OFICIO - La Academia de Coruña€¦  · Web view38. Competencias transferidas á Comunidade...

31
PROPOSTA DE PROGRAMA QUE REXERÁ NO PROCESO SELECTIVO PARA O INGRESO NO CORPO FACULTATIVO SUPERIOR DE ADMINISTRACIÓN ESPECIAL DA ADMINISTRACIÓN XERAL DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA, SUBGRUPO A1, ESCALA DE PROFESORES NUMERARIOS DE INSTITUTOS POLITÉCNICOS MARÍTIMO-PESQUEIROS Parte xeral 1.A Constitución española de 1978: estrutura e contido. Os valores superiores. Os principios constitucionais. Dereitos fundamentais e liberdades públicas, a súa garantía e a suspensión. 2.A organización territorial do Estado. Organización constitucional do sistema autonómico. Distribución constitucional de competencias entre o Estado e as Comunidades Autónomas. A Administración local. 3.O Estatuto de Autonomía de Galicia: estrutura e contido. As competencias da Comunidade Autónoma de Galicia: exclusivas, concorrentes e de execución da lexislación do Estado. 4.A organización institucional da Comunidade Autónoma de Galicia. O Parlamento. A Xunta e o seu presidente. A Administración de Xustiza en Galicia. 5.A Administración autonómica. A organización da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia. Entidades instrumentais do Sector Público Autonómico. 6.O ordenamento xurídico da Unión europea. Eficacia directa e primacía do dereito comunitario. Dereito orixinario e derivado. As institucións da Unión Europea. Composición e atribucións. As competencias da Unión Europea. 7.O dereito administrativo. As fontes do dereito administrativo. O acto administrativo. Revisión dos actos administrativos. Recursos contra os actos administrativos. O procedemento administrativo común: fases. 8.Dereitos dos cidadáns nas súas relacións coas Administracións públicas. A información e a atención ao cidadán na Comunidade Autónoma de Galicia. A transparencia na actividade administrativa. 9.O acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos. Normativa de aplicación na Comunidade Autónoma de Galicia. Sede electrónica. Identificación e autentificación. Rexistros, comunicacións e notificacións electrónicas. A xestión electrónica dos procedementos. 10. A responsabilidade patrimonial da Administración. O réxime xurídico no sistema español. Responsabilidade de autoridades e funcionarios. 1

Transcript of OFICIO - La Academia de Coruña€¦  · Web view38. Competencias transferidas á Comunidade...

PROPOSTA DE PROGRAMA QUE REXERÁ NO PROCESO SELECTIVO PARA O INGRESO NO CORPO FACULTATIVO SUPERIOR DE ADMINISTRACIÓN ESPECIAL DA ADMINISTRACIÓN XERAL DA

COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA, SUBGRUPO A1, ESCALA DE PROFESORES NUMERARIOS DE INSTITUTOS POLITÉCNICOS MARÍTIMO-PESQUEIROS

Parte xeral

1. A Constitución española de 1978: estrutura e contido. Os valores superiores. Os principios constitucionais. Dereitos fundamentais e liberdades públicas, a súa garantía e a suspensión.

2. A organización territorial do Estado. Organización constitucional do sistema autonómico. Distribución constitucional de competencias entre o Estado e as Comunidades Autónomas. A Administración local.

3. O Estatuto de Autonomía de Galicia: estrutura e contido. As competencias da Comunidade Autónoma de Galicia: exclusivas, concorrentes e de execución da lexislación do Estado.

4. A organización institucional da Comunidade Autónoma de Galicia. O Parlamento. A Xunta e o seu presidente. A Administración de Xustiza en Galicia.

5. A Administración autonómica. A organización da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia. Entidades instrumentais do Sector Público Autonómico.

6. O ordenamento xurídico da Unión europea. Eficacia directa e primacía do dereito comunitario. Dereito orixinario e derivado. As institucións da Unión Europea. Composición e atribucións. As competencias da Unión Europea.

7. O dereito administrativo. As fontes do dereito administrativo. O acto administrativo. Revisión dos actos administrativos. Recursos contra os actos administrativos. O procedemento administrativo común: fases.

8. Dereitos dos cidadáns nas súas relacións coas Administracións públicas. A información e a atención ao cidadán na Comunidade Autónoma de Galicia. A transparencia na actividade administrativa.

9. O acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos. Normativa de aplicación na Comunidade Autónoma de Galicia. Sede electrónica. Identificación e autentificación. Rexistros, comunicacións e notificacións electrónicas. A xestión electrónica dos procedementos.

10. A responsabilidade patrimonial da Administración. O réxime xurídico no sistema español. Responsabilidade de autoridades e funcionarios. Responsabilidade das administracións públicas por actos dos seus concesionarios e contratistas.

11. Os contratos do sector público. Obxecto e ámbito de aplicación. Elementos. Clases. Preparación, adxudicación e formalización. Execución e modificación. Extinción.

12. As subvencións. Réxime xurídico das subvencións na Administración da Xunta de Galicia: concepto. Partes na relación subvencionable. Establecemento. Procedemento de concesión, xestión e xustificación. Causas de reintegro.

13. A Facenda da Comunidade Autónoma de Galicia. A lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia: principios xerais. O orzamento da Comunidade Autónoma de Galicia: contido, estrutura, elaboración e aprobación. Fases da execución.

14. O persoal ao servizo da comunidade autónoma de Galicia: clases e normativa de aplicación. Adquisición e perda da relación de servizo. Réxime disciplinario. Dereitos e deberes dos funcionarios públicos. Situacións administrativas. Réxime de incompatibilidades.

1

15. A protección de datos de carácter persoal. Normativa reguladora. Principios informadores e dereitos das persoas en materia de protección de datos. Ficheiros de titularidade pública. Réxime sancionador.

16. Políticas de Igualdade de Xénero. Disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade: disposicións xerais. A transversalidade. A erradicación do uso sexista da linguaxe. As condicións de emprego en igualdade na Administración pública galega. Medidas de conciliación e corresponsabilidade no emprego público. Políticas contra a violencia de xénero. A Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero: medidas de sensibilización, prevención e detección. Dereitos das mulleres vítimas da violencia de xénero.

17. Discapacidade. A definición de discapacidade segundo a organización Mundial da Saúde. O Real decreto lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social: consideración de persoa con discapacidade. Dereitos. Especial consideración do dereito á vida independente e de participación en asuntos públicos. Igualdade de oportunidades e non discriminación.

2

Parte específica

A1-2093-01 Corpo facultativo superior escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, especialidade de lexislación marítima

1. Dereito marítimo. Concepto e fontes.

2. Espazos marítimos: mar territorial, augas interiores, zona contigua, plataforma continental, Zona Económica Exclusiva, alta mar.

3. Lei de Costas: obxecto e finalidades. Bens de dominio público marítimo-terrestre. Zona marítimo-terrestre. Servidumes legais. Concesións e autorizacións.

4. Lei de Portos do Estado e da Mariña Mercante. Portos do Estado: concepto e clasificación. Organización portuaria. Autoridade portuaria. Dominio público portuario estatal. Servizos portuarios. Servizo de practicaxe.

5. Lei de Portos do Estado e da Mariña Mercante. Mariña Mercante: concepto e réxime das navegacións. Réxime de policía de portos e mariña mercante.

6. Lei de Portos de Galicia. Portos transferidos.

7. Administración marítima central. Administración periférica. Sociedade de Salvamento e Seguridade Marítima.

8. Despacho de buques. Recoñecementos periciais de buques.

9. Réxime aduaneiro. As aduanas. Manifesto. Zona fiscal e zona de vixilancia. Portos, zonas e depósitos francos.

10. Delitos e faltas. Persoas responsables, criminal e civilmente dos delitos e faltas. Delitos contra as persoas: delito de trata de seres humanos. Delito de omisión do deber de socorro. Delitos contra os dereitos dos traballadores. Delitos contra os dereitos dos cidadáns estranxeiros.

11. Delitos contra os intereses xerais: delitos contra os recursos naturais e o medio ambiente. Delitos relativos á protección da flora e a fauna. Delitos contra a saúde pública. Delitos contra a seguridade pública. Delito de danos e delitos provocados por explosivos. Delitos de falsidade: delito de falsificación de documentos públicos, oficiais e mercantís e dos despachos transmitidos por servizos de telecomunicación; delito de falsificación de certificados e delito de usurpación de funcións públicas e de intrusismo. Delito de atentado contra a autoridade, os seus axentes e os funcionarios públicos, e de resistencia e desobediencia. Delito de piratería.

12. O buque: concepto e natureza xurídica. Clasificación. Nacionalidade e abandeiramento. Patente de navegación.

13. O sistema español de rexistro de buques. O Rexistro Mercantil de Bens Mobles. O Rexistro de Matrícula de Buques.

14. A propiedade do buque. Formas de adquirir a propiedade do buque en dereito público e en dereito privado. Outras formas de posesión do buque.

15. O contrato de construción do buque. Contrato de compravenda do buque. Venda forzosa do buque. Abandono do buque. O condominio do buque.

16. O buque como obxecto de garantía. Os créditos marítimos privilexiados. A hipoteca naval.3

17. Naviero, armador e propietario do buque. Responsabilidade. Limitación da responsabilidade do naviero en dereito comparado e no dereito español. O persoal de terra colaborador do naviero. Consignatario. Xestor naval.

18. O capitán: concepto, requisitos, funcións, dereitos e obrigas. Responsabilidade do capitán. Despedimento do capitán. A figura do patrón.

19. Testamentos: concepto e clases. Testamento marítimo.

20. Modos de utilización do buque. O contrato de fretamento. O «time charter». Fretamento ordinario: concepto e requisitos. Cláusulas máis usuais.

21. O transporte de mercadorías en réxime de coñecemento de embarque. O contrato de pasaxe.

22. O seguro marítimo: concepto e características. Elementos do contrato. Obrigas do asegurador e asegurado. Liquidación do contrato de seguro: accións de avaría e abandono.

23. O préstamo á grosa.

24. O remolque marítimo. O contrato de remolque. O remolque manobra. O remolque prestado espontaneamente na mar. O remolque de transporte.

25. Avarías: concepto xeral e clases. Fundamentos xurídicos. Avaría simple ou particular. Avaría grosa ou común. Regras de York e Amberes.

26. A arribada forzosa. O naufraxio. A abordaxe.

27. Auxilios, salvamentos, achados e extraccións marítimos.

28. Protesta de mar. Clases. Requisitos e formalidades. A «note of protest» no Reino Unido.

29. Convenio internacional para a seguridade da vida humana no mar: disposicións xerais. Construción: xeneralidades e aplicación. Elementos de salvamento. Seguridade da navegación. Radiotelegrafía e radiotelefonía.

30. Convenio Internacional sobre Procura e Salvamento Marítimo.

31. Normativa sobre a contaminación nas augas mariñas. Referencia á súa regulación internacional, comunitaria, nacional e autonómica.

32. A Lei de Pesca Marítima do Estado.

33. A ordenación do sector pesqueiro. Distribución competencial.

34. Convenios, acordos e organismos internacionais de pesca máis importantes.

35. O Código de Conduta para a Pesca Responsable da FAO e as orientacións técnicas para unha pesca responsable relacionadas coa ordenación pesqueira.

36. Principais liñas da política pesqueira comunitaria. Institucións comunitarias competentes na materia.

37. Regulamentación nacional e comunitaria da pesca con artes de arrastre, cerco, enmalle e palangre.

38. Competencias transferidas á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de pesca, marisqueo e acuicultura e en formación profesional náutico-pesqueira.

4

39. A Consellería do Mar: estrutura orgánica e funcións. Os organismos dependentes da Consellería do Mar.

40. A Lei de Pesca de Galicia: explotación dos recursos mariños. Infraccións, sancións e procedemento sancionador.

41. Regulamentación de artes e aparellos permisibles na Comunidade Autónoma de Galicia.

42. Confrarías de pescadores. Organizacións de produtores. Outras formas de organización sectorial.

43. Regulación da descarga, transformación e comercialización dos produtos da pesca.

44. Particularidades das relacións laborais no mar. Especialidades da xornada no mar. O contrato de alta dirección.

45. Sistemas retributivos na pesca. Modalidades de cotización e recadación á Seguridade Social do Mar. Réxime especial da Seguridade Social dos traballadores do mar. Prestacións. O Instituto Social da Mariña.

46. A formación profesional e a formación permanente de adultos. Normativa internacional, comunitaria e autonómica en materia de formación profesional náutico-pesqueira.

47. A navegación e titulacións de lecer: competencias e normativa autonómica.

5

A1-2093-02 Corpo facultativo superior escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, especialidade de procesos de cultivo acuícola

1. Características físico-químicas da auga de mar. A súa influencia no cultivo de especies mariñas.

2. Características xeográficas das rías galegas. Circulación estuárica. Dinámica das rías galegas.

3. Dinámica mariña: ondas, mareas, correntes e afloramentos. A súa influencia no cultivo de especies mariñas.

4. Comunidades mariñas: cadeas tróficas. Ciclos de materia e enerxía no mar.

5. A acuicultura mariña en España e no mundo. Situación na actualidade, tendencias e perspectivas. Principais especies e tipos de cultivo.

6. Selección de zonas para instalacións de acuicultura mariña. Factores a considerar.

7. Sistemas de cultivo: intensivo e extensivo. Características destas modalidades de cultivo, descrición das instalacións e principais especies cultivadas en cada modalidade.

8. O tratamento da auga nos criadeiros e nas instalacións de produción de especies mariñas. Descrición das instalacións, sistemas e aparatos de tratamento da auga. Medidas profilácticas xerais e particulares.

9. O criadeiro e o semilleiro de moluscos mariños. Descrición, áreas e elementos destas instalacións.

10. O criadeiro de peixes mariños. Características e instalacións xerais.

11. Sistemas de engorde de moluscos mariños: O engorde en suspendido en zona marítima, en sobreelevado e sobre substrato na zona intermareal. Características e instalacións xerais.

12. Sistemas de engorde de peixes mariños. Características e instalacións xerais.

13. O marisqueo en Galicia. Características definitorias. Principais especies explotadas.

14. A ordenación da explotación de bancos naturais de moluscos. Bases biolóxicas da regulación. Regulamentación autonómica sobre a explotación de bancos naturais de moluscos.

15. Anatomía e fisioloxía de moluscos bivalvos. A súa influencia e aplicación nas técnicas de produción en cultivos acuícolas.

16. Anatomía e fisioloxía de teleósteos. A súa influencia e aplicación nas técnicas de produción en cultivos acuícolas.

17. Bioloxía de crustáceos decápodos mariños de interese para a acuicultura. Características xerais. Factores biolóxicos que inflúen nas técnicas de produción en cultivos acuícolas.

18. Bioloxía dos equinodermos de interese para a acuicultura. Características xerais. Factores biolóxicos que inflúen nas técnicas de produción en cultivos acuícolas.

19. Bioloxía e cultivo de artemia. Técnicas de produción de nauplios e metanauplios como alimento vivo en criadeiro. Calidade nutritiva e enriquecemento.

20. Bioloxía e cultivo de rotífero. Técnicas de cultivo como alimento vivo en criadeiro. Calidade nutritiva e enriquecemento.

6

21. Bioloxía do fitoplancto utilizado como alimento vivo en acuicultura. Influencia e aplicación nas súas técnicas de produción. Criterios de selección de especies para acuicultura.

22. Cultivo de fitoplancto en acuicultura. Descrición dos métodos de cultivo e técnicas de produción.

23. Cultivo de macroalgas mariñas. Métodos de produción de “plantones”. Estratexias de cultivo. Instalacións de cultivo. Normas autonómicas que regulan a colleita de algas.

24. Reprodución, acondicionamento e indución á posta en criadeiro de moluscos bivalvos en Galicia.

25. Cultivo larvario de bivalvos en criadeiro en Galicia. Preengorde da semente en suspendido e sobreelevado.

26. Cultivo de mexillón en Galicia e regulación autonómica. Situación actual e perspectivas.

27. Cultivo de ostreidos en Galicia e regulación autonómica. Métodos de obtención de semente de ostra. O preengorde e engorde.

28. Cultivo de pectínidos en Galicia e regulación autonómica. Métodos de obtención de semente de pectínidos. O preengorde e engorde.

29. Cultivo de venéridos en Galicia e regulación autonómica. Métodos de obtención de semente de venéridos. O preengorde e engorde.

30. Reprodución, posta e incubación de crustáceos decápodos mariños peneidos e non peneidos cultivados.

31. Cultivo larvario de decápodos mariños peneidos e non peneidos cultivados.

32. Engorde de crustáceos mariños peneidos cultivados.

33. Técnicas de estabulación e mantemento de crustáceos decápodos para a comercialización.

34. Reprodución, posta, incubación e desenvolvemento embrionario dos peixes mariños cultivados en Galicia.

35. Cultivo larvario e desteta en peixes mariños cultivados en Galicia.

36. Preengorde e engorde en peixes mariños cultivados en Galicia.

37. Cultivo de rodaballo en Galicia. Situación actual e perspectivas.

38. Cultivo de linguado en Galicia. Situación actual e perspectivas.

39. Cultivo de troita en Galicia. Reprodución, alevinaxe e engorde. Situación actual e perspectivas.

40. Requirimentos nutritivos nos peixes mariños. Manexo do alimento e estratexias alimentarias. Patoloxía da nutrición.

41. Cultivo doutras especies mariñas de interese en Galicia e España. Situación dos cultivos, tendencias e perspectivas.

42. Principais enfermidades bacterianas, víricas e parasitarias dos peixes mariños cultivados en Galicia.

7

43. Patoloxía dos moluscos bivalvos cultivados en Galicia.

44. Control sanitario e depuración de moluscos bivalvos. Proceso de reinstalación de moluscos bivalvos. Técnicas e instalacións. Regulamentación Comunitaria, Estatal e Autonómica.

45. Mareas vermellas en Galicia. Descrición do fenómeno. Organismos implicados Tipos de toxicidade. Consecuencia nos cultivos mariños. Regulamentación Comunitaria, Estatal e Autonómica aplicable no control das mareas vermellas.

46. Métodos de mellora xenética en acuicultura.

47. Lexislación autonómica e estatal básica en materia de cultivos mariños. Normativa comunitaria relativa ás augas de cultivo. Normativa reguladora da inmersión de especies mariñas.

8

A1-2093-03 Corpo facultativo superior escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, especialidade de navegación marítima

1. Esfera terrestre: forma e dimensións. Coordenadas xeográficas. Milla mariña. Horizonte da mar: puntos cardinais. Cartas náuticas: proxección mercatoriana e gnomónica. Características das cartas. Símbolos e abreviaturas. Correccións de actualización das cartas. Catálogo de cartas. Situación, medida de rumbos e distancias nas cartas náuticas. Construción dunha carta mercatoriana en branco.

2. Principios do magnetismo terrestre: Declinación e inclinación magnéticas. Compás magnético. Descrición dunha agulla náutica. Sensibilidade e estabilidade. Tipos de agulla náutica. Magnetismo do buque: desvíos e compensación preliminar. Táboa de desvíos. Corrección total do compás. Outros tipos de compás. Xirocompás: Fundamentos e propiedades do xiróscopo. Axustes. Aliñamento de repetidores. Errores e desvíos. Compás satelitario: principios e aplicación.

3. Parámetros fundamentais da derrota. Rosa dos ventos: Clases e conversión de rumbos. Distancias. Puntos de recalada. Derrota loxodrómica: Definición e características. Resolución mediante procedementos analíticos. Navegación de estima analítica con vento e/ou corrente. Cálculo dos parámetros utilizando latitudes aumentadas.

4. Trigonometría esférica: Elementos que constitúen un triángulo esférico. Propiedades dun triángulo esférico. Fórmulas que relacionan os elementos dun triángulo esférico. Resolución dun triángulo esférico rectángulo. Pentágono de Néper.

5. Derrota ortodrómica: Definición e características. Elementos que a definen. Cálculo do rumbo inicial e final ou de recalada. Cálculo da distancia. Cálculo da economía ou ganancia. Trazado da derrota nas cartas gnomónica e mercatoriana. Determinación de derrotas mixtas.

6. Organización do tráfico marítimo: Rutas de tráfico marítimo seguras. Dispositivos de separación de tráfico. Áreas prohibidas temporalmente ou permanentemente. Estacións de control do tráfico marítimo. Navegación en zona de xeos. Información do servizo internacional de vixilancia (Ice Patrol).

7. Publicacións náuticas: Descrición e uso das publicacións. Correccións de actualización das publicacións. Catálogo de publicacións. Identificación de faros, boias e balizas. Material e equipamentos de derrota: Trazado de rutas en cartas de papel. Trazado de rutas utilizando cartas electrónicas.

8. Reloxo de bitácora: Movementos de rotación e traslación da Terra. Tempos verdadeiro, medio e civil. Horas verdadeira, media, civil, legal e oficial. Hora do reloxo de bitácora. Cronómetro mariño: Descrición. Estado absoluto e movemento. Diario de cronómetros. Cálculo da hora de TU.

9. Mareas: Teoría das mareas. Anuario de mareas: Cálculo das horas e alturas das mareas. Cálculo da sonda no momento. Cálculo da hora para unha determinada sonda no momento. Correntes de marea.

10. Navegación á vista da costa: Definición, medida e trazado de liñas de posición a partir da observación de demoras, marcacións, enfilacións, oposicións, ángulos horizontais, ángulos verticais e liñas isobáticas. Manexo de alidadas. Métodos de determinación da corrección total á vista da costa. Métodos de posicionamento do buque por liñas de posición simultáneas e non simultáneas. Determinación e trazado na carta de rumbos con vento e/ou corrente. Métodos de obtención dos parámetros da corrente. Navegación de estima gráfica con vento e/ou corrente.

9

11. Navegación astronómica: Definición dos elementos da esfera celeste: Clases de esferas. Liña cénit-nadir e horizontes. Esfera celeste xeocéntrica. Definición dos sistemas de coordenadas dun punto na esfera celeste: Coordenadas celestes: horarias. Coordenadas horizontais. Coordenadas uranográficas. Triángulo de posición: definición e elementos.

12. Movemento aparente dos astros: clases de esferas en función da latitude de quen observa: Identificación de arcos diúrnos e nocturnos. Ortos e ocasos.Crepúsculos: as súas clases. Trazado do triángulo de posición. Métodos de cálculo para a obtención dos determinantes dunha recta de altura. Determinación da corrección total da agulla magnética e desvío do xirocompás mediante cálculos astronómicos.

13. Almanaque náutico. Descrición. Cálculo do horario e a declinación. Cálculo das horas de paso dos astros polo meridiano. Cálculo das horas de ortos e ocasos dos astros.

14. Utilización do sextante. Teoría óptica: Identificación de elementos. Función. Axuste de espellos. Métodos de determinación do erro de índice. Técnicas e precaucións de manexo. Identificación das condicións favorables para a observación. Obtención da altura dun astro.

15. Aplicación de correccións ás alturas observadas. Métodos de recoñecemento de astros. Situación por rectas de altura simultáneas e non simultáneas. Obtención da latitude pola polar. Obtención da situación a mediodía verdadeiro por intervalo uniforme e coeficiente Pagel: método das bisectrices nunha situación con tres rectas de altura.

16. Radar: Descrición e tipos de radares. Alcance. Factores que afectan o seu rendemento e a súa precisión. Axustes de funcionamento: brillo e ganancia, sintonía, lonxitude de impulso e escalas. Obtención de marcacións, demoras e distancias. Utilización de filtros de chuvia e/ou mar. Identificación de ecos críticos. Detección de erros, falsos ecos, interferencias e zonas de sombra. Modos de presentación: vantaxes e inconvenientes: Proa arriba.Norte arriba. Rumbo arriba. Movementos relativos e verdadeiros.

17. Principios da cinemática aplicada a o radar. Avaliación do risco de colisión. Determinación de CPA e TCPA en situacións de cruzamento, volta encontrada e alcance. Cálculo do rumbo e velocidade do buque observado. Efectos dos cambios de rumbo e/ou velocidade do buque propio e dos ecos. Cálculo do rumbo e/ou velocidade de evasión do buque observador. Utilización de índices paralelos.

18. Manexo dos demais equipamentos electrónicos: Ecosondas: descrición e manexo. Descrición e uso das barquiñas máis utilizadas. Sisglobal de posición na navegación: Descrición do receptor GPS e DGPS. Acendemento e posta a punto. Identificación das funcións do menú. Planificación dunha ruta. Introdución de marcas e alarmas. Activación dunha ruta. Sisautomático de identificación no control do tráfico: Descrición do receptor AIS. Acendemento e posta a punto. Identificación das funcións do menú. Carga dos datos da viaxe. Transmisión de mensaxes de seguridade.

19. Meteoroloxía marítima aplicada á navegación. Atmosfera. Descrición das variables meteorolóxicas: temperatura, presión e humidade. Instrumentos meteorolóxicos a bordo: funcionamento e manexo; interpretación e utilidade da información obtida.

20. Formacións nubradas e as súas consecuencias: Nubes: clases e os seus efectos. Brétemas: clases e a súa orixe. Precipitacións. Formas tormentosas.

21. Formación do vento: Circulación do vento nas baixas e altas presións. Medida da dirección e a velocidade. Escala de Beaufort. Vento real e aparente.

10

22. Circulación xeral da atmosfera. Masas de aire. Frontes. Borrascas e anticiclóns.

23. Obtención de información meteorolóxica. Boletíns meteorolóxicos.

24. Análise e previsión do tempo: Carta meteorolóxica de superficie. Carta meteorolóxica de 500 Hpa. Cálculo da velocidade do vento xeostrófico e en superficie. Mar: determinación da dirección e altura das ondas. Previsión de brétemas e precipitacións. Evolución das variables meteorolóxicas.

25. Ciclóns tropicais: Descrición da estrutura dun ciclón. Determinación da posición relativa do vórtice.Previsión da evolución do vórtice. Manobra de evasión.

26. Oceanografía: Ondas: formación e parámetros característicos. Correntes de réxime xeral. Manobras en presenza de xeos.

27. Sismundial de socorro e seguridade marítima: Funcións do SMSSM/GMDSS. Definición das zonas A1, A2, A3 e A4. Equipamentos radioeléctricos para zonas A1, A2, A3 e A4. Exixencias de certificación no SMSSM.

28. Comunicacións no servizo móbil marítimo: de socorro, urxencia e seguridade, e de rutina.

29. Estacións no servizo móbil marítimo: de barco, costeiras, de prácticos/as e servizos portuarios, de centros de coordinación de salvamento e de radiobaliza de localización de sinistros.

30. Frecuencias e propagación: Espectro radioeléctrico e bandas de frecuencias. Frecuencias no servizo móbil marítimo. Características das ondas electromagnéticas. Tipos de propagación. Tipos de modulación. Comunicación en VHF, MF e HF. Frecuencias de socorro e seguridade do SMSSM/GMDSS e do sisanterior a este.

31. Principios xerais e características básicas do servizo móbil marítimo por satélite: Comunicacións por satélite: segmento espacial de INMARSAT. Modos de comunicación.

32. Caracterización dos equipamentos dunha estación nun barco: Controis e uso dos receptores de chamada selectiva dixital de VHF e MF/HF. Controis e uso dos equipamentos de radio VHF e MF/HF. Instalacións de antenas VHF, MF/HF, de satélite e de NAVTEX. Fontes de enerxía: xerador de emerxencia e baterías. Carga e mantemento das baterías. Inspeccións e revisións dos certificados de seguridade e das licenzas. Uso efectivo dos documentos e publicacións obrigatorios.Mantemento do diario do servizo radioeléctrico. Sisautomático de identificación (AIS). Teléfono satelitario.

33. Chamada selectiva dixital (LSD): Formato de chamada. Categoría das chamadas: socorro, urxencia, seguridade e outras comunicacións. Número de identificación MMSI.

34. O radiotelex: principios xenerais de los sistemas NBDP: Controis e indicadores. Operacións de teclado.

35. Manexo de sistemas de INMARSAT. Aplicacións dos diferentes sistemas INMARSAT no SMSSM. NAVTEX: Propósito do sisNAVTEX. Frecuencias do NAVTEX. Selección das costeiras e tipo de mensaxe: mensaxes que non poden seren rexeitados.

36. Equipo das embarcacións de supervivencia: Radiobalizas de socorro (RBLS): Radiobalizas por satélite: características básicas da operación en 406.025 MHz. y 1.6 MHz. Mantemento de rutina. Respondedor radar de procura e salvamento (SART). Características técnicas. Modo de operación e mantemento de un SART. Equipamentos VHF portátiles. Utilización do vocabulario normalizado da OMI. Utilización do código internacional de sinais.

11

37. Planificación do abandono do buque: Normativa nacional e internacional sobre equipamentos e dispositivos de salvamento. Abandono do buque. Procedementos de emerxencia, exercicios e puntos de reunión.

38. Equipos de Salvamento: Dispositivos individuais de salvamento. Embarcacións de supervivencia. Botes de rescate. Dispositivos de posta en flotación e de embarque. Mantemento e inspección dos dispositivos.

39. Aplicación de técnicas de supervivencia: Utilización dos equipamentos radioeléctricos de socorro. Utilización dos dispositivos de salvamento individuais. Técnicas de agrupamento e embarque nas embarcacións de supervivencia. Utilización das embarcacións de supervivencia. Utilización dos botes de rescate. Posta en marcha e manexo do motor e outros equipamentos das embarcacións de supervivencia. Equipamento e utilización de sinais pirotécnicos. Utilización do equipamento de protección térmica. Supervivencia en inmersión. Técnicas de supervivencia a bordo de botes ou balsas salvavidas. Aspectos psicolóxicos na supervivencia.

40. Prevención e loita contra incendios a bordo: Normativa nacional e internacional en materia de loita contra incendios a bordo. Teoría do lume. Mecanismos de extinción. Axentes extintores. Prevención na carga de mercadorías perigosas e loita contra incendios. Sinalización e plano de loita contra incendios/OMI.

41. Rede contra incendios e os seus complementos. Detección de incendios. Equipamento respiratorio. Vías de evacuación en caso de emerxencia. Tácticas e estratexias nos incendios. Comunicacións e coordinación.

42. Emprego da auga para a extinción de incendios: efectos sobre a estabilidade, precaucións e medidas correctoras. Control da ventilación. Investigación e compilación de información sobre causas de incendios. Planificación e organización de exercicios periódicos.

43. Aplicación de técnicas de loita contra incendios: Equipamentos móbiles e portátiles de loita contra incendios. Recarga de extintores. Equipamento de bombeiro/a. Utilización de equipamentos de protección na loita contra incendios. Equipamento de respiración autónoma (ERA). Xeración e utilización de espumas de distinto coeficiente de expansión.

44. Aplicación de técnicas de control de inundacións: Normas nacionais e internacionais. Compartimentación. Servizo fixo de achique. Portas e xuntas estancas. Vías de auga. Apontoamentos. Taponamentos. Parcheamento de tubaxes. Equipamentos portátiles de achicamento. Establecemento dos límites dunha inundación. Medidas que procede tomar despois dunha abordaxe.

45. Prevención e loita contra a contaminación accidental: Normativa nacional e internacional en materia de prevención da contaminación e loita contra a contaminación accidental. Efectos da contaminación accidental do medio mariño. Prevención da contaminación do medio mariño.

46. Técnicas de loita contra a contaminación por hidrocarburos e contra a contaminación química. Equipamentos de loita contra a contaminación por hidrocarburos. Nocións de xestión de residuos perigosos. Xestión de residuos a bordo. Plan de continxencias para verteduras accidentais de hidrocarburos ou outras substancias contaminantes (SOPEP/SMPEP).

12

A1-2093-04 Corpo facultativo superior escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, especialidade de pesca marítima

1. Utensilios de pesca e nasas: clases e xeneralidades.

2. Materiais utilizados na pesca: tipos e propiedades. Clasificación química. Termos e definicións na construción de fíos. Torsión: dirección de torsión e coeficientes.

3. Sistemas internacionais de numeración de fíos. Clasificación e características dos distintos sistemas. Fórmulas e cálculos de conversión. Cálculo do diámetro e peso dos fíos.

4. Principais propiedades das fibras na industria pesqueira: densidade, resistencia, propiedades elásticas, dureza, rixidez, absorción de auga, contido de humidade. Encollemento de fíos e panos. Envellecemento do material.

5. Elección e combinación de materiais a utilizar nas distintas artes e aparellos de pesca. Cabos sintéticos, mixtos e combinados.

6. Xeneralidades sobre cables que se utilizan na pesca. Características. Resistencia á tracción. Flexibilidade. Resistencia ao desgaste e á acción corrosiva. Coeficiente de seguridade. Construción dos cables: número, formas e tipos de torsión dos cordóns; número e tipo de almas.

7. Mallas: tipos e características. Aberturas da malla. Coeficientes de abertura vertical e horizontal. Área das mallas en función da abertura.

8. Panos. Técnicas de confección dos diferentes panos. Fórmulas utilizados para cortar panos. Cálculo e aplicación das fórmulas de corte. Unión de panos.

9. Aparellos: clases, xeneralidades e características. Deseño e armado dos aparellos de pesca.

10. Pesca con artes de cerco: clases, xeneralidades e características. Cálculos de confección e armado de artes de cerco.

11. Pesca con artes de enmalle: clases, xeneralidades e características. Cálculos de confección e armado de artes de enmalle.

12. Pesca con artes de arrastre: xeneralidades e características. Clasificación das diferentes redes de arrastre segundo o seu deseño.

13. Portas de arrastre: clases, xeneralidades e características.

14. Forzas que actúan sobre as portas de arrastre e o seu efecto. Forzas hidrodinámicas. Forzas de fondo. Cálculo da superficie e do peso das portas de arrastre.

15. Instalación, medición e marcaxe dos cables. Cálculo da lonxitude do cable que se vai fiar. Rendemento axeitado dos cables. Diámetro das poleas e tambores. Cálculo do diámetro do cable de acordo coa potencia de máquinas do buque e resistencia do arte. Cálculo da capacidade do tambor de arrastre. Conservación dos cables.

16. Unión dos cables ás portas. Instalación dos pés de galo, calóns, ventos, frotadores e lastres. Conservación.

17. Potencia de arrastre: elementos básicos da arte de arrastre.

13

18. Relación entre a separación de portas e abertura da rede. Lonxitude do cable de arrastre e distancia entre portas. Profundidade do lugar de pesca e lonxitude do cable a largar. Velocidade de arrastre e abertura vertical e horizontal da rede.

19. Consideracións xerais sobre a construción de redes de arrastre. Construción de redes de arrastre de acordo coas especies de peixes que se desexan capturar. Deseño da rede de acordo coa velocidade de arrastre. Cálculo da lonxitude de ventos e malletas.

20. Cálculo da resistencia do equipo de arrastre: cables, portas, malletas, calóns e rede.

21. Consideracións sobre as formas e tamaños das artes de arrastre.

22. Método da similitude para artes de arrastre: o seu cálculo.

23. Método para determinar o rendemento das redes de arrastre peláxicas.

24. Causas de traballo defectuoso dun conxunto de arrastre e formas de corrixilas.

25. Manobras de pesca con artes de arrastre. Caracterización das manobras segundo o tipo de pesca e as condicións da zona: tipos e técnicas. Execución e supervisión das manobras realizadas.

26. Manobras de pesca con artes de cerco. Caracterización das manobras segundo as condicións da zona: tipos e técnicas. Execución e supervisión das manobras realizadas.

27. Manobras de pesca con artes de enmalle e aparellos de pesca. Caracterización das manobras segundo o tipo de pesca e as condicións da zona: tipos e técnicas. Execución e supervisión das manobras realizadas.

28. Aplicación de técnicas de interceptación e seguimento da pesca. Localización de cardumes: cálculo e a súa interpretación. Avaliación das características do cardume: posición, rumbo, velocidade, profundidade e densidade. Factores ambientais que afectan á detección: salinidade, temperatura, luminosidade e correntes.

29. Técnicas de captura con diferentes artes de pesca.

30. Técnicas de simulación pesqueira. A súa aplicación tecnolóxica a bordo. Execución das manobras de pesca en simulación: elección da posición inicial das manobras; manobras de aproximación ao cardume e avaliación dos parámetros para realizalo; manobras de largado e virado; control de tempos e avaliación de parámetros externos -tempo meteorolóxico- e internos -buque durante o lance.

31. Características e manexo dos equipos electrónicos e axuda á pesca: sondas, sonar, escáner de rede ou similar, plotter. Diferentes tipos de equipos de detección: elementos constitutivos, funcións, axustes, técnicas de manexo e documentación técnica.

32. Mecanización das operacións pesqueiras. Descrición, manexo e control da maquinaria e equipamento da cuberta e do parque de pesca. Principios de funcionamento, aplicacións e terminoloxía básica de instalación e sistemas do parque de pesca. Verificación e control das instalacións frigoríficas.

33. Armado de artes e aparellos de pesca. Planificar os traballos e obter a información necesaria para o montaxe das artes e aparellos de pesca a partires da documentación técnica dispoñible e normas aplicables. Deseño de artes e aparellos de pesca. Organizar os materiais, útiles e ferramentas necesarias para o montaxe.

14

34. Reparación e mantemento de artes e aparellos. Selección dos materiais e útiles necesarios para a reparación segundo as características das artes e aparellos. Actuacións cando non falta pano e cando falta pano. Corte dos panos en función da avaría producida. Reparación tendo en conta a zona da avaría cumprindo as normas de seguridade e prevención de riscos laborais. Operacións requiridas para a conservación de artes e aparellos de pesca cando non se estean utilizando.

35. Cartas de pesca: deseño, interpretación, signos e abreviaturas.

36. Descomposición do peixe: causas. Cambios post-mortem no peixe: sensoriais, autolíticos, bacteriolóxicos e de oxidación. Cambios na calidade: a hixiene durante a manipulación, efectos do eviscerado e os ocasionados polo dióxido de carbono. Coidados co peixe antes de introducilo na adega ou neveira. Avaliación da calidade do peixe.

37. Diferentes métodos de conservación do peixe a bordo: xeo, refrixeración, conxelación, conxelación por salmoira. Outros métodos de conservación. Operacións de conservación das capturas: descrición e características. Envases: tipos, características e función.

38. Técnicas e procedementos de estiba do peixe a bordo. Efecto da temperatura durante o almacenamento. Limpeza e desinfección dos espazos.

39. Valoración da calidade: estándares de calidade e controis. A Norma ISO 22000 de Xestión da Inocuidade dos Alimentos aplicado á pesca. O sistema APPCC. A trazabilidade dos produtos pesqueiros. Regulamentación hixiénico-sanitaria.

40. A prevención de riscos laborais durante as operacións pesqueiras: indumentaria e equipos de protección persoal; aspectos organizativos; comunicación. Hixiene do medio. Factores de risco de carácter persoal e psicosocial. Marco normativo.

41. Planificación dunha marea de pesca. Variables que interveñen e estimación de necesidades. Caracterización dos buques, equipos de pesca e tripulación necesaria. Caracterización dos caladoiros: xeográficas, histogramas pesqueiros, especies obxectivo, época, zona de pesca, fondos, correntes, ventos e condicións físico-biolóxicas da área de pesca. Cálculo do tempo aproximado da marea. O Rendemento Máximo Sostible.

42. Relevo submarino: influencia do relevo e natureza do fondo na pesca. Rexións pesqueiras: características.

43. O Código de conduta para a práctica dunha pesca responsable da FAO. O Plan de Acción Internacional para Prever, Desalentar e Eliminar a Pesca Ilegal, non Declarada e non Regulamentada. O Plan de Acción Internacional para a ordenación da capacidade pesqueira. As súas implicacións técnicas na explotación dos recursos pesqueiros.

44. A práctica dunha pesca responsable no contexto da Unión Europea. A Política Pesqueira Común. A selectividade das artes e aparellos de pesca.

45. A organización e servizos dos portos pesqueiros. Aspectos operativos sobre a estrutura do sector pesqueiro.

46. A importancia da pesca a nivel galego, nacional e europeo.

47. Organización dunha empresa pesqueira. Redes de comercialización e transporte.

15

A1-2093-05 Corpo facultativo superior escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, especialidade de inglés marítimo

1. Didáctica do inglés marítimo como lingua estranxeira usando as catro habilidades dunha lingua. Frases normalizadas da OMI, xeneralidades.

2. Sisfonolóxico da lingua inglesa I: vogais. Representación gráfica. Formas fortes e débiles. Os ditongos. Representación gráfica. Comparación co sisfonolóxico das linguas oficiais da Comunidade Autónoma. O porto, clasificación e facilidades.

3. Sisfonolóxico da lingua inglesa II: as consoantes. Representación gráfica. Comparación co sisfonolóxico das linguas oficias da Comunidade Autónoma. Partes do barco.

4. Sisfonolóxico da lingua inglesa III: acento, ritmo e entoación. Comparación co sisfonolóxico das linguas oficias da Comunidade Autónoma. Comunicacións a bordo. Ordes á máquina e ao temoeiro.

5. Léxico. Características da formación de palabras no inglés. Prefixación, sufixación e composición. Expresión da posición e dirección a bordo dun buque. Clasificación dos barcos mercantes.

6. O substantivo. Clasificación. Xénero e número. Funcións. Equipamento e elementos empregados para a loita contra incendios. Prevencións. Frases normalizadas de la OMI para protección e loita contra incendios.

7. O artigo. Determinado e indeterminado. Funcións e usos. Organización a bordo do buque. Departamentos.

8. Expresión da cantidade. Tanques e operacións con estes. Frases normalizadas da OMI de información sobre operacións con tanques.

9. Expresión da situación no espazo e tempo. Demostrativos. Persoas que teñen relación co buque.

10. Expresión da distribución. Distributivos. Clasificación dos buques pesqueiros. Nomenclatura de aparellos e artes. Frases normalizadas da OMI para pesca.

11. Expresión da imprecisión ou indeterminación. Indefinidos. Comunicacións por VHF. Regras xerais e convencionalismos. Frases normalizadas da OMI para comunicacións por radio.

12. Demanda de información. Interrogativos. Comunicacións de busca e salvamento. Unidades implicadas na comunicación de busca e salvamento. Frases normalizadas da OMI para a busca e salvamento.

13. O pronome persoal. Formas, funcións e posición. Comunicacións de socorro e urxencia. Regras xerais. Frases normalizadas da OMI para comunicacións de socorro e de perigo.

14. Expresión da calidade. Expresión do grado e comparación. Características e dimensións do buque. Frases da OMI para adquirir e proporcionar información sobre o tráfico en situacións normais.

15. A preposición. Expresión do lugar, do tempo e outros. Expresión da posición e da dirección nun buque.

16

16. Expresión da posesión. Información para a navegación. Terminoloxía empregada nos avisos para a navegación. Frases normalizadas da OMI para avisos para a navegación. Mensaxes estándar de seguridade relacionados cos avisos para a navegación.

17. Pronome relativo. Motor principal. Motor de dous e catro tempos. Partes principais e funcionamento.

18. Localización no espazo: lugar, dirección e distancia. Seguridade a bordo. Nomenclatura do material de salvamento a bordo. Equipamento do bote salvavidas. Frases normalizadas da OMI para a seguridade a bordo: alarma xeral e avisos por megafonía.

19. Localización no tempo: relacións temporais. Frecuencia. Manobras para previr abordaxes.

20. Tempo real e tempo verbal. Verbos regulares e irregulares. Documentos de despacho do buque.

21. Formas impersoais do verbo to be. As diferentes axudas á navegación. Publicacións náuticas.

22. Tempo verbal: presente. Formas e usos. Servizo de práctico. Frases normalizadas referidas á solicitude de servizo de práctico e a súa execución.

23. Tempo verbal: pasado. Formas e usos. Fondeo. Elementos que interveñen na manobra fondeo. Frases normalizadas da OMI para a manobra de fondeo e saída de fondeo.

24. Tempo verbal pretérito perfecto. Formas e usos. Equipos electrónicos para a navegación.

25. Tempo verbal futuro. Formas e usos. Chegada, atraque e desatraque. Terminoloxía relacionada coa chegada, atraque e desatraque dun buque a porto. Frases normalizadas da OMI de comunicación de chegada e as empregadas nas manobras de atraque e desatraque.

26. Tempo verbal condicional. Formas e usos. Comunicacións médicas. Primeiros auxilios e atención médica. Enfermidades e accidentes máis frecuentes a bordo.

27. O imperativo. Helicóptero. Terminoloxía relacionada coas operacións de helicóptero. Frases normalizadas da OMI de helicópteros.

28. Formas non persoais do verbo. Infinitivo. Funcións. Gardas na sala de máquinas. Léxico relacionado coa garda de máquina. Frases normalizadas da OMI relacionadas coa información sobre as tarefas da garda da máquinas..

29. Formas non persoais do verbo. A forma en –ing ou –ed. Funcións. Gardas de ponte. Léxico relacionado coa garda de ponte. Frases normalizadas da OMI relacionadas coa información sobre as tarefas da garda de ponte.

30. Verbos auxiliares. Formas e funcións. Guía de entrada a porto.

31. Verbos modais. Formas e funcións. Remolcador. Terminoloxía usada nos servizos de remolcador. Frases normalizadas da OMI de remolcadores.

32. “Multi-word verbs”. A sala de máquinas: partes principais.

33. Respostas curtas. So e neither. Elementos básicos dun circuíto hidráulico.

34. Respostas longas. Orden e estrutura da resposta. Terminoloxía relacionada co funcionamento e avarías na sala de máquinas. Informe de avarías.

35. O modo imperativo. Formas e funcións. O taller a bordo. Ferramentas e tarefas.

17

36. Estrutura da oración en inglés: afirmacións, preguntas, negacións e exclamacións. Servizos de tráfico marítimo. Terminoloxía especial dos servizos de tráfico marítimo. Frases normalizadas da OMI dos servizos de tráfico marítimo.

37. Expresión da aserción, a énfase e a obxección. O servo.

38. Relacións de causa e consecuencia. Polución mariña. A contaminación mariña e prevención.

39. Relacións temporais. Meteoroloxía mariña. Terminoloxía referida á meteoroloxía mariña. Partes meteorolóxicos. Escalas Beaufort e Douglas. Frases normalizadas da OMI para información meteorolóxica e hidrográfica.

40. Expresión da finalidade. Inspeccións a bordo.

41. Expresión da dúbida. Maquinaria auxiliar a bordo. Partes principais e funcionamento.

42. Expresión da condición e hipótese. Elementos básicos dos circuíto eléctricos a bordo.

43. Expresión do contraste. Soldadura eléctrica e oxiacetilénica.

44. A voz pasiva. Formas e funcións. Terminoloxía relacionada coas bombas, válvulas e encanamentos. A súa localización e finalidade.

45. O discurso directo e o discurso indirecto. Carga e manexo da carga.

46. A comunicación escrita. Distintos tipos de textos escritos. Elementos básicos do circuíto frío.

47. Historia da lingua inglesa e a súa influencia nas comunicacións marítimas. Documentación a bordo do buque.

18

A1-2093-07 Corpo facultativo superior escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, especialidade de intervención subacuática e hiperbárica

1. O mergullo en apnea. Equipamento e desenvolvemento da actividade.

2. O mergullo con equipos autónomos de circuíto aberto. Equipamento e desenvolvemento da actividade.

3. O mergullo con equipos autónomos de circuítos pechados e semipechados. Rebreathers.

4. O mergullo con subministro desde superficie. Equipamento e desenvolvemento da actividade.

5. O mergullo con campá húmida: equipamento.

6. O mergullo con campá húmida: desenvolvemento da actividade e protocolos de actuación.

7. Xeneralidades do mergullo a profundidade: equipamento de mergullo con campá pechada e complexos de saturación.

8. Identificación das técnicas de inmersión. Identificación dos equipos de inmersión empregados nas diferentes técnicas.

9. Planificación dunha intervención subacuática.

10. Condicións físicas e químicas do medio mariño.

11. Dinámica mariña: Ondas, mareas e correntes.

12. Meteoroloxía. Previsións meteorolóxicas. Condicións para o desenvolvemento das actividades subacuáticas. Sondas batimétrícas, cartografía submarina, división do océano segundo a profundidade.

13. A planificación da inmersión: descrición das fases e parámetros de seguridade. Equipo de traballo, compoñentes, atribucións e reparto de tarefas. Instalacións de radiocomunicación: normativa, identificación do Servizo Móvil Marítimo (MMSI), emisión de alertas de socorro.

14. Física e química aplicada ao mergullo. Teoría da descompresión. Manexo das táboas de descompresión que aparecen na lexislación española.

15. Aspectos básicos dos accidentes en mergullo: accidentes disbáricos e non disbáricos. Prevención e actuación xeral nos accidentes de mergullo.

16. Gases empregados no mergullo. Efectos fisiolóxicos.

17. Cámara hiperbárica: Aplicacións e manexo. Mantemento da planta hiperbárica. Compoñentes e sistemas da cámara hiperbárica.

18. Reguladores de mergullo.

19. Ordenadores de mergullo.

20. Estacións de carga. Compoñentes.

21. Compresores de aire respirable.

22. Mergullo con Nitrox.

19

23. Mergullo con Trimix y Heliox.

24. Ferramentas neumáticas de aplicación no mergullo.

25. Ferramentas hidráulicas de aplicación no mergullo

26. Mantemento de equipos e ferramentas.

27. Globos elevadores: tipos e manexo.

28. Corte térmico subacuático.

29. Corte mecánico subacuático.

30. Aplicación das técnicas de soldadura en ambiente normobárico e en ambiente subacuático.

31. Traballos en obra viva: Preparación dos equipos de reparación en obra viva segundo a avaría e reparación de avarías en obra viva. Manexo de equipos de inspección.

32. Operacións de refrotamento e salvamento de buques.

33. Traballos en emisarios submarinos.

34. Operacións de montaxe e tendido de emisarios e conducións.

35. Operacións de mantemento de estruturas e instalacións somerxidas ou subterráneas.

36. Caracterización dos procedementos de voladura subacuática.

37. Técnicas de busca subacuática.

38. Enrases submarinos.

39. Traballos de cimentación subacuática.

40. Monoboias. Principais traballos subacuáticos a realizar.

41. Inspeccións subacuáticas: equipos de fotografía e vídeo submarino.

42. Normativa de mergullo profesional e extractivo.

43. Normativa de seguridade para o exercicio de actividades subacuáticas. Plans de emerxencia e rescate.

44. Normativa sobre seguridade, hixiene e prevención de riscos no traballo. Medios de prevención e extinción de incendios a bordo.

45. Normas de calidade específicas de mergullo (EN-UNE). Normativa sobre recipientes e aparatos a presión.

46. Plan de emerxencia e de evacuación no ámbito de traballo. Protocolo de actuación ante unha situación de emerxencia.

20

A1- 2093-09 Corpo facultativo superior escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, especialidade de máquinas e instalacións mariñas

1. Xeración de enerxía eléctrica a bordo. Alternador trifásico. Tipos de rotor e estator. Reguladores automáticos de tensión.

2. Potencia e rendemento do alternador trifásico. Xeradores de eixo de cola. Mantemento de alternadores a bordo.

3. Axuste de alternadores trifásicos. Condicións do conexionado dos alternadores para o seu axuste. Axuste en paralelo. Cadro de axuste.

4. Dispositivos de seguridade. Sincronizadores. Posta en marcha e parada de alternadores.

5. Distribución da enerxía eléctrica a bordo. Cadro principal. Servizos esenciais. Servizos non esenciais.

6. Sistemas de protección e investimento de potencia. Medida de illamentos.

7. Cadro de emerxencia. Subministración de enerxía eléctrica de redes eléctricas externas ao buque.

8. Elementos das instalacións eléctricas a bordo. Interruptores de baixa e alta tensión. Interruptores automáticos. Conmutadores.

9. Investidores. Disxuntores. Relés. Variadores de frecuencia trifásicos.

10. Convertedores de corrente continua-alterna. Cargadores de baterías. Fontes de alimentación.

11. Transformadores. Diferentes tipos de transformadores. Funcionamento. Rendemento do transformador, factores. Sistemas de refrixeración. Axuste de transformadores.

12. Motores de corrente alterna. Motores síncronos. Aplicacións dos motores síncronos. Motores asíncronos ou de indución.

13. Deslizamento e par motor dos motores síncronos. Arranque estrela triángulo de motores síncronos. Regulación da velocidade.

14. Cadros de control de manobra de motores eléctricos. Elementos de protección dos motores eléctricos. Sistemas de arranque, mando e control.

15. Interpretación de esquemas eléctricos. Simboloxía normalizada. Significado da numeración dos elementos e contactos nas liñas eléctricas.

16. Xeración e distribución da enerxía neumática a bordo do buque: compresores de baixa, media e alta presión. Mantemento de compresores.

17. Sistemas de regulación do aire comprimido. Sistemas de filtrado do aire comprimido. Sistemas de secado do aire comprimido.

18. Sisneumático de arranque de motores térmicos. Elementos do sisneumático de arranque. Válvulas distribuidoras propias do sisde arranque. Válvulas de arranque para motores diésel.

19. Características dos acumuladores de aire de arranque. Mantemento dos sistemas pneumáticos de arranque.

20. Sistemas pneumáticos de regulación e control. Aplicacións a bordo. Válvulas de vías. Válvulas de procesamento.

21. Actuadores pneumáticos. Representación gráfica e interpretación de esquemas pneumáticos. Simboloxía normalizada.

21

22. Sistemas electroneumáticos. Tipoloxía das válvulas electroneumáticas. Servo pilotaxe eléctrica-pneumático.

23. Captadores utilizados en sistemas electroneumáticos. Procesamento de sinais. Representación e interpretación de esquemas electroneumáticos.

24. Xeración da enerxía oleohidráulica. Características do grupo oleohidráulico. Bombas hidráulicas. Válvulas de seguridade.

25. Sistemas de filtrado do aceite hidráulico. Sistemas de refrixeración do aceite. Mantemento do grupo oleohidráulico.

26. Circuítos oleohidráulicos. Válvulas de vías. Válvulas limitadoras e reguladoras de presión. Válvulas de retención, tipoloxía.

27. Regulación do caudal. Actuadores hidráulicos. Simboloxía normalizada.

28. Numeración dos compoñentes no circuíto. Mantemento e localización de avarías.

29. Sistemas electrohidráulicos. Aplicacións a bordo do buque. Tipoloxía das válvulas electrohidráulicas. Pilotaxe das válvulas eléctricohidráulicas.

30. Representación e interpretación de esquemas electrohidráulicos. Mantemento e localización de avarías.

31. Oleohidráulica proporcional. Válvulas de vías proporcionais. Válvulas limitadoras de presión proporcionais. Amplificadores dun e dúas canles. Cartóns de valores de consigna. Parámetros e axustes dun sisoleohidráulico proporcional. Curvas características.

32. Sistemas de regulación. Principios dos sistemas regulados. Sistemas en lazo aberto e lazo pechado. Fundamento e características da realimentación. Sistemas electrotécnicos de medida e regulación para procesos continuos. Sensores. Transductores. Reguladores. Actuadores. Tipoloxía e aplicacións.

33. Organización e xestión do mantemento do buque. Plan de mantemento preventivo. Plan de mantemento correctivo. Plan de mantemento predictivo. Certificados. Inspeccións periódicas.

34. Garda de máquinas. Titulación e aptitude do persoal encargado da garda de máquinas. Principios que procede observar na realización das gardas de máquinas.

35. Organización da garda. Substitución da garda de máquinas. Realización da garda de máquinas. Gardas de máquinas en distintas condicións e zonas de visibilidade reducida. Buque fondeado. Garda en porto.

36. Servizos de auga sanitaria e augas residuais. Tipos de redes de auga sanitaria a bordo. plantas potabilizadoras. Tratamento físico químico da auga sanitaria.

37. Plantas de tratamento de augas residuais a bordo dos buques. Tipos, constitución e funcionamento dos sistemas e instalacións plantas de tratamento de augas residuais.

38. Sistemas de lubricación en motores mariños. Graos de lubricación. Sistemas de engrase de motores diesel de catro e dous tempos. Circuíto de aceite de lubricación propio dunha sala de máquinas. Características dos aceites lubricantes. Análise de aceite lubricante. Sistemas de filtrado e purificadoras de aceite.

39. Sistemas de combustible para motores diesel. Combustibles utilizados polos motores diesel. Circuíto de alimentación de combustible do motor principal e motores auxiliares. Depuradoras dos combustibles. Viscosímetros para combustibles. Almacenamento de combustibles a bordo dun buque. Precaucións a tomar durante a subministración de combustible.

22

40. Prevención da contaminación. Normativa internacional. Precaucións para evitar a contaminación con hidrocarburos, residuos de carga, augas sucias, fumes e outros contaminantes. Equipos e sistemas de prevención da contaminación. Separadores de augas oleosas. Sistemas de tanques de residuos.

41. Sinalización de seguridade a bordo. Sinalización óptica. Cor. Formas xeométricas dos sinais. Esquemas dos sinais de seguridade. Avisos de seguridade. Sinalización por etiquetas. Iluminación de seguridade. Sinalización acústica. Materiais reflectores.

42. Xeometría do buque. Seccións do buque mediante planos principais. Coordenadas a bordo do buque. Dimensións principais do buque, as súas clases. Obra viva e obra morta. Amuras e aletas. Calados, clases de calados. Escalas de calados. Asento. Francobordo. Arqueo, definición, clases.

43. Condicións e principios de estabilidade do buque. Cálculos de estabilidade. Elementos que interveñen na estabilidade. Centro de gravidade e centro de carena. Carga, descarga e traslado de pesos. Carenas líquidas. Reserva de frotabilidade.

44. Cálculo de consumos e provisións. Plan de navegación. Listas de control. Cálculo de existencias: sondaxe de tanques; táboas e curvas hidrostáticas. Distribución de consumos e repostos segundo as condicións de estabilidade. Procedementos de estiba e trimado de consumos e repostos. Procedementos de determinación de trasfega de combustibles durante a travesía.

45. Organización e control do taller de abordo. Distribución dos espazos de mantemento no buque. Determinación do equipamento: maquinaria tipo e equipamentos. Normativa sobre espazos de traballo.

46. Xestión dos pañois. Control de “stock”: materiais, ferramentas e pezas de reposto a curto e medio prazo. Condicións de almacenamento e conservación. Información técnica de subministracións.

23