Plan de integración das TIC

9
PLAN DE INTEGRACIÓN DAS TIC CEIP PLURILINGÜE DE PUMAR-URDILDE

description

 

Transcript of Plan de integración das TIC

Page 1: Plan de integración das TIC

PLAN DE INTEGRACIÓN DAS TIC

CEIP PLURILINGÜE DE PUMAR-URDILDE

Page 2: Plan de integración das TIC

Índice

1. Marco lexislativo. 1

2. Características do centro. 12.1. Situación inicial. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 12.2. Equipamento. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 22.3. Actividades previas. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 2

3. Obxectivos. 3

4. Organización. 34.1. Espazos. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 34.2. Infraestrutura. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 4

5. Formación. 45.1. Do profesorado. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 45.2. Do alumnado. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 4

6. Equipo TIC. 46.1. Composición: . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 56.2. Competencias do equipo TIC. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 5

7. A Web 2.0. Servizos. 57.1. Webs dinámicas. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 57.2. Proxecto Abalar. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 57.3. Blogs de aula . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 6

8. Metodoloxía. 6

9. Avaliación. 69.1. Seguimento . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 69.2. Revisión. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 79.3. Aspectos de mellora. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 7

Page 3: Plan de integración das TIC

CEIP PLURILINGÜE DE PUMAR-URDILDE PLAN DE INTEGRACIÓN DAS TIC

1. Marco lexislativo.

1. Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio (Art 17.1, 29.2, 23.e)

2. Decreto 130/2007, do 28 de xuño (Art. 6.5, anexo V)

3. Decreto 133/2007, do 5 de xullo

2. Características do centro.

2.1. Situación inicial.

Este centro creouse no ano 1974 e dende entón ven escolarizando a nenas e nenos das parroquiascomprendidas na área de influencia do mesmo.

É dunha soa liña e conta con 8 grupos: dous mixtos de Educación Infantil e oito de Educa-ción Primaria. Entre as instalacións, dispoñemos de aulas para cada especialista (música, linguaestranxeira e pedagoxía terapéutica), así como ximnasio.

Ofrécense os servizos complementarios de transporte e comedor, que son utilizados por unhaampla maioría do alumnado.

No tocante ás Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TIC), podemos asegurar quetanto o centro como os fogares do alumnado incorporáronse algo tarde aos servicios a través deinternet, xa que o ADSL tardou bastante en ser operativo na zona. A día de hoxe, este servizofunciona con regularidade e cunha velocidade aceptable no centro. Nos domicilios, debemos dife-renciar os que se atopan no núcleo de Urdilde, con boas conexións, e os que están en aldeas nasque non hai cableado este servizo, tendo que conectarse moitas veces por medio de «pichos» USBpor satélite. Con todo, podemos afirmar que a maior parte do alumnado conta cunha conexión deacceso a internet na súa casa.

A maioría do profesorado do centro ten destino definitivo no mesmo, facilitando a planificaciónde proxectos a longo prazo. Aínda que é necesario potenciar a formación tic, existe vontade deimplicarse nos proxectos e interese por mellorar e actualizarse neste eido.

O Equipo directivo considera como tarefa prioritaria a mellora dos equipamentos e do desen-volvemento tic, e fai constar nos obxectivos do equipo directivo o seguinte:

Promover as TIC como recursos didácticos, mellorando as instalacións, os medios e as me-

todoloxías de traballo actualizadas .

Fomentar e promover a formación do profesorado.

1

Page 4: Plan de integración das TIC

CEIP PLURILINGÜE DE PUMAR-URDILDE PLAN DE INTEGRACIÓN DAS TIC

2.2. Equipamento.

1 Rack central 7 Ordenadores nas aulas1 Switch Abalar 1 Portatil Aula Inglés2 Switch Siega 3 Ordenadores Equipo Directivo1 Servidor de contidos Abalar 18 Ordenadores Aula informática1 Portatil profesora AL 6 Pizarras Dixitais Interactivas1 Ordenador Dpto. Orientación 26 Ultraportátiles Abalar1 Ordenador Biblioteca 4 Portátiles uso múltiple3 impresoras Laser 1 Fotocopiadora b/n e cor C28412 Proxectores 1 Fotocopiadora b/n Konica 72202 Portátiles profesor Abalar 3 Ordenadores sala profesores1 Equipo Megafonía e Son 1 Cámara fotográfica dixital1 Videocámara 1 Rede Wi-Fi

Neste equipamento inclúese o dotado pola Consellería de Cultura, Educación e O. U., o apor-tado pola ANPA, algunha donación particular e o adquirido polo propio centro con cargo aosseus presupostos, como é o caso do ordenador de diección, a fotocopiadora Konica-Minolta C-284recentemente adquirida en réxime de «renting» dous proxectores para as aulas e unha PDI.

Ainda que no apartado anterior se fixo constar que a velocidade da conexión á rede e aceptable,cada vez parece máis importante optimizala, xa que en determinados momentos parece ir bastantexusta.

2.3. Actividades previas.

O interese polas TIC ven de antigo no noso centro. Xa antes de contar cunha boa conexión ainternet persoal do centro montou unha rede local pola que se daba acceso a cada aula ao servidorque tamén tiñamos instalado. A parte deste aspecto «técnico», realizamos diferentes actividadesde formación como poden ser:

Cursos de iniciación ás TIC I e II

Aproximación ao Software Libre.

Traballo con ferramentas de autor (LIM, Ardora, JClic)

Curso para a implantación do Proxecto Abalar no centro.

Hai algúns anos, en coordinación co EDNL, fixemos unha recompilación de software en galegoe distribuímos un DVD a cada alumno do centro.

Actualmente todos os equipos do colexio teñen conexión a internet e ao Servidor Abalar do centro,mentres estamos a implementar un servidor de contidos propio con fácil acceso ás actividades dendetodas as dependencias do centro.

Estamos integrados no servizo de Webs Dinámicas e tratamos de potenciar o uso do noso sitioweb por parte do profesorado, o alumnado e as familias.

2

Page 5: Plan de integración das TIC

CEIP PLURILINGÜE DE PUMAR-URDILDE PLAN DE INTEGRACIÓN DAS TIC

3. Obxectivos.

Coordinar ós equipos docentes para dinamizar e impulsar o uso das TIC do Centro.

Promover un uso e aproveitamento eficiente dos recursos TIC existentes no Centro.

Elaborar un regulamento de uso do equipamento e dos medios.

Colaborar na potenciación da Biblioteca escolar como centro de recursos multimedia.

Detectar as necesidades de formación do profesorado e deseñar un plan de formación.

Fomentar o uso da páxina web e a blogoteca do centro como espazo de comunicación.

Elaborar e actualizar o inventario dos medios existentes.

Organizar e catalogar a rede informática do centro.

Coordinar o mantemento cotiá dos equipamentos informáticos e audiovisuais.

Incrementar e mellorar as instalación e medios do centro.

Dar soporte con medios TIC a actividades organizadas no Centro.

Recompilar, clasificar e organizar software e actividades a través do servidor.

Integrar as distintas áreas no traballo Tic coordinando co profesorado correspondente.

Facilitar o acceso ás Tic do alumnado con necesidades específicas, de apoio, de reforzo edu-cativo e ao alumnado extranxeiro.

Fomentar estratexias para xestionar información conseguida coas Tic.

Colaborar na mellora das propostas pedagóxicas do profesorado.

Procurar a integración das Tic como medio dinamizador do proceso educativo

4. Organización.

4.1. Espazos.

En calquera centro resulta imprescindible a optimización dos recursos, e os espazos formanparte deles, polo que cómpre facelos útiles e operativos.

No tocante as Novas Tecnoloxías, temos feito o seguinte reparto:

Contamos cunha aula de informática na que dispoñemos de 17 ordenadores en relativamentebo uso. Conta tamén con pizarra dixital, proxector e equipo de son. A principios de curso, ocoordinador TIC elaborará un horario que garanta que todos os cursos dispoñen dun horariosemanal para facer uso desta aula. Todos os equipos contan con conexión a Internet e aosservidores do centro, tanto ao servidor Abalara como ao servidor de recursos propios docentro.

As aulas de quinto e sexto contan co seu propio equipamento por ser aulas Abalar.

3

Page 6: Plan de integración das TIC

CEIP PLURILINGÜE DE PUMAR-URDILDE PLAN DE INTEGRACIÓN DAS TIC

A biblioteca funcionará tamén como mediateca e como sala de usos múltiples, sendo esteun dos espazos máis aproveitados do centro. Procurarase sempre mellorar o equipamento damesma.

A sala de mestres estará dotada, na medida do posible, dos equipos necesarios para o seuuso por parte do profesorado. Cando sexa posible, está previsto instalar un proxector e unhapantalla que poidan servir de apoio para presentacións e diferentes actividades.

4.2. Infraestrutura.

O acceso a Internet faise a través da rede cableada instalada pola Consellería de Educación. Aparte, temos unha rede wifi que permte que os portátiles «non fixos» teñan conexión en calqueraespazo do colexio coa excepción do comedor, por mor da intensidade do sinal. Para casos puntuais(reunións con pais, por exemplo), pódese ampliar o sinal wifi por medio dun router domésticoconfigurado ao efecto.

5. Formación.

5.1. Do profesorado.

Entendemos que as mestras e mestres que compoñen o claustro do profesorado deben ter aformación precisa neste eido para poder utilizar con soltura os diferentes recursos de que dispoñe-mos, tanto no aspecto de «hardware» no tocante a conexión de aparellos e solución de pequenosincidentes, como no aspeto de uso dos distintos programas de uso máis común no ámbito educativo.

Dende a dirección, e en coordinación co equipo TIC, levaremos a cabo un proceso de detecciónde necesidades formativas e tentaremos estimular ao profesorado para que participe nas distintasactividades que se propoñan dende o Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI), ounaquelas que en forma de grupos de traballo, cursos ou seminarios permanentes se podan celebrarno propio centro.

5.2. Do alumnado.

A adquisición da competencia dixital do alumnado é unha obriga e unha necesidade imperiosanos tempos que vivimos; por iso queremos facilitar o acceso ás TIC do alumnado menos favorecido,diminuíndo no posible a chamada «fenda dixital» e garantindo a igualdade de oportunidades.

Resulta tamén imprescindible que o alumnado aprenda a manexar as Novas Tecnoloxías dunxeito responsable, facendo un uso correcto das redes sociais e da inxente cantidade de informaciónque hoxe se pode atopar na internet. Aprender a buscar, seleccionar, analizar e utilizar esta in-formación antóxasenos absolutamente necesario de cara a consecución da Competencia Dixital eTratamento da Información.

6. Equipo TIC.

O equipo TIC ten ao seu cargo a tarefa de organizar todos os aspectos relacionados coa im-plantación das Novas Tecnoloxías no centro.

4

Page 7: Plan de integración das TIC

CEIP PLURILINGÜE DE PUMAR-URDILDE PLAN DE INTEGRACIÓN DAS TIC

6.1. Composición:

Está composto por:Coordinador Benito Barrantes de la Viña DirectorMembros José Romero González Secretario

Manuela Domínguez Vilas Titora Ed. InfantilXosé Vicente Ferreirós Titor 6ºArantza Montiel Íñiguez de Heredia OrientadoraMª Carmen Fernández Cardeso Titora 4ºRosa Mª Branco Otero Titora 5º

6.2. Competencias do equipo TIC.

Dinamizar e impulsar o uso das TIC do Centro.

Elaborar e actualizar o inventario dos medios existentes.

Organizar e catalogar a rede informática do centro.

Colaborar no mantemento dos equipamentos informáticos e audiovisuais.

Dar soporte con medios TIC a actividades organizadas no Centro.

Organizar e xestionar os medios e recursos TIC do centro.

Recompilar, clasificar e organizar software e actividades a través do servidor.

7. A Web 2.0. Servizos.

7.1. Webs dinámicas.

O centro está presente na chamada web 2.0 por medio do servizo de Webs Dinámicas queconta con tres ferramentas principais: A web do centro, feita con Dupal, a aula virtual elaboradacon Moodle e a galería fotográfica coa tecnoloxía Coppermine. O reto está en conseguir que cadaunha destas ferramentas teña o uso e a difusión para a que foron concebidas. A este respecto,pretendemos potenciar o uso da páxina web do centro entre as familias como punto de referenciainformativa sobre os diferentes procesos administrativos ou calquera outra nova que sexa de interesepara toda a Comunidade Educativa.

O enderezo web do noso colexio: www.edu.xunta.es/centros/ceippumarurdildeEntre o profesorado pretendemos fomentar o uso da Aula Virtual Moodle de que dispoñemos e

que na actualidade está moi pouco utilizada.O seu enderezo: www.edu.xunta.es/centros/ceippumarurdilde/aulavirtual

7.2. Proxecto Abalar.

Desde o curso 2012-2013 estamos integrados no Proxecto Abalar, o proceso completouse nocurso seguinte coa incorporación e o equipamento da aula de sexto de primaria.

5

Page 8: Plan de integración das TIC

CEIP PLURILINGÜE DE PUMAR-URDILDE PLAN DE INTEGRACIÓN DAS TIC

Como participantes nesta iniciativa, queremos animar a pais, nais e titores legais, a que se re-xistren como usuarios no Espazo Abalar dedicado ás familias para asi poder utilizar as ferramentasde comunicación entre os fogares e o colexio de que se dispón nesta plataforma.

Enderezo: www.edu.xunta.es/espazoAbalar

7.3. Blogs de aula

Estanse poñendo en marcha, pouco e pouco, diferentes blogs de aula nos que se recollen aspectosmoi diversos da vida escolar dos cursos a que se dirixen. Os que están funcionando na actualidade(ou con intención de que comecen a funcionar regularmente) son:

http://osmaioresdeurdilde.blogspot.com.es Blog de Educación Infantilhttp://divertidosecreativos.blogspot.com.es/ Blog de terceiro curso de primariahttp://pumareducacionfisica.blogspot.com.es/ Esta é a bitácora do departamento de Educación

Física.http://bibliodeurdilde.blogspot.com.es/ Blog da Biblioteca

8. Metodoloxía.

Partimos do recoñecemento de que as novas tecnoloxías esixen tamén novas pedagoxías, sendopreciso un bo esforzo do profesorado para formarse neste senso. Nas programacións de ciclo e deaula contemplarase a concreción de todo este plan Tic, adaptando as ideas xerais do mesmo ásintervencións concretas co alumnado. Teranse en conta sobre todo estes conceptos:

Facilitar a autonomía do alumnado.

Potenciar a participación de todo o alumnado con actitudes de respecto, cooperación e inte-gración.

Inculcar que os sistemas informáticos son ferramentas educativas, orientando ao alumnadocara o seu aproveitamento para o aprendizaxe.

Realizar actividades adaptadas aos diferentes alumnos/as.

Fomentar actitudes de compartir e coidar o equipamento existente..

Formar ao alumnado para que empregue as Tic para buscar información, tratala e presentala,acadando unha verdadeira competencia dixital.

As sesións Tic deben ser programadas e guiadas polo profesorado.

9. Avaliación.

9.1. Seguimento

Cada curso escolar farase constar na PXA o proxecto tic para ese curso. Ao remate de cadacurso revisarase e avaliarase este proxecto. Ademais revisarase tamén o Plan de integración Tic ,despois de facer un seguimento mensual a través das reunións dos equipos de traballo e dos equiposde ciclo.

6

Page 9: Plan de integración das TIC

CEIP PLURILINGÜE DE PUMAR-URDILDE PLAN DE INTEGRACIÓN DAS TIC

9.2. Revisión.

Nas sesións correspondentes de revisión da PXA, en xaneiro e en abril, farase tamén a corres-pondente revisión do Plan Tic. Teranse en conta as aportacións dos distintos equipos de traballoe de ciclo. Unha vez feitas as revisións, e se ser o caso, efectuaranse as modificacións necesarias eplanificaranse as medidas correctoras que se estimen.

9.3. Aspectos de mellora.

Na avaliación do Plan Tic contemplaranse tamén os aspectos de mellora do mesmo xunto coasnecesidades detectadas, elaborando un informe que se tramitará do xeito que corresponda aosorganismos competentes.O coordinador e o equipo Tic elaborarán a memoria final de curso na quese farán constar as medidas de mellora propostas para revisar e actualizar o Plan Tic.

7