAÑEIROS

2
O VELLO ANTÓN, PELOCHO E OS SEUS COMPAÑEIROS Había unha vez un neno chamado Álex, ao que os seus amigos lle chamaban Pelocho, de alcume. Pelocho é un neno que vivía nunha vila chamada Pontecesures. Era un día de moito frío e Pelocho e os seus amigos xuntáronse nunha cova para falar dos disfraces para o Samaín. Cando estaban todos conversando escoitaron uns ruídos. Todos se asustaron! Tremíanlles as pernas do medo que tiñan. Quedaron quietos. Pouco a pouco sentían como unhas pisadas se ían aproximando. Viron unha sombra e, de repente, un home vello, mal vestido, ao que lle faltaba unha perna. -Quen anda aí?- berrou desconsolado, chorando, o vello. Os nenos quedaron mudos, ata que Pelocho, cheo de medo, con voz media temblorosa, berrou en voz alta. -Somos nós, un grupo de nenos da aldea. Que lle pasou? Por que chora tanto? -Son un home moi desgraciado. Hai dous días a miña muller botoume da casa polo malo que era coa miña familia e agora estou moi arrepentido. -Non se preocupe. Nós axudámoslle a saír desta cova e a recuperar a súa familia. Os nenos colleron o homiño e, como puideron, sacárono da cova. Alí fóra, xunto unha grande pedra, seguiron conversando. -E logo vós? Que facíades nesa cova? -díxolles o velliño. -Estamos a falar do Samaín, dos disfraces, da festa que podíamos montar, onde... -Eu poderíavos axudar, xa que vós me ides axudar a recuperar a miña familia. -Moi ben, trato feito, nós axudámolle a vostede, e vostede axúdanos a nós. Así estariamos en paz… O velliño, que por certo se chamaba Antón, díxolles que nos seus tempos as mellores festas se facían no camposanto. Os nenos quedaron brancos ao escoitalo. Estaban abraiados. -Non me miredes así, non vale que sexades uns nenos medrentos, aquí hai que botarlle valor, Que, aceptades a idea ou non? Os nenos por suposto que aceptaron. -Pois entón, hoxe polas nove da noite imos ao camposanto. Tedes que vir disfrazados: de momias, pantasmas, do que vós queirades. Canto máis medo deades mellor. Pelocho e os seus amigos foron para as súas casas para prepararse para a noite. A iso das oito e media estaban listos. Xuntáronse na praza da vila e de alí foron cara ao camposanto. Xa nel, aquilo

Transcript of O VELLO ANTÓN, PELOCHO E OS SEUS COMPAÑEIROS

Page 1: O VELLO ANTÓN, PELOCHO E OS SEUS COMPAÑEIROS

O VELLO ANTÓN, PELOCHO E OS SEUS COMPAÑEIROS

Había unha vez un neno chamado Álex, ao que os seus amigos lle chamaban Pelocho, de alcume.

Pelocho é un neno que vivía nunha vila chamada Pontecesures.

Era un día de moito frío e Pelocho e os seus amigos xuntáronse nunha cova para falar dos

disfraces para o Samaín. Cando estaban todos conversando escoitaron uns ruídos. Todos se

asustaron! Tremíanlles as pernas do medo que tiñan. Quedaron quietos. Pouco a pouco sentían

como unhas pisadas se ían aproximando. Viron unha sombra e, de repente, un home vello, mal

vestido, ao que lle faltaba unha perna.

-Quen anda aí?- berrou desconsolado, chorando, o vello.

Os nenos quedaron mudos, ata que Pelocho, cheo de medo, con voz media temblorosa, berrou en

voz alta.

-Somos nós, un grupo de nenos da aldea. Que lle pasou? Por que chora tanto?

-Son un home moi desgraciado. Hai dous días a miña muller botoume da casa polo malo que era

coa miña familia e agora estou moi arrepentido.

-Non se preocupe. Nós axudámoslle a saír desta cova e a recuperar a súa familia.

Os nenos colleron o homiño e, como puideron, sacárono da cova. Alí fóra, xunto unha grande

pedra, seguiron conversando.

-E logo vós? Que facíades nesa cova? -díxolles o velliño.

-Estamos a falar do Samaín, dos disfraces, da festa que podíamos montar, onde...

-Eu poderíavos axudar, xa que vós me ides axudar a recuperar a miña familia.

-Moi ben, trato feito, nós axudámolle a vostede, e vostede axúdanos a nós. Así estariamos en

paz…

O velliño, que por certo se chamaba Antón, díxolles que nos seus tempos as mellores festas se

facían no camposanto. Os nenos quedaron brancos ao escoitalo. Estaban abraiados.

-Non me miredes así, non vale que sexades uns nenos medrentos, aquí hai que botarlle valor,

Que, aceptades a idea ou non?

Os nenos por suposto que aceptaron.

-Pois entón, hoxe polas nove da noite imos ao camposanto. Tedes que vir disfrazados: de momias,

pantasmas, do que vós queirades. Canto máis medo deades mellor.

Pelocho e os seus amigos foron para as súas casas para prepararse para a noite. A iso das oito e

media estaban listos. Xuntáronse na praza da vila e de alí foron cara ao camposanto. Xa nel, aquilo

Page 2: O VELLO ANTÓN, PELOCHO E OS SEUS COMPAÑEIROS

metía medo e respecto. Estaba todo escuro. As únicas luces eran as dos candís dos rapaces e

algunha que outra vela prendida que había no camposanto.

-Mña nai, medo me dá! Este raio de Antón onde se meteu?

Volveron oír as pisadas que se achegaban, pas,pass, passs, cada vez máis fortes. Pelocho tremía;

Hugo pálido, non sei se pola maquillaxe ou polo que; Lara e Paula a berros; o resto non dicía nin

pío... Nisto oíron a Antón, menos mal era o seu amigo...

-Que susto nos deches!!!

-Isto aínda acaba de empezar. Agora imos xogar a invocar os mortos que se atopan nas

sepulturas…

-Que dis! Toleaches?.

-Xa vos avisei. Se iades vir cagadiños de medo, que non viñerades.

-Medo nós? Diso nada, aínda non nos coñeces ben.

Realmente estabamos todos cagados de medo, aínda que había que disimular. As rapazas non

paraban de berrar. Antón seguía:

-Estamos aquí para chamar a vosa atención e falar con vós. Se nos escoitades, facédenos un sinal!

Pasados uns minutos alí non se vía nin se sentía nada raro. Os rapaces estaban xa máis tranquilos

pero, de repente, oíron un refacho de aire e viron como unha pantasma se movía, voando dun

lado para outro. As velas apagáronse, empezaron a correr e a pantasma perseguíaos polo

camposanto adiante.

-Meu Deus, nós non fixemos nada, apiádate de nós, fai que esta pantasma volva ao seu nicho e

nunca, nunca volveremos a invocaros difuntos! –berraban os rapaces.

Pero nada, a pantasma seguía. O que máis e o que menos xa tiña os pantalóns mollados do medo

que estaban a pasar. De súpeto, ou ben polos berros ou sabe Deus por que, o aire calmou e a

pantasma desapareceu.

-Foi a noite máis longa das nosas vidas -dicían Pelocho e os amigos-. Antón, non sei ti pero dende

logo nós non volveremos a un camposanto a celebrar o Samaín nin tolossss!!!.

-Jajajaja, estabades mortiños de medo!!

Nisto sentiuse o son dun timbre. Pelocho abriu os ollos. Mirou; estaba na cama. Iso si, mollado…

-Bufff, vaia pesadelo!

ÁLEX COMPARADA GONZÁLEZ

6º A