Respóndoche graficamente

12
Respóndoche graficamente Unha secuencia para producir unha infografía que responda cuestións ou afirmacións que denotan ideas falsas existentes sobre a historia da lingua. LINGUA GALEGA E LITERATURA, 3º ESO Orixe: http://es.123rf.com/

description

Unha pequena secuencia para producir unha infografía sobre a historia da lingua.

Transcript of Respóndoche graficamente

Page 1: Respóndoche graficamente

Respóndoche graficamente

Unha secuencia para producir unha infografía que responda cuestións ou afirmacións que denotan ideas falsas existentes sobre a historia da lingua.

LINGUA GALEGA E LITERATURA, 3º ESO

Orixe: http://es.123rf.com/

Page 2: Respóndoche graficamente

Que contidos e destrezas se traballan?

• O xénero infografía. • A orixe e formación da lingua galega. • A lingua na Idade Moderna. • A lingua no s. XIX. • Os conceptos básicos de sociolingüística.

• Inferir os trazos da infografía.• Desenvolver o dominio dalgunhas estratexias e fórmulas deste xénero.• Planificar, analizando a situación comunicativa, xerando e organizando as ideas, infografías.• Compoñer o borrador, seguindo o planificado, deste xénero textual.• Coñecer as circunstancias que definen a formación e as diferentes etapas da historia social

da lingua galega ata o s. XIX.• Pescudar e identificar as causas e consecuencias dos feitos máis relevantes da historia social

da lingua galega ata o s. XIX.• Comprender a ligazón das circunstancias da historia social da lingua coa súa situación

actual.

Cales son os principais criterios de avaliación?

Capta a información, tamén implícita, de determinadas infografíasRecoñece os trazos fundamentais do xénero que hai que producirComprende os textos expositivos das fontes e extrae información esencial Selecciona información histórica e incorpóraa a unha liña temporalSegue un plan de composición atendendo as escollas e conexións precisasElabora unha infografía, axustada, apropiada e clara

Que proceso xeral se seguirá?

1. Situarse criticamente ante o contido dunha infografía.2. Inferir e recoller trazos da infografía a partir de distintos exemplos.3. Debullar a información do tema do traballo, con inclusión de actividades tipo libro de texto.4. Recoller información básica nunha liña temporal.5. Planificar a composición: distribución espacial dos datos precisos, etc.6. Compoñer e revisar.

Cales son as condicións de realización?

É un traballo individual, para facer -agás apoios puntuais- na casa e entregar en documento dixital ou en papel ata o final da segunda semana de novembro.

Page 3: Respóndoche graficamente

1. Case todo en moi pouco

“Son máis sintéticas cós vídeos, máis narrativas ca un esquema, máis atractivas cás táboas de datos, máis exploratorias cás presentaciones tradicionais e, a diferenza dos textos escritos, permiten visualizar a información que presentan” (Rosana Larranz)

A infografía foi e segue a ser un recurso xornalístico e académico, mais recentemente constitúe tamén un xénero dos medios dixitais con aplicacións nos máis diversos ámbitos.Pretende ser unha representación visual de información, con descricións, narracións, procesos ou interpretacións presentadas de maneira gráfica.

O seu obxectivo básico é facilitar o acceso a información complexa. Mais este pode estar ao servizo doutros fins, como no caso da infografía da dereita, froito dunha campaña publicitaria dunha coñecida marca. Saibamos ou non cal é a súa orixe, podemos comentar o seguinte:

• Que obxecto configura a disposición dos contidos e para que?

• En que partes te fixaches antes? A que constribúen as imaxes e iconas?

• Que diferente tipo de datos estatísticos aprecias? Como se presentan visualmente?

• Máis alá das distancias persoais coas medias, cres que toda a información será “estatisticamente” veraz? Ten en conta que poden personalizar a infografía no espazo web da empresa persoas desde os 18 aos 99 anos.

• Procúrase, logo, informar neste caso? Cal é a finalidade fundamental do texto?

Se queres obter a infografía cos teus datos, accede a http://ir.gl/286fff

Page 4: Respóndoche graficamente

2. A infografía a grandes trazos

Fixémonos nalgúns exemplos máis para intentar caracterizar este modelo textual.

Tomado de http://blogs.xunta.es/

Page 5: Respóndoche graficamente

Adaptado de http://infogr.am/echeoquehai

Tomado de http://www.galiciae.com/

Page 6: Respóndoche graficamente

2.1. Revisa os elementos fundamentais dunha infografía que se especifican no cadro e indica se están presentes en todas as anteriores, coas matizacións que sexan precisas.

InfografíasElementos

Anónimo Calquera

Sociedade da Información

Reforma das pensións

Nova Caixa Galega

NCG Banco

Título claro e directo; pode acompañarse dun subtítulo

Corpo gráfico: contén a información visual; soe ter unha imaxe central da que derivan

Texto: proporciona a explicación imprescindíbel para comprender o que os elementos icónicos non poden recoller

Fontes: indica onde se obtivo a información

Crédito: o nome do/a autor/a

Page 7: Respóndoche graficamente

2.2. Centrámonos agora nos trazos característicos. Considera esas mesmas infografías e mais as dúas seguintes para decidir como completar esta táboa:

Relevancia do visual A información non textual pódena achegar diferentes constituíntes: mapas, .............................................................................................

Combinación de texto e imaxe

Texto con formato

Diferentes estruturas Diagrama, ........................................................................................

Maximízase a comprensión coa precisión, o impacto visual e a claridade.

Page 8: Respóndoche graficamente

3. A información debullada

Posto que o tema da nosa infografía esixe comprender a evolución histórica da lingua galega anterior ao século XX, revisaremos estes contidos minimamente.

Para resolver as actividades desta parte, consulta o libro de texto (especifícanse as páxinas para o da editorial Anaya) e mais a información que se achega aquí. Tamén se recomenda visitar estas dúas fontes:http://ir.gl/da20f0 e http://ir.gl/55ed80 .

3.1. Orixe e formación da lingua (Anaya: páxs. 21-3).

3.1.1. Coloca as seguintes palabras ao lado dos seus étimos de acordo coas regras fonéticas sinaladas e indica se se trata de cultismos, semicultismos ou palabras patrimoniais.

clamar, riba, prata, soidade, prado, abella, lobo, fraco, chamar, moeda, cravo, amigo, roda, chama, chan, chave, clave, cheo, espiga

-P- > -b- -K- > -g-

RIPAM>APICULAM>LUPUM>

AMICUM>SPICAM>

-T- > -d- PL- > ch-

SOLITATEM>PRATUM>MONETAM>ROTAM>

PLANUM>PLENUM>

CL- > ch- FL- > ch-

CLAMARE>CLAVEM>

FLAMMA>

CL- > cl-FL- > fl-PL- > pl-

PL- > pr-FL- > fr-CL- > cr-

CLAMARE>CLAVE

PLATTAM>FLACCUM>CLAVUM>

3.1.2. Procura a lingua de procedencia das seguintes palabras e clasifícaas segundo se trate de elementos de substrato ou de superestrato,

Page 9: Respóndoche graficamente

especificando a lingua de orixe.

alquimia, amorodo, touza, espeto, alambique, albeite, cabazo, almacén, xadrez, azafrán, espora, xinete, laranxa, arroz, escuma, azucena, lousa

3.2. O galego na Idade Media (Anaya: páx. 51). Pódese dicir que o galego foi unha lingua normal (normalizada), como calquera das romances, na Idade Media?

3.3. O galego na Idade Moderna (Anaya: páx. 150). A que feitos históricos e a que realidades sociolingüísticas diferentes se refire o Padre Sarmiento neste texto?

No pocas veces he pensado en cuál ha sido la causa de que en Galicia se haya introducido el uso o abuso de escribir en castellano lo que antes se escribía en latín o en gallego. No hay género de escritura, testamento, donación, venta, contrato, foro, arriendo, compra, trueque, partijas, etc., que yo no haya visto y leído en Galicia o en latín o en gallego (...) No habiendo pues precedido ni concilio ni cortes, ni consentimiento uniforme de los gallegos para actuar, otorgar, comerciar en lengua castellana, ¿quién lo introdujo? La respuesta está tan patente que Galicia llora y llorará siempre; no los gallegos, sino los no gallegos que a principios del siglo XVI inundaron el Reino de Galicia, no para cultivar sus tierras, sino para hacerse carne y sangre de las mejores.

3.4. O galego no século XIX (Anaya: páxs. 172-3). O termo Rexurdimento aplícase á cultura escrita, especialmente ao ámbito literario, pero non debe empregarse para denominar a situación social e de uso oral da lingua no século XIX. Por que?

3.5. Conceptos básicos de sociolingüística. Caracteriza brevemente a situación da lingua galega en cada un dos tres grandes períodos vistos empregando axeitadamente os termos diglosia, normalización, lingua minoritaria, lingua minorizada e lingua dominante.

A lingua galega na Idade Media

A lingua galega na Idade Moderna

A lingua galega no século XIX

Conceptos básicos de sociolingüística

1. A sociolingüística É unha disciplina que estuda a linguaxe como fenómeno social e cultural e que se centra nas relacións entre a lingua e a sociedade. Todas as linguas son sistemas de comunicación pero tamén serven como importantes elementos da identidade das persoas, dos grupos sociais e dos pobos.

2. Contacto de linguas, bilingüismo e diglosia Interésalle á sociolingüística sobre todo o contacto entre dous ou máis

grupos lingüísticos dentro dunha mesma área ou país. Neste caso, as relacións entre eles poden ser igualitarias, pero o máis frecuente é que sexan discriminatorias e conflitivas.

Page 10: Respóndoche graficamente

De feito, o bilingüismo é un fenómeno fundamentalmente individual, entendido como a capacidade que ten unha persoa para comunicarse, máis ou menos con igual destreza, en dúas linguas. Mais, o uso lingüístico das comunidades sempre é desigualitario. Isto significa que as dúas linguas, e as respectivas comunidades lingüísticas en contacto, teñen un status político, social ou cultural diferente. A lingua que se atopa en situación privilexiada adoita denominarse lingua A (Alta) e a que padece a situación desfavorecida denomínase lingua B (Baixa).En comunidades como a nosa, temos que ter en conta estes dous conceptos para entender o comportamento dos seus falantes. Por mor da diferenciación diglósica de funcións sociais para cada unha das linguas, o emprego do galego ou do castelán pode depender de tres factores: o grao de formalidade -o galego só para usos informais-, os contextos ou situacións -o galego reducirase ao rural e aos barrios- e os interlocutores -usarase o galego ou o castelán dependendo do status social, da confianza, etc.

3. Normalización e normativización Aínda que ambos adoitan referirse a linguas B, cómpre non confundir estes conceptos. A normalización lingüística é o proceso orientado a converter unha lingua en vehículo normal de comunicación dunha sociedade, isto é, que sexa utilizada de forma habitual nos principais ámbitos da vida pública. Para conseguir a normalización precísase un pulo institucional (o apoio por parte da Administración), un pulo social (o apoio por parte da sociedade, isto é, medios de comunica- ción, empresas, comercio, colectivos profesionais, sindicatos e outras organizacións) e un pulo individual (asentado na vontade de cada unha das persoas). En cambio, a normativización é o proceso que conduce á constitución dunha variedade estándar da lingua. Cando unha lingua falada comeza a escribirse e a utilizarse na comunicación pública e formal, iníciase un proceso de normativización, que culmina cando a lingua se dota dunhas normas completas.

4. Linguas minoritarias e minorizadas. Lingua dominante e conflito lingüísticoOs termos maioritario e minoritario refírense ao número de falantes, mais cómpre reparar no ámbito territorial que se toma como referencia. Así, no Estado español o castelán é a lingua das tres cuartas partes da poboación aproximadamente, mentres que o galego, o catalán e o éuscaro son falados por porcentaxes máis reducidas. Pero, en cambio, en Galicia, o galego é -e sempre foi- a lingua maioritaria da poboación. O termo de lingua minorizada refírese a unha lingua que convive en inferioridade de condicións con outra. A minorización dunha lingua implica a discriminación social e cultural dos seus falantes, o que conduce a infravalorala. Por iso, as linguas en situación minorizada tenden a ser abandonadas polos seus propios falantes.En Galicia coexisten dúas linguas, a propia do territorio e única durante sete séculos, o galego, e a introducida no s. XV polas clases dirixentes vindas de Castela para substituír a nobreza galega, o castelán. A existencia de dúas linguas marcadas socialmente provoca un conflito lingüístico, posto que:

a) o galego viu restrinxidas as súas funcións e os seus ámbitos de uso na sociedade (aínda hoxe ten unha escasa presenza na xustiza ou nas empresas, por exemplo), é dicir, foi convertida en lingua minorizada -que non minoritaria-, situación que se pretende modificar coa normalización lingüística; b) o castelán estableceuse desde o poder político e económico e ficou desde aquela marcado positivamente, con maior prestixio social. Este dominio outórgalle o papel de lingua hexemónica ou dominante, aínda que sempre foi minoritaria en Galicia.

Con algunhas definicións tomadas de Lingua galega e literatura, 3º ESO, editorial Galaxia

Page 11: Respóndoche graficamente

4. A liña de partida

Revisa todas as fontes de información indicadas no punto anterior para completar a seguinte liña temporal. Insere os datos que consideres máis relevantes, situándoos nun século determinado (ou nun ano, se hai unha data concreta) e enunciándoos con moita precisión.

5. Moito plan para pouco texto

Xa tes máis asentados os coñecementos necesarios para compoñer o texto. Ímolo planificar seguindo estes pasos.

a) Escolle unha destas cuestións erradas, que intentarás resolver, aclarárllela a quen non coñeza ou comprendese mal a realidade histórica da lingua galega. O título da túa infografía terá que facer referencia dalgún xeito á cuestión que elixas.

• *O galego deixouse de falar nos Séculos Escuros e logo recuperárono os escritores• *O galego evolucionou moi pouco desde o latín e por iso nunca serviu para avanzar

socialmente• *O galego nunca sufriu presión por parte do castelán• *Os galegofalantes foron deixando o seu idioma porque libremente o decidiron• *O castelán é tan idioma propio de Galicia historicamente como o galego• *O galego falárono algunha vez máis ca catro pailáns ou nacionalistas?

b) Centra a necesidade de información dos receptores que asumen esa idea errónea. En relación con iso, decide a cantidade de información acaída, descartando entre todo o que sabes o que non sexa relevante.

c) Xerarquiza a información, decidindo a que se lle dará maior énfase. Conecta as ideas e datos e tira conclusións.

d) Procura imaxes e iconas relevantes, que axuden a situar esa información. Podes botar man de http://www.iconarchive.com . Se podes, confecciona algún gráfico.

e) Decide a estrutura da infografía, a secuencia que ordenará os elementos. As máis adecuadas, evidentemente, son a cronolóxica e a de preguntas-respostas.

f) Anota algunhas claves do deseño: fondo, cores, tipografía...

g) Recolle as fontes para citalas ao final da infografía.

Podes acceder a múltiples exemplos para tomar modelos en http://ir.gl/99dc6c , http://ir.gl/249a ou http://ir.gl/68eab2 .

1863: Inicio do estudo científico: dicionarios e gramáticas

S. IX: Conformación das linguas romances

Elementos de substrato: precelta e celta

Page 12: Respóndoche graficamente

6. Compoñemos e revisamos

Para realizar xa a infografía, podes empregar o papel ou medios informáticos. Na rede hai varios servizos gratuítos ben funcionais, como por exemplo http://piktochart.com/ . Atende cando menos estas recomendacións:

Integra a información e os elementos icónicos antes seleccionados. Inclúe só a información necesaria e dun xeito tal que sexa doada de interpretar, que poida visualizarse e procesarse con rapidez. Non abuses do texto.Inclúe só información que teñas a seguridade de que é veraz.Distribúe de xeito equilibrado os textos e os elementos icónicos. Lembra que as imaxes non son mera decoración, pois terán que cumprir unha función informativa.Faina funcional e atractiva. Usa cores con bo contraste para facilitar a lectura. Destaca os fragmentos de texto fundamentais.Usa letra clara non menor de tamaño 10, evita as cursivas e os sombreados, prefire fontes sinxelas como Arial, Times New Roman ou Calibri, usa cores claras para os fondos.

Para revisar a túa creación, antes de decidir entregala, seranche de utilidade estes criterios:

✔ Considerei todos os elementos propios da infografía.

✔ Respondín a unha idea errada con información axustada á realidade histórica.

✔ Incluín información suficientemente ampla pero non excesiva.

✔ Organicei a información en aspectos específicos conectados.

✔ Destaquei datos e ideas clave por medio do tamaño, da cor...

✔ Integrei imaxes e textos, con predominio das primeiras.

✔ Empreguei imaxes acordes co tipo de información.

✔ Incluín formas ou iconas relevantes e con proporción.

✔ Decidín o deseño xeral de acordo co tema.

✔ Conseguín que a distribución espacial de todos os elementos sexa clara.

✔ Empreguei unha tipografía adecuada ao tipo de información.

✔ O resultado é completamente orixinal.